Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de diciembre de 2014

ACHÉGASE UN TSUNAMI A CAMBADOS






A chegada dun tsunami a Cambados está prevista para os vindeiros dias.
Os efectos deste fenómeno xa se están a notar en certas zonas do noso pobo. 
O tsunami, bautizado como "PP.obras" que en galego ven a chamarse "Eleccións á vista" xa fixo das suas en zonas de Cambados, concretamente no antiguo matadoiro e nun dos campos de fútbol do Pombal, pero eso son so os efectos primeiros e que se farán moito máis visibles a medida que se achegue o mes de maio. A zona que se verá máis afectada será a carón da Plaza de abastos que nunhas semanas veráse totalmente borrada so mapa. Na foto do lado vemos como alcalde de Cambados explica os efectos que vai producir o tsunami nesa zona, a ministra Ana Pastor ao conselleiro Conde e a Louzán.
Arranxos en parques ou creación de novos tamén entran nos plans do PP local así asfaltados, limpezas varias e viarias e máis cousas.
Pero esta non é a única visita que fixeron altos cargos a Cambados, dias atrás foi o vicepresidente Rueda que supervisou os danos na zona do matadoiro, como vemos na segunda foto.
Pero a pesar de todo este tsunami os riscos para a población cambadesa non se preveén grandes. O peor é que a población se deixe abasallar polo tsunami, se non é así nada malo pasará, pero coñecendo o pobo de Cambados todo pode pasar.





INCENDIO SEN FERIDOS GRAVES EN CAMBADOS




Un home foi trasladado este mércores ao hospital comarcal do Salnés tras inhalar unha importante cantidade de fume a causa dun incendio rexistrado na súa vivenda pasadas as sete da mañá.
Segundo informaron os Bombeiros do Salnés, o ferido encontrábase no dormitorio onde se orixinou o lume, no sétimo piso do edificio número 4 da rúa O Pombal, en Cambados. Na vivenda había varias persoas. As causas vanse investigar pero parece que un descoido cunha cabicha puido ocasionar o incendio. 
A rápida intervención dos efectivos dos parques de Ribadumia e de Vilagarcía confinou o lume no dormitorio sen que se propagase ao resto da vivenda, polo que tampouco foi necesario o desaloxo do edificio.    


30 de diciembre de 2014

MERCADILLO DA PULGA EN CAMBADOS





Lembrade todos que o Mercadillo da Pulga do Refugio de Animales de Cambados permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro. Na antiga oficina de turismo (fronte ao concello) venden artigos desde 1, 2 e 3 euros para recadar fondos para poder seguir coa sua labor. 

En horario de 17:00h a 20:30h e tamén abren os mércores e sábados pola mañá!! 
O día 1 permanecerán pechados.





ROSA QUINTANA DEIXA A CONSELLERÍA TEMPORALMENTE





O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asume as competencias da Consellería do Medio Rural e do Mar, ao estar a súa titular, Rosa Quintana, uns días fóra por motivos persoais e de saúde.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe un decreto polo que se acorda encomendarlle ao vicepresidente que se encargue dos asuntos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Agardamos a próxima recuperación da conselleira






ACCIDENTE MÚLTIPLE EN RIBADUMIA




Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico no que se viron implicados catro vehículos que circulaban pola estrada que vai de Leiro a Ribadumia, á altura da igrexa de Leiro, no termo municipal pontevedrés de Ribadumia. Tras a alerta dun particular pasados uns minutos das 22:00 horas de onte, o CAE 112 Galicia informou a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico, e aos efectivos de Protección Civil de Ribadumia.  





29 de diciembre de 2014

LOUZÁN NON DESCARTA COMPAXINAR DEPUTACIÓN E FGF






O presidente da Deputación de Pontevedra non descarta repetir no cargo tras as eleccións e compaxinalo coa presidencia da Federación Galega de Fútbol, posto ao que accedeu este mes de decembro.

Nos Almorzos do Galicia por Diante, da Radio Galega, Rafael Louzán dixo que se volverá presentar ás eleccións municipais polo concello de Ribadumia, pero prefire non facer predicións de futuro ata coñecer o resultado dos comicios.

No seu novo cargo deportivo, Louzán trazou como prioridades dotar de "maior transparencia" a Federación e implicar máis os clubs no seu funcionamento. Ademais, dixo que reclamará en Madrid "a débeda histórica que hai con Galicia", xa que dende 2005 non recibe cartos do 1 por cento da recadación das quinielas que se emprega en mellorar instalacións en todo o Estado, malia estar nos primeiros postos en licenzas deportivas.



Fonte:RTVG



CAMBADOS NA ARXENTINA



CAMBADOS tamén está presente como non podía ser doutra maneira na Arxentina, neste caso dando nome a un vivenda residencial.


CAMBADOS da nome a un complexo nunha das zonas máis fermosas da Arxentina, onde poder pasar uns dias.
Mar, bosques e dunas conforman a paisaxe de Vila Gesell, unha cidade situada á beira do Océano Atlántico, dentro da provincia de Bos Aires. Exhibe no seu territorio a Reserva Cultural e Forestal Pinar do Norte, de 14 hectáreas. O Parque Zootemático "Aventura no bosque" coa seu reserva animal, o seu desafiante labirinto vexetal e os seus paseos en tren; e a Reserva Natural protectora do Faro Querandí; súmanse á cartelera de Vila Gesell. Complexo Cambados atópase na cidade costera de Vila Gesell a 376 km de Bos Aires. A 3 rúas do mar e no recoñecido Barrio Norte de Vila Gesell.

Si queredes ir, aquí tedes +INFO.






ARMOUSE O BELÉN




Hoxe convidámolos a visitar un belén dun veciño de Cambados que leva  anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 15 metros cadrados e máis dun cento de figuras.

Carmelo  Fernández, o autor e dono deste belén, ten  máis dun cento de figuras sobre unha superficie de máis de 15 metros cadrados. Carmelo leva uns vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano destaca a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol.


 É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da súa familia e de veciños que aportan pezas.

Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.





O PADRIÑO POLÍTICO DE LOUZÁN PODE IR 8 ANOS AO CÁRCERE





A periodista galega Elisa Lois que traballa para "EL PAÍS" volve dar na diana e desta vez o seu branco e Nené Barral, padriño político de Rafael Louzán.

O que fóra durante 18 anos alcalde de Ribadumia polo PP, José Ramón Barral, Nené, afronta a súa primeira condena 13 anos logo de ser detido por un cargamento de tabaco de contrabando, un asunto polo que tivo que renunciar á alcaldía e que desde entones segue atascado nun xulgado de Vilagarcía de Arousa. O fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra acúsalle de dous delitos fiscais derivados de negocios eólicos e de acuicultura que o exalcalde desenvolveu en Chinesa e Chile, diñeiro que ocultou á Axencia Tributaria na declaración da renda de 2006 e 2007.

Todo o artigo en "EL PAIS"




28 de diciembre de 2014

CAMBADOS 3º POBO MÁIS BONITO DE ESPAÑA




Despois de 2 meses e medio de votacións, Cambados consigueu os suficientes votos para acadar o terceiro posto dos pobos máis bonitos de España.

Como se elixiron estes 51 pobos?

As semifinais consistiron en listas por comunidade, é dicir, había 17 listas e cada unha tiña mínimo 10 pobos, os usuarios da páxina e tamén a xente allea a ela suxeriu os pobos que quixo. De cada comunidade pasaron 3 pobos, os 3 que máis puntos obtiveron.


O seguinte pobo galego na clasificación foi Ribadavia con algo máis de 3000 puntos moi lonxe de Cambados que consigueu máis de 18400.

PODES VER O RESULTADO FINAL AQUÍ


Fonte: 20minutos.es





O PARQUE DE TORRADO CONVERTIDO EN ESPACIO PARA O BOTELLÓN





Como ven sendo habitual despois dun sábado, domingo ou festivo aparecen no parque de Torrado restos de botellón e restos do consumo de outras drogas. A que agarda o concello para cortar con esta situación?.

Esta mañán no momento de que a persoa que nos informou estaba a quitar as fotografías, pasaban uns turistas e o que decían non deixaba en bo lugar nin ao concello nin aos autores do botellón. 

Constanos que hai uns meses a Garda Civil identificou a varios xóvenes por fumar porros no parque pero desde esa vez non volveron a aparecer, nin tampouco a Policía Local. Agardemos que pronto alguén do concello tome cartas no asunto pois o parque "xoia da coroa" vaise a converter nun vertedoiro.
Moitos nenos, e nestes dias de vacacións máis, pasan tempo no parque e non é normal que se atopen con esta situación.










YAGO CASAL DEIXA O XUVEN





A bomba informativa producíase esta noite ao remate do partido entre o Xuven e o Guadalajara que rematou con victoria local.
Yago Casal presentaba a sua demisión a directiva cambadesa. Aínda que os motivos non foron expostos, mañán luns ofrecerá unha rolda de prensa para falar do tema, a ninguén se lle escapa que as últimas semáns cheas de tensión poden ter moito que ver. A pesares das 5 victorias acadadas de forma consecutiva e que facían esquecer eses momentos, algo debeu influir na decisión de Yago Casal. A rolda de prensa despexará as dudas que poida haber.




27 de diciembre de 2014

VICTORIA DE IMPORTANTE DO XUVEN






O Xuven ven de acadar a sua quinta victoria consecutiva e sétima da tempada que asenta ao clube cambadés en postos de play-off que non é o obxectivo primordial pero asegura non ter que sufrir, de seguir con esta dinámica a final de tempada.
O partido comezou co Guadalajara mandando. Mandaba no xogo, no marcador e ata nas sensacións. Un 0-6 inicial non era nada esperanzador, pero sete puntos consecutivos de Charles Nkaloulou contribuíron a apagar o inicio dos visitantes. O conxunto de Juárez, cun Agbelese, ao que destacábamos na previa, dominador baixo os aros e con Durán acertado,  pechaba o primeiro parcial por diante.
O segundo cuarto foi o mellor que se lle recordan ao Xuven. O parcial (21-5) é claro . Un triplo de Sergi deulle a primeira vantaxe ao conxunto local (22-19) e co 27-21 Juárez víase obrigado a pedir o seu segundo tempo morto. O técnico visitante bastante alporizado non axudou ao seu equipo.                                                                                                                                                   A segunda metade foi un quero e non podo do CEBA e unha loita contra o crono do Xuven logo de acadar os 15 puntos de avantaxe(49-34).
Xuven: Juanchi (2), Sergi (6), Tim (9), Charles (11) y Placide (13) —equipo inicial—, Lucas, Alberto (8), Emilio (9) y Erik (6).
Guadalajara: Solé (6), Durán (17), Frutos (7), James (2) y Agbelese (22) —equipo inicial—, Lázaro (2), Nikolic y Aurrecoechea.
Parciales cada cuarto: 13-19, 21-5 (34-24), 13-14 (47-38) y 17-18 (64-56).

RAJOY ESTÁ A PASAR UNS DIAS NAS RIAS BAIXAS





Mariano Rajoy encóntrase nas Rías Baixas onde pasará uns días de descanso xunto a súa familia.
O presidente chegou onte, venres, á noite. Esta mañá, en compañía de José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria Marín-Pontevedra e marido da ministra Ana Pastor, camiñou pola Ruta da Pedra e da Auga, en Ribadumia.

A próxima semana, a axenda de Mariano Rajoy só inclúe un desprazamento a Asturias pra inauguración do treito La Franca-Unquera co que se remata a Autovía do Cantábrico, a A-8. Despois regresará a Galicia onde permanecerá ata o día 4 ou 5.





TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE EN VILANOVA




Un total de tres persoas foron evacuadas esta mañá por los servizos sanitarios de urxencia ao resultaren feridas nunha colisión entre dous turismos na estrada que une Vilagarcía con Pontevedra, no termo municipal de Vilanova de Arousa. Tras recibir a alerta ás 12:20 horas de hoxe, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.




OS BOLECHAS VISITAN HOXE CAMBADOS




Hoxe sábado, Os Bolechas da tele volverán a subir a un escenario con Lady Vina para representar o musical co que percorreron Galicia enteira o pasado Nadal. Nesta ocasión será unha única cita no Salón de Peña do Concello de Cambados este sábado 27 de decembro ás 18.00 h. A entrada é gratuíta, só tedes que recoller invitación no departamento de Cultura municipal.


Patrocinada pola TVG e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Caravana de Nadal inclúe o espectacular autobús de dúas plantas, onde os pequenos fans dos Bolechas poden gozar de multitude de iniciativas: xogos, sesións de cine, manualidades etc. Todas as actividades serán libres e totalmente gratuítas.




OS DEMANDADOS TROCOS CHEGAN A CABALGATA DE REIS DE CAMBADOS





Así se publicita desde o Concello a Cabalgata de Reis deste Nadal.


Cabalgata de Reis
11.00 h. Recepción ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente en San Tomé, onde farán parada no Asilo e agasallarán aos maiores da residencia.
12.00-14.00 h. Recibirán as peticións dos nenos na Praza do Concello
(en caso de mal tempo no Salón de Plenos).
18.00 h. Chegarán a Fefiñáns para percorrer as rúas de Cambados nas carrozas reais, a continuación na Praza do Concello recibirán as peticións dos nenos (En caso de mal tempo faríase no Salón J. Peña).


Non é poñernos galóns pero era algo que por lóxica tíñase que trocar hai tempo.
CORES DE CAMBADOS denunciou en varias ocasións o pesada que se facía a cabalgata de Reis de Cambados, parece que as queixas sumadas as dos veciños veñen de resultar positivas pois como poidéchedes leer enriba a visita dos Reis ao Asilo farase pola mañán para que o parón ao que nos tiñan acostumados durante a cabalgata e que facía demorar toda a comitiva non se inclúe na propia cabalgata da tarde.  No asilo facían unha, demasiado, longa parada que desesperaba a  cativos e a  pais, sobre todo se chove ou vai frio, algo normal nestas datas.



PREVIA DO XUVEN-CEBA GUADALAJARA





Se hai alguén que pode optar realmente a parar os pés a Guadalajara actualmente, ese é Cambados. O choque do hoxe no Pombal é de alta temperatura e esixencia. Dous dos mellores refachos da Liga ven as caras. Os de Yago Casal, con catro vitorias consecutivas, son unha máquina cada vez máis engraxada. E xogan na casa e sen presión. Un auténtico equipo de 'playoff', que recibirá a un CEBA con forte presión. Os alcarreños, empezando polo seu técnico, son ambiciosos e queren estar na Copa. Téñeno preto, pero unha derrota podería botar a perder con todo. En calquera caso, o doce momento de xogo dos de Javi Juárez garante guerra e competitividade hoxe en Cambados , sen ningún tipo de dúbidas. "O equipo está a gañar en madureza e confianza", asegurou na previa o carismático técnico madrileño. Agardemos que terceira baixa en apenas unhas semanas no equipo do XuvenWill Green, que chegou a un acordo coa xunta directiva do conxunto de Cambados para rescindir o seu contrato o pasado mércores,  non faga dano.

A seguir: Nakidjim explotou con toda a súa forza e 20 puntos na última xornada. Veremos como reacciona ante Agbelese.

O dato: Boa capacidade de intimidación do Xuven baixo os aros con case catro tapóns por choque.




26 de diciembre de 2014

XA PODES VOTAR AO CONSELLO CIDADÁN DE PODEMOS





Hoxe dou comezo o período para votar ao Consello Cidadán de Podemos de cada municipio. 
Ata o próximo martes 30 pódese facer. 
Desde Podemos queren que o cambio estea ben arraigado en cada territorio para o cal é fundamental dar a batalla no ámbito local. Entra e participa. 
Porque xuntos podemos! 
#construyendomunicipios
Podes votar dende aquí: https://participa.podemos.info/
E ter toda a información aquí: http://municipales.podemos.info/





RUEDA ACHÉGASE A CAMBADOS A SACAR UNHA FOTO





O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá as obras do que será o futuro Centro de Día de Cambados, unha infraestrutura na que o Goberno galego fai un importante investimento de case 800.000 euros.
Estas obras fai uns dias que comezaron e hoxe recibiron esta visita que so sirve para a foto e volver a decir o custo que supoñen. Dos retrasos e incumplimentos dos programas electorais do PP local e galego nada se dixo.
Rueda, ademais, recalcou que  foi o concello o que cedeu gratuitamente o edificio do antigo matadoiro de San Tomé, que se está a rehabilitar. Como si fora algo de moita importancia dado que eran unhas ruínas nas que o concello non tiña pensado facer outra cousa desde hai anos.









CANS DO REFUXIO DE CAMBADOS PARTICIPAN EN TERAPIAS




Voluntarios do Refuxio de Animais de Cambados adestran cans para facer terapia con anciáns e nenos.

Agora mesmo teñen seis cadelas adestradas coas que van a centros de maiores e colexios. Queren demostrar o labor que poden facer os animais, tamén os que foron abandonados.

Bela é unha das seis cadelas que van a residencias da terceira idade, campamentos e colexios, a calquera sitio onde os chamen para interactuar con persoas maiores ou nenos.

Os seus coidadores din que reciben tanto como o que dan.

"A persoas que están tetrapléxicas, este contacto coa cadela, ao seu carón, sentindo a calor, é o que máis as estimula. En persoas que están en estados moi avanzados de alzhéimer ou de enfermidades senís vese unha evolución importante porque ao mellor están durmindo ou non responden a estímulos e poslles o can no colo e espertan, sorrín."

Outra das cadelas terapeutas e Clau. Abandonada, leva seis meses no refuxio e cada día adestra para axudar os demais.

"Clau é bastante lista, pero basicamente o que custa é tempo e paciencia. Hai cans que van máis rápido e outros máis lentos. Previamente faise unha selección de cans que poden servir."

"Hai moitos cans nos refuxios que serven para este tipo de terapias e moitas veces acaban sendo sacrificados. Pensemos que hai que acudir a alguén especializado para axudar."

Desde o refuxio de animais de Cambados animan a xente a adoptar, en vez de comprar mascotas. Queren demostrar que os cans de palleiro ou mestizos valen tanto coma os de raza.



Fonte:TVG e Refugio de Animales de Cambados



PEDRO SÁNCHEZ APOIA A FÁTIMA ABAL NUNHA CARTA





O secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, está convencido de que "en mayo Cambados va a contar su primera alcaldesa socialista".
Sánchez remitiu unha carta á líder e voceira local, Fátima Abal, na que xustifica a súa ausencia a un acto programado para o próximo día 2 de xaneiro en Cambados, ao cal fora invitado.
"Con estas líneas quiero participar con vosotros y enviaros un abrazo a los compañeros y compañeras de la Agrupación Socialista. También deseo trasladarte a ti, como futura Alcaldesa de Cambados, todo mi apoyo así como el de la Comisión Ejecutiva Federal" reza a misiva recibida por Abal.
Pedro Sánchez acórdase tamén doutros dirixentes locais, como "Domingo Tabuyo, nuestro candidato en los últimos años" ou Rafael Blanco, "a cuya familia quiero mandar un abrazo muy fuerte y mi agradecimiento como Secretario General". 

Por último o líder do PSOE aproveita para gabar o traballo realizado pola agrupación pontevedresa, convencido de que "va a dar sus frutos", ao tempo que pide apoio cara ao proxecto que encabeza: "Cuento con los compañeros y compañeras de Cambados, contad vosotros conmigo", conclúe o secretario xeral socialista.



ÉXITO DAS 3ª XORNADAS SOLIDARIAS BELLEZA MERCHY PINTOS




Hoxe finalizou a xornada solidaria, que por 3º ano organiza o Salón de Beleza MERCHY PINTOS, e a propia Merchy dende facebook da as grazas a cada un de todos os que participaron dun xeito ou outro. Sen vos isto sería imposible realizalo. Quere dar as grazas tamén aos blogs, A ti Meu Cambados, Cores de CambadosVivir en Cambados, aos xornais sobre todo a La Voz de Galicia, a Televisión de Galicia (telexornal, a revista....) pola difusión do evento. Grazas a tod@s por facervos eco da noticia. O traballo por este ano está finalizado agora "pásolles a quenda a Servizos Sociais".
 GRAZAS #todoporlasonrisadeunniño










PRESENTACIÓN MUNDIAL DO DISCO "A TI MEU CAMBADOS" DE MANSO E AMIGOS






O día 4 de xaneiro as 7 da tarde no auditorio da Xuventude en Cambados presentación do novo disco "A ti meu Cambados" de Grandes clásicos de Manso e Amigos mais tres temas inéditos adicados o pobo de Cambados.
Ramón Vieites, José Antonio Vilas, Olegario Falcón, Salvador Cores "Manso", Juan Silva, Blas Domínguez e Esteban Batallán son os membros do grupo.

NOVO ATENTADO A ESTATUA DE FRAGA






A estatua a o gran Manuel Fraga situada no parque de Torrado volveu a sufrir un "atentado". Desta volta os terroristas colocaron sobre a cabeza de tan insigne persoeiro unha bolsa do lixo chea precisamente de eso, de lixo.

A primeira hora da mañán corría como a pólvora a nova por Cambados o que fixo que moitos cambadeses se achegaran ata o lugar e incluso algúns quixeran levar un recordo, en forma de fotografía. Para os que non puidéchedes achegarvos aquí tedes tres fotografías que ilustran o estado no que quedou a estatua.
Dun tempo ata estes dias o Parque de Torrado é utilizado para facer botellón nas noites da fin de semana e incluso non é difícil ver polo dia a un grupo de rapaces fumar porros.
Certo é que non se pecha polas noites pero o acceso e ben sinxelo aínda que estivese pechado.


Para velas máis grandes pica enriba da foto.



VÍDEO DE ARAGUNDE DISFRAZADO DE PPAPA NOEL





Este ano o concello non mandou felicitacións de Nadal aos veciños. En épocas de apreturas é normal que non se gasten cartos en cousas innecesarias.
En troques MontAdictos Monta Cambados regálanos este vídeo onde o Alcalde de Cambados disfrázase de PPnoel cos seus "colegas" e festéxano por todo o alto!!!









24 de diciembre de 2014

REABERTA UNHA CAUSA CONTRA O EX PATRÓN MAIOR





Imaxe:A TI MEU CAMBADOS
A Asociación Galega de Mariscadores (Agamar) comunicou onte que a Audiencia da Coruña acordou a reapertura do caso e continuar coa investigación dunha causa por presunta malversación de caudais públicos aberto contra o expatrón maior de Cambados i expresidente da Federación Galega de Cofradías, Benito González.
O tribunal acordou revogar parcialmente o arquivo decretado polo Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela. Fíxoo a raíz do recurso de apelación interposto por Agamar e unha trintena de socios do pósito cambadés que exerceron a acusación particular nesta causa nacida dunha querela criminal presentado polo Ministerio Fiscal, aínda que foi este quen solicitou despois o arquivo.
 Segundo os responsables de Agamar, a instrución foi "meteórica, pero insuficiente" e por iso recorreron a decisión xudicial ante a Audiencia da Coruña, que se pronunciou o pasado día 17 mediante un auto no que indica que non existen razóns abondo para o sobresemento, sempre segundo as mesmas fontes.

Dende a asociación acusaron a González de dispoñer e manexar caudais públicos que pertencerían á Confraría e afirmaron que o proban gravacións efectuadas ante socios da entidade e declaracións de extraballadores e que, de feito, a Audiencia indicou que "supoñen elementos de proba ou indicios non inconsistentes".
A isto engadiron a existencia de documentos que, aseguran, demostran o presunto cobramento indebido de contías económicas en prexuízo da Confraría e que se achegaron recibos de cobramento de contías monetarias, "simulando" que o expatrón cambadés se dedicaba á extracción como mariscador a pé -é armador-, así como un extracto dunha conta bancaria na que, din, aparece el, a secretaria e outro membro da Xunta Xeral como titulares e onde "se efectuaban importantes movementos de efectivo relativo á actividade da Confraría, ademais de aceptar o cobramento de contías económicas por persoas privadas para proceder á vixilancia de bateas".



 Esta cuestión en concreto foi denunciada por algúns socios ante o Conselo de Conincre, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Axencia Tributaria, pero sen éxito. De feito, o Tribunal de Contas non apreciou ningunha anomalía. Non obstante, segundo Agamar, a Audiencia di que estas accións "deben ser consideradas como unha malversación de caudais públicos dado que non é permisible a desviación a finalidades privadas de forza de traballo custeada por fondos públicos".



Despois de que hai uns dias se decidise por parte do xulgado a apertura de xuicio pola causa do "Tragove", Benito González está cada día máis acorralado.



 

FELICITACIÓN DOS SOCIALISTAS CAMBADESES















23 de diciembre de 2014

HISTORIA DA IGREXA PARROQUIAL DE CAMBADOS




JOSÉ MANUEL GARCÍA IGLESIAS  para EL CORREO GALLEGO


No lugar denominado "Convento", onde hoxe centra o seu culto a parroquia de Santa Mariña de Cambados, tiveron unha importante presenza os franciscanos. A historia, neste caso, concrétase cunha fundación, realizada por 1578, que fan uns veciños de Vilaxoán, Juan Daval e a súa muller, María Pérez Leiro e Escudero, a quen se considerou como tronco da familia Pardiñas e Villardefrancos. Pois ben, a tales personaxes cabe evocalos desde a propia fachada desta igrexa xa que se mostran, sobre a porta, orantes, un a cada lado.

Previamente, en 1575, chegara ata aquí, procedente da illa de San Simón, fr. Ventura, que era o Comisario de Custódia dos Pascualinos, quen foi animado por un grupo de persoas, entre os que se atopaba o bachiller Balboa, a que fundase un convento. Así viñeron os frades que ían asentarse nunha casa do escribano Abelleira. E "nela estiveron algúns días, celebrando misa nunha tenda de devandita casa, que oían os fieis da parte de fóra, habendo posto sobre a casa unha campá".

Co ánimo de levantar un espazo propio compraron ao rector de Fefiñanes, "unha ermida que chamaban de S. Antón Ponín, que, nalgún tempo pertencera aos PP Conventuales de Pontevedra", pero o rector de Santa Mariña opúxose a iso. Tiveron, con todo, outra opción que, neste caso, puido fructificar debidamente: Rodrigo Lamas, rector de San Felix de Lois, construíra, en Cambados e as suas expensas, unha ermida que desexaba consagrar ao Espírito Santo. E esta ermida, así como a horta que estaba á súa beira, cedeulla aos Pascualinos para que puidesen fundar o convento; estes tomarán posesión diso en 1576. En todo caso aquel inicial apoio do bachiller Balboa ía permanecer no tempo e vai ser el quen poña en relación aos citados Juan Daval e á súa muller, María Pérez Leiro e Escudero, co desenvolvemento desta iniciativa que, para eles, conlevaba cumprir un desexo xa que, previamente, intentaran levantar un templo, dedicado á Concepción da Virxe, tanto en Vilaxoán como na Pobra e Carril, sen conseguilo.

Será así como, en 1578, Juan Daval e Frei Felipe Ascario, de custódia de San Simón e San Judas, ou dos Pascualinos, van poñer a primeira pedra deste convento. Tal data recollíase nun cadro votivo, hoxe perdido, que podía verse na sancristía. En 1583 se decreta a extinción de dita Custodia e, nese mesmo ano, este convento vai ser admitido na Observancia outorgándoselle a Juan Daval a seu patronato ao asumir este o compromiso de completar a súa fábrica.

Tres anos despois estaban edificados, no fundamental, o templo, coa súa sancristía, así como o claustro, coa portería e capítulo, e delimitado o lugar do cemiterio. A posta en uso do construído atende a datas a ter en conta: 1585, momento en que se dispón o Santísimo no altar Maior; 1586, ano en que é bendicido o templo polo bispo auxiliar  é D. Tomás Strong, Bispo de Osaria (Irlanda), auxiliar do prelado compostelano - ; 1588, data que figura na portada.

Fr. Jacobo de Castro publicaba, por 1722, á hora de sintetizar esta historia, o seguinte: "Admitido este Convento para a Observancia, o foi logo de Recolección, algún tempo foi de Pais Misioneros, e oy bolvió aos Recoletos. Foi, e é Casa de Noviciado". Ten, neste contexto, importancia o feito de que, en 1695, chegasen ata aquí, procedentes do Convento- Seminario de Sahagún, os pais franciscanos que, coa autorización pertinente, estableceron o colexio de Propaganda Fide que, no ano 1702, trasladouse a Herbón.

A igrexa consta de nave rectangular con capela maior cuberta por bóveda de crucería e cun friso, no seu arranque, no que se escribe: FUNDARON ESTE CONVENTO IUAN DAVAL I MARIA/ PEREZ DE LEIRO O seu MUGER VECIÑOS DE VILA/ IUAN ANO DE 1588 PRIMEIRO PATRONO ALO---/IUAN DABAL E MARIA PEREZ DE LEIRO O seu MUGER?. Ao DE LEIRO O seu NETO E CLARA DE LIS A súa MULLER

Juan Daval morreu en 1598 e en 1600, a súa muller; foron sepultados os seus cadáveres no presbiterio, no lado do evangelio, nun espazo que será refeito no século XVII. O escudo, que aquí se presenta - timbrado de yelmo e cuartelado mediante unha cruz flordelisada- enlaza brasóns a relacionar co matrimonio Aval-Leiro; no seu escusón preséntase o apelido Leiro e, nos demais, os dos Avalle (tres espadas altas), Romeu, Figueroa e Escudero. A cruz flordelisada ha de vincularse co cargo de familiar de Santo Oficio da Inquisición que, neste caso, cabo relacionar con Rodrigo de Paadin, marido da filla do matrimonio, xa que respondía a tal condición.

No epígrafe que existe nesta tumba informa de que : AQUÍ IAZE IVAN DAVAL I M. PR D O REMEIRO O seu/ MUGER FUNDADORES DESTE CONVENº DE Nº Pª ST/ PATRON QUE LLES SUCEDEREN I Pª QUEN / FALLLESCen DE TODOS Os ASENTOS I ENTIE/RROS REIAS DENTRO I MAIS Os ACTOS / HONORIFICOS EN TODO O CONVENTO I FACULTADE Pª QUE Os RELI/GIOSOS POIDAN EN DEVANDITO SITIO MAIS Os NICHOS 14 SEPULTURAS PERPETUAS ENTEIRAS.

Tamén hai un epígrafe similar na tumba ao lado da epístola. Di así: AQUÍ IACE A Oº DE LEIRO Pº PATRON DESTE CON/VENº FALLECIO ANO DO Sr. DE 1638 I O seu FILLO D. / FRANCISCO DE LEIRO SEGUNDO PA/TRON FALLECIO EN 15 DE XULLO ANO DO Sr/ 1675

Neste caso o escudo, que pode verse arriba, cabo poñelo en relación con Francisco de Leiro, quen probou a súa hidalguía en Valladolid en 1663. Si o seu pai era Alonso de Leiro a súa nai respondía ao nome de Claro Lis de Carballa. Mantense, con respecto ao escudo anterior, a presenza do apelido Leiro no escusón. Os demais responden aos linajes dos Lis de Carballa, Paadin, Escudero e Sarmiento. É, precisamente, nese contexto cronolóxico de 1675 no que cabo encadrar a forma final, similar, destes monumentos funerarios da capela maior.

A nave da igrexa conclúese cun coro alto, aos pés, sobre a porta. No machón dun alicerce, no lado da epístola, hai unha inscripción, tamén do século XVI, que nos informa, unha vez máis, de que "ESTA IGREXA I CONVENTO / ICIER. IVAN DAVAL I MARIA PEREZ".

Nada máis concluído o templo abriuse unha capela cara a esa parte dos pés, no lado do evangelio, nun lugar que inicialmente estaba cuberto polo coro, o que xustifica que a súa entrada sexa por un arco rebaixado para adaptarse á altura entón alí existente; ao recortarse, en 1843, a lonxitude do coro e quedar liberada, en altura a entrada a esta capela, resulta máis rechamante esa escasa altura. Dedicouse á Quinta Angustia e levantouse a instancias de Maria Daval, filla dos fundadores, e do seu marido Rodrigo de Paadin.

Por que razón María Daval fai unha fundación máis nun espazo no que os seus pais xa a fixeron? O testamento de Juan Daval di o seguinte: ".....dende agora para sempre dicimos e facemos donación perpetua e irrevocable a que o dereito chama intervivos, por vía de mellora e como máis válida sexa de dereito a San Juan Daval, o noso neto, fillo lexítimo de María Daval nosa filla lexitima e de Rodrigo de Paadín o seu marido, veciños da vila de Santomé do Terzo e quinto de todos os nosos bens para háxaos e leve o devandito San Juan Daval, o noso neto e os seus fillos e descendientes para en todo tempo de sempre xamais?. Quizais nesa opción de mellora a favor dun neto sexa a que leve ao matrimonio Paadin-Daval a contar cun lugar propio no conxunto do que cabe recoñecer como unha fundación familiar encabezada polos seus pais. Neste sentido non debe de pasar desapercibido o contido, xa apuntado, do epígrafe da capela maior, onde aos fundadores sucédelles o seu neto.

Tanto esta capela, da Quinta Angustia, como a que, despois, ábrese ao seu lado, a de San Antonio, cóbrense con bóvedas de crucería. Esta última conta co escudo do fundador do seu patronato: Francisco Rodríguez Camba, quen contraeu matrimonio, en segundas nupcias, con María de Paadín, falecida en 1622. Nos seus cuarteis poden verse os brasóns propios dos Varela, Camba, Paadin e Pérez de Ribeira.

A conclusión da obra do templo ha de culminar pola parte correspondente á fachada principal. O arco de medio punto da porta presenta, na súa clave, un escudo da Orde enmarcada por un cordón franciscano -que debuxa un contorno de forma próxima á oval-, en cuxa punta mostrar, sobre ondas, tres patos colocados dous, un.

Encima, sobre unha moldura recta, dise: FUNDARON ESTE CONVENTO, en clara relación cos personaxes orantes entre os que se dispón. E abaixo, nun estreito friso, a lenda continúa dicindo. JUA DAVAL E MA PEREZ O seu MUGER/ VEZINOS DE VILA JUAN ANO/ 1588. E, a cada lado, nas súas respectivas peanas, móstranse, en mínimas hornacinas, as figuras de Adán e Eva, en pé, espidos, con todo o que iso significa do principio dun xénero humano destinado á morte terrenal. Sobre as súas esculturas unhas veneras xeran un espazo propio, para cada unha delas, a modo de nichos. Entre ambas, na parte correspondente á metade inferior dos seus corpos, preséntanse dous escudos; o máis próximo a Adán, e a Juan Daval, é o dos Figueroa; o que se presenta á outra parte, a de Eva e a súa muller, correspóndese cos Romeu.

Pois ben sobre a citada moldura recta é onde se pode ver, na parte central, sobre unha peana, ligeramente elevada, o lugar que se corresponde co sitio onde ha de estar a Inmaculada Concepción, patroa deste templo. Un anxo, que voa sobre a súa cabeza, leva, nas súas mans, unha coroa, a relacionar coa figura da Virxe que substitúe, desde fai unhas décadas, a outra, desaparecida. E é, nese contexto, onde aparecen aos lados, tamén orantes, as citadas figuras de Juan Daval e da súa muller, mirando cara a esa devoción mariana que o preside todo. O amplo espazo que hai entre estas esculturas suxire que estivese cuberto, originariamente, por unha pintura, todo iso delimitado, en altura por outras molduras que evocan, rústicamente, a forma dun tímpano triangular. E tras cada un deles preséntanse os citados escudos dos bueyes, un; do cesto, outro; ha de terse en conta que, pola súa forma, resultan máis elaboradas e, quizais, ligeramente posteriores no tempo aos anteriormente citados, de Figueroa e Romeu, e ben poden supoñer un engadido posterior; iso si, realizado nunha data temprana.

Cóntase que, nos seus inicios, Juan Daval, ademais de pagar as obras do convento, "uncía os seus bueyes e da canteira carretaba a pedra para a obra e a súa muller leváballe a comida". A esa participación activa faise mención, polo menos, ao presentar unha cesta, a modo de escudo, xunto a María Pérez Leiro e Escudero, na portada da igrexa. Tamén se vincularon, neste caso a Juan Daval, os bueyes que se nos mostran, nun escudo similar, en relación coa súa imaxe, aínda cando, con iso, tamén se pode facer referencia a un dos apelidos da súa esposa, Leiro - poderá significar, con todo, ao propio Daval?-. O certo é que máis que unha yunta, ensamblando aos animais, o que se nos presenta é a dous bois pasantes.

Utilízase este brasón noutra obra, tamén vinculada á devoción de Juan Daval e a súa esposa, a de San Juan de Navarrete, ao que se lle constrúe unha capela ? coñecida como "do Santo", na próxima parroquia de Nantes (Sanxenxo). Así o culto a San Juan de Navarrete, desde 1591, polo menos, non vai ser menor, tampouco, para este convento seguindo, tamén neste sentido, os intereses do seu fundador nunha obra que concretarán, no caso desta capela, a súa citada filla María Daval e o seu marido, Rodrigo de Paadin xa que, por 1610, estanse facendo cargo de obras na mesma.

En todo caso, o brasón dos dous bois pasantes hase de poñer en relación coa familia Daval- Pérez Leiro e a súa descendencia, e ha de recoñecerse que se lle outorga, ao mesmo, un sentido principal. Tanto é así que, como pode verse, utilízase como distintivo único na citada capela do Santo, en Nantes  o que resulta sumamente significativo-, e é obxecto do escusón nos escudos barrocos que se dispoñen nos laterales do presbiterio, nas tumbas principais desta igrexa conventual, ademais de estar presente na fachada do templo conventual.

O retablo máis antigo que conserva esta igrexa é o que preside a capela da Quinta Angustia. É obra barroca, do século XVII. Nela mantéñense, na súa rúa central, as devocións á Quinta Angustia, abaixo, e ao Ecce Homo, na parte superior. A imaxe da nosa Señora do Rosario corresponde ao conxunto orixinal en tanto que Santa Margarita ha de considerarse dun tempo posterior.

Tamén un Crucificado procede, parece ser, dun retablo, hoxe perdido, do século XVII - no que había "un só camarín cun crucifixo"-, e que, neste caso, estaba situado na inmediata capela de San Antonio. Na mesma información díllenos que "pintado de novo e en novo retablo está en nave principal"; ha de ser, pois, o que forma parte do Calvario, na nave, no lado da epístola.

Os dous retablos que se presentan na nave, nas proximidades da capela maior, encádranse, polas súas características, no segundo terzo do século XVIII. Tamén contan co escudo franciscano. Neste caso, no da epístola, a imaginería que nos mostra non é a que, originariamente, correspondeulle salvo, está claro, o relevo, da parte superior, que presenta a devoción da Sagrada Familia. Outro elemento significativo de cal puido ser o motivo que presidiu este conxunto atopámolo no frontal do altar, onde pode verse o anagrama IHS. Estaremos ante un altar dedicado, originariamente, á devoción do Sagrado Corazón de Jesús?

O retablo ao lado do evangelio, en cambio, parece aproximarnos ás devocións primeiras. Así, na parte alta, preséntase, en relevo, o tema da Trinidad e, tamén na rúa central, dáse culto, hoxe, á Inmaculada ? a titular, deste xeito, do retablo-, en tanto que, aos laterales, atopámosnos/atopámonos con dous santos da orde: o fundador, Francisco, e Benito de Palermo. Neste caso son os cinco estigmas, tan utilizados como escudo polos franciscanos, o que se presenta no frontal do altar. O feito de que, en leste mesmo tempo, fose a Inmaculada quen debía de presidir o retablo maior leva a pensar que, posiblemente mostrásellenos aquí, originariamente, no tema da Asunción.

O retablo de San Roque, coa súa imaxe de vestir, disponse na capela da Quinta Angustia e debe de ser obra de principios do século XIX, correspondendo a un momento no que, aínda, están aquí os franciscanos; o escudo da Orde, na parte superior, así o acredita.

Nunha vitrina existente na sancristía poden verse, tamén, unha serie de imaxes que han de relacionarse coa etapa conventual. Parece ser que foron descubertas, "emparedadas", nos anos oitenta do pasado século, nun antigo paso, pechado trala exclaustración, existente entre o claustro conventual, cara ao lado da epístola, e o coro alto. O celo do párroco don José Aldao salvounas da súa completa perda.

A talla que nos mostra á Inmaculada é obra dos anos medios do século XVII e coñece a arte de Mateo de Prado, no seu modo de introdución deste tipo iconográfico en Galicia. Anteriormente o convento contou con outra escultura de leste mesmo tema xa que, en 1582, encargóuselle a Juan de Moreira, escultor e pintor de Santiago, unha efigie da Concepción, "patroa da casa". Neste caso estamos ante a imaxe que debeu de presidir o retablo maior e, a ese mesmo conxunto, han de pertencer as esculturas que nos mostran a San Diego de Alcalá  coas rosas recolleitas na súa escapulario-, San Luís de Anjou- vestido de pontifical-, Duns Scoto -cun medallón da Inmaculada no seu peito-, e un santo franciscano máis, de difícil identificación ao estar falto dos atributos que o debían de caracterizar; polo seu rostro puidese ser, entre outros, un San Pedro de Alcántara  frade reformista desde o que cabo evocar, aínda que non fose o seu fundador, custódiaa á que, originariamente, pertenceu este convento-, ou, ata a ese fr. Juan de Navarrete, predicador el, tan querido por estas terras.

A outro retablo, tamén barroco, ha de corresponder, en tanto, o outro santo franciscano que se garda na sancristía, de menor tamaño que os anteriores, e que, en principio, tamén, cabo relacionar co culto a San Pedro de Alcántara.

A pegada franciscana, nos seus cultos, transcende os espazos propios do convento. O cruceiro que está nas inmediaciones do mesmo así o acredita, como tamén a devoción á Divina Pastora, con ermida propia, nun mirador próximo a Cambados, pertencente a esta mesma parroquia. Ha de terse en conta, neste sentido, que as orixes desa capela atópanse no século XVI e que se vinculan ás devocións do Bo Pastor e da nosa Señora das Neves. Será no XVIII cando cambie de advocación impoñéndose, agora, unha do mundo franciscano, propiamente da rama dos capuchinos, que teñen, neste século, na figura de frei Isidoro de Sevilla, a un particular impulsor.

Trala exclaustración de 1835 esta igrexa pasará a mans da parroquia de Santa Mariña, que trasladará o seu culto á mesma en 1841 traendo ata aquí o seu  retablo principal en 1843, do que se fai cargo un carpintero local, apelidado Porto. Neste momento faranse unha serie de obras, no seu interior, que levan a minorar o seu anterior papel conventual, adecuándoo ás súas novas funcións. Iso xustifica que se recorte a lonxitude do coro alto e que se peche o seu antigo enlace coa parte conventual, algo que tamén sucede abaixo xa que se tapia, tamén agora, a porta que enlazaba co claustro, no lado da epístola, no segundo tramo da nave; é dicir o que actualmente cobre o conxunto do Calvario e as Ánimas.

Nunha data posterior farase un novo retablo no que se ocupa a sua parte principal ao culto eucarístico deixando todo o seu primeiro corpo  o máis desenvolvido- para o sagrario e expositor. En tanto, no segundo nivel, é a patroa da feligresía, Santa Maríña, a que ocupará tal lugar situándose, nos últimos tempos, un anxo orante a cada lado. O púlpito, co seu tornavoz, ha de encadrarse nun momento próximo ao do actual retablo maior.

Tanto o retablo de San Andrés e San Ramón Nonato como o conxunto que asume os temas do Calvario e as Ánimas do Purgatorio remiten á primeira metade do século XX. Polo que se refire ao citado retablo concíbese desde criterios neogóticos e, ás devocións consideradas principais acompáñanlle outras, como a do Neno Jesús de Praga, a Virxe do Pilar e a Virxe de Lourdes.

O arco que encadra os temas do Calvario e as Ánimas do Purgatorio concíbese, en tanto, a partir de formas neoplaterescas. Acompañan ao Crucificado, que procede, como se dixo, da capela de San Antonio  con cuxo arco de ingreso coincide, aproximadamente, en forma, este que ampara esta temática-, as imaxes, de vestir, da Virxe e San Juan. Tamén forma parte deste Calvario tanto un fondo pictórico, alusivo a Jerusalén, como un par de anxos; un deles recolle o sangue de Cristo; o outro a derrama sobre as ánimas do Purgatorio, os dez personaxes tantos como mandamientos ten a Lei de Deus- que penan nas chamas.

Conta esta igrexa con outra imaginería, a relacionar con esta etapa parroquial. Neste sentido, ocupando o retablo barroco da nave, no lado da epístola, preséntanse agora as devocións de María Auxiliadora, como principal do conxunto  especialmente impulsada por San Juan Bosco- , e de San José e Santa Rita, aos lados. A presenza do culto a María Auxiliadora ten, nesta igrexa, unha relación directa cos salesianos, orde que, tras unha donación, constitúe, nas terras de Cambados e en 1947, un centro para aspirantes, baixo a advocación da nosa Señora da Mercé.

A Virxe de Fátima é quen preside hoxe a capela de San Antonio. Tamén está aquí unha escultura de Cristo Rei - cunha cartela, nas súas mans na que se escribe: "Jovenes /son o voso Rei/ Amante/ ¡Sédeme fieis!/ Axudádeme" -, unha devoción antiga, pero que ten unha nova lectura a partir de Pío XI cando, na súa encíclica Quas Primas (1925), trata sobre o reinado de Cristo. Neste caso concreto cabo relacionala, tamén, coa Mocidade Católica Española, que terá un notable auxe en tempos da Segunda República; esta asociación ten, naqueles anos, como órgano oficial, A Flecha, e xa se converteu en Mocidades de Acción Católica; neses anos, previos á Guerra Civil, é onde cabo encadrar esta imaxe. O Sagrado Corazón de Jesús (cunha placa na súa pedestal que alude ao ano 2013) ten, agora, un lugar, igualmente nesta capela.

Tanto o Cristo coa Cruz ao lombo, na antiga capela de San Antonio, como o Cristo Yacente na Urna do Santo Enterro, na da Quinta Angustia, remítennos a un repertorio da Paixón especialmente afín a unha sensibilidade franciscana á que non é allea o actual culto parroquial.

Tamén, como imaxe procesional, ha de entenderse a da patroa, Santa Maríña, entendida como Santa Maríña de Augasantas, propoñéndoa así como mártir galega. E isto testemúñase utilizando o nome de ?Galicia? que se dispón, na parte alta do horno, curiosamente coroado por un escudo alusivo a Galicia, que conta con once cruces, no canto de sete; algo que garda unhas certas semellanzas co modo en que se mostran nun estandarte das "Pompas fúnebres do emperador Carlos V" de Jean e Lucas Doetecum. Devandito horno ha de entenderse como o lugar do martirio que, con outro epígrafe, sitúase en ?Augas Santas? (Alariz).

Non debe pasar desapercibido que estamos ante unha santa que, así entendida, vincúlase ao sur de Galicia e á que a tradición relaciónaa, por lazos fraternales, con Santa Librada, tamén moi presente no territorio meridional, especialmente da diócesis de Tui.

Na parte que se corresponde coa Sancristía e anejos ? que asumen hoxe diferentes funcións parroquiales- gárdanse, tamén, algunhas imaxes: San Francisco Javier, de factura barroca; unha Santa Rita de vestir, identificada pola pegada da espina na súa fronte; un San Benito, culto principal en Fefiñáns, nunha escultura que asina na peana J. L. Pérez.

O que era o convento, máis aló da súa igrexa, pasaría a mans da vila de Cambados a partir da exclaustración. Unha parte do mesmo atendería a diversas funcións: ensino primario, cárcere regular, sala do colexio electoral, cuartel de Milicias Urbanas? Outra sería derruida reaprovechando os seus materiais: na muralla da Alameda de Santo Tomé, por 1842; no paseo da Calzada, en 1845......



 BIBLIOGRAfÍA
Cotarelo Valledor, A., El Convento de Cambados: Noticias históricas, Vich, Ed. Seráfica, 1932.

Caamaño Bourmacell, J., Estampas de Cambados, La Coruña, El Ideal Gallego, 1953.

Vázquez Casais, J. A., Cambados y el Valle de Salnés, la heráldica de sus pazos y casas solariegas, Pontevedra, Servicio de Publicacións Deputación Provincial de Pontevedra, 2000.