Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RIBADUMIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RIBADUMIA. Mostrar todas las entradas

7 de diciembre de 2018

6 CENTROS EDUCATIVOS DO SALNÉS PARTICIPAN NO DEPOEMPRENDE DA DEPUTACIÓN


Un total de 553 estudantes de 25 centros educativos da provincia de Pontevedra, pertencentes a 15 concellos, participan este ano no programa DepoEmprende na Escola, impulsado fai tres anos pola Deputación de Pontevedra para fomentar o emprendemento entre a poboación máis nova. "Son cifras que avalan o importante éxito que está tendo esta iniciativa do Goberno, coa que buscamos impulsar o emprendemento entre as e os estudantes, unha carencia moi grave que a día de hoxe aínda non está incorporada ao currículo educativo", explicou hoxe o deputado Carlos López Font ao presentar a nova edición deste programa, en marcha dende o curso 2016-2017.

O programa DepoEmprende para escolares componse de tres categorías. DepoEmprende na Escola diríxese a alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Especial, que durante o curso crean e xestionan unha cooperativa para a fabricación dun produto concreto.  En DepoEmprende na ESO participa alumnado de 3º e 4º da ESO, que a través deste programa, estudan a Iniciativa Emprendedora. DepoEmprende na FP vai para rapazas e rapaces que estudan a modalidade de "Empresa Iniciativa Empresarial" e/ou "Simulación Empresarial", que crean proxectos empresariais concretos.

"En todos os casos, o obxectivo é que o emprendemento entre de cheo nos centros educativos. Queremos formar aos rapaces e rapazas para que se adapten ao novo entorno no que nos movemos, que se preparen para traballos que aínda agora non existen e con ferramentas de traballo que aínda están por desenvolver", sinalou Font. A finalidade é que o alumnado "sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo máis enfocado á práctica e á mellora da formación e da empregabilidade".


Máis polo miúdo, o deputado debullou os "excelentes resultados de participación neste curso 2018-2019, o que demostra a boa acollida por parte da comunidade educativa". En total, participan neste ano 553 alumnos e alumnas de 25 centros educativos, de 15 concellos da provincia. Dende o servizo de Promoción de Emprego da Deputación xa se están realizando as primeiras visitas informativas aos centros para resolver dúbidas e arrincar coa formación.
En DepoEmprende na Escola 2018-2019 participan 281 alumnos e alumnas de 9 centros educativos. Trátase do CEE Príncipe Felipe (Pontevedra), CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), CEIP As Bizocas (O Grove), CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados), CEIP García Barbón (Vigo), CEIP Plurilingüe nº1 de Tui (Tui), CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia), CEE Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa) e CEIP Santo André de Xeve (Pontevedra).

DepoEmprende na ESO concentra este curso a 99 alumnas e alumnas de 8 centros. Son o IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña), IES de Rodeira (Cangas), IES Luís Seoane (Pontevedra), IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES Illa de San Simón (Redondela), IES Illa de Ons (Bueu), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e IES de Meaño (Meaño). Un total de 173 rapazas e rapaces da ESO, pertendentes a 8 centros educativos da provincia, toman parte nesta edición de DepoEmprende na FP. En concreto, trátase do IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), IES de Rodeira (Cangas), CIFP Carlos Oroza (Pontevedra), Asociación EFA A Cancela (As Neves), IES Terra de Turonio (Gondomar), CFEA Lourizán (Pontevedra), CPR San Miguel (Vigo) e IES de Valga (Valga).

Font sinalou que DepoEmprende segue demostrando, curso a curso, "un importante éxito de participación e de boa acollida". En concreto, nos tres anos de implantación do programa, teñen participado preto de 1.500 estudantes de 37 centros educativos da provincia de Pontevedra, pertencentes a 19 concellos. Salientou o ano pasado como "o ano de consolidación do programa". No curso 2017-2018 participaron nas tres categorías un total de 565 persoas: 404 en DepoEmprende na Escola, 36 en DepoEmprende na ESO e 125 en DepoEmprende na FP. Foron 21 centros educativos os que tomaron parte na iniciativa, que deu como resultado a creación de 17 cooperativas en DepEmprende na Escola, 5 cooperativas en DepEmprende na ESO e a configuración de 37 proxectos empresarias a través de DepEmprende na FP.



20 de noviembre de 2018

PROTECCIÓN CIVIL DE CAMBADOS E RIBADUMIA CONTARÁN CUNS REMOLQUE DOTADOS DE EQUIPAMENTO ESPECIAL

Adxudica aos concellos de Cambados, Marín, Moaña, Ponteareas, Ribadumia e Tomiño seis remolques para a súa utilización polas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e servicios de emerxencia municipal.

Esta inversión está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da cesión de equipamento de emerxencias aos concellos de menos de 50000 habitantes que teñen Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), concedidas ao abeiro da ORDE do 2 de agosto de 2018.
No que atinxe a provincia de Pontevedra a Xunta inviste preto 91.000 euros na compra de seis remolques para a atención a emerxencias para os concellos de Cambados, Marín, Moaña, Ponteareas, Ribadumia e Tomiño. Unha cifra que no conxunto de Galicia ascende a 869.049 euros, destinados á adquisición de equipamento para 35 municipios de menos de 50000 habitantes. Esta inversión está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
Estes remolques contan cunhas características específicas que os fan idóneos para a intervención nas emerxencias, principalmente producidas debido a temporais e inundación, xa que están equipados con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserra, rozadora manual, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Asemade, ao ser dunhas dimensións reducidas poden desprazarse a calquera núcleo de poboación, aínda que as vías sexan estreiras.
O obxectivo é que estes equipamentos de emerxencias sexan utilizados polas AVPC en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias, fundamentalmente provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais, previndo danos aos cidadáns, aos seus ben e ó ambiente ou, no caso de que estes se actualicen, a minorar as súas consecuencias no posible.
Cómpre lembrar que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o departamento encargado de xestionar as competencias que en materia de protección civil ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia e, mais especificamente, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior encadrada na súa estrutura.
En calquera tipo de emerxencias é conveniente contar en determinados momentos, ademais dos propios medios da Comunidade autónoma con outros dos que esta non dispón, optimizando recursos e orzamentos, colaborando cos concellos en materia de protección civil e emerxencias, na prevención de riscos e na intervención naqueles casos que os riscos se actualizan converténdose en graves accidentes e emerxencias.
Os servizos municipais non sempre contan con todos os medios necesarios e, menos aínda, con recursos máis técnicos e especializados, polo que é necesario poder dotalos dun equipamento adecuado que posibilite e redunde nun mellor coñecemento das áreas de intervención ante determinadas emerxencias co fin de acadar un maior grado de seguridade para os seus membros e para a poboación afectada.
Na liña marcada pola Unión Europea a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza executou máis de 10 millóns euros, no que vai desde o ano 2015 ao 2018 no programa cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “FEDER”. 



15 de noviembre de 2018

CATRO CONCELLOS DA COMARCA VOLTAN DA VIAXE FORMATIVA SOBRE MOBILIDADE A BARCELONA



A Deputación de Pontevedra deu hoxe por concluída a viaxe formativa sobre Mobilidade a Cataluña coa visita do vicepresidente César Mosquera, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e a delegación de doce concellos pontevedresa á ‘Smart City Expo World Congress' que se celebra esta semana en Barcelona. Pecháronse así catro días de traballo con asistencia a xornadas, conferencias e coa visita a varios concellos da área metropolitana de Barcelona que están a traballar no fomento da mobilidade amable e na recuperación dos espazos públicos. Todos estes eventos foron "de moito aproveitamento" para as e os participantes na iniciativa da institución provincial, que aseguraron levar de volta a Pontevedra propostas aplicables nas súas vilas coñecendo "éxitos e erros".

Na xornada de hoxe, as e os representantes dos concellos de A Guarda, Cambados, Silleda, Salceda de Caselas, Pontevedra, Grove,  Vilaboa, Ribadumia, Ponte Caldelas e Vilagarcía, asistiron no stand da Deputació de Barcelona  ‘Smart City Expo' de Barcelona a unha charla do persoal técnico provincial catalán sobre o modelo de creación de espazos verdes no centro das vilas, de participación no planeamento urbanístico, de vivenda, así como os plans de fomento de saúde a través do deseño urbano, entre outras cuestións nas que está a traballar a Deputació cos concellos do seu ámbito.

Ademais, o grupo pontevedrés aproveitou para coñecer varios stands de entidades e empresas relacionadas coa creación de ‘cidades intelixentes', tanto no ámbito da mobilidade, dos residuos como da comunicación, que están na feira para mostrar os últimos avances tecnolóxicos tanto en construción, iluminación, xestión do lixo ou outras competencias municipais. O ‘Smart  City  Expo  World  Congress 2018' é, de feito, un evento internacional sobre cidades intelixentes que cumpre este ano a súa oitava edición baixo o lema  ‘Cidades para vivir' e cun programa dividido en cinco eixos: transformación dixital, contorna urbana, mobilidade, gobernanza e finanzas, e cidades inclusivas e compartidas.

Nos últimos catro días, a delegación pontevedresa asistiu ao relatorio do vicepresidente Mosquera na cidade de Sabadell, onde falou do ‘modelo Pontevedra' e da súa posible extensión a outras cidades -tal e como se está a facer na provincia-; á xornada técnica sobre ‘Entor urbà i salut' celebrada durante todo o día de onte; así como ao relatorio da DiBa sobre o traballo de asesoramento aos concellos cataláns. Ademais desta parte teórica, coñecéronse os plans de mobilidade dos concellos de Granollers, Terrassa, Sabadell, Barcelona, e Sitges e visitáronse as solucións concretas aplicadas para recuperar espazo público para  as persoas.





1 de octubre de 2018

A POLICÍA AUTONÓMICA E O SERVIZO DE GARDACOSTAS INTERVEÑEN 4.617 QUILOS DE XURELO EN RIBADUMIA





A Policía Autonómica de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia, interveu o pasado venres un total de 4.617 quilos de xurelo tras un operativo na localidade de Ribadumia.
O obxectivo do dispositivo era controlar o transporte do peixe por estrada. Durante o transcurso do mesmo, inspeccionouse un camión que transportaba 1.325 caixas de xurelo, das que se comisaron 369 cun peso total de 4.617 quilos ao detectarse diferentes irregularidades na documentación e a trazabilidade do peixe.
O xurelo comisionado foi entregado ao Banco de Alimentos, levantouse unha acta de infracción e identificouse unha persoa. 



16 de agosto de 2018

CAMBADOS E RIBADUMIA PRESENTAN O PROXECTO DE DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DO SALNÉS




- O orzamento do proxecto ascende a 100.743,55€, correspondendo un 42,02% a Cambados e un 57,98% ao Concello de Ribadumia. - O Concello de Ribadumia vai ser o encargado da licitación que xa foi remitido ao portal de contratación da Xunta de Galicia para a súa publicación. O Concello de Cambados e o de Ribadumia veñen de presentar o proxecto de Dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Ao Proxecto foille concedido unha axuda por concorrencia competitiva estando subvencionadas ao 95% con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2018. Os concellos de Cambados e Ribadumia, de maneira coordinada e conxunta, decidiron aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos. O importe do custe do proxecto é de 100.743,55 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 6 semanas, unha vez que remate o proceso de licitación.
Mellora do entorno industrial
O obxecto do presente proxecto é o de definir as obras a realizar para a mellora das infraestruturas do conxunto do Polígono Industrial do Salnés. Nas rúas principais dos polígonos hai un elevado deterioro da capa de rodadura, polo que se pretende a aplicación dunha capa de microaglomerado en frío para a súa conservación, mellorando as características de textura superficial e resistencia ao deslizamento. Posteriormente ao pavimentado procederase ao novo pintado das vías.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso A construción de varios tramos de novas beirarrúas, así como a pavimentación de dúas zonas para aparcamentos na rúa da horta e construción dunha cuneta e unha bionda de protección, para evitar o risco de caídas de vehículos nunha zona do polígono. Ademais da pintura, colocarase un cartel tipo TOTEM de información en cada polígono.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona. Tendo en conta que os traballos efectuaranse nos viais do Polígono, veranse afectados os accesos as naves industriais. A organización do traballo farase de maneira parcial, afectando soamente a un marxe do vial e mantendo a posibilidade de circulación polo resto do vial, coa sinalización adecuada. En ningún caso se producirá o corte total do acceso a os viais do polígono. Non se afecta ningún tipo de liña de telefonía nin de electricidade.




21 de julio de 2018

RESCATADO UN HOME FERIDO QUE CAEU POR UN BARRANCO NA RUTA DA PEDRA E A AUGA



Un home caeu por un barranco cando realizada a ruta da Pedra e da Auga, no concello de Meis.
Os feitos ocorreron ás 14:00 horas desta tarde, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Así, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ribadumia por mor de que o ferido atopábase nun barranco cunha posible fractura de perna. 
Deste xeito, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento rescataron á persoa e a trasladaron ao punto no que agardaba unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.



24 de junio de 2018

LOCALIZADO O CORPO SEN VIDA DO OCTOXENARIO DESPARECIDO EN RIBADUMIA



O home de 80 anos que desapareceu onte en Ribadumia foi localizado esta mañá a dous quilómetros da súa casa falecido. Así o confirmaron os servizos de emerxencias que desde onte colaboraban cos axentes da Garda Civil para a localización deste veciño do Lugar de Rabuñade, que foi visto por última vez na casa dunha veciña arredor das once da mañá.
Tras a chamada dun familiar ao 112 Galicia arredor das dúas da tarde de onte, activouse un operativo para tratar de dar co paradoiro do home no que participaron os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias mediante o emprego de drons, así como os cans de rescate de Padrón e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, o corpo sen vida do señor foi localizado sobre as 11 desta mañá polo helicóptero da Garda Civil a dous quilómetros do seu domicilio situado no Lugar de Rabuñade. 


23 de junio de 2018

A XUNTA REFORZARÁ O FIRME NA VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS QUE COMUNICA A AUTOVÍA DO SALNÉS EN RIBADUMIA, CON CAMBADOS E VILAGARCÍA DE AROUSA


Imaxe: La Voz de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá nesta actuación preto de 670.000 euros
A intervención comezarán na VG -4.2, entre a saída 7 (AG-4.1) - Cambados (PO-300), ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados, e continuarán na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640)
Na execucións destes traballos inclúese a reposición completa da sinalización horizontal e a mellora da sinalización vertical
As obras buscarán afectar no mínimo posible a influencia no tráfico
A Xunta cumpre o seu compromiso de velar polo bo estado das estradas autonómicas e incrementar a seguridade da rede viaria, co fin de mellorar a mobilidade dos seus usuarios.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará a partir deste luns as obras de reforzo de firme na vía de altas prestacións que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia, con Cambados e Vilagarcía de Arousa.
As actuacións obxecto desta intervención consisten na realización de reparacións localizadas nos treitos máis deteriorados pola circulación viaria nesta estrada autonómica, cun investimento do departamento de Infraestruturas da Xunta de preto de 670.000 euros.
As obras que se iniciarán este luns, comezarán coa rehabilitación do firme na VG -4.2, entre a saída 7 (AG-4.1) - Cambados (PO-300), ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados. E continuarán pola VG-4.3, que discorre polos Concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A intervención na VG-4.2, inclúen o reforzo do firme ao longo de toda a estrada, de 4,39 km. Os traballos consisten na extensión dunha nova capa de firme en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías, dende o p.q. 0+000 ao 4+389.
As tarefas programados pola Xunta nesta estrada autonómica continuarán a facerse tamén na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640).. As obras que discorren polos Concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa se executará ao longo de toda a estrada, de 8,19 km.
Na execucións destes traballos inclúese tamén a reposición completa da sinalización horizontal de ambos tramos e a mellora da sinalización vertical.
Estas obras, que dispoñen dun prazo de execución de catro meses, buscaran minimizar a influencia na circulación do tráfico, e afectar no mínimo posible a mesmo.



19 de junio de 2018

A XUNTA INICIA A CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE VILARIÑO E O POLÍGONO DO SALNÉS



O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o inicio dos traballos do novo itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito entre Vilariño e o polígono do Salnés, que afecta aos concellos de Cambados e Ribadumia.
Na visita estivo acompañado do alcalde de Ribadumia, David Castro, así como do tenente alcalde de Cambados, Víctor Caamaño, do xefe territorial de Infraestruturas, José Luis Díez e do xefe provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Fausto Núñez.
A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que roldou os 265.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Tal e como explicou Cores Tourís, a actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, iniciándose no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. “Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo cunha lonxitude de case 1.100 metros, desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados, contando cunha sección tipo da senda de 3 metros de ancho, separada da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación”, engadiu o delegado territorial.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
Agárdase que os traballos teñan unha duración de oito meses. “Esta senda permitirá completar un itinerario peonil dende o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño e utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550, o que facilitará a accesibilidade aos veciños deste entorno, aumentando a seguridade viaria”, rematou o delegado territorial.



11 de junio de 2018

CATRO FERIDOS ONTE NUN ACCIDENTE NA ESTRADA CAMBADOS-RIBADUMIA



Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde de onte a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre dous turismos na estrada de Cambados a Ribadumia.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos chocaron á altura da rotonda dos Castaños e, como consecuencia do impacto, catro persoas necesitaron asistencia médica. Así, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros de Ribadumia ante a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior dos vehículos implicados.
Unha vez no lugar, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.



2 de marzo de 2018

PREPARAN SEIS PECHES EN CONCELLOS DE AROUSA CONTRA A LEI DE SAÚDE








A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés ten xa preparadas novas mobilizacións, consistentes en seis peches en concellos, en contra da nova Lei de Saúde de Galicia. Os portavoces do colectivo presentaron esta mañá en rolda de prensa as accións que realizarán nas próximas semanas, acordadas na reunión celebrada o pasado día 26. As mobilizacións levarán peches nos concellos que forman parte da área Sanitaria do Salnés, desde as 10 ata as 15 horas, con concentracións ao mediodía. A primeira acción de protesta será na Illa de Arousa, o vindeiro luns 5 de marzo, para continuar en Ribadumia o venres 9, en Vilanova o mércores 14, en Catoira o 15, en Cambados o luns 19 e en Vilagarcía o martes 20.





26 de febrero de 2018

A XUNTA LICITA O REFORZO DO FIRME DAS ESTRADAS VG-4.2 E VG-4.3 AO SEU PASO POR RIBADUMIA, CAMBADOS, VILANOVA E VILAGARCÍA









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá, durante unha reunión mantida co presidente da Mancomunidade do Salnés, da licitación das obras de reforzo de firme localizado nas estradas VG-4.2 e VG-4.3 ao seu paso polos concellos de Ribadumia, Cambados, Vilanova e Vilagarcía de Arousa.

Os traballos de reforzo do firme afectarán a estes catro concellos, xa que a VG-4.2 discorre por Ribadumia e Cambados e a VG-4.3 por Cambados, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. O prazo de execución da obra é de catro meses e o orzamento supera os 854.000 euros.

Na primeira destas dúas estradas actuarase ao longo de 4,39 quilómetros, estendendo unha nova capa de rodadura en toda a sección. A obra será complementaria da que xa se realizou no outono do ano pasado e coa que se realizaron reparacións localizadas para reparar as zonas deformadas.

En relación a VG-4.3, actuarase en toda a estrada, ao longo de 8,19 quilómetros, estendendo unha nova capa de rodadura en toda a sección, unha vez eliminados os deterioros existentes mediante fresado e reposición.

Tal e como explicou Cores Tourís, debido ao elevado volume de tráfico co que contan ambas estradas, non está previsto o corte completo da calzada mentres duren as obras e se levará a cabo o desvío do mesmo por itinerarios alternativos, con cortes parciais de carril con regulación semafórica.





10 de febrero de 2018

UN FERIDO NUN RARO ACCIDENTE









Un home de 38 anos, B.M.C.P., veciño de Vilanova resultou ferido leve esta mañán nun accidente que se produxo sobre as 11 hrs na Via Rápida do Salnés. O sinistro prodúxose pouco antes da rotonda dos Castaños en Ribadumia.

O home conducía un camión que chocou contra un remolque que se desprendeu do vehículo que o levaba por razóns descoñecidas.
O ferido foi atendido polos membros de Protección Civil de Cambados.
Na intervención tamén participan a Garda Civil de Tráfico , Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes.







24 de noviembre de 2017

A XUNTA LICITA AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DA SENDA PEONIL E CICLISTA NA ESTRADA PO-300, ENTRE VILARIÑO E O POLÍGONO DO SALNÉS









As empresas poderán presentar as súas ofertas para a realización desta actuación, cun prazo de execución de 8 meses, ata o vindeiro 20 de decembro
O proxecto define a execución dunha senda para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, cunha lonxitude de case 1.100 metros
A senda permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño, utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550
Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que para a comarca do Salnés contempla a execución de 5 novas sendas que suman 16,7 quilómetros de lonxitude

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, no treito Vilariño- Polígono do Salnés, por un investimento de máis de 344.000 euros.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para a realización desta actuación, cun prazo de execución de 8 meses, ata o vindeiro 20 de decembro. Estas obras serán cofinanciadas con Fondos Feder 14/20. Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información.
O proxecto define a execución dunha senda para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados, cunha lonxitude de case 1.100 metros.
A senda iniciarase no p.q. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés, e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes no lugar de Sameiro, na parroquia de Vilariño.
A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación. Ademais, prevese a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios, e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.
A senda a construír permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata o centro de Cambados, pasando por Vilariño, utilizando as estradas autonómicas PO-300 e PO-550.
A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.

Plan de sendas no Salnés


Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que para a comarca do Salnés contempla a execución de 5 novas sendas que suman 16,7 quilómetros de lonxitude.
Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.




9 de noviembre de 2017

A XUNTA CONVOCA AOS PROPIETARIOS DOS TERREOS AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA ENTRE RIBADUMIA E CAMBADOS












A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se convoca para o 30 de novembro aos propietarios dos terreos afectados pola construción do itinerario peonil e ciclista na estrada PO-300, entre Vilariño e o polígono do Salnés, para o levantamento de actas previas.
Os titulares dos terreos ubicados en Cambados deberán acudir ao Concello, entre as 9.30 e as 9.45 horas; e no caso de Ribadumia, achegaranse á casa consistorial entre as 10.30 e as 12 horas. Neste enlace ao DOG pode ampliarse a información: https://goo.gl/Vb9Ach

A execución deste itinerario forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca do Salnés, co obxectivo fundamental de favorecer unha mobilidade segura e sustentable. Esta actuación, cun investimento que supera os 340.000 euros, será cofinanciada polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

A actuación consiste na execución dunha senda de algo máis dun quilómetro para uso de peóns e de ciclistas na marxe dereita da estrada PO-300, nos Concellos de Ribadumia e Cambados. 

A senda iníciase no Pq. 9+310 da PO-300, onde se atopa a primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés e desenvolverase pola marxe dereita da estrada ata conectar coas beirarrúas existentes en Sameiro (Pq. 10+270) e Vilariño. Esta infraestrutura permitirá completar un itinerario peonil continuo desde o polígono industrial do Salnés ata Cambados.

A sección tipo da senda contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada por medio dunha banda axardinada de 0,5 metros, e os correspondentes bordos de separación. 

A obra incluirá a instalación dos sistemas de recollida das augas de drenaxe necesarios e a colocación da canalizacións que permitan nun futuro a instalación de redes de telecomunicacións ou electricidade.








8 de noviembre de 2017

APARATOSO ACCIDENTE CON UN FERIDO EN CASTRELO E UN FERIDO NA RECOLLEITA DE KIWIS















Un accidente de tráfico, rexistrado esta mañá en Cambados, deixa unha persoa ferida. O vehículo no que viaxaba a vítima envorcou cando circulaba pola PO-549, á altura de Castrelo.
Foi unha persoa particular a que alertou da situación ao 112 Galicia, ás 6:35 horas desta mañá. Segundo explicou, a única persoa ferida, I.N.B., de 31 anos de idade, puidera abandonar o turismo polos seus propios medios.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros do Salnés. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
A vítima foi evacuada polos efectivos sanitarios ao Hospital do Salnés. Un dos carrís da vía tivo que ser cortado mentres se agarda á retirada do vehículo sinistrado.

Un traballador ferido en Ribadumia ao ser arrolado por unha carretilla elevadora
Un operario resultou ferido nas últimas horas, en Ribadumia. A vítima foi arrolada por unha carretilla elevadora cando traballaba nunha empresa de kiwis. As instalacións nas que se produciu o accidente laboral sitúanse en Mosteiro, na parroquia de Portarís.
O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 18:45 horas, a través dun aviso do 061. Os efectivos sanitarios indicaron que estaban a mobilizar dúas ambulancias ata o punto do sinistro.
Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse a Protección Civil e á Garda Civil. 
Imaxes: Protección Civil de Cambados







20 de octubre de 2017

CONVOCATORIA PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA 2017











Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Leiro-Pontevedra), convoca as seguintes accións formativas dentro do “Plan de Formación Continua no agro galego 2017”, para a súa próxima impartición:
Operadores de Produción Integrada en viñedo (30 h), do 6 de novembro o 17 de novembro en horario de 15:30-18:30 horas.
Elaboración de viños e derivados (35h), do 6 de novembro o 21 de novembro, en horario de 19:00-22:00 horas.
Esta formación de carácter gratuita, está dirixida a todas as persoas interesadas e vinculadas co sector agrario.
Para poder participar nas mesmas, requírese cubrir unha solicitude polo interesado na Estación Exp. de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, no horario de 9:00 a 14:00h. O prazo estará aberto dende o 23 de outubro ata o 3 de novembro.
Para máis información, chamar no horario de 9:00 a 14:00 horas, o seguinte número de teléfono 886159412.





26 de septiembre de 2017

A TRANSPARENCIA NAS OBRAS DO POLIGONO CONSIGUEN GRANDES AFORROS











A oferta que maior puntuación obtivo das 15 presentadas nas obras do Polígono presenta unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€. O Concello de Cambados tamén licita as obras do Parque Infantil de Beleco por importe de 35.000€.
O Concello de Cambados ven de publicar na web municipal e no portal de Transparencia de Cambados, a acta da mesa de contratación das obras de dotación de Infraestruturas no Polígono Industrial do Salnés. Para esta obra cun importe de licitación inicial de 172.740,00€ presentáronse un total de 15 empresas, sendo proposta pola mesa de contratación a oferta presentada pola mercantil Marconsa, xa que foi a que maior puntuación obtivo das 15 ofertas presentadas, e na que propón unha redución de 18.120,43€ no prezo de licitación, unha redución de prazo de 50 días na execución das obras e a realización das melloras valoradas en 28.890,00€ que son a instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.
Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas. A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonasque pertencen aos dous concellos. Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

18 de septiembre de 2017

15 EMPRESAS OPTAN A FACER ÁS OBRAS DO POLÍGONO DO SALNÉS







15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

15 EMPRESAS PRESENTAN OFERTA PARA AS OBRAS NO POLÍGONO DO SALNÉS

O concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín presidiu a mesa de contratación das obras subvencionadas ao 95% por ser un dos proxectos de maior valoración en concorrencia competitiva

PROXECTO DAS OBRAS

ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN, 18 DE SETEMBRO DE 2017. APERTURA SOBRES A) E CONVOCATORIA MESA PARA APERTURA SOBRES B) PARA O DÍA 22-09-2017, ÁS 13.30 HORAS.

Os concello de Cambados e Ribadumia de maneira coordinada e conxunta, deciden aproveitar os recursos procedentes da convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria para levar a cabo a dotación de determinadas infraestruturas dentro da área industrial de O Salnés, co obxecto de mellorar o entorno industrial, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas.
A razón pola que os dous concellos deciden acollerse aos beneficios desta convocatoria, fundaméntanse en que as zonas industriais dos dous concellos forman na realidade unha area industrial conxunta e que as obras que se proxectan manteñen unha continuidade entre as zonas que pertencen aos dous concellos.
O prezo de licitación das obras é de 172.740,00 € e o prazo previsto de execución das mesmas é de 2 meses, en canto o proceso de selección das ofertas, vanse valorar con 60 puntos a oferta máis económica, 40 puntos a redución do prazo na execución da obra, e 28,89 puntos as melloras valoradas que son instalación dun xardín nun talude do Polígono de Ribadumia, e a instalación de dúas pantallas dixitais de 4×2 metros en Cambados e Ribadumia para dar información e anunciar as empresas instaladas no polígono, como mellora dos totem proxectados.

Mellora do entorno industrial

Na parte do Polígono que corresponde ao Concello de Cambados hai unha evidente necesidade de pintado dos viais e de sinalización das rúas do polígono así como da empresas implantadas no mesmo. Ademais preténdese a preparación e asfaltado dunha zona de aparcamento na parcela onde está situado o viveiro de empresas.
Por outra parte, na zona do entorno industrial correspondente ao Concello de Ribadumia, é preciso a dotación de novas beirarrúas, así como a limpeza e construción dunha senda peonil a carón da estrada PO-300 que limita con ambos polígonos. Ademais, tamén se pretende realizar unha mellora na pintura dos viais e a indicación das empresas implantadas no polígono. Así como a colocación de biondas de protección en dous viais con risco de caídas de vehículos.
Con estas obras mellorase sensiblemente o entorno industrial, mellorando a información e sinalización do parque empresarial de O Salnés, favorecendo o desenvolvemento industrial da zona.

Obras a realizar

No Concello de Cambados, procederase a execución das seguintes obras :
a) Pavimentado de zona en vial 1, con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
b) Pavimentación cunha capa de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70, do aparcamento da parcela onde está situado a edificación do Viveiro de empresas e a cafetería.
c) Remate de dous tramos de beirarrúas que quedaron pendentes da actuación realizada o ano pasado. Realizaranse con formigón en masa, con acabado semipulido, realizando a reposición de bordos rotos e a recolocación de outros.
d) Sinalización horizontal de todos os viais e cruces do polígono, salvo no vial 1, que se pintou o ano pasado. Nun tramo do vial 1, realizarase o pintado dun paso de peóns.
e) Sinalización vertical cos nomes das rúas do polígono e os pasos de peóns nos cruces dos viais.
f) Colocación na entrada do parque empresarial de 2 ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas instaladas no polígono.
No Concello de Ribadumia, procederase a execución das obras seguintes :
a) Desbroce de toda a zona de actuación para a construción da cuneta de seguridade e o paso peonil. Ademais, procederase ao desbroce e desarborado dun talude colindante cunha superficie de 3.100 m2.
b) Escavación e rasanteo do terreo para a construción da cuneta e a senda peonil.
c) Construción de senda peonil de 1,80 m. de ancho con capa de 15 cm. de formigón color, sobre capa de zahorra compactada.
d) Construción de cuneta de seguridade con capa de 10 cm. de formigón en masa, con pendente 1/6.
e) Instalación de tubería de PVC de 315 mm. de diámetro para evacuación da auga da cuneta, coa construción de imbornais intermedios.
f) Desmontaxe, demolición de dados de cimentación, e construción de novos dados de cimentación nas farolas afectadas pola senda peonil. Colocación de nova canalización e conexión.
g) Construción de 2 tramos de beirarrúas, un deles na zona de enlace dos polígonos e outro na rúa do Pan, con bordo de formigón e capa de pavimento de formigón color de 15 cm.
h) Pavimentado de cruce da rúa da Horta coa estrada PO-300. Con fresado previo e posterior incorporación de capa de pedra, rega de imprimación e asfaltado cunha capa final de 6 cm. de mestura bituminosa en quente, tipo AC16 SURF 50/70.
i) Colocación de varanda de seguridade na beirarrúa que se construirá na rúa do Pan.
j) Colocación de bionda de seguridade na rúa Pequena e nun tramo da rúa Central.
k) Sinalización horizontal da rúa do Pan, da rúa Pequena e nun tramo da Rúa Central.
l) Colocación na entrada do parque empresarial dunha ud. de cartel “Tótem” de información de todas as empresas.