Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PARQUES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PARQUES. Mostrar todas las entradas

28 de agosto de 2015

A SOLEIRA DA DISCORDIA. SEIS VECES MÁIS CARA PARA O PP








Postos en contacto co Concello Cores de Cambados, tivo acceso, como calquer veciño ten, a documentación sobre a famosa soleira do parque que se vai a facer en Castrelo.
Lembremos que a obra estaba presupostada en 42.000 euros custaralle finalmente ás arcas municipais de Cambados só 7.000. Trátase da explanación e pavimentado do futuro parque infantil de Castrelo, algo máis de 600 metros cuadrados. Estas obras empezarán a próxima semana, segundo anunciou a alcaldesa Fátima Abal no pleno de onte. O PP,  preguntou pola demora que acumula este proxecto. Segundo a rexedora, o atraso está motivado a que se estivo a negociar unha rebaixa do presuposto que figuraba no proxecto herdado do goberno de Luis Aragunde. Das xestións encargouse o concelleiro de ObrasJosé Ramón Abal, que logrou que Covsa asuma a man de obra e que Goblalia achegue os materiais. Deste modo, o custo para o Concello será só de 7.000 euros.

Este Parque conta con unha subvención de 60.000 euros que é o que costan os xogos dos que disporá a zona de lecer.

Na imaxe pódese ver o presuposto do anterior Goberno Municipal onde queda reflectido o gasto de máis de 42.000 euros.






24 de abril de 2015

SON ÉTICOS OS ANUNCIOS DE OBRAS TAN PRETO DAS ELECCIÓNS?





Aínda que segundo a Xunta electoral de Zona considera que este tipo de anuncios non vulneran a Lei Electoral, resulta cando menos chamativo que desde a Deputación de Pontevedra e o Concello anuncien a construcción deste parque outra vez, pois xa foi anunciada en febreiro do 2014. Nova da que se fixo eco este blog como podedes ver na imaxe inferior. Coa agravante de que prometeran que as obras ían a facerse nese mesmo ano. Deixanse a propósito as obras para facelas coincidir co periodo electoral?


A Deputación aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a concesión de 102.677 euros ó Concello de Cambados para construír unha zona de ocio infantil en Adro-Castelo.
O parque dotarase do mobiliario axeitado (balancíns, randeeiras, resortes e conxuntos de xogo coma o castelo, a casiña ou a árbore) e construirase unha base de formigón que se recubrirá con caucho nas diferentes zonas de xogo e con cores que eviten impactos visuais negativos sobre as zonas patrimoniais próximas. Nesta actuación tamén se contempla a instalación dunha zona verde con vexetación autóctona.
Así mesmo, construirase unha rampla de acceso ó parque desde o paso de peóns que hai na zona.
O prazo de execución das obras será de 2 meses.


28 de diciembre de 2014

O PARQUE DE TORRADO CONVERTIDO EN ESPACIO PARA O BOTELLÓN





Como ven sendo habitual despois dun sábado, domingo ou festivo aparecen no parque de Torrado restos de botellón e restos do consumo de outras drogas. A que agarda o concello para cortar con esta situación?.

Esta mañán no momento de que a persoa que nos informou estaba a quitar as fotografías, pasaban uns turistas e o que decían non deixaba en bo lugar nin ao concello nin aos autores do botellón. 

Constanos que hai uns meses a Garda Civil identificou a varios xóvenes por fumar porros no parque pero desde esa vez non volveron a aparecer, nin tampouco a Policía Local. Agardemos que pronto alguén do concello tome cartas no asunto pois o parque "xoia da coroa" vaise a converter nun vertedoiro.
Moitos nenos, e nestes dias de vacacións máis, pasan tempo no parque e non é normal que se atopen con esta situación.










8 de noviembre de 2014

O BNG SOLICITA QUE OS PARQUES INFANTÍS SE ADECUEN A NENOS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL





O BNG ven de presentar un escrito no concello referente as melloras prometidas en diferentes parques infantís.


Hai uns meses o concello anunciou, nos medios de comunicación, que tiña planificada a construción de novos parques infantís así como tamén a remodelación e  mellora das condicións dalgúns dos xa existentes en Cambados. Así mesmo, hai uns días que representantes da Comisión das familias de nenos/as con Necesidades Específicas de Apoio Educativo da Comarca do Salnés reuníronse con representantes de diferentes grupos políticos, entre eles o BNG, para trasladarlles as súas inquedanzas e propostas para conseguir unha sociedade máis inclusiva en todos os eidos da vida dos nenos e nenas con diversidade funcional. E para conseguir iso, un dos aspectos a ter en conta é a necesidade de adaptación do acceso aos parques infantís e aos elementos de xogo dos mesmos, pois en toda a comarca do Salnés existe un só “columpio” adaptado, polo que esta situación podería mellorarse facilmente. A estimulación que aportan os parques infantís é fundamental para todos/as os nenos e nenas, e para os que teñen algunha lesión cerebral son prioritarios para conseguir un mellor desenvolvemento psicomotor e, polo tanto, unha mellor calidade de vida. Ademais, os elementos adaptados dos parques infantís poden ser utilizados por todo tipo de nenos/as, pero non así os elementos de xogos non adaptados e, ademais, os nenos/as con diversidade funcional deberían poder utilizar este tipo de servizos públicos como o fan todos/as os demais, pois este debe ser un paso previo para acadar unha sociedade máis igualitaria tamén na infancia.

Por tanto solicitan que na construción ou remodelación dos parques infantís, o concello de Cambados, teña en conta as necesidades de adaptación de acceso aos mesmos e aos elementos de xogo para os nenos e nenas con diversidade funcional. 


1 de octubre de 2014

50.000 € PARA A REMODELACIÓN DO PARQUE DE CORBILLÓN






A Deputación de Pontevedra inviste 50.000 euros na mellora do parque de Corvillón, en Cambados. Faino por medio dunha subvención concedida ó Concello no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais.
O peor de todo é que hai menos dun ano foi ampliado e remodelado e ao parecer xa estaba todo perfecto, a que se debe que agora xa non esté tan perfecto? Non negamos a necesidade de remodelalo, pero porque non fan todo dunha vez para abaratar custos?
Así o publicaba DIARIO DE AROUSA o 15 de decembro do 2013
Os traballos consistirán na adecuación e nivelación do terreo, na renovación do pavimento e na substitución dos xogos infantís e do mobiliario urbano, así como na instalación de nova iluminación pública.
O novo parque será similar ós que o Concello de Cambados xa instalou en diferentes puntos do núcleo urbano co obxectivo de ofrecerlles ós veciños e visitantes unha imaxe harmonizada e coherente do espazo urbano.

As obras están motivadas polas deficiencias e a escaseza de elementos, tanto de xogo coma de mobiliario, do parque, malia estar situado nun núcleo moi poboado e ser moi utilizado.



18 de septiembre de 2014

O QUIOSCO DO PARQUE DE TORRADO VOLVE A SER LICITADO





O concello de Cambados volve a sacar a “Concesión demanial do Quiosco do Pazo de Torrado” toda vez que a primeira vez ninguén accedese a pagar os 4.800 euros de canon anual en que o goberno municipal tasou a concesión.
Desta volta sae por 2.500 €. A continuación podes ver todo o anuncio como sae publicado no BOPPO.

1.—Entidade adxudicataria: Concello de Cambados. Dependencia que tramita o expediente:
Contratación.
2.—Obxecto do Contrato:“Concesión demanial do Quiosco sito no Pazo de Torrado”
3.—Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: Ordinaria, aberto e subhasta.
4.—Tipo de licitación (canon anual): Que satisfará o concesionario a este concello será o ofertado na súa proposta económica sen que, en ningún caso, poida ser inferior a 2.500,00 €. Fianza provisional: 400 €.
5.—Obtención de documentación e información: Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados).Teléfono: 986520943. Correo electrónico: contratación@cambados.es.Web: www.cambados.es
6.—Requisitos específicos do contratista: Os recollidos na cláusula 10ª do Prego.
7.—Presentación de ofertas: Prazo: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00
(sábados).
8.—Apertura de ofertas: O primeiro xoves hábil, posterior aos cinco días naturais seguintes ao de
remate de presentación das propostas constituirase a mesa en acto público a efectos de proceder á a
apertura e lectura das ofertas presentadas polos licitadores admitidos.
10.—Gastos do anuncio: Por conta do adxudicatario. 

Cambados, 5 de setembro de 2014. 
Data de publicación 18 de septembro.   



8 de agosto de 2014

SALE A SUBHASTA O KIOSKO DO PARQUE TORRADO





O Concello de Cambados saca a concurso a “Concesión demanial do Quiosco sito no Pazo de Torrado”
A tramitación, procedemento e forma de adxudicación é forma ordinaria, aberto e subhasta.
O tipo de licitación (canon anual) que satisfará o concesionario a este concello será o ofertado na súa proposta económica sen que, en ningún caso, poida ser inferior a 4.800,00 €. Fianza provisional: 400 €.
Para a  obtención de documentación e información dirixirse ao Concello de Cambados. Praza do Concello, 1 (36630 Cambados). Teléfono: 986520943.  no correo electrónico: contratación@cambados.es. ou na Web: www.cambados.es
Requisitos específicos do contratista son pagar os gastos do anuncio.
A presentación de ofertas remata nos 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello. 8.30 a 14.30 horas (luns a venres). 9.00 a 13.00 (sábados).

A apertura de ofertas será o primeiro xoves hábil, posterior aos cinco días naturais seguintes ao de remate de presentación das propostas constituirase a mesa en acto público a efectos de proceder á a apertura e lectura das ofertas presentadas polos licitadores admitidos.

O anuncio foi publicado hoxe 8 de agosto do 2014.




19 de julio de 2014

7 de mayo de 2014

OS SOCIALISTAS ACUSAN A ARAGUNDE DE ABANDONAR OS PARQUES INFANTÍS






Os socialistas de Cambados denuncian o mal estado dos parques infantís e instan ao Concello á súa inmediata reparación

A Portavoz do PSdeG de Cambados, Fátima Abal vén de denunciar no día de hoxe a pésima situación na que se encontran os parques infantís da localidade polo que presentou un escrito no Concello solicitando a súa inmediata reparación.
Asemade denuncia que esta situación pon en perigo a integridade dos nenos que xogan a cotío nos parques. Un exemplo é a situación do parque infantil de Santo Tomé, no que se poden atopar parafusos ao aire, unha tirolina sen enganche e varios xoguetes rotos.
O parque do Torrado, epicentro de xogo dos nenos no centro da vila, presenta unha vez máis, un abandono considerable. Nel podemos atopar o chan de caucho totalmente roto, deixando ó aire os bordilos de cemento na zona de xogos e os propios xoguetes en moi mal estado.
Neste senso, a Fátima Abal afirmou que ‘’a deixadez e abandono destes espazos é moi preocupante”. Ademais engadiu que ‘’mentres se fala de promoción turística, o abandono dos parques é a imaxe que se levan de Cambados os visitantes’’.
Fátima Abal tamén engadiu que ‘’recórdolle, unha vez máis, ao Goberno local que as parroquias existen, e merécense tamén un mantemento óptimo dos seus parques’’.
Ante a preocupación de que a solicitude de reparación dos parques non se levase a cabo de xeito inmediato, Fátima Abal falou co Alcalde tras rexistrar a solicitude, e mostroulle as fotos que evidencian a situación de perigo para os máis cativos.
O Alcalde, Luis Aragunde, contestou que os desperfectos tentaríanse arranxar coa maior celeridade e recoñeceu que supoñen un perigo certo para os nenos.
Esperamos que ésta non sexa unha máis das promesas incumplidas do Alcalde de Cambados.





28 de febrero de 2014

PARA QUE MÁIS PARQUES SI DESPOIS OS ABANDONAN?








 
Si no centro de Cambados, onde pasan os operarios do concello e os policías locais os parques dan pena, estos novos que van a facer como quedarán? 
Por suposto que é bo que se fagan zonas recreativas e de lecer para os veciños pero non so hai que facer senón que hai que mantelas.

Partindo da base que as parroquias teñen os mesmos dereitos que o centro (algo que todo o mundo sabe que non se compre) non se pode negar os dereitos que os rapaces teñen a ter un lugar de esparcemento pero quenes serán os encargados de limpar estes espazos?.   
 
As fotos do Parque de Torrado e non son destes dias, xa teñen tempo pero poderían sacarse hoxe mesmo pois así permanecen. Desde que se quitaron as fotos nada do que se ve foi arranxado. No barrio de San Francisco hai unha zona de xogos que non se tocou desde que foi feita e así lle vai. E na Plaza de Beleco tres cuartos do mesmo.
Veciñ@s de Castrelo si queren ter uns parques limpos moito me temo que van ter que facer quendas de limpeza entre vostedes.
Torrado


O Concello ten previsto iniciar este ano as obras para instalar senllos parques infantís na parroquia de Castrelo, un situado na zona do Couto e outro, máis amplo, na zona do Adro, a carón do colexio público e da Igrexa parroquial.
Torrado
Estes parques contarán con columpios, equipos combinados de tobogán, balancíns, xogos de muelle, casiñas de xogo, tirolinas, carruseis, paneis informativos e valados nas áreas de xogo que o precisen. Ademais estarán adaptados á normativa europea como o resto dos parques ubicados en distintos puntos do municipio.
Estas novas instalacións contarán con superficies amortiguadoras de impactos, ademais de bordillo perimetral e recheo de áridos, que permitirán disfrutar ós nenos en condicións óptimas de esparexamento e seguridade.
O investimento previsto superará os 60.000 euros.