Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de diciembre de 2014

OS DEMANDADOS TROCOS CHEGAN A CABALGATA DE REIS DE CAMBADOS





Así se publicita desde o Concello a Cabalgata de Reis deste Nadal.


Cabalgata de Reis
11.00 h. Recepción ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente en San Tomé, onde farán parada no Asilo e agasallarán aos maiores da residencia.
12.00-14.00 h. Recibirán as peticións dos nenos na Praza do Concello
(en caso de mal tempo no Salón de Plenos).
18.00 h. Chegarán a Fefiñáns para percorrer as rúas de Cambados nas carrozas reais, a continuación na Praza do Concello recibirán as peticións dos nenos (En caso de mal tempo faríase no Salón J. Peña).


Non é poñernos galóns pero era algo que por lóxica tíñase que trocar hai tempo.
CORES DE CAMBADOS denunciou en varias ocasións o pesada que se facía a cabalgata de Reis de Cambados, parece que as queixas sumadas as dos veciños veñen de resultar positivas pois como poidéchedes leer enriba a visita dos Reis ao Asilo farase pola mañán para que o parón ao que nos tiñan acostumados durante a cabalgata e que facía demorar toda a comitiva non se inclúe na propia cabalgata da tarde.  No asilo facían unha, demasiado, longa parada que desesperaba a  cativos e a  pais, sobre todo se chove ou vai frio, algo normal nestas datas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.