CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3.6.16

A AUTOPSIA DESVELARÁ AS CIRCUNSTANCIAS DA MORTE DE JOAQUÍN OUBIÑA









Medios oficiais confirmaron que membros do dispositivo de procura atoparon o corpo sen vida do mergullador que desaparecera esta mañá en Cambados. O corpo foi atopado, pasada a 1 e media da tarde, a uns 12 metros de profundidade na zona na que se mergullou, ao parecer para arranxar unha avaría na súa embarcación.

Ante a tardanza ante esta última inmersión o seu sobriño e compañeiro tirou da goma que subministraba aire ao mergullador a través dun compresor e xa non subeo a flote Joaquín.

Como adiantou CORES DE CAMBADOS, a Salvamar Sargadelos, xunto con outros operativos de Salvamento Marítimo, ademais do helicóptero Pesca I e voluntarios de Protección Civil, buscaban ao mergullador desde que se alertou da súa desaparición, pasadas as 11 da mañá.

Pasadas as dúas da tarde o corpo de Joaquín Oubiña era trasladado ao muelle de Cambados para que o forense procedera ao levantamento do cadáver e posterior traslado a Pontevedra para que lle fora practicada a autopsia que desvelará as causas da morte.

Joaquín Oubiña de 50 anos estaba casado e tiña unha filla.

O suceso causou gran consternación en Cambados .






Ningún comentario:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.