Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2014

PEDRO SÁNCHEZ APOIA A FÁTIMA ABAL NUNHA CARTA





O secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, está convencido de que "en mayo Cambados va a contar su primera alcaldesa socialista".
Sánchez remitiu unha carta á líder e voceira local, Fátima Abal, na que xustifica a súa ausencia a un acto programado para o próximo día 2 de xaneiro en Cambados, ao cal fora invitado.
"Con estas líneas quiero participar con vosotros y enviaros un abrazo a los compañeros y compañeras de la Agrupación Socialista. También deseo trasladarte a ti, como futura Alcaldesa de Cambados, todo mi apoyo así como el de la Comisión Ejecutiva Federal" reza a misiva recibida por Abal.
Pedro Sánchez acórdase tamén doutros dirixentes locais, como "Domingo Tabuyo, nuestro candidato en los últimos años" ou Rafael Blanco, "a cuya familia quiero mandar un abrazo muy fuerte y mi agradecimiento como Secretario General". 

Por último o líder do PSOE aproveita para gabar o traballo realizado pola agrupación pontevedresa, convencido de que "va a dar sus frutos", ao tempo que pide apoio cara ao proxecto que encabeza: "Cuento con los compañeros y compañeras de Cambados, contad vosotros conmigo", conclúe o secretario xeral socialista.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.