Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de diciembre de 2014

VICTORIA DE IMPORTANTE DO XUVEN






O Xuven ven de acadar a sua quinta victoria consecutiva e sétima da tempada que asenta ao clube cambadés en postos de play-off que non é o obxectivo primordial pero asegura non ter que sufrir, de seguir con esta dinámica a final de tempada.
O partido comezou co Guadalajara mandando. Mandaba no xogo, no marcador e ata nas sensacións. Un 0-6 inicial non era nada esperanzador, pero sete puntos consecutivos de Charles Nkaloulou contribuíron a apagar o inicio dos visitantes. O conxunto de Juárez, cun Agbelese, ao que destacábamos na previa, dominador baixo os aros e con Durán acertado,  pechaba o primeiro parcial por diante.
O segundo cuarto foi o mellor que se lle recordan ao Xuven. O parcial (21-5) é claro . Un triplo de Sergi deulle a primeira vantaxe ao conxunto local (22-19) e co 27-21 Juárez víase obrigado a pedir o seu segundo tempo morto. O técnico visitante bastante alporizado non axudou ao seu equipo.                                                                                                                                                   A segunda metade foi un quero e non podo do CEBA e unha loita contra o crono do Xuven logo de acadar os 15 puntos de avantaxe(49-34).
Xuven: Juanchi (2), Sergi (6), Tim (9), Charles (11) y Placide (13) —equipo inicial—, Lucas, Alberto (8), Emilio (9) y Erik (6).
Guadalajara: Solé (6), Durán (17), Frutos (7), James (2) y Agbelese (22) —equipo inicial—, Lázaro (2), Nikolic y Aurrecoechea.
Parciales cada cuarto: 13-19, 21-5 (34-24), 13-14 (47-38) y 17-18 (64-56).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.