Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta EDITORIAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDITORIAL. Mostrar todas las entradas

29 de diciembre de 2018

CORES DE CAMBADOS DESAPARECE, PRONTO NACERÁ .....



Próximamente Cores de Cambados sufrirá uns pequenos cambios. O esencial é a desaparición en sí do blog con este nome.
Como vedes xa, comezamos por mudar o deseño do blog co que o queremos facer máis agradable á vista. Agardamos que vos guste. 

Desde o seus comezos Cores de Cambados tentou mellorar cada pouco, dentro das posibilidades técnicas e creativas.
Non é fácil compaxinar o teu día a día con este hobby. Porque para os que o facemos, esto é un pasatempo. 
Polo tanto pasadas estas datas atoparedes un cambio máis significativo e importante nestes anos que levamos a tentar informar, opinar ou criticar o que para nos é importante da actualidade do noso povo.
Os medios son escasos e o tempo para adicarlle e máis escaso todavía pero sempre se tenta sacar uns minutos ou horas para darvos o máis pronto posible a información que xera Cambados, sen esquecernos de temas da comarca ou Galicia e temas que dalgunha maneira atinxen aínda que sexa de lonxe a todos os que nos seguides.


E agora so desexarvos un Felíz 2019 a todos e que traxedias como a que tan cerca temos no tempo non se repitan. 



14 de abril de 2018

PRESENTOUSE EN CAMBADOS A BIOGRAFÍA DOS IRMÁNS VILAR PONTE







Onte venres no Salón Peña, de Cambados, tivo lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González.
No acto, organizado coa colaboración das librerías Ramón Cabanillas e Contos, acompañaron aos autores Victor Caamaño e Francisco Fernández Rei.

«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala.
Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.
Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.



31 de diciembre de 2014

ACHÉGASE UN TSUNAMI A CAMBADOS






A chegada dun tsunami a Cambados está prevista para os vindeiros dias.
Os efectos deste fenómeno xa se están a notar en certas zonas do noso pobo. 
O tsunami, bautizado como "PP.obras" que en galego ven a chamarse "Eleccións á vista" xa fixo das suas en zonas de Cambados, concretamente no antiguo matadoiro e nun dos campos de fútbol do Pombal, pero eso son so os efectos primeiros e que se farán moito máis visibles a medida que se achegue o mes de maio. A zona que se verá máis afectada será a carón da Plaza de abastos que nunhas semanas veráse totalmente borrada so mapa. Na foto do lado vemos como alcalde de Cambados explica os efectos que vai producir o tsunami nesa zona, a ministra Ana Pastor ao conselleiro Conde e a Louzán.
Arranxos en parques ou creación de novos tamén entran nos plans do PP local así asfaltados, limpezas varias e viarias e máis cousas.
Pero esta non é a única visita que fixeron altos cargos a Cambados, dias atrás foi o vicepresidente Rueda que supervisou os danos na zona do matadoiro, como vemos na segunda foto.
Pero a pesar de todo este tsunami os riscos para a población cambadesa non se preveén grandes. O peor é que a población se deixe abasallar polo tsunami, se non é así nada malo pasará, pero coñecendo o pobo de Cambados todo pode pasar.





18 de febrero de 2013

KALANDRAKA RECOLLE MAÑÁN O PREMIO MELLOR LABOR EDITORIAL







Kalandraka recibirá este martes de mans dos Príncipes de Asturias o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012. Trátase dun recoñecemento concedido á editorial pontevedresa polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polo seu "compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía".
É a primeira vez que unha editorial especializada en literatura infantil e xuvenil recibe este galardón e o propio Ministerio cualificou a Kalandraka como "un referente en España e no estranxeiro".
Trátase dun recoñecemento colectivo que Kalandraka quere compartir cos profesionais que participan no traballo creativo, de produción e comercialización dos Libros para Soñar: autores e ilustradores, tradutores, correctores e impresores que suman os seus esforzos ao equipo da editorial repartido non só por Galicia e o resto de España, senón tamén en Portugal, Italia, México, Arxentina, Brasil, Chile e outros países aos que se proxecta o catálogo.
Desde a súa fundación o 2 de abril de 1998, Kalandraka distinguiuse pola edición de álbumes ilustrados da mellor calidade estética e literaria, tanto de produción propia, como traducións de obras importantes no panorama contemporáneo da literatura infantil e xuvenil a nivel mundial, así como a recuperación de clásicos.
Outro dos alicerces da editorial desde a súa creación foi a animación á lectura no ámbito educativo, a través das sesións de contos e música que percorren colexios e bibliotecas, e no fogar, a través das actividades que se promoven nas librerías Libros para Soñar de Vigo e A Coruña.
Este Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012 súmase a outros galardones concedidos polo Ministerio de Cultura a nivel de edición e ilustración; os máis recentes foron o 1º Premio Nacional de Edición 2011 na categoría de Libros Infantís e Xuvenís pola obra Kipling Ilustrado, e o 3º Premio Nacional de Edición 2010 nas categorías de Libro Infantil-Xuvenil e de Arte por Diógenes e Miguel Hernández, 25 poemas ilustrados, respectivamente.
O Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012 ten por obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destaque pola súa achega sobresaliente e innovadora á vida cultural española durante 2011, segundo o Ministerio de Cultura. Ten carácter honorífico e carece de dotación económica.

29 de enero de 2013

O SAN BENITO DE CAMBADOS E COMARCA






Aínda que o pareza non imos a falar de santos. Colgarlle a alguén o San Benito ben sabedes todos o que significa. Imos a falar da fama que ten Cambados e que nunca, agardo que non sexa así, conseguiremos erradicar.
Todo isto ven por un comentario desafortunado dunha “forofa” o pasado domingo durante o partido que o Cambados disputaba en Burgáns. Cando o árbitro sinalou o primeiro penalti a favor do Cambados a señora, por chamarlle algo, empezou a insultar a o árbitro durante un minuto soltou pola boca adxetivos de todo tipo. Ata que nun arranque de estupidez preguntou ao “trencilla” si o Cambados lle pagara con un saco de “fariña”.

Como vemos, Cambados e por extensión a comarca de Arousa non se librará do San Benito de narcotraficantes. A xente parece non coñecer nada máis da nosa terra.
Recordo como fai uns meses lendo un xornal da nosa comarca ubicaban unha nova sobre drogas na sección de Cambados. A nova era sobre unha sentenza a unha xente de Sanxenxo (nadie de Cambados) tras un xuizo celebrado en Pontevedra. Máis recentemente o constructor da casa de outro narco foi condenado por facer a obra, o narco naceu en Cambados pero leva moitos anos fora do nos povo, concretamente a casa está en Vilagarcia, e constructor é de Vilanova. O xuizo tampouco se celebrou en Cambados pero a nova aparecía na sección Cambados.Resulta cando menos chocante que se ubiquen novas de este tipo en Cambados cando pouca ou ningunha relación teñen co noso fermoso Cambados.
Mención especial merece outro “periodista” que cando deteñen a alguén de Cambados éncheselle a boca para decir cambadés pero si o detido é de Vilagarcía usa o topónimo arousán.
Mentras nos, a xente da comarca non erradiquemos estes localismos i escondamos a nosa merda debaixo da alfombra pero saquemos a dos demáis a o aire non faremos que o San Benito que temos colgado desapareza.


O narcotráfico está aí e por moito que o queiramos agochar non seremos capaces de facelo. Nas nosas mans está que a inigualable Ría de Arousa sexa coñecida polo traballo e polo esforzo dos nosos homes e mulleres do mar, do campo, o noso viño e os productos do mar e o campo, a os nosos artistas recoñecidos mundialmente, escritores, pintores, escultores, cineastas, músicos etc. Toda esa xente que nada ten que ver co narcotráfico. A beleza da nosa ría, os nosos pazos todos os monumentos que percorren a comarca, eso é o que temos que exportar. Mentras non o fagamos así mal nos vai ir.