Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta INCENDIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INCENDIO. Mostrar todas las entradas
5 de julio de 2020
UN INCENDIO EN OUBIÑA E UN ACCIDENTE EN PUENTEARNELAS NAS ÚLTIMA HORAS
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudeu a un accidente de tráfico na PO-300, en Pontearnelas (Ribadumia) que se produxo minutos antes das duas da tarde. Na intervención colaborou Protección Civil de Ribadumia, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Ambulancia do 061. Evacuada a condutora dun dos vehículos A. G. P. de 24 anos evacuada ao hospital do hospital.
Doutra banda produciuse un incendio urbano en Loureiro, na parroquia de Oubiña en Cambados sen que houbese que lamentar feridos. Os propios residentes na vivenda apagaron o incendio. Daquela os Bombeiros do Salnés e o Servizo de Emerxencias de Cambados ventilaron a vivenda.
10 de mayo de 2020
UNHA MULLER FERIDA NUN PEQUENO INCENDIO EN CAMBADOS
A primeiras horas da tarde producíase un incendio nunha vivenda da rúa Os Olmos. Os propios donos foro quen de sufocar o incendio. Os membros do Grupo de Emerxencias do Concello de Cambados a súa chegada comprobaron a ventilación e fixeron a medición de gases. Poco despois os Bombeiros do Salnés volveron comprobar os gases dando negativo.
A dona da vivenda sufriu queimaduras nos dedos da man. A muller trasladouse polos seus medios ao Punto de Atención Continuada de Cambados.
A dona da vivenda sufriu queimaduras nos dedos da man. A muller trasladouse polos seus medios ao Punto de Atención Continuada de Cambados.
11 de abril de 2020
INCENDIO EN CAMBADOS CUNHA PERSOA ATRAPADA
Unha vela parece ser a causa da orixe dun incendio rexistrado no interior dunha vivenda da Rúa Sevilla, no concello Cambados. O lume consumiu unha mesa auxiliar e provocou unha intensa fumareda.
Ao redor das 13:00 horas de hoxe, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar dun lume no salón da casa. De acordo co seu relato, había unha persoa no interior do domicilio con dificultades para saír.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Salnés. Desde o 112 informouse aos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil de Cambados.
Unha vez no punto, os equipos de emerxencia trataron de axudar a persoa con dificultades a abandonar o inmoble. O Servicio Municipal de Emerxencias (Protección Civil) atallou as lapas e ventilou a vivenda e as persoas afectadas foron atendidas polo persoal sanitario do P.A.C. de Cambados.
Desde o 112 informouse aos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil de Cambados.
Tanto o home M.E. P. de 87 anos como a súa filla B.E. N. de 58 anos foron atendidos polo persoal da ambulancia do 061 e persoal do P.A.C. de Cambados e non foi preciso o traslado a un centro hospitalario. A casa a pesares do incendio atópase habitable tralas medicións feitas polos equipos de emerxencia.
O pai saiu ileso pero a filla tiña pequenas queimaduras no pé e brazo esquerdo.
Estiveron presentes desde o principio a alcaldesa Fátima Abal e o Concelleiro de Seguridade Cidadá, Tino Cordal.
4 de abril de 2020
INCENDIO EN O GROVE
Os servizos de extinción apagaron este mediodía un incendio que afectou á zona exterior dun recinto que alberga unha fábrica de embarcacións de poliéster. O incendio era visible en Cambados.
Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. O lume afectou á zona exterior do recinto e calcinou un galpón anexo á nave con material de carpintería que almacenaba no seu interior. Unha embarcación tamén se viu afectada.
Varios particulares, ao fío das 14:15 horas, alertaban ao 112 Galicia de ver saír moito fume dunha nave situada no lugar dos Campos, preto do grupo escolar, no concello pontevedrés do Grove.
A partir de aí, púxose en marcha un operativo no que participaron os Bombeiros do Salnés, GES de Sanxenxo, Protección Civil do Grove, Garda Civil e a Policía Local. Tamén, foron informados os Servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por si fose precisa a súa intervención nalgún momento, así como o persoal do Servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Unha vez extinguido, os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil procederon a refrixerar a zona.
1 de abril de 2020
UN INCENDIO ARRASA POR COMPLETO UNHA VIVENDA EN SOBRADELO, VÌLAGARCÍA
Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero os traballos de extinción estendéronse durante esta madrugada debido aos importantes danos causados polo lume.
De feito, os bombeiros confirmaron que colapsou o tellado da vivenda, que quedou completamente arrasada polo incendio.
Todo comezou ás tres desta madrugada cando o 112 Galicia recibiu unha alerta a través dos servizos sanitarios de urxencia, malia que ninguén necesitou asistencia médica. Os ocupantes abandonaron o inmoble e puxéronse a salvo en canto se decataron do incendio.
Pola súa parte, os Bombeiros de Vilagarcía, coa colaboración do persoal do servizo local de emerxencias, ocupáronse de sufocar o lume, que rematou por calcinar na súa totalidade a vivenda e provocar o colapso do tellado. Esta situación motivou que os efectivos de extinción traballaran ata as primeiras horas do día neste incendio.
27 de marzo de 2020
UN INCENDIO DEIXA 17.000 MIL AVES MORTAS EN MEIS
![]() |
| Arquivo |
Un incendio nunha nave de explotación de polos deixa 17.000 mil aves mortas en Meis
Un incendio declarado esta madrugada nunha nave dedicada á explotación de polos, localizada no concello pontevedrés de Meis, calcinou por completo a primeira planta do inmoble e o tellado provocando a morte de todos os polos que estaban no seu interior.
O incidente tivo lugar ás 4:30 horas no lugar Cabeza de Boi. A esa hora, o 112 Galicia recibía a chamada dos axentes da Garda Civil que alertaban dun lume nunha granxa de explotación de polos na parroquia da Armenteira.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pasouse aviso aos Bombeiros do Salnés, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención nalgún momento.
Nada máis chegar ao lugar dos feitos, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento trataron de atallar as lapas e controlaron o foco de incendio. Malia que ningunha persoa sufriu danos a raíz do ocorrido, os 17.000 polos que habitaban a granxa perderon a vida.
Tras rematar a intervención, os bombeiros confirmaron que o lume calcinou por completo o primeiro andar, dos dous dos que se compón a nave, e afectou tamén ao tellado da edificación.
25 de marzo de 2020
FEIJÓO MAL POLÍTICO, BO PUBLICISTA
A pesares de que se aplazou a data das eleccións autonómicas en Galicia Feijóo está a utilizar a pandemia do COVID-19 para facer propaganda do PP.
No día de onte a web da Xunta publicaba 5 novas sobre o reparto de equipos de protección individual (EPI´s) cada unha das delegacións da Xunta nas provincias galegas, máis Vigo. En todas agás na nova da provincia de Lugo aparecen "en plena faena" os delegados territoriais recentemente renombrados por Feijóo para que sigan cobrando un soldo namentras non se celebren as eleccións autonómicas e que foran cesados para poder ser candidatos.
Feijóo leva toda esta crisis atacando ao governo de España a conta dunha suposta falla de material e que achaca a Sánchez e o seu executivo. Unha falla que non é tanta pois o propio presidente da Xunta recoñeceu en rolda de prensa que Galicia tiña material para duas semanas e esas duas semanas aínda non pasaron.
Se non lle chega con subvencionar á prensa en vísperas electorais, reparteu dous millons de euros hai escasamente un mes entre xornais galegos camuflados como publicidade, que tamén utiliza a web institucional en beneficio do seu partido.
As queixas e comentarios en contra non se fixeron agardar e as redes sociais "botaban fume" contra a imaxe de Corina Porro en Vigo e lembraban a imaxe de Feijóo "manguerita" en mano do 2006
Aquí podedes ver as capturas das novas tal e como as publicou onte a web da Xunta.
No día de onte a web da Xunta publicaba 5 novas sobre o reparto de equipos de protección individual (EPI´s) cada unha das delegacións da Xunta nas provincias galegas, máis Vigo. En todas agás na nova da provincia de Lugo aparecen "en plena faena" os delegados territoriais recentemente renombrados por Feijóo para que sigan cobrando un soldo namentras non se celebren as eleccións autonómicas e que foran cesados para poder ser candidatos.
Feijóo leva toda esta crisis atacando ao governo de España a conta dunha suposta falla de material e que achaca a Sánchez e o seu executivo. Unha falla que non é tanta pois o propio presidente da Xunta recoñeceu en rolda de prensa que Galicia tiña material para duas semanas e esas duas semanas aínda non pasaron.
Se non lle chega con subvencionar á prensa en vísperas electorais, reparteu dous millons de euros hai escasamente un mes entre xornais galegos camuflados como publicidade, que tamén utiliza a web institucional en beneficio do seu partido.
As queixas e comentarios en contra non se fixeron agardar e as redes sociais "botaban fume" contra a imaxe de Corina Porro en Vigo e lembraban a imaxe de Feijóo "manguerita" en mano do 2006
Aquí podedes ver as capturas das novas tal e como as publicou onte a web da Xunta.
13 de marzo de 2020
CONATO DE INCENDIO NA MODIA
O Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados (Protección Civil) acudía esta pasada madrugada a un incendio nunha vivenda de A Modia.
Concretamente na rua Antonio Perez eran ás 00:51hrs. No conato de incendio viuse afectada a campá extractora da cociña. Por parte de Protección Civil procedeuse ao corte de subministración eléctrica, extinción do incendio e ventilación da vivenda. Máis tarde os Bombeiros do Salnés, unha vez sufocadas as chamas, fixeron medicións na vivenda. Na vivenda había unha muller e dúas persoas mozas e dúas mascotas que abandonaron o piso e non sufriron danos, aínda que unha persoa si precisou atención na ambulancia que se desprazou ao momento. A rápida extinción das chamas evitou que o lume se propagase a outras estancias da vivenda.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Cambados.
Concretamente na rua Antonio Perez eran ás 00:51hrs. No conato de incendio viuse afectada a campá extractora da cociña. Por parte de Protección Civil procedeuse ao corte de subministración eléctrica, extinción do incendio e ventilación da vivenda. Máis tarde os Bombeiros do Salnés, unha vez sufocadas as chamas, fixeron medicións na vivenda. Na vivenda había unha muller e dúas persoas mozas e dúas mascotas que abandonaron o piso e non sufriron danos, aínda que unha persoa si precisou atención na ambulancia que se desprazou ao momento. A rápida extinción das chamas evitou que o lume se propagase a outras estancias da vivenda.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Cambados.
23 de febrero de 2020
OITO PERSOAS INTOXICADAS NUN INCENDIO EN PORTONOVO
Na mañá de hoxe oito persoas tiveron que ser trasladadas, entre elas un membro do GES de Sanxenxo, e outras dez foron desaloxadas a causa dun incendio declarado no interior dun edificio da Rúa Porvenir en Portonovo, no concello de Sanxenxo.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención, as persoas foron evacuadas con síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Ata o momento, descoñécense as causas que provocaron o lume, que calcinou case por completo o terceiro piso do edificio. As plantas superiores tamén se viron afectadas polo fume.
Todo comezou ás 8:30 horas, cando a esa hora, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar dun incendio no terceiro andar dun edificio situado na Praia de Caneliñas. Os veciños, aseguraban que había persoas no interior da vivenda afectada e que os moradores dos pisos superiores necesitaban axuda para abandonar as súas casas.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Salnés, do GES de Sanxenxo e dos axentes da Policía Local.
Unha vez no punto, os servizos de emerxencia procederon a evacuar o edificio e trasladar ás persoas afectadas polo fume a distintos centros hospitalarios. Os equipos de intervención traballaron arreo durante toda a mañá para atallar as lapas e ventilar o inmoble. Tras finalizar as tarefas de extinción, achegáronse ata o lugar técnicos municipais para avaliar os danos causados á estrutura do edificio.
3 de febrero de 2020
UNHA MULLER INTOXICADA LEVEMENTE NUN INCENDIO NA RÚA OURENSE DE CAMBADOS
Era a unha menos dez deste mediodía cando se encenderon as alarmas. Un incendio producíase nun piso da rúa Ourense.
Ata o lugar desprazáronse a Policía Local, Ambulancia do 061, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e Bombeiros do Salnés.
Foron os axentes da Policía Local os primeiros en chegar e lograron apagar as lapas no interior da vivenda.
Os Bombeiros e o servizo de Emerxencias local encargáronse da ventilación da vivenda. A dona da vivenda, P.S.S., foi atendida polo médico da ambulancia medicalizada ao verse afectada pola inhalación de fume. Unha vez examinada polos servizos médicos decidiron non trasladar á muller a un centro hospitalario.
30 de noviembre de 2019
UNHA NAI E O SEU BEBÉ, EVACUADOS CON SÍNTOMAS POR INHALACIÓN DE FUME A CAUSA DUN INCENDIO NA SÚA VIVENDA
Unha nai e o seu bebé foron evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio na súa vivenda.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a cociña encheuse de fume por mor dun aparato doméstico que comezaba a arder.
Foi o único que se viu afectado, iso si, o intenso fume provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ata o lugar, un domicilio situado na Rúa da Chanca, en Meaño, tamén se desprazaron os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros do Salnés, quen, despois de asegurarse que o aparato estaba apagado, realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire e descartar posibles fugas.
Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte logo de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que cun extintor tratou de sufocar as chamas.
28 de octubre de 2019
ARDE UN COCHE EN CORVILLÓN EN ESTRANAS CIRCUNSTANCIAS

Pasados uns minutos da media noite, un turismo ardeu por completo nun incendio no que as forzas da orde intentan esclarecer as circunstancias. O suceso rexistrouse nunha eira na parroquia de Corvillón, en Cambados.
De inmediato, os xestores do 112 Galicia informaban do sucedido aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil e Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
Finalizada a súa intervención despois de sufocar o lume, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o turismo afectado ardeu na súa totalidade.
7 de agosto de 2019
INGRESA EN PRISIÓN A MULLER QUE PRENDEU LUME NA CASA COS SEUS PAIS DENTRO
O xulgado ordena o ingreso na cadea da muller que prendeu lume á casa de seus pais con eles dentro.
Mentres, os dous anciáns continúan aloxados no asilo de Cambados e á falta do informe definitivo do peritos do Concello, todo parece indicar que a casa vai ser derrubada.
O Xulgado de Instrución número 2 de Cambados ordenou o ingreso en prisión da muller que prendeu lume no lugar da Laxe á vivenda dos seus pais octoxenarios, mentres eles estaban no interior da casa. O martes pasado, mentres as lapas deixaban inhabitable a vivenda familiar de Corvillón, a muller presentábase no cuartel da Garda Civil para confesar que fora ela a que prendera lume.
Declarou ao día seguinte no Xulgado de Instrución número 2 da localidade arousá e a muller quedou en liberdade sen fianza. Unha liberdade condicionada á entrada da detida nun centro hospitalario para a súa avaliación psiquiátrica, e de ser necesaria, a administración do tratamento que no seu caso lle correspondese.
A medida case era de esperar. Ao parecer, a muller atopábase nun estado de gran confusión cando se presentou na Garda Civil. Foi trasladada a un centro sanitario de Vigo, onde se lle practicaron diversas probas demandadas desde o xulgado. Volveu presentarse á xuíza, quen decretou prisión preventiva.
Mentres, os pais seguen aloxados no asilo de Cambados. O Concello está a revisar a vivenda e a buscar outro aloxamento, que, se non é definitivo, si que poida darlles estabilidade. Nos próximos días está previsto rematar o informe dos técnicos municipais, pero debido ao estado da vivenda o máis probable é que a derruben por seguridade.
31 de julio de 2019
EN LIBERTAD SEN FIANZA A MULLER QUE PRENDEU LUME NA VIVENDA FAMILIAR

O xulgado de instrución número 2 de Cambados decretou a posta en liberdade sen fianza da muller detida onte tras recoñecer que prendeu lume á casa dos seus pais con eles dentro.
Segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a muller está investigada por dous delitos de homicidio en grao de tentativa.
O xuíz optou por deixala en liberdade porque ninguén solicitou o seu ingreso en prisión, aclarou o tribunal.
A súa posta en liberdade, en todo caso, está condicionada ao seu ingreso nun hospital para unha avaliación psiquiátrica.
A muller, duns 45 anos, entregouse á Garda Civil pouco despois de causar un incendio na vivenda unifamiliar na que residían os seus pais, en Corvillón (Cambados), e na que ela pasara a noite.
O incendio produciu danos estruturais importantes no inmoble e obrigou aos servizos de emerxencia a apontoar a planta baixa e unha habitación do piso superior.
O matrimonio, unha parella de octoxenarios, puido saír da vivenda polo seu propio pé e non resultaron feridos no incendio.
Esta mañán Axentes da Policía facían as últimas investigacións na vivenda calcinada polo lume.
22 de julio de 2019
CONATO DE INCENDIO NO FROIZ DO CENTRO DE CAMBADOS
Onte ás 01:38 Protección Civil de Cambados recibía un aviso do 112 informando dun incendio no garaxe do Supermercado Froiz da rúa San Francisco.
Á chegada das duas dotacións, non aprecian fume. Falan co particular que dera aviso e informa que o fume saía por unha cheminea. Comproba P.C. coa cámara térmica e os resultados son normais. Avisan posteriormente ao xerente do Supermercado para poder acceder ao aparcadoiro e comproban que ao irse a luz, salta o xerador e de aí proviña o fume ao arrincar.
Na intervención traballaron a Garda Civil de Cambados, Bombeiros do Salnés e Protección Civil.
Á chegada das duas dotacións, non aprecian fume. Falan co particular que dera aviso e informa que o fume saía por unha cheminea. Comproba P.C. coa cámara térmica e os resultados son normais. Avisan posteriormente ao xerente do Supermercado para poder acceder ao aparcadoiro e comproban que ao irse a luz, salta o xerador e de aí proviña o fume ao arrincar.
Na intervención traballaron a Garda Civil de Cambados, Bombeiros do Salnés e Protección Civil.
4 de julio de 2019
DOUS ACCIDENTES, UN INCENDIO E A ROTURA DUNHA TUBAXE ESTA MADRUGADA EN CAMBADOS
O servizo municipal de emerxencias tivo a pasada madrugada máis traballo do normal.
Pouco despois de medianoite na estrada de Cobas de Lobos, na parroquia de Vilariño., prodúxose un primeiro accidente. Un vehículo saíuse da vía e impactou contra un contedor de recollida de vidro. Nou houbo que lamentar feridos pero si danos materiais tanto no coche como no contedor.
O segundo accidente foi uns minutos antes das 3.30 horas da madrugada. Ao igua que no caso anterior saldouse sen feridos e consistiu nunha saída de vía. O vehículo empotrouse contra a madeira que oculta os contedores do lixo. Foi na avenida de Galicia, xunto o Centro de Saúde.
Ademáis desto, Protección Civil de Cambados participou a pasada madrugada na extinción dun conato de incendio forestal declarado en Tragove. O aviso foi dado sobre as catro da mañá nunha zona do lugar de Os Muíños, e víronse afectados uns 50 metros cadrados de superficie. O incendio empezou na zona moi próxima a estrada.
E despois do incendio a auga. Os membros do equipo municipal de emerxencias tiveron que desprazarse á rúa Rodas, para controlar a rotura dunha tubaxe de auga. Preto das cinco menos cuarto da mañá.8 de mayo de 2019
DOUS CAMBADESES ASISTEN AO CONDUCTOR DUN CAMIÓN QUE ARDEU EN PADRÓN
Durante a pasada noite, o 112 Galicia tivo constancia dun incendio declarado na cabina dun tráiler, que deixou esta parte do vehículo totalmente calcinada e afectou tamén a un remolque do camión. Sucedeu na AP-9, tamén á altura de Padrón, en sentido Tui.
Foi a propia persoa que conducía o vehículo quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia uns minutos despois das 21:15 horas.
Dous cambadeses que pasaban polo lugar axudaron ao conductor a saires do vehículo e colaboraron tamén na extinción do lume o que evitou que o suceso adquirira maiores proporcións.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, ao GES de Padrón, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as labores de extinción do lume ao redor da 1:30 horas.
29 de enero de 2019
UNHA FAMILIA EN PERIGO LOGO DUN INCENDIO EN CORBILLÓN, CAMBADOS
Un incendio urbano producíase esta madrugada no Rio N°11, Corbillón, en Cambados. Emerxencias de Cambados recibe un aviso do 112 ás 04:07. poucos minutos despois sae unha dotación para o punto. Unha vez diante da vivenda compróbase que o matrimonio, as súas 2 fillas e unha mascota abandonaron a vivenda. O dono da vivenda infórmanos que está a arder un conxelador. O particular botoulle un cubo de auga. Vos servizos de emerxencias proceden ao corte de subministración enerxética e á extinción do lume cun extintor de Co2.
Unha vez comprobado que esta totalmente sofocafo o conxelador procédese á apertura da vivenda totalmente para a ventilación natural da mesma. Á chegada dos Bombeiros do Salnés, Emerxencias de Cambados informa do acontecido e procédese a ventilar con maquinaria.
Na intervención colaborou co Servizo de Emerxencias de Cambados a Garda Civil de Cambados e Bombeiros do Salnés.
1 de noviembre de 2018
UN INCENDIO DESTRÚE UN CHALET E DOUS ACCIDENTES PROVOCAN 4 FERIDOS (Actualización)
Excarcerado o condutor dun turismo envorcado no Grove
Un condutor tivo que ser excarcerado esta tarde despois de envorcar o vehículo que conducía no enlace da PO-316 e PO-317, no concello do Grove.
Ocorreu ás 18:15 horas de hoxe tal e como indicaron varios particulares que chamaron ao 112 Galicia para soliciar asistencia para o único ocupante do coche.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos membros do servizo local de emerxencias e dos membros do GES de Sanxenxo que liberaron ao condutor e facilitaron a súa atención por parte do equipo do 061-Urxencias Sanitarias.
Tamén se informou aos Bombeiros do Salnés, pero deron volta en canto comprobaron que o ferido estaba xa liberado.
Do mesmo xeito, e por petición da Garda Civil de Tráfico, solicitouse a intervención do persoal da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de retirar os restos provocados polo accidente.

Arde case por completo unha vivenda en Vilanova sen causar feridos
Un incendio arrasou case por completo unha casa situada na Praia das Sinas, en Vilanova.
Sucedeu ás 13:00 horas de hoxe e, por fortuna, ninguén resultou afectado. Non obstante, os danos son cuantiosos debido a que as chamas devoraron a totalidade do baixo da vivenda e afectou aos pisos superiores.
Foi un veciño quen contactou co 112 Galicia para informar da situación e ao lugar acudiu unha dotación dos Bombeiros do Salnés para facer fronte ao incendio que destrozou a parte de abaixo debido a unha deflagración de causas descoñecidas e chegou a rebentar un tabique, polo que esa zona quedou seriamente danada.
Ademais, desde o 112 Galicia informouse aos servizos sanitarios de urxencia, aínda que a vivenda estaba baleira no momento de producirse o lume, e ás forzas da ordepara tratar de aclarar as causas polas que se produciu este incendio.
Accidente en Vilanova
Efectivos de Protección Civil de Vilanova acudiron esta tarde a András (Vilanova) onde se rexistrou un accidente de tráfico. Dous vehículos que acabaron na beiravía, chocaron frontolateralmente. Segundo informan os medios desprazados ao lugar, resultaron feridos os tres ocupantes da furgoneta, entre eles un menor de idade.11 de octubre de 2018
VARIOS INCENDIOS DECLÁRANSE DE FORMA SIMULTÁNEA NO SALNÉS ONTE POLA NOITE
![]() |
| Incendio en Corvillón (Diario de Pontevedra) |
Varios incendios inícianse de forma simultánea en distintos puntos do Salnés.
Medios antiincendios traballaban desde primeira hora da noite na extinción dos focos declarados en Ribadumia, Corbillón (Cambados), San Bartolomé e San Miguel (Vilanova) e Lobeira (Vilagarcía).
En San Miguel estiveron en risco varias vivendas e o lume chegou ao muro do pazo de Gil.
Efectivos de Emerxencias traballaron desde pasadas as 20.30 horas deste mércores na extinción de varios incendios declarados en diferentes municipios do Salnés. O primeiro conato produciuse en Ribadumia e foi rápidamente extinguido. Con todo, fontes de Protección Civil de Cambados informan de que tamén se localizaron focos no lugar de Corbillón, así como en San Bartolomé (Vilanova) e Lobeira (Vilagarcía). Estes non son os únicos lumes deste mércores na provincia de Pontevedra. Tamén se localizaron lumes en Briallos (Portas), Vilaboa e Domaio (Moaña).
Os lumes declaráronse de forma practicamente simultánea, segundo apuntan fontes dos corpos de seguridade. As choivas que se produciron desde as 11 da noite axudaron aos medios humanos a controlar os focos de lume.
Os dous incendios principais estaban controlados preto das 4 da madrugada pola rápida acción dos servizos de emerxencias e o apoio dos bombeiros.


































