Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de xuño de 2018

SEIS FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS



Esta madrugada producíase un accidente en Cambados, a altura do Brexo, que se saldou con 6 peersoas feridas, tre por cada coche involucrado no sinistro.
Todos os feridos foron trasladados so Hospital do Salnés por duas ambulancias e a Policía Local.
Eran as 3:40 da mañán condo dous vehículos bateron. En principio tres dos feridos quedaran atrapados pero a Policía Local foi quen de liberalos.
Policía Local de Cambados, Protección Civil e ambulancias do 061 participaron no efectivo de salvamento.


LOCALIZADO O CORPO SEN VIDA DO OCTOXENARIO DESPARECIDO EN RIBADUMIA



O home de 80 anos que desapareceu onte en Ribadumia foi localizado esta mañá a dous quilómetros da súa casa falecido. Así o confirmaron os servizos de emerxencias que desde onte colaboraban cos axentes da Garda Civil para a localización deste veciño do Lugar de Rabuñade, que foi visto por última vez na casa dunha veciña arredor das once da mañá.
Tras a chamada dun familiar ao 112 Galicia arredor das dúas da tarde de onte, activouse un operativo para tratar de dar co paradoiro do home no que participaron os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias mediante o emprego de drons, así como os cans de rescate de Padrón e os voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente, o corpo sen vida do señor foi localizado sobre as 11 desta mañá polo helicóptero da Garda Civil a dous quilómetros do seu domicilio situado no Lugar de Rabuñade.