Este Nadal as vieiras galegas serán conxeladas.Mariscadores e comercializadoras suspenden a campaña de Nadal para dar saída ao abundante stock de produto conxelado. As confrarías de pescadores da ría de Arousa e as empresas comercializadoras de vieira acordaron suspender este ano a campaña de extracción de vieira, que debía comezar estes días. "Iso non significa que neste nadal non vaia a haber vieira nos mercados", tranquilizan desde o sector pero "deberá ser conxelada". A decisión veu motivada pola necesidade de dar saída ás abundantes existencias de vieira conxelada coas que agora mesmo contan os almacéns frigoríficos das empresas comercializadoras. "Se a campaña de Nadal funciona ben e damos saída a ese stock os barcos sairán a faenar en xaneiro para volver ter vieira almacenada", explica José Luis Souto, xerente de Porto de Cambados, unha das empresas que comercializa este marisco. Souto recoñece que el sería partidario de manter a campaña de extracción do Nadal, aínda que reducíndoa a un terzo da cota que normalmente se extrae. "Para así poder ofrecer tanto produto fresco como conxelado". Finalmente e #ante as perspectivas de que as vendas da campaña deste Nadal poidan ser menores que as de anos anteriores, mariscadores e empresas acordaron dar prioridade á saída do stock de produto conxelado co que agora contan. O xerente de Porto de Cambados cualifica o ano como "desastroso" para a vieira. Así, lembra que as vendas foron moi escasas durante o verán e practicamente nulas no outono, tras o peche da hostalería. "Esperamos que o consumidor confíe na vieira conxelada este Nadal e poder salvar polo menos algo da tempada", indica. Non en balde, as vendas da campaña de Nadal supoñen o 40% da facturación anual das empresas comercializadoras de vieira.
Apreciados papás e apreciadas mamás, Somos os Reis Magos. Sabemos que acaba de nacer o voso fillo. É un bebé precioso que vos vai a facer moi felices aos dous. Xa sabedes que cada 6 de xaneiro nós imos en silencio a casa de todos os nenos e deixámoslles uns agasallos para celebrar o nacemento do neno Jesús e para dicirlles o orgullosos que estamos deles. Pero a partir de agora non poderemos facelo porque estamos moi velliños e cada vez hai máis e máis nenos neste mundo. Non podemos ir a casa de todos. Ademais, onte caínme do camelo e rompinme o brazo (son Melchor, un pouquiño torpe); Gaspar é moi lento porque camiña coa axuda dun vello bastón e Baltasar, noso vello Baltasar!, esquécese sempre de onde ten a lista dos agasallos. Como ves, xa estamos moi maiores e necesitamos pedirvos tres favores moi importantes: 1º favor: Que nos axudedes a poñer os agasallos aos nenos. Cada pai e nai farán o noso traballo o día de Reyes: lerán as cartas dos seus fillos e, coa mesma ilusión que a nosa, poñeranlles os agasallos coma se fósemos nós. Así todos os nenos do mundo terán os seus agasallos e nós poderemos descansar e ver, desde o lonxe, as suas cariñas de alegría. 2º favor: Como isto é un gran secreto, non llo poderedes dicir aos vosos/as fillos/as ata que cumpra os 7 ou máis anos. Cando teña esta idade, xa será maior e saberá gardar este secreto. Os nenos pequenos non deben saber que nós xa non podemos poñer os agasallos e que son os pais os que nos axudan porque senón… que pensarán de nós? onde estará a máxia? O secreto hase de dicir só aos nenos responsables, aos que xa poden entender que nós lles queremos moito e que por iso pedimos axuda aos seus pais, as persoas que máis os queren a eles. 3º favor: Algúns pais que nos axudan están enfermos ou non teñen diñeiro para comprar agasallos aos seus fillos. E tamén hai nenos que non teñen a sorte de ter papás ou mamás. Por iso, necesitamos que os vosos fillos convértanse “un pouquiño” en Reis Magos e compartan algúns agasallos cos nenos que non teñen tanta sorte como eles. Nada máis. Non é demasiado, verdade? Cando o voso fillo ou filla pregúntevos por primeira vez quen son os Reis Magos lédelle esta carta. Entenderá por que nós confiamos en vós para facer o noso traballo: porque sodes as persoas que máis o queredes no mundo e que mellor poden ver o seu enorme e bondadoso corazón de perla. Melchor, Gaspar e Baltasar























