Nos Almorzos do Galicia por Diante, da Radio Galega, Rafael Louzán dixo que se volverá presentar ás eleccións municipais polo concello de Ribadumia, pero prefire non facer predicións de futuro ata coñecer o resultado dos comicios.
No seu novo cargo deportivo, Louzán trazou como prioridades dotar de "maior transparencia" a Federación e implicar máis os clubs no seu funcionamento. Ademais, dixo que reclamará en Madrid "a débeda histórica que hai con Galicia", xa que dende 2005 non recibe cartos do 1 por cento da recadación das quinielas que se emprega en mellorar instalacións en todo o Estado, malia estar nos primeiros postos en licenzas deportivas.
Fonte:RTVG
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.