CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta OCIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OCIO. Amosar todas as publicacións

20.7.17

AXENDA DE OCIO, CULTURA, ACTIVIDADES E DEPORTES DE CAMBADOS



















PARA SABER MÁIS DE CADA ACTIVIDADE PICA EN CADA UNHA DAS QUE CHE INTERESE MÁIS INFORMACIÓN
           

CHEGA A CAMBADOS "30 ANOS DE LA VOZ EN AROUSA"

PODES INSCRIBIR AOS TEUS NENOS NO PLAN MADRUGA “OS PRIMEIROS DO COLE” 


Ata o 31 de Xullo



A PARTIR DO 4 DE XULLO CAMBADOS CONTARÁ CO #ENOBUS#






EXPOSICIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A ESCALA

Do 4 ao 23 de Xullo












Cinema Animado, todos os mércores de xullo, as 22:30 no parque do Pazo Torrado.

5  de xullo     - TROLLS
12 de xullo    - ANGRY BIRDS
19 de xullo    - MASCOTAS
26 de xullo    - ICE AGE 5





ACTIVIDADES SMARTPEME DO MES DE XULLO

MES DE XULLO







GEOMEIGA CAMBADOS 2017

21, 22 e 23 de Xullo








No Peirao de Santomé entre os días 17 e 21 de Xullo

Inscricións ata agotar as prazas






A OCEAN LAVA GALICIA CHEGA A CAMBADOS EN SETEMBRO


10 de Setembro
















12.7.17

GEOMEIGA CAMBADOS 2017











Os días 21, 22 e 23 de xullo, Cambados vístese de gala para acoller a geocachers de todo o mundo, no que será o primeiro multievento temático sobre as "Meigas"(brujas en galego) de Geocaching en Galicia.

Haberá todo tipo de actividades para maiores e pequenos nun enclave de beleza inigualable como é Cambados, desde paseos en kaiak ata visitas a unhas das adegas máis importantes de albariño, pasando por unha andaina nocturna para descubrir os recunchos máis fermosos de Cambados.
Todo isto e moitas sorpresas máis esperan na que queren convírtase en capital do Geocaching durante estes días en Cambados.

Dispoñerase dun pavillón para quen queira pernoitar en sacos de durmir (só é necesario comunicalo aos organizadores)

WEB GEOMEIGA


Entrevista a... os impulsores do "Proxecto GeoMeiga Cambados 2017"












MÁIS DE 200 PERSOAS FIXERON A "DEPO-ANDAINA" POR CAMBADOS










Máis de 200 persoas participaronn en Cambados na segunda xornada de "Depo Andainas"
O percorrido polo sendeiro natural da Pastora-Umia, en Cambados, foi un novo éxito do programa organizado pola Deputación de Pontevedra

Un total de 217 persoas participaron este domingo na segunda ruta de "Depo Andainas 2017". A primeira parada desta segunda edición do programa impulsado pola Deputación de Pontevedra fora a Illa de Arousa e nesta ocasión o protagonismo foi para Cambados, co sendeiro natural da Pastora-Umia. Esta ruta, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017. 

A lúdica xornada comezou ás 09.00h coa chegada dos máis de 200 persoas participantes nesta actividade de balde que está a ter tan boa acollida. Antes de iniciar a andaina, tódolos participantes puideron coller forzas no Mirador do Monte da Pastora cun biscoito de chocolate cortesía da organización. Así, a andaina comezou ás 09.30h, dividindo aos participantes en dous grupos dependendo do seu nivel. Así, puideron escoller facer a andaina a un paso máis lento, ou facela no grupo rápido, con un ritmo maior. De tódolos xeitos os máis de 200 participantes puideron facer todo o percorrido e visitar os principais puntos de interese do camiño, onde se fixo unha breve explicación de cada un deles. O Monte A Pastora e Ermita da Pastora, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a Casa Ricoi (Museo Etnográfico e do viño), a Torre de San Sadurniño, a desembocadura do Umia, espazo natural protexido, e a Marisma do Umia foron os lugares de interese.
A actividade rematou pasadas ás 13.00h, tras máis de 3 horas e media de andaina, e fíxoo coa degustacións dunhas empanadas que permitiron aos participantes repoñer forzas tras completar os sete quilómetros de percorrido que ten o sendeiro Pastora-Umia.

O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

A próxima actividade de "Depo Andainas" celebrarase o 10 de setembro e nela visitarase Vilaboa e as Illas Cíes. De cara a esta terceira xornada do programa da Deputación de Pontevedra as inscricións abriranse o día 28 de agosto. Posteriormente, desenvolveranse dúas rutas máis, unha en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, a outra en Soutomaior







4.7.17

EN XULLO CINE NA RÚA NO PARQUE DE TORRADO











Cinema Animado, todos os mércores de xullo, as 22:30 no parque do Pazo Torrado.

5  de xullo     - TROLLS
12 de xullo    - ANGRY BIRDS
19 de xullo    - MASCOTAS
26 de xullo    - ICE AGE 5







3.7.17

CURSOS DE VERÁN NA OMIX DE CAMBADOS













Está aberto o prazo de inscrición para os seguintes cursos:

Sacalle partido a tua marca persoal
DATA: 12-13 e 14 de xullo
DURACIÓN: 10 h
OBXECTIVO: Mellorar  a imaxe laboal ou profesional para obter máis oportunidades laborais e/ou de negocio
CONTIDOS:
·         A estratexia de marca persoal
·         DNI dixital
·         Introdución ás Redes sociais
·         Linkedin I
·         Linkedin II
·         Que é o Gooogle Plus?
·         Twitter
·         Facebook
·         Blogues
·         Youtube
·         Ferramentas para xerr contido atractivo
·         A estratexa: compartir ou competir?

Orientación laboral
          Data: 19 e 20 de xullo
          Duración: 5 h
          Horario: de 10 a 13:30

Educando en igualdade
         Data: 26 de xullo
         Duración: 4 h
         Horario: 10 a 14 h

Mindfunlness. Educando de centro a fora
          Data: 27 de xullo
          Duración: 4 h
          Horario: de 10 a 14 h

Curso de monitor de tempo libre:
Do 17 de xullo  ao 2 de setembro.
Requisitos:  ter a ESO e ser maior de idade
Prezo: 185 €


Mais información: OMIX – Centro  “La Merced
Tel 986542663








1.7.17

CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE











A Concellaría de Xuventude do Concello de Cambados informa da apertura do prazo de inscripción para o curso de monitor de tempo libre, que se desenvolverá no centro sociocultural “A Merced” entre o 17 de xullo e o 2 de setembro, en horario de mañá, de 8:30 a 14:30 horas.
Trátase dun curso oficial, homologado pola Xunta de Galicia, que terá un prezo de 185€ por participante, contando cun pequeno desconto para as persoas posuidoras do carné xove.
Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.
Ademáis, dende o Concello de Cambados facemos unha valoración moi positiva dos campamentos realizados na Pastora durante toda esta semana, na que foron impartidos os cursos “Xogamos a contar contos...” e “Educamos en galego: xogos tradicionais e deporte adaptado”. En ámbolos dous cursos, traballaronse a igualdade e a inclusión e realizaronse xornadas prácticas cos nenos e nenas participantes.




26.6.17

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS NA "DEPO ANDAINA" POR CAMBADOS








Depo Andainas





O prazo de inscricións na segunda das "Depo Andainas" por Cambados abre este luns 26 de xuño

Nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra poderán participar 300 persoas que coñecerán a cultura vitivinícola da vila o vindeiro 9 de xullo
Este luns 26 de xuño abre o prazo de inscricións para todas as persoas interesadas en asistir gratuitamente á vindeira ruta das "Depo Andainas". A segunda parada deste ciclo, que comezou pola Illa de Arousa e O Carreirón o 18 de xuño, chegará nesta ocasión ao sendeiro natural da Pastora-Umia en Cambados, o vindeiro 9 de xullo. Nesta actividade poderán participar un total de 300 persoas.
A andaina comezará ás 9:30 horas desde o Monte da Pastora e terá unha duración de catro horas cun percorrido de arredor de sete quilómetros, con dificultade baixa. A ruta terá a cultura vitivinícola como protagonista, afastándose da zona monumental de Cambados, e nela poderase ver a desembocadura do río Ulla maila ría de Arousa ata a Illa de Sálvora, desenvolveranse visitas ás ruínas de Santa Mariña e ao Museo Etnográfico do Viño… Ademais, desenvolveranse actividades paralelas como un xogo de identificación de flora e fauna e demais elementos de importancia arquitectónica, etnográfica e de interese medioambiental.
O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.
A ruta de Cambados, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017. Posteriormente desenvolveranse outras tres rutas nos meses de setembro e outubro, a primeira delas nas Illes Cíes, a segunda en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, en Soutomaior.
As persoas interesadas en participar nesta andaina de balde, que terá lugar o 9 de xullo, poden inscribirse a partir deste luns 26 e ata o vindeiro 5 de xullo no seguinted enlace http://www.depo.es/depo-andainas/cambados-sendeiro-natural-da-pastora-umia





20.6.17

ABERTO O PLAZO PARA APUNTARSE NAS ACTIVIDADES PARA NENOS NO VERÁN DO CONCELLO DE CAMBADOS












A Biblioteca Municipal Luís Rei ten xa preparada unha completa programación de actividades infantís, este ano baixo o nome “Saborea o verán!” que como cada verán terá lugar entre os meses de xullo e agosto.


O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións. Trátase dun nutrido abano de obradoiros e xogos que se desenvolverán polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.  

Como todos os anos haberá actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías, “EnREDamos cos ordenadores”, para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía.

Tamén terá lugar un obradoiro para o achegamento á lingua inglesa (“English and fun!”).
Do mesmo xeito, con “Repasamos no verán”, tamén haberá hoco para o repaso e o apoio escolar.
Asimesmo, o obradoiro “L-emos!” dinamizará o hábito á lectura en papel e coas novas tecnoloxías, para lectores principiantes, todavía coa “L”.
Outra aposta importante será a creatividade nos traballos manuais, empregando diferentes técnicas en “Creamos cas mans!”.
Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:
-Sesión de Divermaxia con A illa dos nenos, o martes 8 de agosto para todos os públicos ata completar aforamento.
-Obradoiro Libros, imaxes curtametraxes !, os martes 22 e 29 de agosto, para achegar aos rapaces o mundo da creación cinematográfica. A inscrición é de balde ata cubrir as prazas (para rapaces e rapazas a partir de 10 anos).
Para ampliar a oferta, tamén se propoñen os seguintes obradoiros de pago:

-Xadrez, os venres.
-“Pequechefs de conto!” con receitas baseadas nos contos, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os mércores de xullo e agosto.
-“Pintura creativa con Emérita Méndez”, que levará a cabo todos os luns de agosto.
-Robótica-Lego Educación, os xoves.



As inscricións para estas actividades realizaranse do luns 19 de xuño ao 29 de xuño. Os interesados poden achegarse pola mañá en horario de 10.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada.

Así mesmo recordade que nas diferentes casas de cultura de Corvillón, Castrelo, Vilariño e Oubiña, os técnicos de cultura do Concello desenvolverán actividades semellantes durante as referidas datas de xullo e agosto.

Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Víctor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a apuntarse para gozar dun verán entre libros e diversión.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.









16.6.17

PRESENTADO O "ATLANTIC FEST" DA ILLA













Esta mañán foi presentado o Atlantic Fest, que celebrará a súa segunda edición do 30 de xuño ao 2 de xullo na Illa de Arousa. Tras a boa experiencia do ano pasado, volven organizar conxuntamente o mercado GalicianTunes, unha carpa de expositores e showcases que de novo formará parte do programa de actividades.
A oferta completa foi presentada nun acto desenvolvido no Auditorio Municipal e no Centro de Interpretación da Conserva da localidade arousá coa participación do alcalde da Illa, Carlos Iglesias; a presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, Carmela Silva; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director do festival, Antonio Caneda, e os representantes do resto das entidades patrocinadoras e colaboradoras.
Paisaxe e música
Na súa intervención, Sutil subliñou os ingredientes que fan deste festival unha iniciativa chamada a ter continuidade como cita destacada no mapa galego de festivais de música: “Un marco natural valioso paisaxística e culturalmente, unha organización e unha xestión altamente profesionalizada e unha carteleira artística de primeira liña, coa presenza de figuras de talle nacional e internacional, pero sen perder de vista a promoción da música que se está a facer na actualidade en Galicia e o apoio á difusión dos seus intérpretes”, asegurou.
Así, no cartel que se despregará tanto no escenario da praia do Bao, como noutros puntos da Illa como o Auditorio Municipal, a Praza de Abastos e as propias rúas da localidade, figuran Los Planetas, Lori Meyers, The Temper Trap, Maxïmo Park, Delorean, L.A., Annie B. Sweet, Joe Crepúsculo e Rosalía & Raül Refree, entre outras bandas, xunto cos galegos Os Amigos dos Músicos, Electric Feels, Sen Senra, Puma Pumku, Dois, Esposa, Mounqup e Kings of the Beach.
Espazo de encontro para o sector musical
O director da Agadic explicou que a colaboración da Xunta co Atlantic Fest materialízase a través de GalicianTunes, a marca para a difusión exterior da música feita en Galicia, que conta xa con 400 artistas e grupos rexistrados na súa plataforma dixital. “Seguimos a contribuír, deste xeito, á fundación dun novo espazo de encontro para o sector musical galego, no que se darán cita empresas e profesionais desde os stands que estarán dispostos nunha carpa no recinto do festival, carpa que este ano muda e mellora en situación e dimensións, e na que tamén haberá lugar para un programa de charlas e de showcases”, continuou.
Estas actuacións na carpa GalicianTunes estarán prortagonizadas por bandas emerxentes, como Komodo e Audionave –dúas das gañadoras do concurso de maquetas dos Estudios Mans–, xunto con Antilia, Doen, Víctor Coyote e Mecanismo Ruso.





15.6.17

FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE XIMNASIA RÍTMICA GRAND JETÉ












A escola de ximnasia rítmica Grand Jeté celebra este domingo 18 de xuño, ás 18:00 horas no Pombal, o seu festival de fin de curso. A entrada ao evento é de balde.
Esta escola foi fundada no 2015 en Cambados, e actualmente imparte clases, entre os 3 e os 15 anos, nos seguintes centros: CEIP de Corvillón, CPI O Progreso de Catoira, CAD Gato Negro de Carril, Dojo Berserkers de Vilagarcía, CEIP Viñagrande Deiro, Club de Competición en Cambados e Escolas de iniciación en Cambados.





13.6.17

V CONCENTRACIÓN "O MELLOR DE CADA CASA"












O vindeiro sábado 24 e domingo 25 de Xuño o municipio de Cambados acollerá a celebración da IV Concentración O Mellor de Cada Casa. Os asistentes a este evento que terá lugar no complexo deportivo de O Pombal,  poderán gozar de toda clase de espectáculos. 


O evento contará co seguinte programa:
Sábado 24:
14:00 apertura de inscripcións
17:00 xogos populares
19:00 concurso moto lenta e escape ruidoso
20:30 exhibición acrobática “CAJÖ STUNT”
22:00 cea moteira para inscritos
00:30 ruta nocturna polas rúas da vila cambadesa
01:00 festa nocturna na discoteca GALIMOVIL
Domingo 25:
9:30 almorzo para inscritos
11:30 ruta turística con parada para pincho, polos concellos vecinos
14:00 gran pinchada final, entrega de trofeos e regalos

Realizarase un sorteo de 2 entradas para o Gran Premio de Cheste.




9.6.17

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO URBANO DA PASTORA









Xa está aberto o prazo de inscricións para o XV Campamento Urbano “A Pastora”, que este ano ten por lema “co galego, encontro c@s amig@s”
O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 22 de xuño, ou ata esgotar as prazas (serán cubertas por orde de inscrición) e poderán participar nenos e nenas de primaria (a partir de 1º rematado)
Este campamento celebrarase de luns a venres da última semana de xuño (do 26 ao 30) na Pastora, en horario de 10 a 14:30 horas e contará con diversas actividades como xogos, contos, búsqueda do tesouro, etc. Tamén se realizará unha saída ata a Siradella.
Para máis información e inscripcións, poden acudir á OMIX (centro sociocultural “A Merced”, 1ª planta (av. da Coruña s/n)) ou chamar aos teléfonos 986542663/673533331 de luns a venres entre as 10 e as 14 horas.




5.6.17

CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO, PROTAGONISTA NAS ANDAINAS DA DEPUTACIÓN









A segunda edición das Depo Andainas ofrece 1.500 prazas gratuítas para realizar 5 rutas pola provincia

Carmela Silva subliñou que este ano ofértase unha ruta máis que o ano pasado e actividades complementarias relacionadas co birdwatching, xeocaching, slackline, tiro con arco, identificación de rastros animais e orientación natural
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a posta en marcha da segunda edición das "Depoandainas", un programa que ofrece 1.500 prazas gratuítas para realizar cinco rutas pola provincia de Pontevedra. As rutas seleccionadas para este año percorrerán A Illa de Arousa e O Carreirón (18 de xuño), o sendeiro natural da Pastora-Umia en Cambados (9 de xullo), Vilaboa e as Illas Cíes (10 de setembro), o Camiño de Santiago entre Tui e O Porriño (24 de setembro) e Soutomaior (15 de outubro).
Carmela Silva manifestou a importancia destas rutas que teñen por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e o territorio, as actividades ao aire libre, e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.  O ano pasado, tal e como asegurou a Presidenta provincial, "rexistramos un cheo absoluto, esgotando todas as prazas e cunha longa lista de espera, por iso preparamos unha nova edición con importantes melloras".
Máis polo miúdo Silva manifestou que este ano se ofertan cinco rutas, unha máis que o pasado ano, que executará a empresa Marexada Deporte Lecer e Cultura S.L. por valor de 18.685 €. Amais, ao haber unha nova ruta, tal e como subliñou a Presidenta da Deputación,  "agardamos que participen ata 1.500 persoas, 300 máis que o pasado ano".
Outra das grandes novidades das "Depoandainas" do 2017 son que xiran arredor dos eixos de promoción turística que a institución provincial está a divulgar este ano. Así, "Cambados, Cidade Europea do Viño" e "Cruzando Camiños" terán protagonismo nestas andainas, xunto ao patrimonio natural e cultural. Amais, cada unha das rutas se completará con actividades paralelas, dende birdwatching e fotografías de aves ata xeocaching medioambiental, obradoiros de identificación de rastros animais e orientación natural, tiro con arco e cintas de slackline.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra informou que as persoas interesadas xa se poden inscribir  na primeira "Depoandaina" a partir do 5 de xuño, que terá lugar o 18 de xuño e percorrerá a Illa de Arousa e o Parque Natural do Carreirón. Silva informou que se trata dunha ruta circular de 10 quilómetros con dificultade baixa e unha duración entre 3 e 4 horas durante as cales se pode coñecer o Parque Natural do Carreirón, as praias da Illa, ata chegar á lagoa do Carreirón. Amais, tamén informou a  Presidenta provincial que a andaina se completará con actividades paralelas relacionadas co birdwatching e fotografía de aves a través dun obradoiro para a identificación de paxaros, tanto en voo como en terra, e técnicas de fotografía de aves en voo, medio mariño e terrestre.
A segunda ruta terá lugar o 9 de xullo en Cambados, polo sendeiro natural da Pastora-Umia.  Neste caso a ruta, tamén circular e de dificultade baixa, percorre 7 quilómetros cunha duración entre 3 e 4 horas atravesando Cambados, as ruínas de Santa Mariña, o Museo Etnográfico do Viño e espazos naturais como o río Umia. A actividade paralela desta ruta consiste no xeocaching medioambiental, é dicir, na realización dun xogo por equipos onde os participantes utilizarán o sistema de xeocaptura para identificar flora, fauna e lugares e conceptos de importancia arquitectónica tradicional, etnográfica e de interese medioambiental.
A terceira ruta terá lugar o 10 de setembro e transcorrerá entre Vilaboa, Cangas e as Illas Cíes.  Segundo informou a Presidenta da Deputación, trátase dunha ruta circular de 10 quilómetros e 8 horas de duración que percorre os muíños de Vilaboa, as Salinas do Ulló, e, en Cíes, a ruta do Alto do Príncipe. A actividade paralela desta andaina consistirá nun obradoiro de birdwatching e fotografía de aves.
A cuarta ruta terá lugar o 24 de setembro e transcorrerá  polo Camiño Portugués a Santiago entre Tui e O Porriño. Carmela Silva asegurou que se trata dunha ruta circular de dificultade media – baixa, que percorre 10 quilómetros entre 3 e 4 horas.  A singularidade desta andaina, segundo explicou Silva, é que as monitoras e monitores irán caracterizados como o Apóstolo Santiago. A actividade paralela desta andaina consistirá nun obradoiro de identificación de rastros animais e de orientación natural, empregando signos e métodos como o do reloxo para orientarse e atopar diferentes balizas con rastros animais, ben sexan pegadas, excrementos, marcaxe territorial en flora e fungos, etc.
A última das rutas será xa o 15 de outubro en Soutomaior. A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que se trata tamén dunha ruta circular de dificultade baixa, de 7,2 quilómetros e 3 horas de duración, na que participará "Pedro Madruga" quen acompañará ao grupo tanto no castelo, coma no xardín botánico e en paraxes do concello de Soutomaior. A actividade paralela nesta andaina consistirá na iniciación ao tiro con arco ademais de cintas de slackline.





1.6.17

ACTO SOBRE O HIMNO GALEGO NO CENTENARIO DA MORTE DE PONDAL









Mañán venres 2 de xuño ás 20:30, no Auditorio municipal da Xuventude terá lugar un acto sobre o Himno Galego que está encadrado dentro das actividades culturais das Letras Galegas 2017, organizadas pola Concellaría de Cultura, como celebración do centenario da morte de Eduardo Pondal.
Dito acto será guiado e introducido por Manuel Núñez e nel presentarase o proxecto audiovisual "O Himno por Andrea Pousa", da produtora Queiman e Pousa. Para o desenvolvemento de dito acto contará coa presenza e intervención de Andrea Pousa e o Bruxo Queiman.




23.5.17

VIAXE AS CÍES PARA OS MAIORES DE CAMBADOS











A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión ás Illas Cíes para maiores de 65 anos. A excursión realizarase o vindeiro xoves 15 de xuño.
O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do porto de Tragobe ás 10 da mañá dese día. A viaxe de Cambados a Cíes en barco dura aproximadamente dúas horas, co que se espera atracar no peirao da principal illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas arredor do mediodía.
En Cíes, os excursionistas cambadeses estarán acompañados por varias guías que lles amosarán os encantos destas paradisíacas illas. Está previsto que a comitiva xante no propio restaurante localizado a carón da praia de Rodas, considerada unha das máis fermosas do mundo. O regreso dende Cíes será ás 18:45 horas, chegando a Cambados ás 20:45.

A viaxe é gratuíta e estará sufragada integramente pola partida orzamentaria para a Terceira Idade do Concello de Cambados. O xantar en Cíes correrá por conta dos excursionistas.
As prazas para esta excursión son limitadas. Hai que inscribirse no Concello, no despacho da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, sito na primeira planta da Casa Consistorial. Un requisito indispensable para poder participar desta excursión é estar empadroado en Cambados.  
A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade entende que este tipo de actividades son moi beneficiosas para a saúde física e mental dos nosos maiores. Ademais, moitos deles terán unha oportunidade única para visitar por primeira vez as Illas Cíes, auténtica xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade quere impulsar a realización de actividades saudables para persoas maiores. Por iso, no mes de xullo organizará tamén unha andaina que percorrerá o centro de Cambados.