Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de diciembre de 2014

ARMOUSE O BELÉN




Hoxe convidámolos a visitar un belén dun veciño de Cambados que leva  anos montando o nacemento nun dos comedores do seu Hotel. Cada ano vai incorporando pezas novas e o deste Nadal xa supera unha superficie de 15 metros cadrados e máis dun cento de figuras.

Carmelo  Fernández, o autor e dono deste belén, ten  máis dun cento de figuras sobre unha superficie de máis de 15 metros cadrados. Carmelo leva uns vintecinco anos facéndoo e cada vez inclúe máis novidades. Este ano destaca a presenza do Refugio de Animales ou o Teatro Caracol.


 É un traballo meticuloso para o que Carmelo conta coa axuda da súa familia e de veciños que aportan pezas.

Se queredes velo so tedes que acercarvos polo Hotel "OS PAZOS" de Cambados detrás da igrexa parroquial, e poderedes contemplalo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.