CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta DEPUTACION. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEPUTACION. Amosar todas as publicacións

19.7.17

A DEPUTACIÓN CONCEDE A CAMBADOS 30.000 € DENTRO DO "PLAN CONCELLOS"











A Deputación de Pontevedra destina 30.000 euros a Cambados no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 74,50% o total destinado a Cambados dentro do Plan, cun investimento situado en máis de 688.000 €

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 30.000€ para a instalación dun colector de saneamento e cunetas de pluviais en Cortiñas de Abaixo, en Corbillón.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 311.934,87 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, para o parque infantil de Beleco, para rematar as melloras das beirarrúas da avenida de Vilariño, para dotar de infraestruturas aos núcleos de Veiga e Fonte do Couto, para dotar de mobiliario as oficinas municipais, para facer un traslado do servidor do concello e a súa páxina web, para mellorar o acceso aos colexios de A Pastora e Os Olmos e para a construción dun muro no colexio de Corvillón. Amais tamén se destinara 138.554,85 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 € cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 74,50% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 688.055,70 euros dun total de preto de 925.000 €.




12.7.17

MÁIS DE 200 PERSOAS FIXERON A "DEPO-ANDAINA" POR CAMBADOS










Máis de 200 persoas participaronn en Cambados na segunda xornada de "Depo Andainas"
O percorrido polo sendeiro natural da Pastora-Umia, en Cambados, foi un novo éxito do programa organizado pola Deputación de Pontevedra

Un total de 217 persoas participaron este domingo na segunda ruta de "Depo Andainas 2017". A primeira parada desta segunda edición do programa impulsado pola Deputación de Pontevedra fora a Illa de Arousa e nesta ocasión o protagonismo foi para Cambados, co sendeiro natural da Pastora-Umia. Esta ruta, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017. 

A lúdica xornada comezou ás 09.00h coa chegada dos máis de 200 persoas participantes nesta actividade de balde que está a ter tan boa acollida. Antes de iniciar a andaina, tódolos participantes puideron coller forzas no Mirador do Monte da Pastora cun biscoito de chocolate cortesía da organización. Así, a andaina comezou ás 09.30h, dividindo aos participantes en dous grupos dependendo do seu nivel. Así, puideron escoller facer a andaina a un paso máis lento, ou facela no grupo rápido, con un ritmo maior. De tódolos xeitos os máis de 200 participantes puideron facer todo o percorrido e visitar os principais puntos de interese do camiño, onde se fixo unha breve explicación de cada un deles. O Monte A Pastora e Ermita da Pastora, as ruínas de Santa Mariña Dozo, a Casa Ricoi (Museo Etnográfico e do viño), a Torre de San Sadurniño, a desembocadura do Umia, espazo natural protexido, e a Marisma do Umia foron os lugares de interese.
A actividade rematou pasadas ás 13.00h, tras máis de 3 horas e media de andaina, e fíxoo coa degustacións dunhas empanadas que permitiron aos participantes repoñer forzas tras completar os sete quilómetros de percorrido que ten o sendeiro Pastora-Umia.

O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

A próxima actividade de "Depo Andainas" celebrarase o 10 de setembro e nela visitarase Vilaboa e as Illas Cíes. De cara a esta terceira xornada do programa da Deputación de Pontevedra as inscricións abriranse o día 28 de agosto. Posteriormente, desenvolveranse dúas rutas máis, unha en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, a outra en Soutomaior







9.7.17

A DEPUTACIÓN APROBA AS BASES DE SUBVENCIÓNS AO DEPORTE POR 450.000€











Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas no ano 2017. Carmela Silva destacou que o investimento para estas axudas é de 450.000€, o que supón un 90% máis que no 2015.
A presidenta subliñou que, ó igual que o ano pasado, estas subvencións destinadas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro “se outorgan polo réxime de concorrencia competitiva, con criterios fixos e obxectivos, ao contrario do que se facía no anterior goberno, que as adxudicaba a dedo”
Para a concesión das subvencións teranse en conta os seguintes criterios: número de deportistas ou equipos participantes, ámbito territorial, número de xornadas, antigüidade e consolidación do evento, inclusión do evento no calendario oficial de competicións, presuposto de gastos e ingresos do evento e aportación económica da propia entidade á financiación do evento.
Silva comentou que “cumprimos o obxectivo que nos marcamos de presentar estas bases no mes de xullo, posto que foi  recomendación dos técnicos para adecuar os tempos ás necesidades dos clubs e entidades deportivas”.
Este programa de axudas para a financiación de campionatos e eventos deportivos serviu no ano 2016 para que se beneficiaran das axudas da Deputación 179 entidades de máis de 40 concellos da provincia de Pontevedra.





3.7.17

EXPOSICIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A ESCALA










Desde este vindeiro martes 4 de Xullo e ata o 23 permanecerá aberta a exposición "FASQUÍAS" de embarcacións tradicionais a escala na Confraría de Pescadores de Cambados e que integra nos actos do centenario da mesma.

"Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala" é o título da exposición sobre embarcacións tradicionais galegas que a partir do 29 de xuño se poderá ver en Combarro e que percorrerá 6 concellos da provincia con motivo do Ano do Patrimonio. Esta mostra está composta por 18 maquetas de barcos, de diversos tamaños e que corresponden a diferentes tipoloxías, e 13 paneis explicativos.

Esta exposición vai acompañada por unha pequena publicación que leva por título Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación en colaboración con Culturmar e A Citania. Esta guía recolle unha vintena de embarcacións tradicionais tanto de río como de mar e que son as máis comúns nas exposicións e nos encontros deste tipo. Inclúe ademais un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición das carpinterías de ribeira.

Mañá martes ás 20:00 no salón da Confraría de Pescadores de Cambados, será inaugurada a exposición de maquetas de embarcacións tradicionais, Fasquías, dentro dos actos do "Centenario" nos que Concello e Deputación están a colaborar. A inauguración irá acompañada dunha actuación de Xurxo Souto co seu espectáculo "Océano para terrícolas".




ACTIVIDADES SMARTPEME DO MES DE XULLO













O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO CINCO

CURSOS EN XULLO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS


SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia
O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de xullo, cinco obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. SmartPeme ofértalles ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de persoas empresarias e de mozas e mozos autónomos.

28.6.17

A DEPUTACIÓN COMEZA O TRABALLO DE PINTADO DE ESTRADAS PROVINCIAIS NO SALNÉS









A Deputación executa os traballos de sinalización horizontal das estradas provinciais no Salnés

O orzamento da actuación, segundo anuncia o deputado Uxío Benítez, é de 49.274,40 euros para realizar máis de 86 quilómetros de pintados na zona

A Deputación de Pontevedra está a traballar esta semana no pintado da nova sinalización horizontal nas estradas provinciais da comarca do Salnés. Os traballos contratados pola institución provincial renovarán 193,6 quilómetros de sinalización  que ascenden a investimento de 129.932,36 euros.

O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade, no que están inmersas estas actuacións no Salnés, beneficiará a 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede da Deputación, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados. Tivo un orzamento xenérico de saída de 1,7 millóns de euros e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros.

A mellora da sinalización horizontal, segundo asegura o deputado Uxío Benítez, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave. O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.

Na última semana a empresa adxudicataria do lote correspondente á comarca do Salnés estivo a traballar na EP-9402 Mosteiro-Barrantes e EP-9405 Sanxenxo-Meaño en Meis, na EP-9505 do ramal da igrexa de Barrantes en Ribadumia e na EP-9802 da estrada das Aceñas na Illa de Arousa.  Dada a climatoloxía prevista para os próximos días realizaranse traballos de replantexamento noutras estradas e despois entrarase na comarca de Caldas, polo mesmo concello de Caldas.

Na comarca do Salnés o plan de mellora da sinalización horizontal suporá o pintado de 193,6 quilómetros de sinalización horizontal en 22 vías. O concello de Cambados verá pintadas catro estradas provinciais (21,8 qm.), o de o Grove unha (5,8 qm.), o de Sanxenxo cinco (50,8 qm.), dous o de Meaño (26,8 qm.), catro o de Meis (63,7 qm.), tres o de Ribadumia (12 qm.), unha o de Vilagarcía (4,9 qm.) e dúas a Illa de Arousa (7,8 qm.).








CAMBADOS ACOLLE O 3º ENCONTRO DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN











Cambados acolle este xoves o terceiro encontro 2017 de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra

O servizo, que asiste a 450 usuarios de 47 concellos da provincia, atendeu o ano pasado 5.000 chamadas de emerxencia e inclúe tamén un programa de prevención do suicidio


O Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados acollerá mañá, xoves 29 de xuño, a "III xornada de convivencia" do 2017 de usuarios e usuarias do Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra, que pretende ofrecer un día de ocio e lecer alternativo para estas persoas, que rache coas súas rutinas diarias, e no que tamén poidan aproveitar para intercambiar experiencias e problemáticas comúns polas que sen ven afectadas.

A actividade, á que asistirán a deputada de Cohesión Social Digna Rivas e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, está dirixida aos usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia dos concellos de Cambados, O Grove, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa e contará cun espectáculo de maxia e animación a cargo do Mago Noel, globoflexia e música, todo acompañado por un pequeno ágape.

O obxectivo fundamental do servizo de teleasistencia da Deputación é permitir a permanencia das persoas usuarias no seu medio de vida habitual e o contacto permanente co seu entorno socio-familiar, evitando o illamento social, a soidade e asegurando a intervención inmediata ante situacións críticas, o que repercute moi positivamente na calidade de vida destas persoas.

Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só  pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ó día e 365 días ó ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema. Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de "mans libres" dos teléfonos móbiles.

Ademais do seguimento teleasistido e as xornadas de convivencia, o programa inclúe visitas regulares aos usuarios e usuarias co obxectivo de acompañar a estas persoas e así minimizar o sentimento de soidade e illamento ao que moitas se ven abocadas. No ano 2016 o servizo efectuou destas 276 visitas de seguimento, que se sumaron ás que se realizan habitualmente para a resolución de diversas incidencias.







26.6.17

OS #RÍASBAIXASFESTS PROMOVERÁN A IGUALDADE E A RECICLAXE











A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe en rolda de prensa os eixos transversais dos 8+1 Festivais Rías Baixas, que versan nas materias de Igualdade e sustentabilidade, nun acto que contou coa actuación musical da artista Mounqup e ao que tamén asistiron o deputado delegado de Turismo Rías Baixas, Santos Héctor Rodríguez, e alcaldes, alcaldesas, concelleiras e concelleiras dos municipios nos que teñen lugar os festivais. Trátase de dúas liñas de actuación que, sinalou a Presidenta provincial, "teñen que estar presentes sempre en cada acción porque fala da nosa calidade como provincia".

Por unha banda, Carmela Silva presentou a estratexia dos #RíasBaixasFests en materia de Igualdade agradecendo "o compromiso dos promotores e promotoras dos Festivais, xa que non pode haber un mellor marco que o dos Festivais onde participan desde nenas e nenos ata persoas maiores, xa que hai unha gran idea que vai ser un gran paraugas para todo tipo de públicos".

 Deste xeito, Carmela Silva sinalou que "desde a Deputación de Pontevedra promovemos que haxa unha presenza equilibrada de mulleres e homes na oferta artística", de maneira que "cada un deles terá que ter como mínimo un 40% de representación feminina nos seus carteis. Hai festivais que van ter case o 100%, cousa que non está nada mal tendo en conta os séculos que levamos de invisibilidade". Carmela Silva, ademais, lembrou que non nos conformamos con iso, xa que tamén impulsamos a garantía da igualdade salarial? en todas as categorías profesionais. Deste xeito, a institución provincial loita contra "a brecha salarial que fai que, aínda a día de hoxe, as mulleres recibamos máis dun 20% menos que os homes por desenvolver exactamente as mesmas tarefas que eles", lembrou a Presidenta.

A Presidenta provincial tamén sinalou a inclusión da perspectiva de xénero en todas as accións e estratexias de comunicación dos Festivais Rías Baixas, que deberán empregar "linguaxe inclusivo e non sexista" e, ademais, deberán ter a Igualdade presente en todos os contidos, "non soamente nos de texto, senón tamén nas imaxes ou ilustracións que os acompañen", sinalou Silva. A Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que a través destas accións "pretendemos potenciar a ruptura de estereotipos de xénero e visibilizar todo o que as mulleres achegan á industria musical". Por último, Carmela Silva sinalou a inclusión da campaña institucional dirixida a erradicar as violencias machistas, "Lembra! Eu decido, ti respectas".

Ademais, a Deputación tamén impulsa, no campo da sustentabilidade, unha campaña de recollida de residuos baixo o lema "#RíasBaixasFests + sostibles. Recolle, reutiliza, recicla", que busca, sinalou Carmela Silva, "que a cidadanía adquira un compromiso co medio ambiente a través da concienciación ás persoas asistentes da correcta xestión dos residuos que se xeran neste tipo de eventos", co feito engadido de que "ademais de que acoden máis de 200.000 persoas, os Festivais Rías Baixas teñen lugar en lugares singulares, de gran beleza paisaxística e importancia patrimonial, polo que temos todas e todos que ser especialmente sensibles co respecto que merecen estas localizacións".


Deste xeito, ademais de que todos os festivais van contar con numerosos colectores de lixo, perfectamente identificados cada un deles e espallados por todos os recintos, haberá informadoras e informadores ambientais, unha especie de "voluntariado verde" ou "eco-patrulla" que van reforzar o compromiso por converter os Festivais Rías Baixas en eventos sustentables, sustentables e respectuosos co medio ambiente. Estas persoas, que estarán identificadas en todo momento, sensibilizarán ao público asistente sobre o respecto á contorna, incentivándoos e incentivándoas a participar na reciclaxe de residuos e tamén poderán premiar a aquelas persoas cuxo comportamento na recollida de residuos sexa exemplar, entregándolles produtos de merchandising dos Festivais Rías Baixas

A Presidenta provincial sinalou que "con este acto, ademais, queremos dar o pistoletazo de saída dos Festivais Rías Baixas, que comezan leste mesmo venres co AtlanticFest". Carmela Silva volveu aplaudir esta iniciativa porque ?non temos que defender o individual, senón que cando sumamos sinergías o colectivo permite que individualmente crezamos máis e mellor?, e asegurou que ?parte do seu valor reside en que teñen un compromiso co crecemento e a actividade económica, promoven o emprego, a nosa Cultura de onte, de hoxe e de mañá". Carmela Silva tamén agradeceu aos concellos que acollen os #RíasBaixasFests porque, asegurou, "souberon ver que promover a música e as industrias que viran ao redor dela é un elemento de futuro para os seus concellos e para o conxunto da provincia".


Fonte:Val MiñorTV









CAMBADOS RECIBE 35.000 € PARA ACOMETER VARIAS OBRAS


Plan Concellos






A Deputación destina 35.000 euros a Cambados no marco do "Plan 

Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 71,24% do total destinado a Cambados dentro do Plan, cun investimento situado en máis de 658.000 €
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará 35.000€ para a mellora de acceso os colexios de A Pastora e Os Olmos e para a construción dun muro no colexio de Corvillón.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 276.934,87 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, para o parque infantil de Beleco, para rematar as melloras das beirarrúas da avenida de Vilariño, para dotar de infraestruturas aos núcleos de Veiga e Fonte do Couto, para dotar de mobiliario as oficinas municipais e para facer un traslado do servidor do concello e a súa páxina web. Amais tamén se destinara 138.554,85 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 € cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 71,24% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 658.055,70 euros dun total de preto de 925.000 €.






ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS NA "DEPO ANDAINA" POR CAMBADOS








Depo Andainas





O prazo de inscricións na segunda das "Depo Andainas" por Cambados abre este luns 26 de xuño

Nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra poderán participar 300 persoas que coñecerán a cultura vitivinícola da vila o vindeiro 9 de xullo
Este luns 26 de xuño abre o prazo de inscricións para todas as persoas interesadas en asistir gratuitamente á vindeira ruta das "Depo Andainas". A segunda parada deste ciclo, que comezou pola Illa de Arousa e O Carreirón o 18 de xuño, chegará nesta ocasión ao sendeiro natural da Pastora-Umia en Cambados, o vindeiro 9 de xullo. Nesta actividade poderán participar un total de 300 persoas.
A andaina comezará ás 9:30 horas desde o Monte da Pastora e terá unha duración de catro horas cun percorrido de arredor de sete quilómetros, con dificultade baixa. A ruta terá a cultura vitivinícola como protagonista, afastándose da zona monumental de Cambados, e nela poderase ver a desembocadura do río Ulla maila ría de Arousa ata a Illa de Sálvora, desenvolveranse visitas ás ruínas de Santa Mariña e ao Museo Etnográfico do Viño… Ademais, desenvolveranse actividades paralelas como un xogo de identificación de flora e fauna e demais elementos de importancia arquitectónica, etnográfica e de interese medioambiental.
O programa "Depo Andainas", que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.
A ruta de Cambados, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017. Posteriormente desenvolveranse outras tres rutas nos meses de setembro e outubro, a primeira delas nas Illes Cíes, a segunda en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, en Soutomaior.
As persoas interesadas en participar nesta andaina de balde, que terá lugar o 9 de xullo, poden inscribirse a partir deste luns 26 e ata o vindeiro 5 de xullo no seguinted enlace http://www.depo.es/depo-andainas/cambados-sendeiro-natural-da-pastora-umia





23.6.17

PARTIDO DAS SELECCIÓNS NORTE-SUR ESTE DOMINGO EN CAMBADOS








domingo, o fútbol feminino terá o seu momento destacado na programación de Cambados, Cidade Europea do Viño. Ás 12.30 horas, coa ollada posta en Burgáns, onde todos os que o desesxen poderán gozar do primeiro partido entre unha selección de Galicia Norte e un combinado de Galicia Sur, formado polas mellores futbolistas do país de todas as categorías. 

Lembra!!!

Este domingo achégate ata o Municipal de Burgáns para desfrutar do mellor fútbol galego femenino.
A partir das 12:30 terá lugar o partido que enfrontará ás seleccions galegas Norte-Sur e que contará coas mellores xogadoras galegas.








21.6.17

UNHA EXPOSICIÓN DE MAQUETAS DE BARCOS CHEGARÁ A CAMBADOS EN XULLO











A exposición sobre maquetas de barcos do Ano do Patrimonio inicia a súa andaina en Combarro
Está composta por 18 maquetas que reproducen embarcacións tradicionais galegas e poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio

"Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala" é o título da exposición sobre embarcacións tradicionais galegas que a partir do 29 de xuño se poderá ver en Combarro e que percorrerá 6 concellos da provincia con motivo do Ano do Patrimonio. Esta mostra está composta por 18 maquetas de barcos, de diversos tamaños e que corresponden a diferentes tipoloxías, e 13 paneis explicativos. En Combarro poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, na Praza da Chousa, durante as catro xornadas do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Despois de Combarro, esta mostra pasará por Cambados, Bueu, A Illa de Arousa, Vigo e O Grove. Esta exposición vai acompañada por unha pequena publicación que leva por título Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación en colaboración con Culturmar e A Citania. Esta guía recolle unha vintena de embarcacións tradicionais tanto de río como de mar e que son as máis comúns nas exposicións e nos encontros deste tipo. Inclúe ademais un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición das carpinterías de ribeira. A mostra tamén inclúe unha actividade complementaria de narración oral e música que correrá a cargo do músico e escritor Xurxo Souto o venres 29 ás 20:30 e que se realizará a bordo do Joaquín Vieta.

No marco do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a Deputación tamén colabora coa impresión da revista Ardentía e con diversas actuacións musicais programadas nesas catro xornadas, fundamentalmente, a cargo do programa Pontegal. O sábado 1 de xullo ás 12h na Escola do Campo, o deputado de Cultura e Lingua acompañará ao fotógrafo Xurxo Lobato na presentación do libro de fotografía Vento nas velas.






19.6.17

NOVO CURSO SMARTPEME CAMBADOS - SÁCALLE PARTIDO Á TÚA CONTA DE GMAIL











Data Inicio: 21/06/2017 19:00  
Data Fin: 21/06/2017 21:00Duración: 2:00
Organizado por: 
Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Solución: 
Ofimática e Utilidades
 
  
 
Neste obradoiro aprenderemos a sacarlle moito máis partido á nosa conta de Google, xa que non só é unha conta de correo baixo o dominio gmail.com, senón que desde a versión web de Gmail se poden xestionar todas as contas de correo que queiramos, incluso as corporativas da nosa organización. 
Ademais, esta ferramenta pode ser a nosa base de datos de clientes, xa que dispón dunha axenda de contactos moi áxil e robusta. Todo isto está accesible a través da nube, desde calquera parte e en calquera momento.

Índice de contidos
• A miña conta de correo de Gmail
• Gmail versión web como xestor de contas de correo electrónico Configuro para recibir e enviar correos desde as contas que queira
• Xestiono os meus emails de empresa
• Configuro as miñas firmas corporativas nos correos
• Axenda de contactos que me facilita a comunicación con provedores e clientes
• Configuración de contas en IOS e Android

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse






17.6.17

O MARTES DISPÚTASE EN CAMBADOS A FINAL DA COPA DIPUTACIÓN DE FÚTBOL FEMININO











O Arousana e o Sárdoma medirán as súas forzas en Cambados na final da Copa de Fútbol Feminino da Deputación de Pontevedra
O campo de Burgáns acollerá o encontro que será retransmitido dende a páxina web da institución provincial

A gran final da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol feminino xa ten nomes propios, despois que na xornada de onte se xogase a semifinal da zona Sur entre os equipos do Sárdoma e do Matamá. Coa vitoria do Sárdoma por 4 goles a 2 xa se coñece o rival do Atlético Arousana, gañador da semifinal da zona Norte o pasado domingo.

O Arousana e o Sárdoma enfrontaranse o martes día 20 ás 21:15 horas no campo de Burgáns en Cambados, dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017 "Pola Igualdade", nun partido que será retransmitido vía streaming  na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es. O encontro contará coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a deputada de Deportes, Chelo Besada e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, entre outras autoridades.

A primeira semifinal da zona Norte xogouse o pasado domingo 11 no campo de Barrantes entre o Atlético Arousana e o Umia cun resultado de 3 goles a un a favor do equipo de Vilagarcía.

Na segunda semifinal da zona Sur, disputada onte no campo das Relfas, entre o Matamá e o Sárdoma o resultado foi de 4 goles a 2 na rolda de penaltis.







12.6.17

CAMBADOS RECIBE DA DEPUTACIÓN PRETO DE 130.000€ DO PLAN CONCELLOS











A Deputación de Pontevedra destina preto de 130.000 euros a Cambados no marco do "Plan Concellos 2017"

A institución provincial leva entregado o 67% do total destinado a Cambados dentro do Plan, cun investimento situado en máis de 620.000 €
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, a través de sendas resolucións presidenciais, cinco novas achegas ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará as seguintes cantidades: 35.000 € para o parque infantil de Beleco, 30.000 € para rematar as melloras das beirarrúas da avenida de Vilariño, 24.222,73 euros para dotar de infraestruturas aos núcleos de Veiga e Fonte do Couto, 20.000 € que permitirán dotar de mobiliario as oficinas municipais e, por último, outros 20.000 euros que permitirán facer un traslado do servidor do concello e a súa páxina web. En total, a suma destas cinco achegas supoñen un investimento de 129.222,73 euros.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Cambados outros 147.712,14 euros en liña 1 para a humanización das rúas Ourense e Pontevedra, 138.554,85 € en liña 2 para o pagamento de gastos correntes dos seus servizos municipais e para as actividades do Samaín, o Magosto, o Nadal, a Semana Santa, a Festa da Vieira, as Letras Galegas, a Festa dos Maios e o Entroido e, finalmente, 207.565,98 € cos que Cambados puido contratar a 30 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 67,4% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 623.055,70 euros dun total de preto de 925.000 €.






5.6.17

O SALNÉS RECIBE DA DEPUTACIÓN MÁIS DE 32.000€ PARA A DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA











Trinta e nove concellos e a entidade local menor de Queimadelos beneficarios das axudas para normalización e dinamización lingüística

Esta liña de axudas financia programas de dinamización da lingua galega e servizos de normalización por un importe total de 200.000 euros
O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando aos 39 concellos e á Entidade Local Menor de Queimadelos a aprobación das súas solicitudes ao abeiro da liña de axudas para dinamización lingüística. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada nesta lexislatura e convocada neste exercicio por segunda vez e contempla dúas opcións, ou ben a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua.
A maioría das entidades solicitantes optaron polos programas de dinamización da lingua, un total de 35, mentres que 5 solicitaron axuda para o servizo de normalización. En total, esta liña de axudas, distribuirá 200.000 euros entre todos os concellos cuxas solicitudes foron aprobadas. Esta liña de subvencións ía dirixida a concellos e entidades locais menores da provincia de Pontevedra, ata un máximo de 50.000 habitantes.
 Na comarca do Salnés o conxunto das axudas ascende a 32.427,62 euros, para un total de 5 solicitudes. Os concellos de Vilagarcía de Arousa e O Grove solicitaron para mantemento do servizo de normalización lingüística; e os concellos de Cambados, Ribadumia, e Sanxenxo solicitaron para programas de dinamización.




CAMBADOS, CIDADE EUROPEA DO VIÑO, PROTAGONISTA NAS ANDAINAS DA DEPUTACIÓN









A segunda edición das Depo Andainas ofrece 1.500 prazas gratuítas para realizar 5 rutas pola provincia

Carmela Silva subliñou que este ano ofértase unha ruta máis que o ano pasado e actividades complementarias relacionadas co birdwatching, xeocaching, slackline, tiro con arco, identificación de rastros animais e orientación natural
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer a posta en marcha da segunda edición das "Depoandainas", un programa que ofrece 1.500 prazas gratuítas para realizar cinco rutas pola provincia de Pontevedra. As rutas seleccionadas para este año percorrerán A Illa de Arousa e O Carreirón (18 de xuño), o sendeiro natural da Pastora-Umia en Cambados (9 de xullo), Vilaboa e as Illas Cíes (10 de setembro), o Camiño de Santiago entre Tui e O Porriño (24 de setembro) e Soutomaior (15 de outubro).
Carmela Silva manifestou a importancia destas rutas que teñen por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e o territorio, as actividades ao aire libre, e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.  O ano pasado, tal e como asegurou a Presidenta provincial, "rexistramos un cheo absoluto, esgotando todas as prazas e cunha longa lista de espera, por iso preparamos unha nova edición con importantes melloras".
Máis polo miúdo Silva manifestou que este ano se ofertan cinco rutas, unha máis que o pasado ano, que executará a empresa Marexada Deporte Lecer e Cultura S.L. por valor de 18.685 €. Amais, ao haber unha nova ruta, tal e como subliñou a Presidenta da Deputación,  "agardamos que participen ata 1.500 persoas, 300 máis que o pasado ano".
Outra das grandes novidades das "Depoandainas" do 2017 son que xiran arredor dos eixos de promoción turística que a institución provincial está a divulgar este ano. Así, "Cambados, Cidade Europea do Viño" e "Cruzando Camiños" terán protagonismo nestas andainas, xunto ao patrimonio natural e cultural. Amais, cada unha das rutas se completará con actividades paralelas, dende birdwatching e fotografías de aves ata xeocaching medioambiental, obradoiros de identificación de rastros animais e orientación natural, tiro con arco e cintas de slackline.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra informou que as persoas interesadas xa se poden inscribir  na primeira "Depoandaina" a partir do 5 de xuño, que terá lugar o 18 de xuño e percorrerá a Illa de Arousa e o Parque Natural do Carreirón. Silva informou que se trata dunha ruta circular de 10 quilómetros con dificultade baixa e unha duración entre 3 e 4 horas durante as cales se pode coñecer o Parque Natural do Carreirón, as praias da Illa, ata chegar á lagoa do Carreirón. Amais, tamén informou a  Presidenta provincial que a andaina se completará con actividades paralelas relacionadas co birdwatching e fotografía de aves a través dun obradoiro para a identificación de paxaros, tanto en voo como en terra, e técnicas de fotografía de aves en voo, medio mariño e terrestre.
A segunda ruta terá lugar o 9 de xullo en Cambados, polo sendeiro natural da Pastora-Umia.  Neste caso a ruta, tamén circular e de dificultade baixa, percorre 7 quilómetros cunha duración entre 3 e 4 horas atravesando Cambados, as ruínas de Santa Mariña, o Museo Etnográfico do Viño e espazos naturais como o río Umia. A actividade paralela desta ruta consiste no xeocaching medioambiental, é dicir, na realización dun xogo por equipos onde os participantes utilizarán o sistema de xeocaptura para identificar flora, fauna e lugares e conceptos de importancia arquitectónica tradicional, etnográfica e de interese medioambiental.
A terceira ruta terá lugar o 10 de setembro e transcorrerá entre Vilaboa, Cangas e as Illas Cíes.  Segundo informou a Presidenta da Deputación, trátase dunha ruta circular de 10 quilómetros e 8 horas de duración que percorre os muíños de Vilaboa, as Salinas do Ulló, e, en Cíes, a ruta do Alto do Príncipe. A actividade paralela desta andaina consistirá nun obradoiro de birdwatching e fotografía de aves.
A cuarta ruta terá lugar o 24 de setembro e transcorrerá  polo Camiño Portugués a Santiago entre Tui e O Porriño. Carmela Silva asegurou que se trata dunha ruta circular de dificultade media – baixa, que percorre 10 quilómetros entre 3 e 4 horas.  A singularidade desta andaina, segundo explicou Silva, é que as monitoras e monitores irán caracterizados como o Apóstolo Santiago. A actividade paralela desta andaina consistirá nun obradoiro de identificación de rastros animais e de orientación natural, empregando signos e métodos como o do reloxo para orientarse e atopar diferentes balizas con rastros animais, ben sexan pegadas, excrementos, marcaxe territorial en flora e fungos, etc.
A última das rutas será xa o 15 de outubro en Soutomaior. A Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que se trata tamén dunha ruta circular de dificultade baixa, de 7,2 quilómetros e 3 horas de duración, na que participará "Pedro Madruga" quen acompañará ao grupo tanto no castelo, coma no xardín botánico e en paraxes do concello de Soutomaior. A actividade paralela nesta andaina consistirá na iniciación ao tiro con arco ademais de cintas de slackline.





4.6.17

ACTIVIDADE SMARTPEME O MARTES










Data Inicio: 06/06/2017 19:00  
Data Fin: 06/06/2017 21:00Duración: 2:00
Organizado por: Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Solución: Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS)

Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas.

Índice de contidos
• Introdución ao E-mail Marketing
• Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing
• Deseño en E-mail Marketing
• Ferramentas
• Recomendacións para crear campañas perfectas

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse.