A Consellería de Sanidade decidiu incluir ao Concello de Cambados entre os municipios con restriccións especiais para frear o avance da COVID-19.
Hoxe ao mediodía, dende a xerencia do SERGAS comunícaselle ao Concello de Cambados que a partires das doce da noite o Concello de Cambados entra en restricións por motivos sanitarios. As novas restriccións decretadas pola Consellería de Sanidade para frear os contaxios sairán publicadas no DOGA de mañá.
As medidas entrarán en vigor esta medianoite e limitan os aforos en hostelelería, comercios e reunións de persoas.
Será a partires desta media noite cando entren en vigor.
Cambados ten 22 contaxios positivos de COVID e 27 persoas en contacto directo pendentes dos resultados das PCR.
As medidas son as seguintes:
–Límite de reunións entre non conviventes a un máximo de dez persoas independentemente de que teñan lugar en espazos públicos ou privados. A medida non se aplicará aos conviventes ou ás actividades laborais, de formación ou outra índole.
–Redución do aforo de velorios a un máximo de 25 persoas en espazos abertos e de dez en zonas pechadas. No caso dos enterros, o tope permitido será de dez persoas e, no das vodas, de cen persoas en espazos ao aire libre e de cincuenta en lugares pechados.
–A asistencia a lugares de culto acoútase/acóutase ao 50 por cento da súa capacidade. A mesma cota aplicarase a establecementos comerciais, establecementos de hostalería, albergues, hoteis e aloxamentos turísticos, bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposición, monumentos, cinemas, auditorios, circos, centros de lecer infantil, piscinas, congresos, locais de apostas, celebración de eventos deportivos e autoescolas, entre outros. Nas terrazas da hostalería o límite é do 75%.
–Prohibición do consumo en barra en establecementos de hostalería e bares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.