Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ALCALDES PP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALCALDES PP. Mostrar todas las entradas

15 de noviembre de 2016

ALFONSO RUEDA ACUSADO DE ORGANIZAR O "ESCRACHE" NA DEPUTACIÓN










"O PP na Deputación de Pontevedra é unha oposición adicada ás verbenas porque lles gusta moito o chotis"

O deputado responsable de réxime interno da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, acusou hoxe á oposición do PP na institución provincial de estar "centrada en organizar verbenas porque lles gusta moito o chotis", tras o escrache sufrido esta mañá nas dependencias do Pazo Provincial.
López Font asegurou que detrás desta invasión dun grupo de alcaldes, alcaldesas e deputados e deputadas do PP provincial se atopa o señor Rueda, "verdadeiro ideólogo dun escrache en toda regra, dunha acción intimidatoria e abusiva, que está a converter ó Partido Popular e ó propio Rueda nun antisistema e escrachista, algo que non se pode tolerar na democracia".
Amais, o deputado responsable de réxime interno da institución provincial engadiu que "resulta lamentable que a oposición da Deputación de Pontevedra, algo tan necesario, imprescindible e fundamental na democracia, sexa protagonizada por un partido político que non se preocupa nada pola cidadanía, por atender as súas demandas e ás súas necesidades, senón que se dedica a invadir literalmente, sen ningún tipo de permiso nin autorización, o Pazo Provincial".
López Font sinalou que "este escrache en toda regra, é un verdadeiro ataque á democracia que ven a amosar, unha vez máis, a forma de facer política á que nos ten acostumados o PP e o señor Rueda, o brazo armado de Feijóo na provincia, que se está a converter nun antisistema e escrachista".
Font concluíu subliñando que "todos os argumentos do PP ante esta chantaxe de verbena, ante esta política de presión, perden credibilidade e forza e non merecen nin resposta, porque a acción que levaron a cabo hoxe tomando literalmente o Pazo Provincial é verdadeiramente indigna".




9 de junio de 2016

A DEPUTACIÓN ESIXE AOS CONCELLOS DO PP QUE LIMPEN AS PRAIAS












A Deputación de Pontevedra  esixe aos concellos gobernados polo Partido Popular que limpen as súas praias de xeito inmediato dado o comezo da tempada estival en poucos días. Así de contundente quere a Deputación deixar claro que en ningún momento debe ser a institución provincial quen asuma este tipo de traballos xa que non é a súa competencia e, en segundo lugar, ten implantado unha transferencia de fondos económicos para que os propios concellos podan contratar persoal e comprar a maquinaria necesaria para adecuar as súas praias.
A Deputación reitera que neste asunto, algúns deputados provinciais, están a mentir como noutras ocasións porque coñecen ben que en ningún caso a institución provincial fixera estes traballos en todos os concellos senón unicamente naqueles da súa mesma cor política.
Para a institución provincial, por lei, son os concellos os responsables da limpeza das súas praias como así o fixa a Lei de Costas (22/1998) na que se indica no seu artigo 115 que é competencia municipal "Mantener las playas y lugares públicos de baño en las debidas condiciones de limpieza, higiene y salubridad, así como vigilar la observancia de las normas e instrucciones dictadas por la Administración del Estado sobre salvamento y seguridad de las vidas humanas".
O goberno provincial consciente das necesidades de financiación que teñen os concellos instaurou coa súa chegada un reparto equitativo e transparente entre os concellos para que podan atender os seus servizos básicos denominado "Plan Concellos". Este fondo foi dotado con 47 millóns de euros repartidos en catro eixos de actuación. Un primeiro para investimentos; un segundo para gasto corrente e amortizacións de débeda; un terceiro para subvencionar actividades culturais, deportivas e veciñais; e unha cuarta para un plan de emprego.
Para o caso da limpeza de praias os concellos poden acadar dende a liña primeira e segunda para a compra de material e, dende a liña cuarta para a contratación de peóns de limpeza. De feito, varios concellos  solicitaron axudas para a compra de tractores e limpadoras e para a contratación de peóns de limpeza para a tempada de verano. Casualmente ningún destes concellos que dedicaron recursos a limpeza é gobernado polo Partido Popular, acostumados como estaban a que a Deputación fixéralles o traballo. Son aqueles outros que sempre tiveron que contar cos seus propios recursos para sufragar este servizo quenes agora usan o "Plan Concellos" para dotarse de material e persoal.
Con respecto ao "Plan Concellos"  hai que recordar que concellos costeiros gobernados polo PP, como Soutomaior, recibe no 2016 un 18,66 por cento máis fondos económicos da Deputación que no ano anterior (474.169,81 euros); Redondela un 9,4 por cento máis (1.120.111,31 euros);  Baiona un 44,8 por cento máis (876.386,49 euros); Vilanova un 13,5 por cento máis (651.183,56 euros); Marín un 3,2 por cento máis (940.276,30 euros); O Rosal un 30,4 por cento máis (514.360,75 euros); ou Oia un 19 por cento máis (415.315,35 euros). Co cal este goberno provincial está a subvencionar moito máis aos concellos que con anterioridade, onde os recursos repartíanse de xeito arbitrario e sen transparencia.
Para concluír o Goberno provincial quere sinalar que todos os concellos da provincia de Pontevedra teñen 47 millóns de euros en axudas directas, que son executadas por eles mesmos, para actuar en aqueles servizos que consideran fundamentais e nos municipios costeiros a atención as praias como un reclamo turístico e fundamental. De nada van  servir os esforzos que dende a Deputación estase facendo para a promoción da provincia como destino vacacional si un piar fundamental dela como son as nosas praias son abandonadas por aqueles que teñen os medios e a responsabilidade para o seu coidado.



27 de enero de 2015

AS ENEMISTADES PERIGOSAS




De todos é sabido que a relación entre Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, e Luís Aragunde, alcalde de Cambados non é boa, non é boa por moitos motivos. Entre eles está a polémica por airear desde Cambados unha multa que lle foi imposta a Durán en Cambados e que saleu publicada en varios medios. Pero este non é o único caso de malas relacións entre destacados membros do PP na nosa comarca. O mesmo Durán non dubida en enfrentarse aos seu superiores en Pontevedra(Louzán) ou Santiago(Feijóo) a hora de defender os intereses dos seus veciños ou de todo o Salnés,  polo tema do Hospital, engadindo nestas liortas a Fole, alcalde de Vilagarcía. 
Tomás Fole pola sua banda mantén unha relación distante ou nula prácticamente con Aragunde, e aínda que non podemos asegurar o motivo, segundo fontes achegadas ao PP, o que acabou por rematar a relación podería  ser a Lei Gallardón (supresión de Partidos Xudiciais).
Qué tempos aqueles!!!

Por outro lado Aragunde e Louzán non teñen relación persoal, e cando coinciden en actos a cousa nótase fría e tensa. Que se especulara coa posible candidatura de Louzán para as locais por Cambados, rematou de todo unha relación que se viña deteriorando desde hai tempo, toda vez que aínda que Cambados é un feudo moi importante de votos para Deputación, Aragunde bota en falla unha maior implicación de Louzán coa Vila do Albarño. Aragunde achaca a Louzán a tardanza na realización de obras demandadas desde hai anos.
Pero avecíñanse unhas eleccións e coma sempre todo serán palmadiñas na espalda e sorrisos.





29 de diciembre de 2014

O PADRIÑO POLÍTICO DE LOUZÁN PODE IR 8 ANOS AO CÁRCERE





A periodista galega Elisa Lois que traballa para "EL PAÍS" volve dar na diana e desta vez o seu branco e Nené Barral, padriño político de Rafael Louzán.

O que fóra durante 18 anos alcalde de Ribadumia polo PP, José Ramón Barral, Nené, afronta a súa primeira condena 13 anos logo de ser detido por un cargamento de tabaco de contrabando, un asunto polo que tivo que renunciar á alcaldía e que desde entones segue atascado nun xulgado de Vilagarcía de Arousa. O fiscal de Delitos Económicos de Pontevedra acúsalle de dous delitos fiscais derivados de negocios eólicos e de acuicultura que o exalcalde desenvolveu en Chinesa e Chile, diñeiro que ocultou á Axencia Tributaria na declaración da renda de 2006 e 2007.

Todo o artigo en "EL PAIS"




29 de septiembre de 2014

O BNG PIDE UNHA COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN POLO ASUNTO DA POKEMON EN CAMBADOS






O BNG expón ante o concello o seguinte: Onte nun xornal aparecía a noticia de que dentro da operación xudicial coñecida como “Pokemon”, a  Vixilancia Aduaneira interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” onde encontrou información, en forma de correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación  que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados, entre outros nos que a empresa ten a concesión da auga. E que ditos correos revelan peticións de alcaldes, entre eles o de Cambados entre os anos 2008 e 2013, para colocar na empresa a persoas coñecidas, do seu entorno ou da súa familia (segundo afirma o referido xornal). Como queira que o “enchufismo” é unha práctica inaceptable na Administración Pública pero tamén cando esa Administración privatiza un servizo esixindo como contrapartida a colocación de determinado persoal na empresa, é polo que cremos que o concello de Cambados debe facer todo o posible por aclarar canto antes esta acusación levando á máxima transparencia á súa recente xestión.
Esta é a razón pola que o BNG, ao igual que fixo no mes de marzo do ano 2013 cando desde un medio de comunicación se vinculaba nunha investigación xudicial ao concello de Cambados, máis concretamente ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello, solicita igualmente nesta ocasión a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal para aclarar estes novos feitos delictivos. Vivimos nuns momentos onde a cidadanía está a mostrar unha gran desconfianza da xestión pública de determinados cargos; desconfianza que se xustifica en casos como os referidos neste escrito, polo que compre unha maior transparencia para evitar e aclarar os casos de corrupción, e contundencia para cos representantes políticos que están enganando a unha defraudada cidadanía. Por iso, os veciños e veciñas de Cambados, agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se  manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.

Como representante da cidadanía ten vostede na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está, ademais, a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante  do seu partido político.



Por todo esto o BNG solicita, que o concello  constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita  a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con rapidez,  este caso.

18 de noviembre de 2013

OUTRO EXEMPLO DA GALEGOFOBIA DO PP






A obsesión galegófoba chega ao esperpento cando vemos ao presidente da Xunta de Galicia, o presidente da Deputación de Pontevedra ou o alcalde de Baiona inaugurando o "Pavibellón" Municipal da vila ou quizais é o "VI Pabellón" da localidade... Indecente e lamentable!

Do Concello de Baiona pódese agardar de todo. A web oficial de Baiona dache a elixir o idioma que queres, galego e "español", porque xa deben dar a independencia a Galicia. Parece mentira que un concello governado polo PP otorgue a Galicia o status de independiente.
 Ao pulsar galego non todas as novas están en galego hai novas que están en castelán. Por exemplo na sección de deportes 4 de 10 novas están en castelán. Esto polo que respecta ao concello.


Pero que a Xunta e Deputación caian no erro e 

lamentabel. A min tanto me ten mandalos "a merda" que "a la mierda". 

Poñen esto para non enfadar a ninguén e a cousa remata co enfado de todos. 

So hai que ver a conselleiros falando castelán na TVG. De puta pena. Si non 

lles gusta o galego que se vaian para Madrid, que aquí no os queremos.




11 de octubre de 2013

ALCALDES DO PP COBARDES. TOMÁS FOLE E CATALINA GONZÁLEZ






A Mancomunidade do Salnés aprobou onte por unanimidad a moción presentada polo BNG en apoio as reclamacións da Plataforma de Emigrantes Retornados de O Salnés, nunha sesión marcada pola extrana ausencia de Tomás Fole e Catalina González, alcaldes que votaron en contra dun texto similar nos seus respectivos Concellos. Esta ausencia ven a certificar a cobardía de ambos alcaldes. 


Medio cento de afectados etiveron presentes no salón de sesións. As queixas polas ausencias non se fixeron agardarestas, pois era o momento de rectificar a suas primeiras votacións.  Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade permiteulle a os representantes da Plataforma falar para expoñer a sua situación. Un portavoz recordou os problemas a os que se enfrontan 250.000 persoas en Galicia e 600.000 en España: Facenda reclámalles pagos e multas de ata 20.000 euros por non tributar desde 2008 polas pensións que cobran doutros países onde estiveron emigrados, pese a que descoñecían que estaban obrigados a iso.



Todos os grupos (PP, PSOE, BNG e SAL) apoiaron o texto, que ata foi ampliado sobre o orixinal do BNG, defendido pola sua portavoz, María Villaronga.
Desde o executivo, Gonzalo Durán, nun momento de  lucidez deixou clara a postura do grupo popular: "Cristobal Montoro, ministro de Facenda, é do meu partido, do PP, pero non estamos de acordo con el. Non está ben que chame defraudadores a quen traen diñeiro para Galicia e fágase unha amnistía fiscal par quen se levan o diñeiro para fóra", dixo.


Agora instarán a o Estado a que reconsidere a súa postura, retire as multas e o diñeiro esixido de xeito retroactiva desde 2008 e aporte máis información sobre esta política fiscal no futuro.

Este non deixa de ser un pequeno paso, queda camiño por recorrer ata achar unha solución xusta para todos.



24 de agosto de 2013

LA TROTONA E CÍA CON CÁMARAS E SEN MICRÓFONOS?

Hola amiguitossh!!!
O melloriño de cada casa




Mira que son.....eh! Los estamos jodiendo y nos siguen apoyando.

Veish  aquella casha  puesh... el último paga

Sheguidme que she un eshhcondite.....





Fotos: PontevedraViva

2 de julio de 2013

UN POLBO CON TRECE TENTÁCULOS EN ÁVILA





Buceando polas hemerotecas atopei este artigo de outubro do 2011 que non ten desperdicio. Publicado polo XORNAL DE GALICIA pero que apareceu tamén en outros medios.

Un aplauso para o plusmarquista nacional de pluriempleo político, o insigne Agustín González. O noso home, do que tal vez nunca oiran falar malia a súa asombrosa ubicuidad, é alcalde do Barco de Ávila polo PP e fiel representante da austeridad cidadá nestes tempos de crísis.

E presidente da diputación de Ávila. E presidente de Caixa Ávila. E presidente de ASIDER, a asociación que xestiona na zona os fondos europeos. E presidente da mancomunidad de servizos de Barco e Piedrahita, que se ocupa do auga ou a recolleita de lixos. 

E presidente da Fundación Cultural Santa Teresa. E conselleiro do Banco Financeiro de Aforros, a matriz de Bankia.

De momento van sete cargos ao mesmo tempo, pero o pluriempleado Agustín González ocupa algúns postos máis, a medida que se bucea nas contas de Caixa Avila. González non só é o presidente do consello de administración da caixa. 

Tamén é o presidente da comisión executiva. 

E presidente da comisión de retribuciones, que decide os salarios. 


E presidente da comisión de obra social, que é a que elixe os proxectos que patrocina a caixa. 
Pero o seu currículum non acaba aquí. Agustín González chegou a ter outros tres cargos máis, ata sumar trece. Ata fai un ano, tamén era presidente da Federación de Caixas de Aforro de Castilla e León. 

E presidente do consello de administración do grupo de supermercados O Arbol. E presidente de Madrigal Participacións, unha sociedade de investimento das caixas.

Pódese ser ao mesmo tempo un bo alcalde, un bo presidente da Diputación, un bo presidente da Caixa e un bo conselleiro de administración doutras tantas empresas? 

Canto cobra entre soldos e dietas o señor Agustín González?


Asímismo, o sector da hostelería de Ávila, debido á crise do sector hostelero da Capital, está moi descontento porque os cursos de Verán da UNED tamén teñen lugar no Barco de Ávila. Os cursos da UNED de Ávila dependen administrativamente da Fundación Cultural Santa Teresa que, á súa vez dependen da Diputación Provincial de Ávila. O Alcalde do Barco de Ávila é, á súa vez, o Presidente da Diputación Provincial de Ávila.





27 de febrero de 2013

OS ALCALDES PONTEVEDRESES DO PP A ESCURRIR O BULTO








Os alcaldes do Partido Popular na provincia de Pontevedra fan unha fronte común ante "a actitude de violencia crecente" que, como no caso de O Porriño, denuncian, "están empregando algunhas persoas contra os rexedores locais e os membros do PP". Trátase dunha postura en relación ás últimas mobilizacións dos afectados polas participacións preferentes e subordinadas.
Mediante un comunicado de prensa conxunto, os alcaldes populares trasladan a súa "máxima solidariedade e apoio" ás persoas afectadas polas preferentes, e o seu compromiso firme de "defender os seus intereses onde sexa necesario". Pero ata agora e como di a canción "parole, parole, parole" moitas palabras e poucos feitos.
Aínda que expresan "o máis profundo rexeitamento e condena expresa dos incidentes rexistrados nalgúns concellos da provincia, así como reiterar intentos, por parte dalgunhas persoas de plataformas de afectados, de boicotear plenos e de impedir o normal funcionamento das administracións locais".
Os rexedores locais, continúa o comunicado, "entendemos que esta actitude non axuda para nada a resolver o problema dos afectados polas preferentes e, ademais, impide que se atendan as demandas e necesidades dos veciños e veciñas de cada concello".
Queren recordar que "nin nós nin o PP creamos o problema nin o consentimos". Aseguran que os únicos responsables son os directivos das caixas que enganaron aos seus clientes e os que permitiron este engano, "o PSOE (co apoio do BNG) no goberno central e como responsable dos órganos de control (Banco de España e CNMV)". Coma sempre apelando a herdanza recibida. A escurrir o bulto.
Os alcaldes aseguran que se comprometen "a seguir traballando como ata o de agora para que todos aqueles que aínda seguen atrapados polas preferentes poidan recuperar o que é seu", instando, entre outras cousas á Xunta a que manteña a vía da arbitraxe. Pero avisan que "non aceptaremos ningún tipo de coacción ou acción violenta nin que se trate de forzarnos a asinar documentos que están totalmente fóra da realidade"