Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de diciembre de 2014

REABERTA UNHA CAUSA CONTRA O EX PATRÓN MAIOR





Imaxe:A TI MEU CAMBADOS
A Asociación Galega de Mariscadores (Agamar) comunicou onte que a Audiencia da Coruña acordou a reapertura do caso e continuar coa investigación dunha causa por presunta malversación de caudais públicos aberto contra o expatrón maior de Cambados i expresidente da Federación Galega de Cofradías, Benito González.
O tribunal acordou revogar parcialmente o arquivo decretado polo Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela. Fíxoo a raíz do recurso de apelación interposto por Agamar e unha trintena de socios do pósito cambadés que exerceron a acusación particular nesta causa nacida dunha querela criminal presentado polo Ministerio Fiscal, aínda que foi este quen solicitou despois o arquivo.
 Segundo os responsables de Agamar, a instrución foi "meteórica, pero insuficiente" e por iso recorreron a decisión xudicial ante a Audiencia da Coruña, que se pronunciou o pasado día 17 mediante un auto no que indica que non existen razóns abondo para o sobresemento, sempre segundo as mesmas fontes.

Dende a asociación acusaron a González de dispoñer e manexar caudais públicos que pertencerían á Confraría e afirmaron que o proban gravacións efectuadas ante socios da entidade e declaracións de extraballadores e que, de feito, a Audiencia indicou que "supoñen elementos de proba ou indicios non inconsistentes".
A isto engadiron a existencia de documentos que, aseguran, demostran o presunto cobramento indebido de contías económicas en prexuízo da Confraría e que se achegaron recibos de cobramento de contías monetarias, "simulando" que o expatrón cambadés se dedicaba á extracción como mariscador a pé -é armador-, así como un extracto dunha conta bancaria na que, din, aparece el, a secretaria e outro membro da Xunta Xeral como titulares e onde "se efectuaban importantes movementos de efectivo relativo á actividade da Confraría, ademais de aceptar o cobramento de contías económicas por persoas privadas para proceder á vixilancia de bateas".



 Esta cuestión en concreto foi denunciada por algúns socios ante o Conselo de Conincre, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Axencia Tributaria, pero sen éxito. De feito, o Tribunal de Contas non apreciou ningunha anomalía. Non obstante, segundo Agamar, a Audiencia di que estas accións "deben ser consideradas como unha malversación de caudais públicos dado que non é permisible a desviación a finalidades privadas de forza de traballo custeada por fondos públicos".



Despois de que hai uns dias se decidise por parte do xulgado a apertura de xuicio pola causa do "Tragove", Benito González está cada día máis acorralado.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.