Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MUSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MUSICA. Mostrar todas las entradas

16 de octubre de 2020

CUARTETO CARAMUXO ESTE SÁBADO EN TORRADO


CUARTETO CARAMUXO

Este sábado, no Parque de Torrado ás 20h.

-Con estritas medidas de seguridade, no Parque Torrado.

 -Aforo limitado con entrada gratuita.

-Con moitas precuacións pero a cultura non debe parar!


O Cuarteto Caramuxo é un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan música popular galega.

O repertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos, ademais de composicións de autores contemporáneos feitas expresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación e nos arranxos.
A filosofía dos Caramuxos resúmese nunha interpretación con gusto e sen maior pretensión que gozar da música.


28 de agosto de 2020

PROGRAMACIÓN CULTURAL EN CAMBADOS FINAL VERÁN E OUTONO

Concertos, cine, exposicións e espectáculos infantís enchen a completa programación cultural deseñada polo Concello de Cambados para os meses de setembro e outubro.


Do mesmo xeito que no verán, o Parque de Torrado seguirá sendo o epicentro das actividades, condicionadas pola evolución da pandemia, dado a facilidade deste entorno para manter o control de aforo, cadeiras separadas e demáis medidas de seguridade e hixiene contra a covid.

Outros actos que se levaránn a cabo neste final de verán principio de outono aparecen ao final do artigo.

SETEMBRO
Xoves 3, 20 h:Espectáculo infantil en Torrado, Autoestopista intergaláctico.


Sábado 5, 20 h: Concerto nas Ruínas de Santa Mariña, Grupo Vocal A Capella Tolemia´s Consort.


Venres 11, 21:30 h: Cine en Torrado, Estrea de María Solinha , coa presenza do director Ignacio Vilar.


Sábado 12, 21:30 h: Concerto en Torrado, Take it easy.


Venres 18, 20:30 h: Inauguración da Exposición de fotografía de José Luiz Oubiña en ExpoSalnés.


Sábado 19, 21:30 h: Concerto en Torrado, Acervos Sonoros presenta a Maneiro (Heredeiros da Crus).


Domingo 20, 20 h: Concerto na Praza de Fefiñáns, Acervos Sonoros presenta a María do Ceo.


Sábado 26, 21:30 h: Concerto en Torrado, Quilma.


Domingo 27, 19 h: Teatro infantil, Babaluva Teatro presenta Minia convídate a xogar, no Auditorio Municipal. Espectáculo seleccionado polo Fondo Xacobeo 21.


OUTUBRO
Venres 2, 20 h: Inauguración da Exposición de Francisco Leiro no Pazo de Torrado.


Venres 2, sábado 3 e domingo 4, I Xornadas da Cultura Marítima de Cambados, organizadas pola Asociación Cultural-Deportiva de Vela Tradicional de Cambados, en colaboración co Concello de Cambados.


CICLO TEATRO ADULTOS – OUTUBRO 2020
AUDITORIO DA XUVENTUDE, DOMINGOS, ÁS 19H

Chévere – Curva España

04-10-2020

http://www.galescena.info/gfx/Companhias/436/espectaculo043590.jpg
Malasombra Producións – BERNARDA

11-10-2020

http://www.galescena.info/gfx/Companhias/231/espectaculo43558.jpg
Talía Teatro – VIDA DE CANS

18-10-2020


A Panadaría – Elisa e Marcela

25-10-2020

Outras actividades culturais

ACTIVIDADES CULTURAIS EN CAMBADOS


SEMANA CULTURAL DA ASOCIACIÓN AMIG@S DE FEFIÑÁNS




26 de agosto de 2020

II CICLO DE MÚSICA ANTIGA

Con estritas medidas de seguridade, na Igrexa de san Bieito de Fefiñáns. Aforo ao 50% con 75 persoas máximo. Si se farán uns miniconcertos de 30 minutos nos xardíns do pazo, pero a mediodía, o venres 28 e sábado 29. 
Con moitas precuacións, pero a cultura non debe parar!

XIRONSA VARÍA O SEU FESTIVAL PARA AMOLDARSE AS ESIXENCIAS DO COVID-19

A celebración de este evento está supeditada a evolución da pandemia.

Nestes tempos complicados non podíamos deixar de realizar a nosa función principal que é por en valor a Cultura Galega. Presentámosvos este "Punto e Aparte"  do Festival Xironsa, o noso pequeno gran de area dentro deste momento que nos toca vivir, eso si, cumprindo as normativas sobre seguridade e distanciamento social.
-Vos convidamos a tod@s a asistir hasta completar aforo e vos pregamos o cumprimento das normas do recinto.
-O recinto abrirase ó público 15 minutos antes do comenzo do acto.
-Por suposto, é de obrigado cumprimento o uso de mascarilla.
-Pregamos sigan as indicacións do persoal autorizado no recinto.


6 de agosto de 2020

CONCERTO DE JAZZ NA PRAZA DE FEFIÑÁNS O DOMINGO 9 DE AGOSTO

O Concello de Cambados organiza dentro da súa programación do verán un concerto de jazz a cargo da banda Jazz Frequency Group. Será este domingo 9 de agosto ás 21 horas na Praza de Fefiñáns, con entrada gratuíta ata completar aforo. O concerto contará con todas as medidas de seguridade e hixiene que as circunstancias actuais esixen.  
Jazz Frequency Group é o proxecto do contrabaixista Paco Charlín, quen segundo a crítica especializada, é un dos máis firmes valores da nova xeración de músicos de Jazz do noso país, tanto pola súa firmeza como acompañante, como pola súa expresividade de ideas como solista, sen esquecer as súas virtudes técnicas dun instrumentista de probada eficacia.
O repertorio desta formación baséase nos chamados “standards” (The Great American Songbook) e as composicións orixinais dos integrantes do grupo, levando a cabo como base rítmica e armónica a tradición e a composición contemporánea do Jazz moderno actual. Os integrantes desta formación son recoñecidos artistas do panorama actual do Jazz que se está a facer na península, e que teñen colaborado con mestres da historia do Jazz.
JAZZ FREQUENCY GROUP está integrado por:
Paco Charlín; Contrabaixo
Rosolino Marinello; Saxo tenor
Xan Campos; Piano
Max Gómez; Batería
Paco Charlín naceu en Vilanova de Arousa o 19 de Decembro do 1975. A súa formación musical iníciase aos 8 anos de idade con profesores privados de solfexo e baixo eléctrico, pasando máis tarde a formarse en diversas escolas de música como: Estudio Escola de Música, (Santiago de Compostela). Escola Taller, (Pontevedra).
En 1995 e 1996 obtivo unha bolsa por “Estudio Escola de Música” para participar nos Sixth e Seventh IASJ Jazz Meeting realizados en Tel-Aviv (Israel) e Copenhague (Denmark), dirixidos pola International Association of Scholls of Jazz (IASJ).
No ano 1996 obtén dúas bolsas da máis prestixiosa universidade de Jazz e música moderna do mundo, o “Berklee College of Music”, trasladándose a Boston, Massachussets (USA) para perfeccionar os seus estudios musicais, onde ademais compaxina na mesma cidade materias electivas no “Roxbury Community College”.
Debemos destacar tamén a súa dobre licenciatura en Bass Performance & Jazz Composition (Bachelor of Music, degree) con mención honorífica (Magna Cum Laude) e o premio “The Charles Mingus Award of Outstanding Musicianship”, concedidos pola universidade ao músico mais destacado de cada promoción do ano 2000.
Ademais, nese mesmo ano participa no XXIV Festival Internacional de Jazz de Getxo, sendo recoñecido co segundo posto. Actualmente, compaxina a docencia no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (SPJ), impartindo materias como: armonía moderna, ensembles, contrabaixo, baixo eléctrico, técnicas de improvisación, historia do Jazz, arranxos, composición, etc. Ademais de actuar en diferentes festivais tanto a nivel nacional como internacionais: Grecia, Cuba, Uruguay, Dinamarca, Israel, Estados Unidos, Arxentina, Tánger, Helsinki, Isla de Madeira, etc.

14 de mayo de 2020

APRAZADO O CONCERTO DE NICKY JAM A XULLO DO 2021

O Concello de Cambados ven de facer oficial a cancelación do concerto de Nicki Jam
Todas as entradas xa adquiridas serán válidas para a nova data do 30 de Xullo de 2021.
Podese solicitar o reembolso das entradas xa adquiridas a partir do proximo 1 xuño ata o 22 de xuño de 2020 inclusive.
O Top Mundial NICKY JAM , era a principal atracción musical das Festas do Albariño 2020.
O concerto debía ter lugar o venres 31 de Xullo na PRAZA FEFIÑÁNS cun aforo reducido. Só se puxeran á venda 5.000 entradas.
As primeiras 1.000 entradas sairan cun prezo reducido de 25€ gastos e as seguintes eran a 45€ gastos ata completar aforo. Desde o Concello, puxeran 400 entradas a prezo reducido de 15€ máis gastos de xestión para os censados en Cambados, que terán que acreditalo mediante o DNI ou volante de empadroamento. O venres 6 de marzo a partires das 17:00 hr en EXPOSALNÉS – Cambados as entradas foron vendidas en poucos minutos..
Para poder acceder ao concerto os menores de 16 anos deberían
 de ir acompañados do Pai, Nai ou titor legal, e aos comprendidos entre 16 e 18 anos tiñan que presentar na entrada do concerto una autorización dos titores que poderían descargar da web do Concello de Cambados.

3 de marzo de 2020

CONFIRMADO: NICKY JAM ACTUARÁ O VENRES DO ALBARIÑO EN CAMBADOS


- Cambados presenta a primeira das actuacións da vindeira festa do Albariño
- As entradas sairán a venta o vindeiro venres, e poñeranse 400 entradas cun prezo reducido para os veciños de Cambados.


O Top Mundial NICKY JAM , será o Artista Internacional que ofrecerá un concerto exclusivo nas Festas do Albariño 2020.
O concerto terá lugar o venres 31 de Xullo na PRAZA FEFIÑANES cun aforo reducido. Só se poñerán á venda 5.000 entradas, as entradas poderanse adquirir o venres 6 de marzo desde as 10:00 hr en WWW.ATAQUILLA.COM
As primeiras 1.000 entradas sairán cun prezo reducido de 25€ gastos e as seguintes serán a 45€ gastos ata completar aforo. Desde o Concello, poñerán 400 entradas a prezo reducido de 15€ máis gastos de xestión para os censados en Cambados, que terán que acreditalo mediante o DNI ou volante de empadroamento. As entradas poderanse adquirir, cun máximo de dúas por persoa, o venres 6 de marzo a partires das 17:00 hr en EXPOSALNÉS – Cambados.
Para poder acceder ao concerto os menores de 16 anos terán que ir acompañados do Pai, Nai ou titor legal, e aos comprendidos entre 16 e 18 anos terán que presentar na entrada do concerto una autorización dos titores que poderán descargar da web do Concello de Cambados.




Nick Rivera Caminero ( Boston, Massachusetts, Estados Unidos; 17 de marzo de 1981), máis coñecido como Nicky Jam, é un cantante estadounidense. Desde moi novo comezou a rapear e ao realizar unha actuación nun supermercado, chamou a atención dunha señora, quen era esposa dun director executivo dun selo discográfico. Jam asinou un contrato de gravación e con case catorce anos, lanzou o seu álbum debut.​ A mediados dos anos 1990 coñeceu a Daddy Yankee, con quen formou un dúo. Xuntos crearon varios éxitos musicais, pero en 2004 disolvéronse por diversos conflitos persoais.​ A finais da década dos anos 2000 a carreira musical de Jam sufriu un descenso, polo que decidiu mudarse a Medellín, Colombia entre 2007 e 2010, co propósito de lanzar novamente a súa carreira artística. En 2014 Nicky empezou a gañar popularidade novamente en varios países de Latinoamérica cos seus sinxelos « Travesuras» e «Voy a beber».​ En 2015, lanza o tema «El perdón», que se converteu nun éxito en América e en varios países europeos como España, Alemaña, Francia, Portugal e Suíza, entre outros. «El perdón» gañou o galardón a mellor interpretación urbana nos Premios Grammy Latinos de 2015  e nos Latin American Music Awards os premios como sinxelo do ano e colaboración favorita, respectivamente.



28 de febrero de 2020

UN PRÓXIMO EVENTO TRAE A CAMBADOS A UNHA DAS MELLORES BANDAS NACIONAIS


O domingo 29 de marzo estarán en Cambados Aullido Atómico. Máis adiante concretaremos lugar e hora. Ata agora so podemos decir que se trata da banda sonora dun evento que organiza o concello de Cambados e Zona Centro.
Coa súa acidez e ironía intactas pero penetrándose en novos territorios sonoros reaparecen os valencianos Aullido Atómico ao ritmo de 'O Corte Inglés', o primeiro adianto do novo traballo que saleu a principios deste mes, ' Hedonismo'. Despois de 'Decadencia' ( Folc Records, 2017), o trío formado por Don Rogelio (voz, guitarra), Jussi Folch (baixo, coros) e Quique Gallo (batería, coros) volve á autoedición cun álbum feito en casa-gravado no Maco, situado na Vall d' Aigües Vives ( Alzira)-, moitos amigos involucrados e a vontade de saírse lixeiramente da etiqueta de trash & roll.

Unha saída que xa se percibe neste primeiro aperitivo -no que cantan "veo arder la fachada del Corte Inglés, veo caer el imperio a la tarde"-, que conecta co seu pasado á vez que abre a porta a esa transición na cal non decae a forza das letras de Don Rogelio, autor tamén da portada de 'Hedonismo'.

Agora presentan a súa xira que os traerá a Cambados.
¡GIRA HEDONISMO!
20/03 - Tarragona, Míster Mojo
21/03 - El Vendrell, Ambigú
26/03 - Ourense, Café Cultural Auriense
27/03 - Pontevedra, Liceo Mutante
28/03 - Vigo, Kominsky


29/03 - Cambados

30/03 - Escairón, Sala Avenida
31/03 - Vitoria, El Parral
01/04 - Irún, Lakaxita
02/04 - Bilbao, Shake
03/04 - Pamplona, Nebula
04/04 - Madrid, Trash Can
16/05 - Valencia, 16 Toneladas
20/06 - Barcelona, Meteoro



FIN DE SEMANA REPLETA. ACTOS BENÉFICOS E MÚSICA




ACTO BENÉFICO
O sábado 29 de febreiro no auditorio municipal de Vilagarcía proxectarase o último traballo de Antonio Resines o documental "Historias do noso cinema", a presentación deste documental realizarase ás 20:30 h. A data escollida non é casual xa que nese dia celebrarase o Día Mundial das Enfermidades Raras este ano deste xeito, Antonio Resines foi o embaixador da AME hai 2 anos. Ese día o actor reforzará o seu compromiso coa loita contra esta doenza coa súa presenza na proxección así como coa da codirectora Ana Pérez Lorente. Todo o que se recade nesta proxección irá destinado a investigar a Atrofia Muscular Espinal.



MÚSICA

A sala cambadesa KRAZZY KRAY "compite" con grandes salas nacionais e galegas, esto fai que ata Cambados cheguen bandas de renome como Rival Karma. Barcelona, Madrid, Zaragoza, Vigo ou Sarria son outros puntos de parada dos "ingleses".
Mañán sábado 29 de febreiro na Krazzy Kray na av. da Pastora. desde as 12 da noite.
Rival Karma encarnan as vibrantes e melancólicas vibracións das rúas da cidade de Londres e combínanas intelixentemente con fortes matices do arenoso e sucio Rock estadounidense. O dúo tamén incorpora elementos da herdanza francesa e italiana dos seus dous compoñentes para crear un estilo distintivo de rock que é rico en cultura e estilo.




O domingo turno para Pauliña no Auditorio Municipal de Cambados onde presentará o seu novo disco “A Malfalada” com entrada a inversa (consiste que a saída do concerto haberá unha caixa onde quen poida fai unha aportación para @s músic@s), e despóis no O Enxebre Cambados picoteo de balde. Poderase mercar o disco por tan so 5 euros.
DOMINGO 1 de MARZO ás 18:30 no Auditorio Municipal A Xuventude de Cambados.

Pauliña engrosa desde hai uns anos na listaxe de músicas que traballan na nosa lingua. A cambadesa mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación e que ven a luz da man de Xoinx Records. Gravado nos estudios desta firma en Bandeira.



4 de febrero de 2020

A GROVENSE CAROLINA RUBIROSA COMPÓN A CANCIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS


O videoclip oficial de promoción do Camiño de Santiago Inglés: “Ou teu camiñar”, unha canción que a grovense Carolina Rubirosa escribiu en homenaxe a todos os peregrinos chegados desde o mundo a Galicia. Pero tamén é unha historia de mulleres, de vida, de amizade e de superación. O feito de que estea protagonizado por Julia Baird, irmá de John Lennon, non é casualidade. Ela quixo lembrar ao seu irmán, que proxectou facer o Camiño de Santiago con Salvador Dalí nos anos 70. Tras un primeiro visionado en Fitur, o pasado venres presentouse no teatro Colón o videoclip da irmá de John Lennon, Julia Baird, e Carolina Rubirosa, “Ou teu camiñar”, que servirá para promocionar o Camiño Inglés de fronte ao Xacobeo 2021. A irmá de John Lennon, Julia Baird, presentou tamén 'Imaxine this', o libro no que conta a "realidade" da súa familia e no que rende homenaxe á súa nai. No mundo musical a Carolina Rubirosa coñécella principalmente polo seu traballo en The Funkles, a banda que reinventa a The Beatles en clave funk. Carolina Rubirosa Rodríguez, na trintena é natural do Grove e reside na Coruña desde o 2010. Pola semana traballa como auxiliar de clínica e as fins de semana "son cantante". Compón en galego, castelán e inglés. Gústalle a música pura, sen artificios, como a que se facía antes. Sentaban ao piano e punto. Carole King, Karen Carpenter ou Joni Mitchell son algúns dos seus referentes.



CAMIÑO DE SANTIAGO INGLÉS Dos chamados países escandinavos, como Noruega, Suecia, Dinamarca, Finlandia ou Islandia e, sobre todo, ingleses, escoceses, irlandeses e flamencos.Todos eles contribuíron a fixar o que hoxe coñecemos como o Camiño Inglés. Chegaban a Galicia por mar desde os seus respectivos portos, e arribaban a Ferrol ou A Coruña —e tamén a Viveiro ou Ribadeo, no litoral lucense—. A estratéxica localización dos portos desas dúas importantes cidades galegas potenciou de maneira evidente o roteiro. O Camiño Inglés conta en Galicia con dúas alternativas: o itinerario desde A Coruña é máis curto —73 km— que o que parte de Ferrol —112,5 km—. Ambos, cheos de atractivos e historia, conflúen a metade de camiño, na localidade de Bruma, onde continúan xuntos os últimos 40 km ata Compostela.


2 de febrero de 2020

KRAZZY KRAY "COMPITE" CON GRANDES SALAS NACIONAIS

A sala cambadesa "compite" con grandes salas nacionais e galegas, esto fai que ata Cambados cheguen bandas de renome como Rival Karma. Barcelona, Madrid, Zaragoza, Vigo ou Sarria son outros puntos de parada dos "ingleses".
O vindeiro 29 de febreiro
Rival Karma encarnan as vibrantes e melancólicas vibracións das rúas da cidade de Londres e combínanas intelixentemente con fortes matices do arenoso e sucio Rock estadounidense. O dúo tamén incorpora elementos da herdanza francesa e italiana dos seus dous compoñentes para crear un estilo distintivo de rock que é rico en cultura e estilo.

O son do dúo Rival Karma con base en Londres consiste en riffs feroces e ritmos de transo eléctrico de Rock Ninja tal e como lles gusta a eles denominalo, que te manterán alerta ata os últimos momentos da súa actuación, se os Black Keys tivesen un fillo xunto a Queens of the Stone, serían estes rapaces, sen dúbida… O son de Rival Karma evoca tanto á melancolía embriagadora do Londres alternativo como á obscenidad en de o rock estadounidense. Estepoderoso dúo ten a intención de ofrecer riffs zumbadores e un Rock sólido en xeral. Producen un fermoso rock robótico, e crean o ambiente de rock Stoner. Son unha mestura de Blues quente, infundida polo Stoner e o Rock sureño, con cada canción, cheas de riffs asasinos, tambores e voces extremadamente dinámicas combinan a cantidade xusta de dureza e suavidade. Rival Karma encarna as vibrantes e melancólicas vibracións das rúas da cidade de Londres e combínaas intelixentemente cos fortes matices do rock americano sucio e arenoso, o dúo incorpora elementos da mestura de Martin (guitarra) da herdanza francesa e estadounidense e a herdanza italiana de Piergiorgio (batería) nun estilo distintivo de rock que é rico en cultura e estilo. Con claras influencias de bandas como Queens of the Stone Age, Black Keys, Cortes, Gary Clark Jr, Jack White, Stone Foxes, estes mozos conseguiron poñer a Rival Karma no punto de mira dunha nova xeración do rock alternativo británico. A súa primeira visita á península promete e moito. Eles teñen claro que van poñer os escenarios patas para arriba. Non deixes de ir velos en directo… vas gozalo!!


28 de enero de 2020

APARECE MORTO NO MAR O EX DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE VILANOVA



O corpo sen vida do ex-director da banda de Vilanova, Jesús Nogueira,
foi localizado esta noite aboiando no peirao da Aduana de Vilanova de Arousa, a uns catro metros de terra.
Foron os axentes da Garda Civil os que alertaron ao 112 Galicia da presenza do cadáver ás 5:10 horas.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros do Salnés e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o persoal de Salvamento Marítimo recuperou o corpo sen vida do home e, pola súa banda, as forzas da orde tratan, agora, de esclarecer as circunstancias deste suceso.
A súa filla denunciara a súa desaparición tras non saber nada del desde as 3 da tarde de onte.
Todo apunta a que a morte foi accidental. Desde a súa retirada tiña na pesca o seu hobby. 



21 de octubre de 2019

ESTE MÉRCORES UNHA ACTIVIDADE MUSICAL PARA PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA EN CAMBADOS

Teleasistencia

Cambados acolle este mércores unha actividade musical para persoas usuarias do servizo de teleasistencia da Deputación de Pontevedra.

O encontro reunirá a veciñas e veciños de Cambados, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis e Barro para traballar nas capacidades cognitivas a través da música.

O Salón Expo Salnés de Cambados (Paseo da Calzada, s/n) acollerá este mércores 23 de outubro, ás 17:30 horas, unha nova actividade musical dirixida a usuarios e usuarias do servizo de teleasistencia domiciliaria dos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis e Barro. Ademais, a esta cita sociocultural asistirá a deputada de Cohesión Social, Olga García.
O obxectivo principal desta iniciativa, promovida cada ano pola Deputación, é favorecer as capacidades cognitivas das persoas maiores, o contacto social e previr situacións de illamento e soidade a través da música. Tras os talleres de memoria postos en marcha en 2018, este ano as actividades, que comezaron en marzo e rematarán en outubro, centraranse na estimulación mediante a música e o xogo.
Na actualidade, o servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra atende a un total de 629 persoas de 46 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Trátase dun servizo que permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida. Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, dáselle resposta inmediata ás persoas usuarias, as 24 horas ao día os 365 días do ano, mobilizando os recursos necesarios para solucionar a incidencia. O servizo de teleasistencia domiciliaria como fórmula para manter a calidade de vida das persoas maiores, é unha iniciativa importante, especialmente, nas zonas rurais máis illadas, xa que permite ás persoas usuarias estar conectadas permanentemente cos servizos sociais e de saúde. Para os casos de especial vulnerabilidade, o servizo dispón de Unidades de Control Remoto, con detector de movemento, que envía unha alarma no caso de que non detecte movemento da persoa usuaria en doce horas.


4 de octubre de 2019

A GRAN BANDA BRITÁNICA "THE ACHIEVERS" MOI PRONTO NO KRAZZY KRAY DE CAMBADOS


O quinteto británico de rhythm & blues The Achievers estará de visita por España durante a segunda metade deste mes de outubro. Son trece os concertos previstos entre o mércores 16 e o luns 28.
The Achievers é unha banda procedente de Gloucestershire composta por músicos con gran experiencia. Foron cualificados como banda de Rhythm & Blues, Roots ou mesmo «Dance Floor Gospel», aínda que tanta etiqueta non oculta que The Achiever converteuse nunha das novas bandas de Rhythm & Blues máis valoradas na escena do Reino Unido. Coros con harmónica progresivos, harmonías en catro partes, melodías alegres e ritmos contaxiosos e bailables, o seu enfoque único e a súa vontade de afastarse dos estilos máis populares fixeron do grupo unha banda que se gañou merecidamente unha reputación de innovación e orixinalidade.
O seu particular ‘ Dancefloor Gospel’ outorgoulles unha marca propia e haos catapultado da escuridade case completa ás críticas entusiastas e aparicións en grandes escenarios de toda Europa. Tras o éxito do seu álbum debut de 2018 «Ao vivo at The SVA», The Achievers foron seleccionados como finalistas no sexto UK Blues Challenge, evento do que se converteron nos flamantes gañadores o pasado 14 de setembro, conseguindo unha praza para participar nos European Blues Challenge de 2020. O seu último traballo « The Lost Arc» foi gravado en directo no estudo, sen post-produción nin arranxos innecesarios, ao longo de dous únicos días.
As datas destes concertos son as seguintes: Mércores 16 de outubro de 2019: Maliaño, A Tribo Xoves 17 de outubro de 2019: León, O Gran Café León Venres 18 de outubro de 2019: Sarria, Rúa dá Música Sábado 19 de outubro de 2019: Cambados, Krazzy Kray Domingo 20 de outubro de 2019: Allariz Bule Bule ( Vermut Show) Domingo 20 de outubro de 2019: Ourense, Café Cultural Auriense Martes 22 de outubro de 2019: El Puerto de Santa María, Milwaukee
Mércores 23 de outubro de 2019: Sevilla, Salga X Xoves 24 de outubro de 2019: Plasencia, Sala Impacto Venres 25 de outubro de 2019: Béjar, A Alquitara Sábado 26 de outubro de 2019: Zaragoza, A Lei Seca Domingo 27 de outubro de 2019: Lleida, Café do Teatre Luns 28 de outubro de 2019: Vitoria – Gasteiz, Urban Rock Concept




13 de agosto de 2019

PRESENTADO O XIX FESTIVAL XIRONSA

  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto                                                    
Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.
Este ano como anos anteriores contará con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.
Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.
A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.
Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das anteriores edicións e que este ano se batan todos os récords neste  XIX Festival Xironsa.



5 de agosto de 2019

HOXE MÚSICA DE CINE NO AUDITORIO DE "A XUVENTUDE"



A Orquesta Promúsica de Málaga composta por 34 músicos , unha mezzoprano Alicia Naranjo, un tenor Diego Morales e o pianista Mariano Campoy 1º Premio Concurso Nacional de “Música Viva” actuarán o luns día 5 de agosto ás 21h no Auditorio Municipal A Xuventude onde nos deleitarán cun gran concerto dirixido por Javier Claudio.