Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de diciembre de 2014

CANS DO REFUXIO DE CAMBADOS PARTICIPAN EN TERAPIAS




Voluntarios do Refuxio de Animais de Cambados adestran cans para facer terapia con anciáns e nenos.

Agora mesmo teñen seis cadelas adestradas coas que van a centros de maiores e colexios. Queren demostrar o labor que poden facer os animais, tamén os que foron abandonados.

Bela é unha das seis cadelas que van a residencias da terceira idade, campamentos e colexios, a calquera sitio onde os chamen para interactuar con persoas maiores ou nenos.

Os seus coidadores din que reciben tanto como o que dan.

"A persoas que están tetrapléxicas, este contacto coa cadela, ao seu carón, sentindo a calor, é o que máis as estimula. En persoas que están en estados moi avanzados de alzhéimer ou de enfermidades senís vese unha evolución importante porque ao mellor están durmindo ou non responden a estímulos e poslles o can no colo e espertan, sorrín."

Outra das cadelas terapeutas e Clau. Abandonada, leva seis meses no refuxio e cada día adestra para axudar os demais.

"Clau é bastante lista, pero basicamente o que custa é tempo e paciencia. Hai cans que van máis rápido e outros máis lentos. Previamente faise unha selección de cans que poden servir."

"Hai moitos cans nos refuxios que serven para este tipo de terapias e moitas veces acaban sendo sacrificados. Pensemos que hai que acudir a alguén especializado para axudar."

Desde o refuxio de animais de Cambados animan a xente a adoptar, en vez de comprar mascotas. Queren demostrar que os cans de palleiro ou mestizos valen tanto coma os de raza.



Fonte:TVG e Refugio de Animales de Cambados



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.