Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de febrero de 2020

PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS NO "ESPAZO TORRADO" DE CAMBADOS


A continuación poderedes ver o programa de exposicións de este ano 2020 no EsPazo Torrado de Cambados.
Seis son os artistas que neste 2020 exporán as sus obras na emblemática sala cambadesa.
 Ana Pérez Ventura

Jose Luis Seara

SantiagoYdáñez

Francisco Leiro

Guillermo Charlín

Enrique Conde


Ana Pérez Ventura
14 FEBREIRO- 22 MARZO

Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela,1981) compaxina a súa actividade
plástica coa musical, mantendo entre elas unha relación de proximidade. Formada
en Belas Artes nas Universidades de Vigo e Barcelona e en Música nos
conservatorios de Vigo e Ámsterdam, no ano 2009 realizou un máster na
Sorbona sobre as relacións entre ambas as disciplinas e desde entón reside en
París, compaxinando o seu traballo no conservatorio e investigando sobre as
posibilidades da interacción entre artes visuais e música, coa repetición como
recurso fundamental.
A súa propia experiencia como pianista e os exercicios de repetición, que realiza
diariamente como base da súa rutina para perfeccionar o dominio do instrumento,
servíronlle de base para expor unha obra que xa foi premiada co Artension e con
bolsas da Fundación Barrié de la Maza ou a da Fundación Segundo Gil Dávila. Tamén
participou no II Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura de Galicia,
presentou mostras individuais no Colexio de España en París e nas galerías
parisienses H Gallery ou Artemper. Actualmente traballa coa Galería Metro en
Santiago.


Jose Luis SEARA 
3 ABRIL | 17 MAIO 
Seara comeza a súa traxectoria a finais dos anos 70 do século pasado, un fructífero período de proba onde asume prefectos teóricos e prácticos a través dunha premisa que articulará cada proposta: a liberdade. Deste modo asenta as bases dun traballo non planificado que xurde, en ocasións, de forma espontánea, atopando no debuxo e a pintura un campo de experimentación que non abandorá nunca, converténdose nunha das características fundamentais do seu discurso. 


Guillermo CHARLÍN 
29 MAIO – 5 XULLO 
TEMPO-MEMORIA 
Buscando textos de Guillermo, para introducir nesta exposición, atopei entre os seus cadernos de debuxos, dúas palabras escritas de xeito recorrente TEMPO- MEMORIA. 
Nelas está contida a súa ampla obra que pasea por diferentes disciplinas, arquitectura, escultura, pintura e deseño, son escalóns polos que sobe e baixa continuamente e sen saírse deste andamiaxe persegue a sencillez e o sublime da esencia dos seus obxectos e obras. 
Foi complicado para min e para todos os seus colegas que me axudaron a preparar a exposición cumprir coas expectativas que él perseguía cando mostraba o resultado do seu traballo. Intentamos aproximarnos ao que a él gustaríalle expoñer aquí e dende logo sen abandonar a honestidade cara á súa persoa-obra queremos compartir nesta exposición un pouco do seu ser. (Isabel Domínguez)


Santiago YDÁÑEZ 
17 XULLO – 20 SETEMBRO 
Santiago Ydáñez (Xaén, 1967). Graduado en Belas Artes pola Universidade de Granada. Realizou obradoiros con Juan Genovés e Mitsuo Miura. Obtivo o Premio de Pintura ABC no 2002, Premio de Pintura Generación 2002, a Beca da Fundación Marcelino Botín no 1998 e a Beca da Academia de España en Roma no 2016. A súa obra atópase en coleccións nacionais e internacionais. Vive e traballa en Berlín e Xaén. 
O seu talento excepcional para a pintura, a mestría da pincelada, o coñecemento do oficio, a presenza da tradición pictórica barroca española nos seus lenzos, a influencia do seu entorno máis cercano e do seu mundo máis íntimo son algunhas das claves para achegarnos a un dos pintores máis importantes neste momento. 



Enrique CONDE 
2 OUTUBRO | 8 NOVEMBRO 
Enrique Conde (Benavente, 1950) entre pinturas e gravados do seu pai, Xosé Conde Corbal, iníciase nesta disciplina seguindo a inercia paterna. 
A súa faceta escultórica comeza a desenvolverse de forma tardía a finais da década dos 80 do século pasado, expoñendo por primeira vez as súas esculturas en xullo de 1991 na Casa da Parra. 
A súa grande admiración polo constructivismo faise patente na súa obra, onde xoga cos conceptos de gravidade e levidade en relación coa materia e o espacio. 
Cada peza dialogará con cada unha das salas, xogando con estes conceptos. Son pezas pensadas para o espazo. 



Francisco LEIRO 
20 NOVEMBRO | 10 XANEIRO 
As grandes obras saen da creatividade dun artista que primeiramente plasma en apuntes, bosquexos ou esbozos. O debuxo é primordial, esencial para o posterior desenvolvemento ata chegar á obra final. Arquitectos, pintores e, por suposto, escultores parten de eses debuxos, ás veces automáticos, instantáneos, outros máis meditados, que pouco a pouco van mudando ata rematar no esencial, no que o artista quere que vexamos. Só precisas dun papel e algo para debuxar nel. 
Agora temos a sorte de poder ver no Espazo Torrado eses debuxos, case concebidos como pinturas, autónomas e independentes, xunto a bronces de pequeno formato, e que son parte esencial para entender a obra máis coñecida de Francisco Leiro (Cambados, 1957). 
Creatividade, disciplina, coñecemento e a mirada, sempre actual, sempre cara adiante. 


Horario
Martes a Venres Inverno 
11:30 - 13:30h 17 - 20h 
Sábados, Domingos e Festivos Inverno 
17 - 20h 

Verán 
11:30 - 13:30h 18 - 21h 
Sábados, Domingos e Festivos 
Verán 
18 - 21h 

R/ Príncipe, 10. CAMBADOS-Pontevedra 
pazotorrado@gmail.com 
610703225 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.