Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta RAJOY. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RAJOY. Mostrar todas las entradas

19 de noviembre de 2018

"RAJOY COÑECÍA AS ACTIVIDADES DOS NARCOS GALEGOS"


Laureano Oubiña revelou que o expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, "coñecía as actividades dos narcos galegos".
Oubiña fixo estas declaracións nunha entrevista na cadea catalá de radio RAC 1. Oubiña explicou que se reuniu con Rajoy "dous ou tres veces" na sede do partido en Pontevedra, cando Rajoy era secretario de Alianza Popular (AP). O famoso narcotráficante di que tamén "me reuní mmucha veces con Manuel Fraga", cando este era presidente de AP. Segundo Oubiña, o partido recibía financiamento del a propósito da procedencia do diñeiro. O famoso narcotraficante pasou 22 anos en prisión e na entrevista di que "no he de pedir perdón a nadie, no debo nada a nadie. Se alguén quere cobrarse algo, terá que ser na montaña. Que elixa arma e chapeu que Oubiña xa os ten.

Oubiña admite que acumulou miles de millóns de pesetas co contrabando de haxix e tabaco e que chegou a ter policías a soldo: "Sen a colaboración das forzas e corpos de seguridade do Estado, non se pode facer nada".




20 de junio de 2018

RAJOY: O OCASO DO SAMURAI



Resultado de imagen de FOTOS DE ALBERTO NUÑEZ FEIJOO

O Director de Cine Yôji Yamada estremeceu ao mundo no ano 2.002 con motivo da estrea do filme que leva coma título este artigo, encumbrouno fóra do Xapón,  e se colou entre as cinco candidatas ao millor filme estranxeiro na 76 Edición dos Premios Óscar. Poucas veces tiven a oportunidade de ollar unha disertación tan fonda e chea de acenos entre o que é a vida e a morte, e unha palabra que cada vez ten menos significado nesta sociedade nosa: o Honor entendido coma dignidade,  honestidade e un estilo de vida encol dunhas serie de valores e principios, o que se ven en denominar a “integridade”. E todo isto ven a conto pola caída en desgraza do ExPresidente do Goberno de España Mariano Rajoy Brey, e a loita sen cuartel a que se enfronta o Partido Popular (máis coñecido agora coma o Partido Procesado).
Esa é a cuestión e non outra que fixo que a Moción de Censura que propiciou a chegada de Pedro Sánchez Castejón á Presidencia do Goberno,  a traveso da fórmula estabelecida na tan controvertida hoxe en día Constitución Española, en concreto no seu artigo 113. Por vez primeira na Historia da Democracia en España ese instrumento onde se enxuíza a tarefa política dun Goberno triunfou, e non sería posível sen a Sentencia demoledora do Caso Gürtel e o baile de encausados, imputados e condenados entre as ringleiras do PP que segundo din os expertos afúndese en España agás en Galiza, onde o máis que probable sucesor por prevalencia e  ascendente entre os seus (o Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoó) apartouse onte da carreira a sucedelo.
Así coma en México Distrito Federal  houbo un movimiento sísmico na Escala de Richter co galo do gol ca súa  selección infrinxiu no Mundial de Rusia a Alemaña, algo así aconteceu aquí en sentido literario ante o anuncio de Alberto de  que “Non haberá paz entre os malvados” (Enrique Urbizu), que non hai candidato vencedor antes de principiala contenda á sucesión onde se non perdín a  conta xa son seis os que se postulan a dirixir un partido que que entrou nunha espiral de autodestrucción coma a antiga UCD. Un amigo meu onte preso do ”paroxismo”  (teño bós amigos no PP, aqueles que éstes días e fai meses que se avergonzan das súas siglas por éste sen parar de casos de corrupción que o asedian) díxome se teño un fillo varón ñe poño de nome  ALBERTO …
pontearnelas leyendaTremendo, esto é moito. Houbo na Historia un Alberto Magno que antes de ser Santo se lle atribuían dotes máxicas e considerado hoxe en día Santo Patrón dos Científicos. Foi chamado o “Bispo Botas”  porén a súa grande humildade facíalle andar a pe e non a cabalo (o que a súa dignidade lle daba dereito …). Pero non se vaian todavía, unha e máis, na Galiza non é un nome calquera, tamén está relacionado coas lendas, a tradición e a Historia. Algunhas pontes teñen un significado máxico coma a de Ponte Sampaio e máis preto de nós a de Ponte Arnelas coñecida coma a “Ponte dos Padriños” e está relacionada coa fertilidade. Segundo conta a lenda, unha muller en estado de xestación que ten un posible risco de aborto ou dificultade para ter fillos debe achegarse a ponte dos padriños acompañada por unha comitiva. Esta ten a función de axudar a que a ponte non seña cruzada por nengunha muller ou animal,  e en silenzo esperar a que pase a pe un home ao que se ñe debe pedir que o bautice ou bendiga no seu ventre co auga do Río Umia. A continuación a muller e a comitiva que a acompaña ñe deben ofrecer e compartir unha cea alí mesmo, e todos eles deben arroxar desde a ponte e por riba das súas cabezas a vaixela empregada para a cea. Se o embarazo  chega a bó término ese home deberá ser o Padriño do neno ou nena que naza e levará o nome de ALBERTO OU ALBERTA en HONOR  ao Santo que se atopa entre o cruceiro situado na ponte.
Foto: Alberto Núñez Feijóo y Eva Cárdenas en una imagen de archivo (EFE)CREPUSCULAR, non se me ocorre nada máis, e que dicir da homenaxe da Voz de Galicia de  hoxe en OFRENDA a D. Alberto Núñez Feijoó … unha serie de loas e alabanzas en artigos de Fernando Ónega, Roberto Blanco Valdés, Xosé Luís Barreiro, César Casal, María Xosé Porteiro, Fernando Hidalgo, Fernando Salgado, Ernesto S. Pombo e Laureano López, e nin unha soa voz discordante, todos debuxando coma no seu día o seu biógrafo Xosé Carlos Caneiro a Alberto coma nunha especie de Ulises ao que as sereas desde MADRID chaman e el coas orellas tapadas e batindo o mar contra él as ignora. Non é un tema para unha Epopeia ? “Petronio, o meu vaso das bágoas” (Quo Vadis, Henryk Sienkiewicz). A verdade é que eu quero ter unha foto con este home, penso que está chamado a ser alguén cunha iconografía e unha imaxe que atravesen o umbral do tempo e do destino (Fátima Abal xa sabes …  gárdame un oco). Vai lanzado a ser coma o defunto Manuel Fraga un mito, un símbolo, e ten nada máis que 56 anos !! … que proezas máis, que lendas, conxuros, e fazañas nos esperan amigos e amigas. “All the Man That I Need” …

Un artigo de Óscar Manuel  Núñez.-

Cinéfilo.



29 de febrero de 2016

COUSAS QUE A DEREITA NON CONTA DE ENCE (I)






A renovación do permiso a Ence por sesenta anos chega cando estaban a piques de esgotarse os dous anteriores, concedido un
en 2008 polo bipartito cando o conselleiro era Pachi Vázquez. O período de validez estableceuse entón en tres anos e oito meses, polos catro do concedido pola Xunta gobernada polo PP no ano 2011.
Sinalaba entonces o concelleiro Hernández que este novo permiso establecía "condicións similares" ao previo.

O goberno local de Pontevedra alegara en contra da renovación, en liña con varios colectivos ecoloxistas, que opoñían razóns de plan urbanístico e ambientais ás que a Xunta non atendeu en ningunha das ocasións.
Consciente diso, Hernández insistiu con máis vehemencia que nunca en que o PP non apoiará en ningún caso que a pasteira siga en Lourizán máis aló do prazo tope de 2018, segundo fixa a Lei de Costas. A data, dixo é "irrenunciable, incuestionable e improrrogable". "Non contemplamos outro escenario". "A data de 2018 non é negociable", repetiu aos xornalistas que atendían á súa comparecencia Pontevedra.

Porque se nomea a Rajoy "persoa non grata" en Pontevedra?


Pois tres son sobre todo as causas máis importantes.
A primeira é claramente a de ampliar o permiso para que a pasteira continúe na sua actual ubicación, algo co que unha maioría de pontevedreses non está de acordo amén de grupos ecoloxistas e mariscadores.
A segunda é a cantidade de tempo polo que se concede esta prórroga, 60 anos, hipotecando o futuro de esta e outras xeracións futuras.
E a terceira é que se ampliase ese permiso por parte dun goberno en funcións. Un mes despois das pasadas eleccións xerais, o PP decidiu ampliar ese prazo noutros 60 anos con argumentos como a importancia económica do complexo, no que traballan 370 persoas, de forma directa  e non 1000 como se chegou a decir.

Diferencias provocadas polo PP

Sectores da dereita acusan a B.N.G. e P.S.O.E de facer demagoxia pois eles deran no seu momento o permiso para que ENCE continuase case 4 anos máis como indicamos máis arriba pero tal e como estaba nese momento a lei non poderían ampliar ese permiso unha vez rematado o prazo de 3 anos e 8 meses. Pero o novo permiso, ata o ano 2073, deuse grazas ao cambio impulsado polo PP na Lei de Costas e ao visto e prace ambiental que outorgou hai uns meses a Xunta de Galicia, presidida polo popular Alberto Núñez Feijóo. Antes da reforma, a lei obrigaba á multinacional para abandonar o seu actual emprazamento en 2018.

De esto na dereita ou ninguén sabe ou non queren saber





22 de febrero de 2016

MARIANO RAJOY "PERSONA NON GRATA"








Mariano Rajoy será hoxe declarado 'persona non grata' polo pleno do Concello de Pontevedra, cidade onde viviu e onde desenvolveu unha gran parte da súa carreira política.

A iniciativa debátese no pleno municipal esta mañá e foi impulsada polo PSOE e a Marea e apoiada polo BNG. O motivo desta declaración é a prórroga concedida polo Goberno en funcións para que Ence siga na súa localización actual durante sesenta anos máis.


Nestes intres o Pleno está suspendido momentaneamente e por segunda vez, pois un grupo que si apoia a Rajoy non permite, cos seus gritos e apupos, o normal desenrolo do Pleno.


Minutos antes do arranque do pleno no que se declarará a Mariano Rajoy, presidente do Goberno en funcións como "persoa non grata" na súa cidade de adopción, Pontevedra rexistra unha gran expectación. Os apupos son os grandes protagonistas nunha sesión que tivo que ser paralizada durante uns minutos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, debido ás constantes recriminacións en canto o PSOE comezou a defender a moción. Despois dunha pausa momentánea, a corporación volve ao debate nun ambiente moi tenso.




26 de enero de 2016

ACORDO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CAMBADOS







A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu a reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país nos últimos 30 anos.
A reforma plantexada priva ás entidades locais das competencias en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social, así como en outras competencias: sanidade, consumo, igualdade, políticas de emprego, etc.
A nova lei consagra unha visión exclusivamente economicista das funcións mesmas do estado, e en especial das Entidades Locais, ao citar a estabilidade orzamentaria como principio reitor que debe presidir todas as Administracións Públicas no canto de situar a atención aos cidadáns e a calidade na prestación de servizos no centro da reforma.
O equipo de goberno do Concello de Cambados oponse frontalmente a esta reforma porque ataca e dana a raíz mesma do goberno municipal, recorta as competencias aos Concellos e abre o camiño á desaparición ou á privatización dos servizos sociais que prestan os Concellos. O texto é ademáis, un ataque á Carta Europea de Autonomía Local. Por todo iso, os Grupos Parlamentarios Socialista, Esquerda Plural, Unión Progreso e Democracia, e Mixto (BNG, CC-NC-PNC e Compromís-Q) presentaron un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei. O mesmo fixeron algunhas Comunidades Autónomas. Igualmente máis de 3000 Concellos de España que representan a máis de 16 millóns de cidadáns e cidadás plantexaron un conflicto ante o Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local constitucionalmente garantizada. Tanto os recursos admitidos coma o conflicto plantexado foron admitidos a trámite polo Tribunal Constitucional e están pendentes de tramitación e sentenza.
A crise económica plantexa novos retos para as entidades locais, retos que, unidos á necesaria derogación da Lei para a Reforma Local, abren un escenario que debe estar protagonizado polas propostas, o diálogo e o consenso político para resolver eficazmente os problemas que veñen acarrexando as entidades locais nos que os primeiros afectados son os cidadáns e cidadás.
O principal obxectivo debe ser aplicar o principio de subsidiariedade. As entidades locais son as administracións máis próxiams á cidadanía, por este motivo, reforzar o carácter democrático e mellorar a súa capacidade para prestar servizos deben ser prioritarios. É fundamental a participación da cidadanía nas decisións máis importantes dos Concellos, mediante mecanismos efectivos de participación.
A segunda característica ha de ser a transparencia. A cidadanía necesita saber de xeito claro qué fai a administración que ten máis próxima. Só así se poderá xulgar e controlar aos gobernos locais e aos seus representantes con responsabilidade.
O terceiro rasgo é a suficiencia orzamentaria. Dende hai moito tempo os nosos Concellos precisan unhas competencias claras e uns ingresos suficientes para levalas a cabo. Só unha administración que atende aos seus cidadáns e cidadás é unha administración útil.
Por todo o exposto, é polo que o equipo de goberno do Concello de Cambados, presenta o seguinte acordo para ser sometido ao Pleno:
1. Instar ao Goberno para derogar a Lei 27/2013, de 27 de decembro de racionalización e sustentabilidade da administración Local.
2. Aprobar unha Lei de Réxime Local que reforce a autonomía local, que garantice un sistema de financiación estable e proporcional a unhas competencias ben definidas dos entes locais e aquelas que non sendo propias, previo convenio, poidan desenrolarse sen comprometer  a estabilidade orzamentaria con garantías de control e transparencia da xestión pública.
3. Impulsar desde o consenso, unha nova Lei de Facendas Locais que dote de estabilidade, rigor e recursos as competencias asumidas polas entidades locais, de xeito coordinado coa financiación económica, defendendo con claridade a participación das facendas locais nos tributos do Estado (PIE) e nos das Comunidades Autónomas (PICAs).




23 de enero de 2016

O PARLAMENTO GALEGO PARA QUE ESTÁ? PARA QUE SIRVE?








Suponse que o Parlamento de Galicia é unha institución neutral ou debería selo a pesar de que esté presidida normalmente por alguén do Partido que sustenta o Goberno de Galicia. 
Pero hoxe demostrouse que nin é así nin o disimula o PP, actual poseedor da Presidencia.
O xoves pola tarde tiveron a ben publicar un Twit que explica que a nosa afirmación é real.

Como vedes na imaxe o Parlamento Galego faise eco dunhas declaracións de Mariano Rajoy nas que decía que "Tengo fuerzas y voy a presentar mi candidatura. Los españoles quieren que nos entendamos, el dará la talla"
Varias horas despois de dar a rolda de prensa na que o sr. Rajoy anunciaba que non se presentaría como candidato a presidente do goberno o twit seguía posto.

Hai unhas horas eliminouse o twit e publicaron outro (foto no lateral) no que non queda claro cantas persoas administran a conta ou non saben nin o que fan.
O de " que a túa man dereita non sepa o que fai a esquerda", da Bibla aplícano ben.

Unha mágoa que esta institución "neutral" non corrixa esta situación.
Desde logo a súa función non é esta senon informar a todos os galegos do que se fai na Cámara galega e non ser partidistas nin partidarios.





28 de enero de 2015

O ABOMINABLE E INFANTILOIDE VÍDEO DE RAJOY





Píldoras de Comunicación Blog publica hoxe a sua visión dos famosos vídeos de Rajoy, aquí podes leelo.

"Non sei quen asesora a Rajoy en temas de comunicación, posiblemente sexa Heidi, unha princesa Disney ou o propio Pablo Iglesias mentres se pon a goma na coleta. Porque facer máis o ridículo é prácticamente imposible. Como profesional da comunicación cando vín o vídeo orixinal deume auténtica vergonza allea. E parece que non son o único, porque os memes que provocou este vídeo (estou falando a nivel de comunicación, de política prefiro non falar) son realmente mellores que o orixinal. E si non comprobádeo vós mesmos. Déixovos o orixinal e 5 memes dos tantos que hai, con unha mensaxe infinitamente máis creíble que a do PP".


ESTE PRIMEIRO É O ORIXINAL
VERSIÓN PELI DE MEDO
VERSIÓN PORTAZO
VERSIÓN BARDEM
VERSIÓN TELAPIZZA
VERSIÓN HANNIBAL LECTER

 

10 de enero de 2015

O VÍDEO SEXUAL CENSURADO DE RAJOY





Para desprestixiar a Rajoy non fan falla vídeos sexuais, nin inventos. Xa él só co que fai, ou mellor dito o que non fai polos españois, chégase e bástase. As suas mentiras e o incumprimento do programa electoral xa o di todo.

Así presentan o vídeo na web.... http://www.heavyr.com

O vídeo censurado cunha prostituta en 1997. No vídeo, Mariano Rajoy mama un vibrador entre outras cousas. Mariano Rajoy Brey (tamén coñecido como Trotona de Pontevedra) é o primeiro ministro de España, elixido en 20 de novembro de 2011. É o líder do Partido Popular de España desde 2004, e membro orgulloso do Partido Popular Europeo con membros como Jean-Claude Juncker, Angela Merkel, Joseph Daul, José Manuel Durao Barroso ou Herman Van Rompuy. Noutro vídeo fai un trío con Alberto Ruiz Gallardón Jiménez e un scort masculino.

Despois de ver o vídeo so podemos decir que todo é falso. Máis de 13 minutos de calidade pésima, e os persoaxes que aparecen non son os que queren dar a entender.
De todos son coñecidos os rumores que rodean ao presidente Rajoy, pero esto non é máis que unha burda patraña.
Aparte desto nada que obxetar a vida sexual de cada quen sempre que non moleste a ninguén.
Preguntarédesvos porque non poño o enlace do video, pois sinceramente despois de velo varias veces non merece a pena perder o tempo.
Despois de 17 anos si fora relevante xa tiña sido borrado do mapa.



Artigo relacionado: RAJOY "A TROTONA" DE PONTEVEDRA SEGUNDO A WIKIPEDIA EN INGLÉS



27 de diciembre de 2014

RAJOY ESTÁ A PASAR UNS DIAS NAS RIAS BAIXAS





Mariano Rajoy encóntrase nas Rías Baixas onde pasará uns días de descanso xunto a súa familia.
O presidente chegou onte, venres, á noite. Esta mañá, en compañía de José Benito Suárez, presidente da Autoridade Portuaria Marín-Pontevedra e marido da ministra Ana Pastor, camiñou pola Ruta da Pedra e da Auga, en Ribadumia.

A próxima semana, a axenda de Mariano Rajoy só inclúe un desprazamento a Asturias pra inauguración do treito La Franca-Unquera co que se remata a Autovía do Cantábrico, a A-8. Despois regresará a Galicia onde permanecerá ata o día 4 ou 5.





12 de diciembre de 2014

O GOBERNO DE RAJOY DEIXA A CAMBADOS SEN INVERSIÓNS






O Grupo Socialista, a través da senadora pontevedresa, Ángeles Marra, insistiu en denunciar o "abandono" do Goberno á localidade de Cambados tras a aprobación na Cámara Alta do proxecto de Lei de Presupostos Xerais de 2015.

Marra subliñou que os socialistas presentaron na Cámara Alta ao redor de 100 emendas para a provincia de Pontevedra, cun investimento global de 72,07 millóns de euros.

A parlamentaria do PSOE criticou que o Partido Popular rexeitase todas as emendas socialistas nas contas xerais de 2015 para Cambados. Neste sentido, puntualizou que o Goberno de Mariano Rajoy rexeitou investir un total de 1,7 millóns de euros na localidade de Cambados nas que, ao seu xuízo, son "unhas actuacións prioritarias e urxentes para este municipio".
Ángeles Marra lamentou que os senadores do PP por Pontevedra perdesen unha grande oportunidade para apostar por Cambados, ao rexeitar as emendas socialistas abandonando este municipio e os seus cidadáns nos Presupostos Xerais de 2015.

Marra referiuse a este "abandono" da Administración Central e centrouno, concretamente, en tres cuestións prioritarias para Cambados como a construción do cuartel da Garda Civil, a necesidade de substituír a cuberta da Piscina Municipal e de acometer o saneamento da parroquia de Castrelo.

En primeiro lugar, a senadora pontevedresa reprochou ao PP que rexeitase a emenda socialista de 500.000 euros para a construción do novo cuartel da Garda Civil de Cambados, "unha actuación prioritaria ante o estado de deterioración no que se encontra o actual cuartel con graves

problemas de construción e espazos que impiden o bo desenvolvemento da súa actividade".



Igualmente, recriminou ao Grupo Popular no Senado que rexeitara o investimento de 200.000 euros para a substitución da cuberta da piscina municipal nun estado ruinoso ante o nulo compromiso do Concello, Xunta de Galicia e do Goberno Central de achegar fondos para a súa reparación. Así mesmo, reprobou ao PP que non aceptase a emenda socialista para dotar de saneamento á parroquia de Castrelo cun investimento de 300.000 euros, "un servizo básico que permite mellorar a calidade de vida das parroquias, equiparando os servizos dos que dispón o medio rural cos das zonas urbanas".

Pola súa banda, a voceira do PSOE no Concello de Cambados, Fátima Abal, tamén denunciou a situación de marxinación á que o Goberno de Rajoy somete ao municipio, unha situación da que o alcalde, Luis Aragunde, é o responsable directo.
Neste sentido, Abal criticou a falta de compromiso real e efectiva do actual alcalde coa construción dun novo cuartel da Garda Civil en Cambados, un investimento que segundo Fátima Abal, " ou Partido Popular non a quere facer, pois non quixo cando ou anterior goberno ou orzamentou e non quere agora ao non aceptar ás emendas presentadas ano tras ano polo PSOE».

Ademais, Fátima Abal, lamentou que os populares non aceptasen a emenda socialista para reparar a cuberta municipal da piscina que está a caer "a anacos" e asegurou que se trata dunha obra "fundamental" para evitar que ou Concello asuma unhas facturas de enerxía elevadas, ademais de garantir a viablidade do complexo do Pombal para ou futuro".

Por último, Abal recriminou ao alcalde Aragunde que é "incapaz" de defender ao Concello de Cambados ante o seu propio partido e reafírmase en que debe dar explicacións de por que non quere que Cambados conte cun novo Cuartel da Garda Civil, que se invista medio millón de euros no saneamento do municipio e que o Estado asuma a reparación da cuberta da piscina municipal, obra que se encontra paralizada ante a negativa do Goberno de Xunta de Feijoo de achegar fondos.



21 de agosto de 2014

O GOVERNO DE RAJOY PASA DAS DENOMINACIÓNS DE ORIXE DO VIÑO






O governo de Mariano Rajoy deixa fora da Organización Interprofesional do Viño  ao Consello Regulador da DO Rías Baixas. A organización deixa fóra aos organismos reguladores algo polo que moitas adegas non estean ben representadas.


O pasado 30 de xullo, o Ministerio de Agricultura, sindicatos, a Federación Española do Viño e as cooperativas agro-alimentarias asinaban a acta de constitución da Organización Interprofesional do Viño en España. As grandes ausentes foron as Denominacións de Orixe, que non foron invitadas ao encontro.
Por iso, dende a DO Rías Baixas pídese que calquera iniciativa conte cos Consellos Reguladores.
A composición da Interprofesional non é a única medida do Ministerio que non gusta a Rías Baixas. O borrador da nova lei para previr o consumo de alcohol en menores inclúe o viño, algo que rexeita a Denominación de Orixe.
Para o presidente, os problemas derivan do consumo doutras bebidas alcohólicas, así como da falta de formación dos mozos e das súas familias para previr este tipo de abusos.
Nembargantes o consello regulados debería facer campañas para fomentar o consumo moderado, pois de excluir ao viño desta lei tamén deberíase excluir a cervexa que ten menos graduación alcohólica que o viño.




GOLPE DE ESTADO Á DEMOCRACIA





 O Partido Popular reformará a Lei electoral aínda que sexa en solitario para que nas próximas eleccións municipais gobernen os alcaldes da lista máis votada. Sería sempre e cando obteñan unha ampla maioría, que podería ser como mínimo dun 40%, aínda que a fórmula non está pechada. Responsables do partido están concretando a proposta para presentala en setembro.
O PP presentará a súa proposta en canto se retome a actividade parlamentaria. Están dispostos a negociar pero non darán marcha atrás na elección directa dos alcaldes e sacarán a norma aínda que sexa en solitario, segundo confirman dende o propio partido. 


Os mesmos dirixentes do PP basean a sua reforma nos 11 millóns de votos que obtiveron nas xerais do 2011 e que tal reforma estaba no seu programa. O que non din é que no seu programa ía a non subida do IVE, non ían tampouco os recortes en sanidade i educación nin outras moitas cousas que si se fixeron.

Ademais pretenden avanzar para que xa se aplique nas eleccións municipais de maio e que goberne a lista máis votada, deixando sen efecto as posibles coalicións. O que non teñen aínda é unha fórmula pechada. Din que traballan en varias opcións, que poderían modificarse nas negociacións con outros partidos. Entre outras, citan a posibilidade de establecer unha segunda volta entre as dúas listas máis votadas sempre que ningunha delas teña unha porcentaxe clara de apoios que podería ser como mínimo dun 40%.

Anos e anos atacando a Chavez ou Fidel i eles van polo mesmo camiño.

Anuncian unha rolda de contactos con todos os grupos políticos, con especial atención ao PSOE, xa que nunca antes se modificou a Lei electoral sen acordo entre os dous grandes partidos. Pero esta vez o consenso non parece posible, como xa lle trasladou o líder socialista ao presidente do Goberno na reunión de xullo na Moncloa. O resto de formacións da oposición valoran tamén negativamente a proposta.






12 de mayo de 2014

RAJOY EMBAIXADOR DA D.O. RIAS BAIXAS






Mariano Rajoy elixiu un albariño, o Terras Gauda 2012, entre os tres viños españois que se ofreceron na conferencia-coloquio que deu na Cámara de Comercio de Estados Unidos, durante a súa viaxe fai uns meses á Casa Branca para entrevistarse con Obama. Pero, ademais, o presidente garda na Moncloa unha selección de albariños para as súas visitas máis ilustres. O seu favorito é o da Denominación de Orixe Rías Baixas, da súa Pontevedra natal. Os 17 presidentes das empresas máis importantes do país, que xantaron no complexo presidencial a semana pasada, puideron degustar un albariño. E o primeiro ministro nipón Shinzo Abe, que visitou recientemente España, regresou a Xapón con cinco botellas de viño de todas as denominaciones de orixe de Galicia, obsequio de Mariano Rajoy.    





17 de enero de 2014

FEIJOO DILAPIDA 18 MILLÓNS DE EUROS





As 'embaixadas' da patronal galega custan 18 millóns de euros públicos 
O Goberno galego admite que a rede Pexga, auspiciada pola Confederación de Empresarios de Galicia, foi dotada cun orzamento de máis de 16 millóns só para as súas delegacións no exterior.


A oposición cuestiona a transparencia desta achega e censura que Feijóo apele á "austeridad" mentres impulsa este proxecto.

Si hai algo do que se acusa a o goberno catalán dende o PP é que manteña as suas embaixadas no exterior pero a Feijóo nadie lle-lo bota na cara. 
Algo moi común do discurso da "austeridad" do Goberno de Mariano Rajoy é poñer o foco nas autonomías. Dentro del, as denominadas 'embaixadas autonómicas', representacións dalgunhas comunidades en países estranxeiros, foron presentadas en diversas ocasións, tanto polo Estado como pola prensa máis situada na dereita, como paradigma do "despilfarro" derivado da cesión de competencias.


A aposta por supeditar a política exterior autonómica á do Goberno de España foi acollida con entusiasmo, polo menos dialécticamente, no seo da Xunta. No entanto, o Goberno galego si financia unha especie de embaixadas que non controla directamente: as da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

4 de noviembre de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS CAMBADESAS ARREMETEN CONTA O GOVERNO RAJOY






Xuventudes Socialistas de Cambados denunciou hoxe a Orde publicada o pasado 29 de outubro no BOE polo Goberno de Rajoy, na que se establece que todos aqueles estudantes Erasmus que o pasado curso non sexan beneficiarios da bolsa xeral do MECD, non recibirán este curso a súa bolsa Erasmus. 

O Secretario Xeral de XSG Cambados e Secretario de Formación de Xuventudes Socialistas de Galicia, Ismael Agra, declarou que "hai máis de 30.000 mozos que cada ano poden estudar nunha universidade doutro país da Unión Europea grazas ás bolsas Erasmus, e con esta medida, Wert e Rajoy deixarán sen a súa axuda á maioría dos Erasmus unha vez iniciado o curso". 



Para Ismael Agra "é indecente que o Goberno actúe con esta nocturnidade e aleivosía, deixando tirados por sorpresa a miles de estudantes que xa iniciaron o curso no seu país europeo de destino". 
Os Erasmus que xa se atopan estudando no estranxeiro contaban cos 150 
euros que aproximadamente cobraban cada mes, agora a súa estancia alí corre perigo para moitos deles, xa que o Goberno esnaquizou as súas expectativas" engadiu -. 



Neste sentido, Ismael Agra asegurou que "trátase doutra cacicada máis de Wert e Rajoy, na que como sempre, os prexudicados son os colectivos máis vulnerables, neste caso; os estudantes", -e engade- "o Goberno volve atacar á educación, esta vez impedindo que miles de estudantes poidan complementar e mellorar a súa formación nun país estranxeiro". 

O Secretario Xeral de XSG Cambados concluíu que "novos recortes como este van facer que sigan as mobilizacións educativas contra un Goberno déspota que non é capaz de dar ningún tipo de solucións e que está desmantelando o sistema público de bolsas no noso país". 

MANUEL FRAGA TAMÉN SABIA DO FINACIAMENTO ILEGAL DO PP











"Algúns deberían estarse calados", sinalou o entrevistado en referencia aos actuais dirixentes da formación e as súas declaracións críticas con Luís Bárcenas. 
Despois afirmou posuír documentación que podería comprometer a actuais cargos políticos.

Nun momento determinado, o presentador do programa, Jordi Évole, mostroulle un vídeo cunhas imaxes de varios dirixentes do PP criticando a Bárcenas nas que lle acusaban de enganar aos seus compañeiros. 
As persoas que aparecían neses vídeos eran María Dolores  Cospedal, Esteban González Pons, Cristina Cifuentes, Vicente Martínez Pujalte e Rafael Hernando. 
Tras o visionado desas declaracións públicas, Évole preguntou a Crespo: "Algún dos que saen nas imaxes debería estar calados?", ao que o número 2 de Gürtel respondeu cun  rotundo "si".


En referencia directa a Rajoy, Crespo insinuou que a trama Gürtel podería pagar unha viaxe a Canarias para o líder do PP e a súa familia en 2004 tras a derrota electoral. 
"Viaxou connosco, pero non se sei se pagou ou non se pagou", dixo Crespo. 
Fronte a esa afirmación, Évole reaccionou así: "Se eu pagase unha viaxe a Canarias ao presidente do Goberno acordaríame".






Aí se desprende das declaracións de Pablo Crespo ao programa "Salvados" e no que deixa ven as claras que tanto a estatua de Torrado como a estatua da Moncloa eran coñecedores dos sobres e a contabilidade "b" do Partido Popular.

O 'número 2' da trama Gürtel, Pablo Crespo, vinculou directamente á dirección do PP e a Mariano Rajoy co financiamento irregular do partido. 
Crespo, que foi secretario de organización do PP galego liderado por Manuel Fraga, asegurou no programa Salvados de "laSexta" que os cargos políticos no PP cobraban un 80% do seu soldo en negro. 
Segundo o número 2 de Francisco Correa, "toda a estrutura do partido, incluído o señor Rajoy, coñecía a forma de financiamento".



O exdirigente do PP asegurou que a maior parte das empresas con obra pública son doantes do PP e que el mesmo recibira donativos ilegais para a formación liderada por Rajoy.






23 de octubre de 2013

UN RAIO DE SOL OH! OH!OH! PARECE CANTAR O BANCO DE ESPAÑA ACOMPAÑADO DO GOVERNO RAJOY






O Banco de España empéñase en decirnos o que o governo quere que escoitemos, aínda que sexan cantos de serea. É como decir que por un día soleado e caluroso da primavera xa estamos no verán, non estamos en primavera pero cun dia de verán.  Cecáis estemos máis preto do fin da crise pero o fin será cando a creación de emprego sexa algo normal mes a mes e o crecemento económico sexa un trimestre si e outro tamén.
A palabra técnicamente é, eso, puro tecnicismo que non soluciona o nivel de pobreza alcanzado ata o de agora. O Banco de España está a o servizo do Governo do Estado. Ou eso dou a entender Rajoy cando governaba Rodríguez Zapatero. Ou incluso despois para botarlle as culpas do asunto das preferentes.  

O Banco de España anunciou que a economía española saíu técnicamente no terceiro trimestre do ano da recesión, a segunda que sufriu desde o inicio da crise e a máis longa no tempo.
Exactamente, a economía creceu un 0,1% entre xullo e setembro, segundo o estudo, que sinala tamén que en taxa interanual o PIB retrocedeu un 1,2% no mesmo periodo.


Con este crecemento, a economía española deixa atrás nove trimestres de contracción.
Para o Banco de España, durante o terceiro trimestre en España produciuse unha continuidade de mellora progresiva que xa se viña detectando desde comezos do ano, fundamentalmente pola tendencia favorable do factor confianza. 


Parece poñerse fín as dúas entradas no ámbito da recesión técnica. No ano 2008 e á altura do terceiro trimestre produciuse a primeira entrada, que quedou superada no primeiro de 2010. No segundo do ano siguiento produciuse unha nova entrada en recesión.





A SUBIDA DO RECIBO DA BASURA POR CULPA DE RAJOY E N. FEIJÓO






Malia ao fracaso da incineración, o PP teima en mantelo para garantir as plusvalías de GN-Fenosa 

A SOGAMA non lle saen as contas: Rajoy eliminou as primas das renovábeis e afundíu o negocio da biomasa. Mais GN-Fenosa non renuncia aos réditos da incineración, polo que o PP subirá un 34% o lixo para compensala. As eléctricas sempre gañan!


SOGAMA, que xestiona 82% da basura urbán do país mediante a incineración e o vertido, veu reducidos os ingresos que obtén pola venda da electricidade nuns 13 millóns de € cada ano logo de que Rajoy subira o gravame e eliminara as primas ás renovábeis. 

Ademáis, a outra "parte contratante" de SOGAMA, GN-Fenosa (49% da sociedade) non quere aceptar unha baixada nos réditos da incineración. A solución da Xunta é ben doada: Aumentar a factura do lixo un 34% para 2,3 millóns de galegos/as. Outra volta, é a cidadanía a que ademais de ter que aturar a contaminación de SOGAMA, vai tapar os seus buracos financeiros pagando do seu peto as "perdas" da eléctrica.

A estratexia da Xunta-SOGAMA nestes anos foi a de fixar un prezo político para o tratamento do lixo e poder así competir artificialmente cos sistemas alternativos baseados na compostaxe. Estes sistemas, como o da Mancomunidade do Barbanza baseados na redución e na compostaxe,  ademáis de  ser máis ecolóxicos, supoñen un maior aforro para os cidadáns e os concellos. 

Por moito que a propaganda intoxicadora da Xunta apresente a SOGAMA como a opción máis "barata", a realidade é que nunca o foi... e agora moito menos. Porén, como se pode valorar as consecuencias sobre o ambiente e a saúde da poboación galega da contaminación xerada por SOGAMA durante décadas?


Moita xente de Cambados estanse a plantexar ademáis o tema do reciclado. varias son as razóns que dan.
 A primeira é que como os camións da basura cando fan a recollida mezclan o contido dos contedores verdes e amarelos?, outra é que de que serve o reciclar si non se obteñen os aforros prometido pero si que  obtén beneficios Sogama e por riba suben a factura do lixo e a última é o pouco espazo que hai nos pisos para almacenar varios cubos cos residuos e o lexos que se sitúan as veces os contedores sobre todo os de vidro e papel. 

En resumo o recibo da basura vai subir entre 8,2€ e 12,2€ anuais para os galegos e galegas.