Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TRAFICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRAFICO. Mostrar todas las entradas

20 de noviembre de 2020

UN FERIDO NUN ATROPELO EN CORBILLÓN


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados vén de actuar nun atropelo a un ciclista na rotonda de Corbillón. O ferido F. C. C. de 57 anos e veciño de Cambados ten erosións en mans e dor en cadeira e perna dereita. É evacuado ao Hospital do Salnés. O suceso prodúxose intres despois das 6 da tarde.

No operativo colaboran tamén Policia Local e Garda Civil de Trafico.



3 de septiembre de 2020

UN FERIDO NUN ACIDENTE EN CABANELAS


Esta mañán producíase un accidente de tráfico en Cabanelas, no termo municipal de Ribadumia. O condutor dun ciclomotor J. M. P. de 75 anos e veciño de Cambados saíuse da via por razóns que se descoñecen. Foi trasladado ao Hospital do Salnés con dor torácica e feridas no brazo dereito.
Na Intervencion estivo o Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, Ambulancia do 061 e Tráfico que instrúe o atestado.


5 de agosto de 2020

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS

Na mañán de hoxe mércores rexistrouse un accidente de tráfico en Cambados concretamente na PO-300 (Cambados-Oubiña), á altura de Vilariño, na subida cara ao polígono industrial.
No siniestro víronse implicados dous vehículos. Como consecuencia da colisión unha muller resultou ferida, D. C. B. C. de 20 anos, veciña de Cambados, que foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e dorsal pola ambulancia do 061, segundo informa o Servizo de Emerxencias Municipal de Cambados, que se desprazaron ao lugar xunto á Garda Civil.
 



27 de junio de 2020

DOUS FERIDOS EN SENLLOS ACCIDENTES ESTA TARDE EN CAMBADOS


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudeu esta tarde a dous accidentes en Cambados. O primeiro accidente de tráfico foi na Po-300, Oubiña . Na Intervencion estivo a Ambulancia do 061 de Cambados, Policia Local de Cambados, Garda Civil de Trafico. O ferido M.I. C. de 69 anos, foi evacuado ao Hospital do Salnés.
O segundo accidente de aconteceu na Po-300, Vilariño. Na participaron a Ambulancia do 061 de Cambados, Ambulancia Medicalizada do 061, Policia Local de Cambados, Garda Civil de Trafico e Atestados. O ferido S. R. B. de 17 anos é evacuado ao Hospital do Salnés.


6 de mayo de 2020

UNHA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Unha persoa resultou ferida de consideración na tarde de onte en Cambados como consecuencia dun accidente de tráfico. 

O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudeu ao lugar do accidente que tivo lugar na PO-550, Cambados.
A persoa ferida é unha veciña de Cambados, de 50 anos e iniciais M.V.V., e resultou Castrelo pouco antes das 12 do mediodía. O suceso producíuse nunha colisión frontal-lateral entre dous vehículos. O Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados informa que a ferida tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés nunha ambulancia do 061. Refería dor no pescozo, lumbar e antebrazo dereito.
Na intervención colaborou xunto a Emerxencias de Cambados,a Policia Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Atestados e Ambulancia do 061.




2 de mayo de 2020

CAMBADOS REORDEA A CIRCULACIÓN PEONIL EN RÚAS E PASEOS

Estas medidas veñen motivadas polo inicio da desescalada do estado de alarma, ocasionado pola expansión da pandemia do COVID-19

A súa duración non está determinada, dependerá do tempo que tardemos en acadar a “nova normalidade”. O obxectivo é gañar espazo para a circulación peonil que axude a manter o distanciamento social entre as persoas.

O goberno municipal de Cambados decidiu implementar medidas que permitan acadar unha circulación peonil máis segura contra o coronavirus. Por iso, dende a Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, e dende a Concellería de Obras e Servizos vaise proceder a reordear dita circulación nalgunhas rúas e nalgúns paseos do municipio. Trátase de gañar espazo para evitar o contacto entre persoas, agora que poden saír das súas casas a pasear ou facer deporte.
Así, comezarase por ampliar a beirarrúa na Avenida de Galicia con mobiliario e sinalización urbana portátil, xustamente no tramo situado diante do Centro de Saúde, que nestes días está a ter unha maior afluencia de persoas debido á realización nas súas instalacións de máis de trescentas probas de detección do coronavirus. Nos próximos días decidirase a extensión deste tipo de medidas a outras rúas do centro urbano, en función das necesidades que se aprecien tendo en conta a densidade da circulación peonil. Ademais, o Paseo do Muíño da Seca, un dos máis transitados de Cambados, terá dirección única debido á estreiteza dalgúns dos seus tramos. De maneira que os viandantes e deportistas deberán percorrelo no sentido contrario ás agullas do reloxo. É dicir, dende o Pombal camiñarase ou correrase cara ao Parque da Seca e de alí seguirase ata o Muíño para regresar ao Pombal. Os que inicien o paseo no Parque da Seca deberán seguir igualmente esa dirección dun único sentido, que estará indicada con sinais elaborados polo Concello.
Do mesmo xeito que se fará coas rúas, as Concellerías de Seguridade Cidadá e Mobilidade, e a de Obras e Servizos non descartan a extensión desta medida a outras zonas peonís do municipio, en función da evolución nos hábitos da cidadanía na elección de espazos para camiñar, correr ou montar en bicicleta. 
O goberno municipal cambadés fai un chamamento á poboación para que respecte as normas e os horarios establecidos para pasear ou facer deporte. A cidadanía cambadesa tivo ata o de agora un comportamento exemplar durante o confinamento e confiamos en que durante as distintas fases da desescalada continúe a amosar un civismo digno dunha sociedade avanzada e respectuosa.

29 de abril de 2020

INVESTIGADO UN CONDUCTOR TRAS UN ACCIDENTE NA ILLA

A Garda Civil de Pontevedra investigou a un home da Illa de Arousa (Pontevedra) despois de saltarse o confinamento e sufrir un accidente de tráfico tras o que obtivo positivo nas probas de alcol -triplicou a taxa permitida- e drogas. Ademais, o vehículo no que circulaba carecía de seguro obrigatorio. Os feitos producíronse sobre as 20,30 horas deste martes no termo municipal da Illa de Arousa. A Garda Civil recibiu o aviso dun particular que avisou do choque dun turismo contra un contedor de lixo e unha posterior saída de vía. Os axentes puideron confirmar que o implicado realizaba "un desprazamento non autorizado" no marco do estado de alarma, xa que, segundo a súa manifestación, "viña de consumir drogas e tomar bebidas alcohólicas", apuntaron as mesmas fontes. Por iso, realizáronse as probas nas que o accidentado obtivo un resultado positivo na de alcoholemia cunha taxa de 0,87 mg/ l, cando a máxima permitida sitúase en 0,25 mg/ l. O resultado indiciario sobre o consumo de drogas tamén foi positivo, a falta de ser confirmado polo laboratorio de referencia da DXT, destacaron as mesmas fontes. DELITO O equipo de Atestados e Informes do Subsector de Tráfico en Pontevedra instrúe as dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas ou de bebidas alcohólicas. O equipo de Atestados e Informes do Subsector de Tráfico en Pontevedra instrúe as dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir un vehículo de motor ou ciclomotor baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas ou de bebidas alcohólicas. Este delito ten aparelladas penas de prisión de tres a seis meses, multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a 90 días, así como pena de privación do dereito conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos. Ademais, verificouse que o vehículo implicado non tiña subscrito seguro obrigatorio, conduta que leva aparellada unha sanción de 1.500 euros.


27 de abril de 2020

ACCIDENTE APARATOSO CON FERIDOS EN CAMBADOS


Aparatoso accidente de tráfico ocorrido en Cambados na madrugada deste luns.
Eran sobre as cinco e cuarto da madrugada
cando nun choque prácticamente frontal entre dous turismos na avenida de Vilariño, no cruce coa variante do Salnés. Unha moza de 18 anos,  A.T. B.J., resultou ferida. Foi trasladada ao Hospital do Salnés onde quedou ingresada ao presentar dor cervical e dorsal.
Os dous vehículos quedaron seriamente danados, un deles rematou chocando contra un poste do tendido eléctrico.
Interviron no operativo, o Grupo de Emerxencias de Cambados, Gardia Civil de Tráfico e unha Ambulancia do 061.

Imaxes- Emerxencias de Cambados


1 de abril de 2020

UNHA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS

Dado o pouco tráfico que hai polas estradas que percorren a nosa comarca non deixa de acontecer percances. O Concello de Cambados apagou algúns semáforos para evitar que os veciños teñan que agardar nos pasos de peóns innecesariamente ou os vehículos nos Stop sabendo dese pouco tráfico i evitar así permañecer máis tempo do necesario.

Pois ben, un novo accidente de tráfico tivo lugar esta tarde na avenida de Vilariño a altura do cruce coa avenida do Salnés. Un lugar que normalmente está regulado con semáforos e nestes días apagados polas causas antes descritas. Malia todo, os sinais verticais e na estrada seguen a estar. O suceso saldouse cunha muller ferida, M.E.S. de 48 anos, que foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061, con dor cervical e traumatismo no xeonllo dereito.

Colabora Ambulancia 061e o Grupo Municipal de Emerxencias. Instrúe dilixencias a Policía Local de Cambados.


4 de marzo de 2020

UN NOVO ACCIDENTE EN CASTRELO DEIXA UNHA MULLER FERIDA


Este mediodía en Castrelo, houbo un novo accidente o segundo nesa parroquia e o terceiro no concello en 24 horas. Eran algo menos das 12:30 horas.
o accidente aconteceu na PO-550 a altura de Castrelo dirección Cambados pouco antes do cruce de Sisán.
Como consecuencia resultou ferida unha muller, S. B. B. de 69 que foi evacuada ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061, a vítima sufreu un ataque de ansiedade e dor torácico polo cinto. A muller saiúse da vía por causas que se descoñecen batendo contra o muro de peche dunha finca e levándose por diante unha sinal de tráfico.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Tráfico. No operativo participaron a Policía Local de Cambados, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ambulancia do 061.



3 de marzo de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN RIBADUMIA





Esta noitiña producíase un accidente de tráfico na Rúa Bouza, en concreto na Ep-9305 ao seu paso por Ribadumia. Un motorista resultou ferido, M.S.I. de 49 anos, cando un vehículo invadeu a estrada, pola que circulaba o ciclomotor, ao saír dun cruzamento.
O ferido con dor costal, torácico e lumbar polo que foi trasladado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061.
Na intervención colaborou Protección Civil de Ribadumia e Cambados, Garda Civil de Tráfico e Atestados.


18 de enero de 2020

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada nun accidente de tráfico rexistrado no concello de Cambados.


Segundo informaron desde Protección Civil de Cambados, o sinistro tivo lugar ás 03:37 horas deste sábado na ponte de Cobas de Lobos, na estrada provincial EP-9506 ao seu paso pola parroquia de Vilariño.
Como consecuencia da colisión resultaron feridos o copiloto e a pasaxeira dun dos vehículos.
Trátase dun home de 32 anos, coas iniciais  M.A.V.N. e veciño de Cambados. A pasaxeira tamén é veciña de Cambados, con iniciais A. L. B. e de 29 anos de idade.
Ambos presentaban un cadro con dor lumbar, torácico, cervical e en extremidades superiores e inferiores.
A condutora do outro vehículo resulta ilesa.


6 de enero de 2020

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Esta tarde producíase un accidente de trafico sobre as 19:30 horas na  VG-4.3 altura rotonda de Vilariño.
Foron 3 os feridos evacuados ao hospital do  Salnés.
Na furgoneta involucrada o condutor  M.C.B. de 40 anos evacuado con dor cervical.
O copiloto da furgoneta  J. M. B. C. de 53 anos tamén dor cervical
A copiloto do vehículo causante  S.V. C. de 26 anos dor cervical e lumbar

O carril sentido  Vilagarcía estivo cortado durante 1 hora e a  Policía Local de Cambados estivo a dirixir o tráfico ata que chegou a Garda Civil de Tráfico. 
























                                                                                                                                                                                                                                                                                                      
  












5 de diciembre de 2019

CINCO FERIDOS ENTRE ELES UNHA NAI E O SEU FILLO NUN ACCIDENTE NO GROVE


Cinco persoas resultaron feridas, dúas rescatadas do interior do vehículo envorcado, ademais de dous peóns nai e fillo e mais o condutor dun vehículo aparcado próximo, tras ser alcanzados por un turismo despois de envorcar na Rúa Luís Antonio Mestre, no Grove.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 18:30 horas desta tarde mediante as diversas chamadas de persoas alertadas por un vehículo que quedara coas catro rodas para arriba nese lugar. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros do Salnés e aos membros do GES de Sanxenxo para liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do coche, ademais dos profesionais sanitarios para atención e traslado dos feridos ata o centro hospitalario de referencia.
Do mesmo xeito, neste operativo foi necesaria a colaboración dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade co fin de facilitar a actuación dos servizos de emerxencias.



3 de diciembre de 2019

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE NA ROTONDA DE VILARIÑO


Tres persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente na rotonda de Vilariño.


O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 16:41 horas. pola chamada dun particular.
Como resultado do accidente tres persoas resultaron feridas.
Un dos feridos, J.J.S.P. de 28 anos foi trasladado ao Hospital do Salnés pola ambulancia do 061 con dores cervical e lumbar. Mentras os outros dous feridos, un matrimonio acudía ao centro hospitalario polos seus propios medios a pesares de ter fortes dores cervical e lumbar. No operativo colaboraron Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e Ambulancia do 061.



O suceso produxo retencións importantes nos viais de entrada e saída de Cambados. 

Pola mañán os efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudiran a un accidente de tráfico na PO-300, en Sameiro na parroquia de Vilariño. Neste suceso non se produxeron feridos. Na intervención tamén participou a Policía Local de Cambados.




2 de diciembre de 2019

DOUS ACCIDENTES NO DIA DE HOXE, EN VILAGARCÍA E VILANOVA


Unha muller trasladada despois de producirse unha colisión entre dous turismos e un camión en Vilagarcía.

A colisión entre dous coches e un camión na parroquia de Santa Maria de Rubiáns, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa saldouse cunha muller ferida este mediodía.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 13:30 horas cando unha das implicadas no accidente chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) para solicitar axuda.  No seu relato indicaba que non era capaz de saír do seu vehículo polos seus propios medios e que os ocupantes do outro automóbil sinistrado tamén presentaban dificultades para abandonalo.
Decontado, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia comprobaron que todos os implicados no accidente atopábanse liberados e accesibles e descartaron o uso do material de excarceración. Finalmente, a ferida puido ser evacuada polos servizos sanitarios en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.
Tamén acudiron ao lugar do accidente os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía  Local  co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.
Saída de vía en Vilanova de Arousa
Unha hora despois, o 112 Galicia recibiu o aviso doutro accidente na EP-9703, en Vilanova de Arousa. Segundo a información facilitada ao 112 polos servizos de emerxencia, unha persoa foi trasladada ao Hospital do Salnés despois que o vehículo no que viaxaba se saíra da vía ao seu paso polo lugar de Ousensa, na parroquia de Santa María de Caleiro.
Ademais dos profesionais sanitarios desprazáronse ata o lugar, tras ser avisados polo 112, os Bombeiros de Vilagarcía, os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade.


18 de noviembre de 2019

A POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS FARÁ CONTROIS DE VELOCIDADE NO CENTRO URBANO AO LONGO DESTA SEMANA


A Policía Local de Cambados dispón esta semana, ata o día 25, dun vehículo da Dirección Xeral de Tráfico para realizar controis de velocidade no centro de Cambados. Con esta campaña de control de velocidade, quérese concienciar aos condutores da necesidade de reducir a velocidade no casco urbano cambadés.
Os controis de velocidade iniciáranse hoxe mesmo e continuarán ata o luns da vindeira semana. As rúas afectadas serán as principais vías de entrada e saída de Cambados, así como o centro urbano e o casco histórico cambadés.
Cabe lembrar que, na actualidade, nestas rúas a velocidade máxima está fixada en 40 ou 50 km/hora, dependendo de cal se trate. Aínda que, como xa manifestou o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Tino Cordal, a intención do goberno municipal é reducir a velocidade máxima nestas rúas a 30 km/hora de maneira gradual no vindeiro ano 2020.
O vehículo cedido pola Dirección Xeral de Tráfico esta previsto que se sitúen na Avenida de Vilagarcía, Avenida da Coruña, Rúa do Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Paseo da Calzada, Avenida de Vilariño, Avenida de Galicia, Avenida de Castrelo, Avenida de Madrid ou en calquera outra rúa do casco histórico.
Estes controis de velocidade poderán repetirse ocasionalmente nos próximos meses antes da entrada en vigor da medida que reduza a velocidade no centro urbano cambadés a 30 km/h. A partir dese momento, os controis repetiranse con máis asiduidade.
Pero, tal como afirman dende a Policía Local cambadesa, a finalidade non é só sancionar aos condutores que excedan a velocidade permitida senón conciencialos da necesidade de reducila para evitar accidentes de tráfico e facer máis seguras as rúas cambadesas.
Pois, é unha evidencia contrastada que canto máis se reduza a velocidade menos probabilidades existen de provocar accidentes e que estes sexan menos graves. O obxectivo final é conseguir que Cambados non teña accidentes e que as rúas sexan máis seguras para a cidadanía cambadesa.


9 de noviembre de 2019

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Unha moza de 15 anos de idade e veciña de Caldas tivo que ser evacuada e trasladada ao Hospital do Salnés por unha unidade do 061 tras sufrir un accidente na madrugada deste sábado.
A moza viaxaba cun mozo de 20 anos, veciño de Vilagarcía, que conducía o vehículo. Por causas que aínda están por determinar, o turismo saía da vía cando circulaba pola PO-300 á altura da parroquia de San Vicente de Oubiña, no municipio de Cambados.
Os servizos de emerxencia tiveron constancia da alerta do accidente ás 01.36 horas.
O turismo, tras saír da estrada, remataba sobrepasando a beirarrúa para caer nun viñedo dunha leira da localidade, debido ao impacto os sistemas de protección do airbag saltaban.
A moza ferida queixábase de dor cervical e torácica. Ao lugar acudiron os integrantes do servizo de Protección Civil.
Parte dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambados. colaboran na extinción do lume no Os traballos de extinción do incendio declarado a pasada madrugada nun estaleiro da parroquia de Lourizán, en Pontevedra, proseguen tras unha mañá na que os servizos de emerxencias se centraron na refrixeración e completa extinción dos puntos de combustión do recinto.
Deste xeito, os equipos de extinción seguen a actuar sobre a zona afectada, aínda que avanzan que as tarefas, posiblemente, rematen ao longo das próximas horas.
Arestora, permanecen no punto os Bombeiros do Morrazo, Pontevedra, Salnés, Vigo, así como o Servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cambados. Tamén, continúan no lugar os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), os axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose precisa a súa intervención.
Igualmente, cómpre salientar que, o servizo de Salvamento Marítimo colaborou co despregue de barreiras na zona, seguindo o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia -Plan CAMGAL-.





13 de junio de 2019

UN MENOR E A SUA NAI ATROPELADOS XUNTO AO COLEXIO MAGARIÑOS DE CAMBADOS


Un menor foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario tras ser atropelado xunto á súa nai cando cruzaba este xoves un paso de peóns fronte a un colexio no termo municipal de Cambados. Segundo os datos facilitados pola Policía Local e o 112 Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 8,45 horas deste xoves fronte ao colexio Antonio Magariños Pastoriza, na avenida de Vilariño, en Cambados.
Ambos cruzaban un paso de peóns fronte ao centro de ensino, na rúa Vilariño, sobre as 8:45 horas, cando foron arrolados por un turismo cuxo conductor quedou supostamente deslumbrado polo sol e non se percatou da súa presencia.

Foron mobilizados o 061, os Bombeiros do Salnés, Protección Civil e a Policía Local, que confirmou que o menor e a súa nai foron atropelados nun paso de peóns cando se dirixían ao colexio. O 061 desprazou ao lugar un médico de Atención Primaria e unha ambulancia que levou ao menor ao Hospital do Salnés, sinalaron fontes sanitarias.



21 de marzo de 2019

DOUS FERIDOS EN DOUS ACCIDENTES ESTA MAÑÁN EN CAMBADOS


Dous accidentes no transcurso da mañán producíanse hoxe.
O primeiro produciuse na PO-549 á altura de Corvillón, no que se viron implicados un camión e dous turismos e resultaron feridos a condutora dun dos coches, M. P. M, de 22 anos, e o acompañante, M. O. G. de 29 anos. Ambos foron trasladados ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar.

Segundos as fontes de información, o camión embestiu a un turismo e este a súa vez a un segundo vehículo.

O segundo dos accidentes produciuse na rotonda de Vilariño, neste caso, sen feridos. A os lugares dos accidentes acudiron Protección Civil de Cambados e á Garda Civil de Tráfico.