Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2016

A DEPUTACIÓN CONCEDE AXUDAS A CLUBES QUE COMPITEN A NIVEL NACIONAL









Un total de 56 clubs pertencentes a 20 concellos da provincia se beneficiarán destas achegas
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá a concesión de subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos da provincia que participen en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2016. En total, 56 clubs pertencentes a 20 concellos da provincia recibirán preto de 700.000 € para poder competir a nivel nacional.
Esta é a primeira vez que os clubs que compiten a nivel nacional teñen unha liña de subvencións específicas reguladas mediante unhas bases que lles vai permitir dispor de cartos públicos, por concorrencia competitiva, para o seu funcionamento e actividades con total e absoluta garantía de equidade. Neste contexto, para a concesión destas axudas, aplicáronse criterios obxectivos como o nivel de competición da entidade, o número de licencias federativas ou o número de equipos participantes por categorías.

En concreto, serán 14 clubs de balonmán, 9 de fútbol, 5 de baloncesto, 4 de fútbol sala, 4 de ciclismo, 3 tenis de mesa, 2 de natación, 2 de squash, 2 de atletismo, 2 de voleibol e 1 das categorías de salvamento acuático, judo, ximnasia rítmica, béisbol, surf, rugby, loitas olímpicas, bádminton e ximnasia os que se beneficien de achegas que abranguen desde os 2.752  ata os 24.467 €.
Da comarca de Arousa  3 clubs de fútbol, 2 de baloncesto, 1 de tenis de mesa e 1 de salvamento acuático da comarca do Salnés pertencentes ós concellos de Cambados (Club Cambados Tenis de Mesa e Club Xuventude de Baloncesto Cambados), Ribadumia (Club Deportivo Ribadumia), Sanxenxo (PC Salvamento Sanxenxo) e Vilagarcía de Arousa (Agrupación Deportiva Cortegada Carril Vilagarcía, Club Arosa Sociedad Cultural e Club Atlético Arousana) van recibir un total de 85.021 €.
Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ó deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como dinamizador da xuventude.  Entre  as axudas principais están as que hoxe foron aprobadas en Xunta de Goberno por valor de 500.000 € para o deporte náutico, as de deporte base federado dotadas de 600.000 euros que se aprobaron a semana pasada, as de clubs en competicións nacionais con preto de 700.000 euros que se aprobaron hoxe, as de actividades ordinarias dos clubs que están dotadas de medio millón de euros, ademais das actividades extraordinarias para deportistas individuais e os olímpicos.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.