Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FATIMA ABAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FATIMA ABAL. Mostrar todas las entradas

15 de octubre de 2020

FÁTIMA ABAL DE BAIXA CEDE TEMPORALMENTE O BASTÓN DE MANDO A TINO CORDAL


Mañán no BOP saldrá publicada a delegación de funcións como alcalde accidental de Fátima Abal no  primeiro tenente de alcalde Tino Cordal. O motivo non é outro que unha baixa médica motivada por uns problemas de saúde da edil socialista. A alcaldesa leva desde onte ao mediodía aillada ante a dúbida de padecer a COVID-19, con moita tos e que prácticamente a deixou sen voz. Feita a proba PCR pertinente esta deu negativo.
Por tal motivo foille dada a baixa para recuperar a voz e o estado de saúde normal.

A alcaldesa quere tamén tranquilizar as persoas que estiveron estes días con ela pois, como decíamos anteriormente a proba da COVID foi negativa.


28 de julio de 2020

FÁTIMA ABAL SALE INDEMNE DAS DENUNCIAS POLA CASA DOS SEUS PAIS

O Xulgado de Cambados  decretou sobreseimento do caso da casa dos pais da alcaldesa Fátima Abal, apoiánsose nun informe de fiscalía  no que se pon de manifesto a "atipicidade dos feitos denunciados", e "que as obras se axustan ao proxecto e que non debe seguirse adiante coa prosecución deses feitos".
Por se ésto non fose bastante, o denunciante, recurríu ante a Audiencia Provincial e esta desestimou o recurso de apelación.
Polo tanto, todo este tema respecto á casa dos pais de Fátima Abal, queda claro que se tratou dunha campaña maliciosa de desprestixio contra a alcaldesa, facendo dano á familia, e cun tema no que non había nada que fose nin irregular nin moito menos ilegal.
O PP, alimentou esta campaña  contra unha  familia,  que leva traballando desde os 14 anos e cuxo único "pecado" foi que a súa filla saíu elexida alcaldesa nun proceso democrático e transparente. 
Ademáis outras persoas con ánimo de facer aínda máis dano, se subiron ao carro desta malintencionada calumnia provocando danos irreparables na saúde da familia de Fátima Abal. 
A alcaldesa non desbota denunciar estes feitos, polo dano irreparable que se provocou, pola presión á que os seus pais se viron sometidos facendo pública a imaxe da súa vivenda
Ademáis por esa cuestión, Fátima Abal foi denunciada por prevaricación administrativa,  cando ela se abstivo e incluso se ausentou,  da Xunta de goberno na que se concedeu esa licencia, como así o reflicte a Acta de esa Xunta de goberno
Feito que tamén quedou demostrado en sede xudicial e ratificado polo que era o Secretario municipal naquel momento.
 A alcaldesa fixo público porque un dos que se subeu ao carro para desprestixiala e que ten "vínculos"  co PP de Cambados, presentou no día de onte un escrito no Concello sobre o tema e pedindo a restauración da legalidade da casa.



18 de abril de 2020

QUE PASA COAS MASCARILLAS EN CAMBADOS?

Moito se está a falar sobre todo polas redes sociais o non reparto porta a porta de mascarillas por parte do Concello de Cambados.
Segundo as nosas informacións recabadas de entre traballadores do propio concello, voluntarios e costureiras e outras persoas cercanas ao concello o tema é o seguinte.
Uns días antes (12 de marzo aprox.) de decretarse o Estado de Alarma desde o goberno local e consensuado con traballadores do propio concello xa se acordaran medidas antes de facer a celebración do pleno. Entre as medidas que estaban sobre a mesa eran sobre todo o do teletraballo e as restricións para poder acudir ao concello en caso que non fose estritamente necesario. Todo isto sin saber aínda pero que se intuía que podía chegar a ter que confinarse nas vivendas. No Concello non se sabía como ía afectar á medida. Foi a partir de aí que xa se empezou a repartir mascarillas a todos os traballadores do concello.
Como no Concello non eran suficientes comezaron a facer as primeiras compras.

Os primeiros lotes compráronse en PEYCAR, unha tenda especializada en roupa de traballo e protección laboral. O venres día 13 compraron outro lote na tenda da adega Martindax. Foi neses días, 13 e 14 de marzo cando se empezaron a repartir aos traballadores do concello e Protección Civil. Logo desto foi cando se comezou a facer as mascarillas de tea e nun primeiro momento repartíanse como era obrigado por dicilo así ou a quen se lle recomendaba utilizar é a persoas que estivesen enfermas ou que estivesen en contacto con algúen positivo por coronavirus.

Cando empezaron a facer as de tea o concello recibe en doazón dúas pezas grandes de tea Un grupo de costureiras, ao redor de 15, reciben esas teas e facilítaselles ademais da tea cortada para as mascarillas os fíos e as gomas por parte do concello. O mesmo concello compra un rolo de tea para seguir facendo máis mascarillas.
Desde o Concello desde o primeiro momento publicouse vía redes sociais un formulario que leva colgado na páxina do facebook desde que se empezaron a distribuír as que xa había feitas. Porque ata que estiveron confecionadas. Evidentemente non se ía a publicar nas redes sin antes telas feito.
A primeira publicación que ten Fátima Abal ou o Concello no facebook ao respecto data do 23 ou 24 de marzo. Publicación que se comparteu en innumerables perfís e que cada pouco repetían tanto as páxinas do concello como da propia Fátima Abal.

Nun primeiro momento deuselle prioridade ás persoas que tiñan que acudir a hospitais ou a sitios onde había posibilidade de contaxios e para protexerse as persoas con defensas baixas, como podía ser nun hospital, un centro de saúde, ambulatorio..... Repartíronse a persoas que tiñan que levar tratamentos de quimioterapia, radioterapia diálise, embarazadas que tiñan que ir ao hospital facer probas, persoas con enfermidades respiratorias, por exemplo asmas bronquite etcétera. Persoas que estaban dentro do grupo de risco maiores de 65 anos. Unha vez cubertas estas persoas e que se incrementaba o número de mascarillas abreuse a repartir xa directamente. Primeiro a residencias de maiores en concreto ao Asilo de Cambados á residencia DomusVi de Ribadumia, do cal tiña constancia o propio alcalde veciño e que eran mascarillas desbotables) e á residencia Divina Pastora de Vilagarcía. Volveuselles a ofrecer mascarillas á Residencia DomuVi pero de tea pero rexeitaron o ofrecemento. A Asociación BATA tamén levou un lote de mascarillas para todos os traballadores e traballadoras do centro. Todas iguais e confeccionadas por unha costureira de forma totalmente altruísta. Repartiron tamén ao Supermercado Froiz a Supermercado Kolding, repartidores de butano, redeiras, traballadores da Lonxa e logo particulares que foron solicitando a través de teléfono ou a través do formulario. Ofrecéronse a outros supermercados pero xa lle-las facilitara a propia empresa.

Para poñerse en contacto a través do teléfono hai que chamar ao telefono do concello 986 52 09 02 e pedirlles que lles pasen con a extensión da persoa que leva as máscaras. A extensión é 779 e senón a través do a través do formulario do facebook, calquera das dúas formas pódese facer e tamén ten un numero fixo se queren chamar ao numero fixo e o numero fixo é 986 52 09 10.
Respecto ao tema das mascarillas hai que as de tea evidentemente non son mascarillas que sexan completamente asépticas. Non por poñer unha máscara xa non te vas a contaxiar o que preserva a máscara de tea é que unha persoa que está enferma ou que esté contaxiada de coronavirus salpique ao falar partículas de saliva á outra persoa que se supón tamén que ten que estar a unha distancia considerable e tamén serve para as persoas que están en corentena e para as persoas que están enfermas e teñan que ir ao Hospital pola sua doenza e que adoitan ir acompañadas por outra persoa.
Desde o Concello van facer unhas follas explicativas para que se darán cada vez que se entreguen as mascarillas. Neses folletos darán as intruccións de como utilizalas.
As mascarillas de tea non son unhas mascarillas que sexan realmente unha medida de protección en sí mesmas. É dicir non por usar a mascarilla non vas enfermar.
Tamén hai que dicir que as mascarillas son de tea dobre a gran maioría, algunha costureira as fixo dunha tea gorda pero a maioría teñen unha tea dobre cunha ranura dentro. Nesa ranura hai que introducir algo para que faga de filtro. A xente lle está a poñer papel de cociña, papel de forno, papel plata, panos, gasas e mesmo hai persoas que di que funcionan moi ben os salvaslips ou as compresas cortadas. Entón o filtro ten que poñer cada un e o que queira quitalo e logo lavar as mascarillas en auga quente con unha gota lixivia e pasar do ferro.
Podes pedir aquí as mascarillas que precises
En canto as mascarillas ffp2 ou ffp3, as autoridades recomendan que esas mascarillas solo sean utilizadas única e exclusivamamente para persoal sanitario e para persoas que están en continuo contacto ou que poidan ter contacto con persoas contaxiadas de coronavirus porque se toda a poboación utiliza este tipo de mascarillas imos ter outra vez problemas de abastecemento e son precisamente para unhas persoas moi específicas.
Tamén é bo recordar á xente que o uso de máscara non é obrigatorio senón que é xustamente ao reves que se deixe as máscaras para aquelas persoas que realmente as necesitan e as persoas que estamos sans debemos de seguir as recomendacións de non estar a menos dun metro e medio de distancia de calquera outra persoa, lavarnos as mans cada vez que tocamos algo e non pasalas nin pola cara nin polos ollos, boca, nariz etcétera.
Hai que engadir que desde a Xunta a Cambados non chegaron máis de 1500 mascarillas e outros materiais de protección e limpeza. Material moi insuficiente para os case 14.000 habitantes. Tampouco imos a esquecer de dar as grazas as persoas que colaboraron na confección das mascarillas, as empresas que doaron material e que queren permanecer no anonimato.

Manter unha boa hixiene de mans non usar mascarilla indiscriminadamente. Non obsesionarse soas mascarillas. En España non é obrigatorio e máis desaconsellan o uso de máscara para todas aquelas persoas que non estan enfermas precisamente para iso para evitar o desabastecemento. O máis importante de todo e que obrigan ás autoridades é a non saír de casa salvo que sexa estritamente necesario. Non por ter máscara xa podemos saír as rúas.

Hai xente que non entende ou que pensa que pode ir onde queira porque levan mascarilla.
Levar mascarilla non vai evitar que te poidan multar.

O que é obrigatorio é non saír sen causa xustificada.



Podes pedir aquí as mascarillas si as precisas ou nos teléfonos 986 52 09 10 ou tamén 986 52 09 02 (ext. 779)



28 de enero de 2020

ENTREVISTA A FÁTIMA ABAL. OS ESPUMOSOS RÍAS BAIXAS EN XAPÓN E A FESTA DA VIEIRA


A alcaldesa Fátima Abal adiantou varias novas nunha entrevista nen COPE Pontevedra.
O viño albariño espumoso servirase nunha feira de Tokio grazas á promoción que fixo Cambados en FITUR, a Feira Internacional do Turismo celebrada a pasada semana en Madrid. Profesionais xaponeses solicitaron unhas botellas da Denominación de Orixe Rías Baixas para o seu evento. Posteriormente, confirmaron que visitarán Cambados na festa do Albariño de agosto, segundo anunciou en COPE + Pontevedra a alcaldesa Fátima Abal. Esta variedade de espumoso promocionarase tamén na Festa do Albariño que se celebra en Mallorca no mes de abril e nas novas xornadas que organizará Cambados os días 14, 15 e 16 de febreiro no Salón José Pena. Sobre esa localización, Abal recoñeceu que non corre risco por necesitar dunha autorización de Portos de Galicia, xa que o viño maridará con conservas e, desta forma, mantense un uso relacionado co sector do mar. Segundo o que a presidenta de Portos de Galicia transmitiulle á rexedora do Salnés, este ano resolverase a petición de Cambados para que o paseo dá Calzada deixe de ser terreo portuario e pase a ser municipal.
FESTA DA VIEIRA Despois de non poder celebrarse en 2019 por falta de produto, o Concello de Cambados e a confraría local recuperará a festa da Vieira durante a fin de semana do 17 ao 19 de xullo, posiblemente cambiando de localización ao parque Torrado e pasando a ser un evento máis popular.



A entrevista completa AQUÍ.



21 de noviembre de 2019

A CAMBADESA JULIA BOULLOSA RECOLLEU O SEU PREMIO POLO RELATO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A Unidade de Violencia de Xénero da subdelegación provincial organizaba por terceiro ano consecutivo un concurso de relatos curtos e debuxos que sirvan para reflexionar sobre este problema social. Este xoves na sede de Afundación entregábanse os premios nunha gala institucional presentada polos xornalistas Diana Lovar e Antón Prieto.
Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, presidía o acto e facía un chamamento para que os máis novos adopten un compromiso para rematar coa violencia machista. Neste sentido, a subdelegada pediu unha reflexión sobre as cifras de asasinatos machistas que se producen e indicou que as compañeiras de instituto ou de colexio poden protagonizar no futuro un caso máis de violencia polo feito de ser mulleres. Lembrou que no segundo trimestre deste ano xulgáronse a catro menores en Galicia como presuntos autores de actos de violencia contra as mulleres.

Estíbaliz Palma, comisaria provincial da Policía Nacional; Simón Venzal, coronel xefe da Garda Civil; a directora provincial da DXT Paula Yubero, a directora do Instituto Españo de Oceanografía, Victoria Besada e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal acudían a este acto ao que tamén asistían outras autoridades locais e provinciais.
Para relato curto, o xurado composto pola escritora Montse Fajardo e o escritor Manel Loureiro; o profesor do instituto Valle Inclán, Eduardo Cid; e a profesora da UNED, Mila Lores, decidiu que os gañadores foran os seguintes traballos: 
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Amarga espera', de Julia Boullosa Alvarez do IES Francisco Asorey de Cambados.
2º PREMIO: 'Descubrindo a Violencia', de Alejandro Campos Herbes do CPR San Fermín de Caldas.
3º PREMIO: 'O Click', de Sabela Martínez do CPR A Inmaculada de Ponteareas.
CATEGORIA 2 ( Bacherelato e FP Superior)
1ºPREMIO: 'Fin da cita', de Lucía Ardao Cuevas do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
2ºPREMIO: 'O primeiro amor', de Carla Márquez Pereira do Colexio Compañía de María de Vigo.
3ºPREMIO: 'Polas invisibles', de Nuria Pintos Rodiño do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Na modalidade de debuxo, o xurado composto por Carme Hermo, profesora de Belas Artes e pintora; o pintor Manuel Ruibal; Ana Fortes, profesora do
instituto da Xunqueira; e o pintor Quique Ortega seleccionaron as seguintes obras:
CATEGORIA 1 (FP e ESO)
1º PREMIO: 'Xuntos non é unha fantasía', de Sergio Guillermo Loures Miranda do Colexio San José de Cluny de Vigo.
2º PREMIO: 'Fora as malas accións', de Laura Alonso Serdín do IES Carlos Casares de Vigo.
3º PREMIO: 'Recoñece. Hai saída', de Sofía Cedeira Rodríguez do IES Carlos Casares de Vigo.
CATEGORIA 2 (Bacherelato e FP Superior)
1º PREMIO: 'Phantom', de Sofía Neira Cibeira do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra.
2º PREMIO: 'Cuestión de Tempo', de Mario do Prado Lago do Colexio Apóstolo Santiago de Vigo.
3ºPREMIO: 'Que non cho pinten de rosa', de Leire Gil Xusto do IES Xunqueira I de Pontevedra.


24 de julio de 2019

SAUDA DA ALCALDESA FÁTIMA ABAL NAS VÉSPERAS DA FESTA DO ALBARIÑO



Queridas veciñas, veciños e visitantes: Como cada ano, Cambados alberga a festividade vinícola máis antiga de Galicia e a segunda con máis tradición de España, considerada un dos acontecementos máis importantes do calendario festivo. Unha festa na que celebramos, poñemos en valor e damos a coñecer un recurso que nos é propio e que é un dos maiores patrimonios da nosa vila, da Comarca do Salnés e de Galicia: o viño Albariño. 

A nosa festa, que comezou cun Xantar entre amigos adegueiros por ver cal era o mellor viño da colleita, converteuse pouco a pouco nunha tradición que aínda se conserva a día de hoxe. O eixo central da festa é precisamente ese: premiar os mellores albariños. Se ben é certo que ao redor desa cata principal, existen numerosos actos: música, artesanía, gastronomía, cultura, diversión… 

Son xa LXVII edicións nas que levamos rendendo culto ó noso viño, un viño de calidade e sabores inigualables. Pero tamén son sesenta e sete anos nos que xeracións de cambadeses, cambadesas e visitantes de todos os recunchos, levamos gozando de esta festa. 

Ademais este ano temos a satisfacción de ter una festa do Albariño recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional. Somos a primeira festa enogastronómica galega en contar con un selo de calidade internacional. 
Apostamos por unha festa plural, igualitaria e respectuosa coa diversidade. Unha festa onde o gozo e a diversión son compatibles con o respecto as persoas, onde os cambadeses e cambadesas: nenos, xuventude e maiores desfruten e se sintan orgullosos. Por ese motivo prográmanse actividades nas que as tradición populares conviven con apostas máis modernas. Agradecer un ano máis en nome de Cambados as moitas persoas que fan posible a festa, polo seu traballo, esforzo, colaboración e entusiasmo. 

Pero todo o traballo na organización da festa non sería nada sen a vosa participación que a enche de sentido e de vida. Por iso, quero desexarvos unhas felices festas, que desfrutedes o máximo posible coas actividades programadas e que a hospitalidade, tolerancia, solidariedade e cariño que nos caracterizan se amosen nas nosas rúas, e prazas, para o noso propio gozo e o de todos os visitantes que se achegan nestes días a nosa vila. 

¡Felices festas a todos e todas!




17 de julio de 2019

FÁTIMA ABAL ANÓTASE NAS OFICINAS DO INEM


A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, inscribiuse ao paro. A rexedora socialista quedouse sen soldo na corporación municipal despois de que os tres partidos da oposición votasen en contra da proposta de aprobación dos salarios.

O rexeitamento á petición presentada polo PSOE e por Somos Cambados, o bipartito que goberna na vila do Albariño, motivou que Abal continúe liderando o  Concello cambadés pero cobrando do paro no canto das contas municipais. " Eu son cambadesa,  quero ou  mellor para ou  meu  pobo así que que  seguirei  traballando polo  ben dous  veciños,  aínda que  neste caso  sexa gratis como un voluntariado social".


A rexedora confía en reconducir a situación despois do verán pasando dun bipartito a un tripartito, que inclúa ao BNG. O problema non sería chegar a un pacto entre socialistas e nacionalistas, senón as discrepancias entre o Bloque e Somos.





29 de junio de 2019

A ALCALDESA, FÁTIMA ABAL PARTICIPA NO RECOÑECEMENTO QUE A FUNDACIÓN MANOLO PAZ LLE BRINDA A ÁLVARO SIZA


A alcaldesa de Cambados acudiu hoxe á sede da Fundación Manolo Paz para participar no recoñecemento que a institución cultural cambadesa lle brinda ao eminente arquitecto portugués Álvaro Siza. Xunto a alcaldesa tamén o conselleiro de Cultura Román Rodríguez asistiron á conferencia que Siza impartiu co gallo da apertura das IV Xornadas da Fundación Manolo Paz, orientadas ao achegamento artístico entre Galicia e Portugal, e á entrega do galardón conmemorativo.
A Fundación recoñece deste xeito o conxunto da traxectoria de Siza e, en especial, as relevantes contribucións realizadas en Galicia e, dun xeito particular, en Santiago de Compostela, onde mostra a acertada conxugación de arquitectura e paisaxe, tanto na contorna do CGAC e o Parque de Bonaval, como no Campus Norte coa Facultade de Ciencias da Comunicación.
Este arquitecto, nado en Matosinhos no 1933, recibiu algúns dos premios internacionais máis importantes da súa profesión, como o Premio Pritzker, Premio Mies van der Rohe, a Medalla de Ouro do RIBA, a Medalla Alvar Aalto, a UIA Gold Medal ou Wolf Prize in Architecture. No eido autonómico, Siza recibiu no 2002 o Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, que busca recoñecer a persoas significadas polo seu traballo en prol da unidade europea e da preservación do patrimonio cultural do Camiño de Santiago e dos seus valores.



19 de junio de 2019

ENTREVISTA A FÁTIMA ABAL


A alcaldesa Fátima Abal repasou en COPE as prioridades do Concello e as negociacións para definir un goberno de coalición.

AUDIO DA ENTREVISTA
O Enobús volverá circular por Cambados o 2 de xullo
Fátima Abal, reelixida este sábado como alcaldesa de Cambados, adiantou en COPE Pontevedra a data na que o Enobús volverá circular: o 2 de xullo. Desta forma, retomaranse os percorridos en autobús por decenas de adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Sobre o concerto estrela da Festa do Albariño 2019, Fátima Abal non desvelou o nome do cantante ou grupo internacional que tocará en Cambados, xa que prefire esperar a que o concelleiro de Cultura no último mandato, o nacionalista Víctor Caamaño, decida se continúa no goberno local para que poida ser el quen o anuncia, ao ser a persoa que o conseguiu. Cores de Cambados pode decir que se trata dun grupo hispano-británico, cantan en inglés e participan en moitas bandas sonoras de series, filmes, anuncios ou documentais. Nas negociacións con Somos Cambados e BNG centrouse a entrevista coa socialista, que espera a que representantes de todos os grupos atopen unha data para poder confirmar se se unen nun tripartito ou se o Bloque queda fóra do goberno de coalición que formarán PSOE e Somos. O MANDATO DO RURAL Entre os seus obxectivos para o próximos catro anos, Fátima Abal remarcou o investimento nas parroquias de Cambados, en saneamento e abastecemento de auga. A maiores, no caso de que os seus socios de goberno estean de acordo, a alcaldesa querería levar a cabo una das promesas electorais do programa socialista: elaborar un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. "Queremos darlle solución a terreos que se atopan fóra de ordenación, que non son edificables, camiños que non teñen saída, etc. Para evitar que vos cambadeses e cambadesas teñan que acudir a municipios limítrofes para poder comprar a súa vivenda", explicou a socialista Fátima Abal.




15 de junio de 2019

FÁTIMA ABAL REELIXIDA ALCALDESA DE CAMBADOS


Non se produxo ningunha sorpresa e Fátima Abal foi reelexida alcaldesa de Cambados cos votos do seu grupo e os tres de Somos Cambados máis os dous do BNG. Luís Aragunde obtivo os 7 votos do seu grupo e J.R. Abal abstívose.
Podes ver todo o pleno no seguinte vídeo de Canal Rías Baixas.


FÁTIMA ABAL SERÁ INVESTIDA ALCALDESA

Fátima Abal será investida alcaldesa tralo acordo de hoxe trala reunión de 6 horas que mantiveron os tres grupos de esquerda representados no concello.
Faltan por redefinir as áreas de cada un dos grupos. Todo indica que conservarán as que tiñan ata agora con algúns cambios debido a os cambios en número de concelleiros tralas eleccións do 26 de maio.








1 de marzo de 2019

FÁTIMA ABAL VOLVERÁ A SER CABEZA DE LISTA DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, anunciou esta mañá que encabezará a candidatura socialista ás eleccións municipais do 26 de maio.
Estará acompañada nos primeiros postos por Samuel Lago, como número dous, e por Mari Cruz Leiro como terceira.
A actual concelleira de Turismo, Milagros Martínez, ocupará o posto número cinco na candidatura socialista de Cambados.
Fátima Abal amosouse disposta a gañar a alcaldía pero convencida de que non reeditará o pacto de goberno nas mismas condicións que o actual.
Asimesmo, tivo palabras para o PP asegurando que a partir de agora defenderase nos xulgados, e non nos medios de comunicación, de calquera acusación.

Declaracións aos medios recollidas por Arousa Sí Radio 



23 de febrero de 2019

A SEDE DO PP DE CAMBADOS PERTENCE NUNHA PARTE AO CONTRABANDISTA TERITO


"Somos Cambados" denuncia que a sede do PP está a nome do contrabandista "Terito"

Vicente Pérez Otero figura como copropietario do inmoble, que xa foi no seu día sede de Alianza Popular.

Somos Cambados acusou ao PP de ter como sede un local no que figura como copropiedad o defunto contrabandista Vicente Pérez Otero, Terito, algo que é "público e notorio".

Este partido sinala nun comunicado que "entre os propietarios do inmoble no que ten a sede local o Partido Popular de Cambados desde fai máis de 30 anos, na Rúa Castelao ou como se chamaba hai anos, Travesía do Hospital, figura Vicente Otero Pérez, Terito.
A nota engade que "calquera veciño pode consultalo no Rexistro da Propiedade, xa que a día de hoxe aínda consta como un dos propietarios do inmoble de 120 metros cadrados, e, ademais, ostenta a maior participación do mesmo, un 20,25%.

O local foi designado fai máis de tres décadas como sede de Alianza Popular e actualmente é o lugar de encontro do Partido Popular cambadés.

É por iso que Somos Cambados saca á luz esta información e critica a "falta de ética do Partido Popular" polas recentes declaracións do ex alcalde, e agora portavoz popular da oposición, Luis Aragunde. Nestas demandaba unha maior ética e moral por parte da alcaldesa, Fátima Abal (PSdeG), por mor da solicitude dun Pleno Extraordinario para que esta explicase a vinculación do seu marido cunha sociedade mercantil, a cal actualmente está a nome do seu cuñado, investigado por contrabando nos anos noventa.

Somos Cambados conclúe o seu escrito sinalando que se o PP, "ten pensado seguir con estas políticas e acusacións, por coherencia, igual víñalles ben valorar un cambio de sede".





16 de noviembre de 2018

O CONCELLO RECOLLE EN MADRID O PREMIO A MELLOR CONCELLO ENOTURÍSTICO DE ESPAÑA


A alcaldesa Fátima Abal e o concelleiro de Enoturismo de Cambados J. Ramón Abal recolleron no nome de Cambados o premio ao Mellor Concello Enoturístico de España. 
Na gala celebrada esta noitiña  na Real Fábrica de tapices de Madrid acompañaban as autoridades cambadesas José Ramón Ónega, presidente da Casa de Galicia en Madrid, Héctor Santos, encargado de Turismo da Diputación de Pontevedra, Pilar Martínez Troncoso, concelleira de Turismo de Ribadumia, Yolanda Vázquez, presentadora de televisión e por Yolanda Bóveda, productora de marmeladas de albariño. 

No principio do ano ACEVIN, a Asociación Española de Cidades do Viño, abriu a convocatoria dos Premios de Enoturismo ‘Rutas do Viño de España’ 2018, sendo a cuarta edición duns galardóns cos que se pretende dar visibilidade ás mellores iniciativas enoturísticas, segundo o xurado profesional e multidisciplinar designado para valorar as propostas e iniciativas inscritas e que está formado por representantes de distintas entidades do sector, como ACEVIN, MAPAMA, Turespaña, Federación Española do Viño, Observatorio Español dos Mercados do Viño, Asociación Española de Enoturismo e Turismo Gastronómico, e xornalistas especializados en turismo, viño e gastronomía, entre outros. Con estes premios que teñen un carácter bienal, tamén se recoñece a calidade e o esforzo das persoas e empresas que hai detrás de cada unha das propostas enoturísticas do noso país enmarcadas no mencionado Club de Produto, que ampara 27 Rutas do Viño de toda a xeografía española, coas que, ademais de promocionar o turismo enolóxico, foméntase a cultura vitivinícola, dinamízase a contorna rural, afiánzanse relacións profesionais polos mesmos obxectivos, etc.


Mellor Municipio Enoturístico CAMBADOS (Ruta do Viño Rías Baixas) Polo nivel de conservación e protección do seu patrimonio histórico (un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia), pola súa contorna de viñedos e adegas e o seu labor de potenciación da cultura do viño e a gastronomía, especialmente a través da Festa do Viño Albariño, creada en 1953 e declarada de Interese Turístico Nacional. Tamén polo seu labor de promotor da Ruta do Viño Rías Baixas desde o ano 2001, participando activamente na creación do Club de Produto Rutas do Viño de España.

Outros galardóns que recaeron na D.O. Rias Baixas foron:
Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente
ADEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA (Ruta do Viño Rías Baixas)



Mellor Experiencia Enoturística
‘SON & SAL’ (Ruta del Vino Rías Baixas)



26 de octubre de 2018

FÁTIMA ABAL FIRMA O ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL RELATIVO Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DO CONXUNTO HISTÓRICO DE CAMBADOS




A partir deste momento serán os municipios os que terán que sacar as convocatorias correspondentes para que os propietarios de vivendas ou edificios localizados nestas zonas poidan solicitar as axudas.

Esta mañán Fátima Abal asisteu á firma do  convenio de colaboración que permitirán investir un total de 18 millóns de euros na execución de diversas actuacións de rexeneración urbana en Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS) declaradas en 35 municipios.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a Secretaria Xeral de Vivenda do Ministerio de Fomento, Helena Beunza, e os/as alcaldes/as de 35 concellos galegos estamparon a súas rúbricas neste convenio.

Son en total 54 convenios que beneficiarán a outras tantas ARIS, un instrumento que se utiliza desde a súa creación para intervir sobre zonas que precisan rehabilitación co fin de garantir unhas vilas e cidades máis coidadas e humanizadas e que ofrezan mellores condicións de vida aos seus veciños.
De feito, os 18 millóns de euros comprometidos hoxe para estas 54 ARIS, cuxo financiamento será asumido por Xunta e Estado, súmanse aos preto de 20 millóns que aínda están en execución en virtude dos convenios asinados en anos anteriores. Isto significa, como sinalou Ángeles Vázquez, que a día de hoxe os concellos galegos con ARIS declaradas teñen á súa disposición 38 millóns de euros para investir na súa rehabilitación.
As áreas de rehabilitación integral son unha peza fundamental na política de vivenda deseñada pola Xunta. Así o demostran, como subliñou a conselleira, as 69 ARIS declaradas nestes momentos en 41 concellos de Galicia. A elas hai que sumar a Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago coa que se elevan a 128 o número de municipios galegos que contan, polo menos, cunha destas figuras.
Estas intervencións nas ARIS enmárcanse tamén na clara aposta da Xunta pola rehabilitación, un dos piares fundamentais sobre os que se asentan as súas políticas en materia de vivenda porque permite recuperar e mellorar o xa construído, xerar un número de postos de traballo sensiblemente superior á nova construción de vivendas e reduce a presión urbanizadora sobre a contorna.
Así, nos orzamentos da Consellería de Medio Ambiente para o vindeiro exercicio resérvanse preto de 36 millóns de euros para financiar actuacións directas e diferentes programas de axudas neste eido, e esta mesma semana, como lembrou Ángeles Vázquez, o Consello da Xunta deulle o visto bo ao anteproxecto da Lei de Rehabilitación de Galicia, que continuará agora a súa tramitación co obxectivo de remitila ao Parlamento neste período de sesións.

Actuacións en máis de 12.000 vivendas

Tras a sinatura conxunta hoxe dos 54 convenios cos correspondentes concellos, serán estes a partir de agora os encargados de realizar a convocatoria para que os propietarios de vivendas e edificios interesados en optar ás mesmas poidan solicitalas.
Deste xeito, grazas a estes 18 millóns sumaranse novas iniciativas e incrementarase o parque de vivendas nas que se ten actuado a través deste programa de axudas, que ascende a máis de 12.000 desde a creación das primeiras áreas integrais no ano 1996.
As actuacións en áreas de rehabilitación integral teñen por obxecto o financiamento da execución das seguintes actuacións:
-Execución conxunta de obras de rehabilitación en edificios e vivendas, incluídas as vivendas unifamiliares. Inclúense ademais as actuacións previstas para os programas de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, mellora da seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas.
-Execución de obras de urbanización e reurbanización de espazos públicos.
-A execución de obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción.
-O custo do realoxo temporal de ocupantes da súa vivenda habitual, froito das actuacións que se realizan.
-Información e xestión municipais.



18 de septiembre de 2018

PRESENTADA A BECA DE 50.000 EUROS PARA A INVESTIGACION DA AME



A Fundación GaliciAme crea a primeira beca para a investigación desta enfermidade, a Atrofia Muscular Espinal.
Está dotada cun importe de 50.000 euros financiados coas doazóns benéficas recadadas durante este ano.
Unha iniciativa na procura de tratamentos que presentaba esta mañá en Cambados a presidenta da Fundación, a cambadesa Merchi Alvarez, acompañada da alcaldesa, Fátima Abal, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal.




6 de septiembre de 2018

FÁTIMA ABAL DECLARARÁ O VINDEIRO MARTES NO XULGADO



A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, terá que declarar o martes 11 en calidade de investigada nos xulgados en relación a unha das denuncias que interpuxo contra ela un policía local da vila, que era tamén representante sindical. Todo esto si non hai cambios de última hora. A rexedora terá que comparecer en sede xudicial, ás 9 da mañá. Está citada por un presunto delito de revelación de segredos. Este é un dos varios casos que Fátima Abal ten pendente nos xulgados.

Hai que lembrar que o Xulgado de Instrución e Primeira Instancia número 4 de Cambados admitiu a trámite seis dos sete supostos delitos contidos na denuncia que presentou un policía local contra a alcaldesa, Fátima Abal.
O órgano xudicial investiga a suposta comisión dos delitos de revelación de segredos, suborno, lesións psíquicas e contra a integridade moral, ademais de dous presuntos ilícitos por prevaricación. Aínda que todo iso fora incluído nunha única denuncia, o xulgado investigará cada presunto delito de forma independente, en procesos separados.

A denuncia produciuse despois dunha publicación da rexedora na rede social Facebook, na que non citaba nomes concretos, pero na que o funcionario denunciante viuse identificado.





29 de julio de 2018

SAUDA DA ALCALDESA A OS CAMBADESES E VISITANTES CARA A FESTA DO ALBARIÑO



Cada primeiro mencer de agosto os cambadeses e cambadesas  espertamos ante a que sen dúbida é a nosa semana máis especial:  a Festa do Albariño. Cólmanse de afouteza e ledicia as nosas almas  e  esperta  en  nós  o  xúbilo  por  aquilo  que  agardamos  durante un  ano. 

Este ano celebramos  a 66 edición da que é a nosa maior festividade. Un  xantar  entre  adegueiros  que  tiña  por  finalidade determinar cal era o mellor  dos  seus  viños  albariños  aló  polo   1953, deu lugar ao que hoxe é esta festa. Unha festa que, ano tras  ano,  celebramos  co  corazón  e  co  espíritu.  E  por  esa  razón  segue   atraendo á nosa vila cada vez a máis milleiros de visitantes. 

O pasado ano Cambados foi recoñecida como Cidade Europea  do Viño 2017, un acontecemento especialmente significativo para  a nosa vila que este ano voltamos festexar co mesmo orgullo que  aínda perdura no noso Cambados. 
O  que  nestas  datas  se  festexa  é  o  producto  dun  traballo   constante,  que  vai  dende  o  coidado  da  uva  nos  viñedos,  pasando   pola  vendima,  procesado  e  envasado  do  viño  nas  adegas,  ata  ser   servido e degustado. Este esforzo, que a tanta xente implica, dende  viticultores  e  xornaleiros  a  adegueiros  e  hostaleiros, é o que  fai posible  que Cambados sexa  recoñecido  internacionalmente  pola   excelencia dos seus caldos. 

Todos  e  cada  un  dos  veciños  e  veciñas  teñen  unha  gran   relevancia  nesta  festa.  Sería  por  exemplo  moi  difícil  entender  o   albariño sen a perfecta maridaxe que acada cos productos do noso  mar.  E  que  dicir  da  hospitalidade  das  nosas  xentes,  que  cada  ano   acollen coa máxima amabilidade aos milleiros de persoas que nos  visitan. 
Cada ano me sinto máis ditosa de ser cambadesa. Por iso mesmo non me gustaría acabar sen dirixirme aos veciños  e veciñas que ano tras ano fan posible esta celebración, xa que sen  o  seu  esforzó  continuado,  todo  esto  non  sería  posible.  Elas  e  eles   son os auténticos protagonistas desta celebración.

Dende   o   Concello   temos   moi   presente   a   diversidade   depersoas  que  viven  e  gozan  desta  festa  e  traballamos  para  ofrecer un  programa  de  actividades  que  conte  con  gran  variedade  edinamismo,  con  eventos  para  todos  os  gustos  e  para  todas  asidades, que esperamos que sexa do voso agrado.Desexando  que  gocedes  dunha  semana  chea  de  ledicia  e de  amizade,  convídovos  a  levantar  as  vosas  copas  e  brindar  por Cambados e polo Albariño.

FELICES FESTAS E SAÚDE!

Fátima Abal Roma 
Alcaldesa de Cambados