Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SUCESOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SUCESOS. Mostrar todas las entradas

10 de diciembre de 2020

CINCO PERSOAS FERIDAS, DÚAS DELAS EXCARCERADAS, TRAS UNHA COLISIÓN MÚLTIPLE NA VG 4.3 EN CAMBADOS


Unha colisión entre tres vehículos na VG 4.3, en Cambados,  rematou con cinco persoas trasladadas ao Hospital do Salnés na mañá de hoxe. Como consecuencia, un dos coches rematou envorcado e dous dos ocupantes afectados tiveron que ser liberados polos bombeiros ao rematar atrapados no interior de distintos turismos.

De feito, os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron ao 112 Galicia que foi necesario efectuar o corte na circulación nese punto da vía para facilitar as labores dos equipos de intervención que acudiron ao lugar do sinistro.

O accidente rexistrouse pouco antes das nove horas desta mañá, tal e como indicaron as persoas que contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para dar conta dunha colisión múltiple na parroquia cambadesa de Corvillón con varios feridos.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía de Arousa e tamén aos membros de Protección Civil de Cambados.

Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, finalmente, un total de cinco persoas resultaron feridas e dous ocupantes de distintos vehículos foron liberados coa axuda do material de excarceración.

O vehículo envorcado Hyundai ía conducido por S. C. L. (48 anos) de Vilagarcia con dor cervical, torácico e lumbar. Foi excarcerada polo Servizo Municipal de Emerxencias de Cambados. A condutora do Megane E.C.A.(37 anos), con dor torácica, e cervical foi excarcerada por Bombeiros do Salnés. O condutor, ocupante e a menor do taxi J. M.D.D., N. F.M., G. L.S. de 6 anos, todos de O Grove, derivados por precaución ao Hospital. Todos os feridos ao Hospital do Salnés.

Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, xuntamente co persoal do servizo de mantemento da vía para restablecer as condicións de seguridade na estrada ata a retirada dos vehículos sinistrados.

Unha vez limpa a calzada, os equipos de emerxencia que acudiron ao lugar do sinistro informaron ao 112 Galicia que, unha vez que foran recuperadas as condicións de seguridade na VG 4.3, a circulación na estrada quedou restablecida. A limpeza de vía foi feita polo Servizo de Emerxencias Cambados e mantemento de estradas.


20 de noviembre de 2020

UN FERIDO NUN ATROPELO EN CORBILLÓN


O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados vén de actuar nun atropelo a un ciclista na rotonda de Corbillón. O ferido F. C. C. de 57 anos e veciño de Cambados ten erosións en mans e dor en cadeira e perna dereita. É evacuado ao Hospital do Salnés. O suceso prodúxose intres despois das 6 da tarde.

No operativo colaboran tamén Policia Local e Garda Civil de Trafico.



19 de noviembre de 2020

ACCIDENTE SIN FERIDOS EN CAMBADOS


Un turismo e unha furgoneta chocaron frontalmente cando circulaban pola Rúa Os Caeiros de Cambados sen que se chegasen a rexistrar feridos. Na intervención colaborou a Policía Local do municipio, segundo informa Emerxencias Cambados a través da súa conta de Twitter.
 


 

17 de noviembre de 2020

DOUS ACCIDENTES SIN GRAVES DANOS ESTA MAÑÁN EN CAMBADOS


O Servizo de Emerxencias do
Concello de Cambados vén de intervir en dous accidentes de tráfico.

O primeiro dos accidentes tivo lugar na Avenida do Salnés,moi próximo ao I.E.S. Ramón Cabanillas. Unha colisión
frontolateral que se saldou unha persoa ferida. R. P.V. que é evacuada ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar pola Ambulancia do 061. Colaboran na intervención a Policía Local e Ambulancia do 061. O segundo accidente ocorreu preto da Rotonda de Vilariño. Este segundo contratempo saldouse sen feridos e produciuse por unha colisión por alcance. Colaboraron no dispositivo a Policía Local e a Garda Civil de Trafico.


27 de octubre de 2020

UN TRABALLADOR FERIDO NUN ACCIDENTE LABORAL


Case as 5 e media desta tarde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia era informado polos servizos sanitarios doutro accidente laboral. Neste caso, tratouse dun operario que foi golpeado na súa cabeza coa peza dunha máquina coa que traballaba. O accidente ocorreu no Campo da Vila, en Oubiña, en Cambados.

Nada mais ter conta do suceso, o 112 Galicia informou á Garda Civil, á Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade e de Vilanova de Arousa.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, o ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés polo persoal sanitario.


16 de octubre de 2020

UNHA MULLER E A SÚA FILLA DE 4 ANOS FERIDAS NUN ACIDENTE EN CAMBADOS


Esta tarde, pouco despois das 18:30 hrs producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilariño, pouco despois da rotonda en dirección ao centro de Cambados. Nunha colisión por alcance, resultaron 2 persoas feridas. A copiloto de un dos vehículos implicados, E.V. B.D. de 41 anos con dor cervical e lumbar e a súa filla A. N. B. B. de 4 anos con molestias polo cinto. Ambas foron derivadas ao Hospital do Salnés.

Ambas son de Villagarcía. Participan no operativo a Ambulancia do 061, Policia Local de Cambados e o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.


UN CAMIÓN ENVORCA E PERDE A SUA CARGA EN VILANOVA


Un camión que transportaba 24.000 quilos de fertilizante granulado perde a súa carga ao envorcar en Vilanova de Arousa

O condutor dun camión que transportaba 24.000 quilos de fertilizante granulado resultou ferido e tivo que ser trasladado despois de que o vehículo envorcase e perdese a súa carga en Vilanova de Arousa, concretamente nunha rotonda no punto quilométrico 18 da PO-531, a conocida como rotonda de San Simón en Baión.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil de Tráfico, a circulación de vehículos continúa con precaución na rotonda, excepto a incorporación a Caldas de Reis, que permanece pechada ao tráfico mentres continúen os traballos para restablecer as condicións de seguridade na estrada. Con este fin, a empresa transportista á que pertence o camión encárgase da limpeza da vía e do transbordo da mercancía que rematou espallada no accidente.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso ás 17:00 horas a través da chamada dunha persoa particular e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Salnés, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada. 

14 de octubre de 2020

UN FALECIDO E TRES FERIDOS NA ILLA



Un home faleceu e outros tres resultaron feridos nun accidente sucedido sobre medianoite no municipio da Illa de Arousa ao saírse un vehículo da vía. Segundo informou o 112, tivo coñecemento dun accidente de tráfico na Illa de Arousa que finalizou cunha persoa falecida e outras tres feridas. Así o confirmou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se desprazou ao lugar do sinistro tras recibir o servizo de emerxencias a chamada de alerta dunha persoa particular. A persoa que alertou indicou que o accidente, unha saída de vía dun vehículo, produciuse pasada a medianoite deste mércores na rotonda de acceso á vila, na estrada PO-307. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil de Tráfico que, pouco tempo despois, confirmaron o falecemento dun ocupante, mentres que os outros tres resultaron feridos de diversa consideración. Este operativo contou coa colaboración dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados que, unha vez no lugar dos feitos, advertiron da gravidade do suceso. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico, así como persoal sanitario do PAC de Cambados para atender a catro pacientes. En concreto, o persoal do 061 confirmou o falecemento no punto dun home de 54 anos, J.D.M.; mentres que outros dous homes foron evacuados ao Hospital do Salnés: D.V. P., de 40 anos e A.D. J., de 18. Pola súa banda, foi levado ao PAC de Cambadados R.V. P., de 40 anos, confirmaron fontes sanitarias.
O condutor J. C.D.M. de 54 anos falecido. O copiloto A.D. J. de 17 anos ferido. Ambos vivían desde hai pouco tempo na Illa Os pasaxeiros D.V. P. e R.V. P. de 40 anos e veciños de Vilanova de Arousa.
Na intervención estivo a Ambulancia do 061 de Cambados, Persoal Médico do Pac de Cambados, Ambulancia Medicalizada do 061, Mantemento de Estradas, Garda Civil de Trafico e Atestados.



13 de octubre de 2020

UN MILITAR CAMBADÉS FALA DE FUSILAR MÁIS NAS REDES SOCIAIS




Un grupo de adolescentes arrincou dous bancos en homenaxe ao colectivo LGTBI i en contra o acoso escolar, que hai poucos días instalou o
Concello de Cambados na vila do albariño. Os mozos, que gravaron os feitos en vídeo e subíronos ás redes sociais, utilizan o slogan "limpando Cambados" para referirse á súa "fazaña". No vídeo vese a tres xóvenes, que xa foron identificados pola Policía Local, zarandeando un dos bancos e introducíndoo no contedor amarelo, destinado aos envases. A gravación foi a que permitiu identificar os tres adolescentes, menores de idade -o maior ten 15 anos-. 

Os bancos apenas levaban uns días no municipio. O Concello instalounos como símbolo da concienciación social achega do respecto mutuo e representaban tanto ao colectivo LGTBI e a igualdade á marxe de calquera orientación sexual, así como a condena firme cara ao acoso escolar. 

Trala publicación do vídeo sucedéronse toda clase de comentarios. O máis grave o de un militar cambadés no que decía... "¡Niñatos HDP  en este país se "fusila" mal y poco!"
Un comentario moi impropio dunha persoa con acceso a armas e que debería defender aos españois en vez de atacalos. Fiel vinculación á dereita local.E tamén impropia dunha persoa acostumada a levar os santos en procesión.



5 de octubre de 2020

UN TRABALLADOR FERIDO GRAVE DESPOIS DE CAER DESDE ALTURA


Un operario resultou ferido na mañá de hoxe despois de precipitarse desde unha altura cando traballaba na parroquia de Vilariño, de Cambados. 
O suceso produciuse na nave da antiga empresa de Gráfica Salnés, caída de altura duns 5 metros de altura. O ferido, Q.L., de 40 anos, é trasladado ao Hospital de Montecelo en estado grave.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos profesionais de urxencias sanitarias, o accidente ocorreu ás 10:30 horas. Deste xeito, para prestar apoio ao equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade.



28 de septiembre de 2020

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE EN CASTRELO


No día de onte producíase un accidente de tráfico na rotonda de Castrelo. Como resultado do sinistro 2 persoas resultaron feridas.

A ocupante M.T.R.G. 86 anos de Cambados, dor no peito e no pescozo. O condutor A.P.L. e veciño tamén de Cambados, con dor no pescozo e dor no lado esquerdo. Ambos trasladáronse ao Hospital do Salnés por unha ambulancia. . Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico e Atestados.

Informou o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados.


20 de septiembre de 2020

UN XOVEN FERIDO DE GRAVIDADE TRAS BATER CONTRA UN MURO


Un home resultou ferido de consideración esta tarde en Cambados despois de que o quad no que viaxaba colidise contra unha parede.

O accidente tivo lugar na parroquia de Vilariño, uns minutos antes das 14:30 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros do Salnés, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home, L. G. B. de 25 anos é evacuado ao Hospital do Salnés con Tc con perda de coñecemento, dor cervical, lumbar e dorsal.


19 de septiembre de 2020

UN CICLISTA FERIDO DE GRAVIDADE NUN ACCIDENTE EN CAMBADOS


Un ciclista resultou ferido tras colidir con un vehículo. O suceso prodúxose pouco antes das nove da noite na estrada PO-549 na parroquia cambadesa de Corbillón. O vehículo parou no paso de peóns e ao ciclista non lle deu tempo de frear, polo que embistou ao turismo.

S. G.M. de 48 anos foi evacuado ao Hospital do Salnés pola ambulancia medicalizada. O home tiña un forte golpe na espalda.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Trafico. No punto Guardia Civil de Cambados, Policía Local de Cambados e Emerxencias Cambados.


16 de septiembre de 2020

FALECE UN HOME NO MERCADO DE CAMBADOS

Un home, E. J. V. O., de 78 años de idade de Tremoedo (Vilanova de Arousa) faleceu esta mañán no mercado de Cambados. Ao parecer a morte debeuse a causas naturais.
O home estaba na zona dos postos da fruta cando de repente foise ao chan. Rápidamente acudiron ao lugar o 061 e a Policía Local e Cambados, que nada puideron facer por salvarlle a vida.
O home acudira so ao mercado e os axentes da Policía Local localizaron o vehículo do falecido.



10 de septiembre de 2020

UN ACCIDENTE EN OUBIÑÁ SÁLDASE CUN FERIDO

Esta mañá poucos minutos despois das 9 da mañán, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudía a un accidente de tráfico, no que viron implicados dous turismos, na Po-300, na parroquia de Oubiña en Cambados.
Como resultado do sinistro un xoven resultou ferido. O home con iniciais V.O.R. e de 29 anos foi evacuado ao Hospital do Salnés con dor cervical e lumbar.
Na Intervencion estivo a Ambulancia do 061 de Cambados e a Garda Civil de Trafico, xunto ao mencionado Servicio de Emerxencias de Cambados.

Preto das 8 da tarde dous vehículos colisionaron por alcance na rúa A Mariña no centro de Cambados. Como resultado do impacto unha muller resultou ferida M R. C. O. que foi evacuada ao Hospital do Salnés con dor torácica, lumbar e cervical.

8 de septiembre de 2020

UN NOVO ACCIDENTE MARÍTIMO SALDASE CON UN HOME FERIDO DE CONSIDERACIÓN



O tripulante dunha embarcación sufriu pequenas lesións malia envorcar a embarcación que manexaba contra unha batea na Illa de Arousa.
Ocorreu pasada a medianoite, tal e como indicou unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o tripulante ferido.
As lesións parecían de escasa importancia, sinalou, e a embarcación foi recollida coa axuda doutros particulares. Así, malia contactar o 112 Galicia con Salvamento Marítimo, descartouse a necesidade de enviar medios de rescate debido a que a lancha xa fora remolcada e o ferido xa estaba a ser atendido polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O home presentaba cortes profundos no queixo e na gorxa, segundo a información facilitada polos servizos de Emerxencias, e foi trasladado ao Hospital do Salnés.
Cómpre sinalar que o accidente produciuse no Peirao do Campo e alí acudiron tamén os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cambados.


3 de septiembre de 2020

UN FERIDO NUN ACIDENTE EN CABANELAS


Esta mañán producíase un accidente de tráfico en Cabanelas, no termo municipal de Ribadumia. O condutor dun ciclomotor J. M. P. de 75 anos e veciño de Cambados saíuse da via por razóns que se descoñecen. Foi trasladado ao Hospital do Salnés con dor torácica e feridas no brazo dereito.
Na Intervencion estivo o Servicio de Emerxencias do Concello de Cambados, Protección Civil de Ribadumia, Ambulancia do 061 e Tráfico que instrúe o atestado.


28 de agosto de 2020

UN MORTO E UN FERIDO NUN ACCIDENTE MARÍTIMO NA ILLA

Tráxico suceso na Illa de Arousa.
Un mariñeiro da vila, duns 30 anos, faleceu este mediodía tras chocar a súa embarcación contra unha batea
na Illa de Arousa (Pontevedra).
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, pasadas as 13,30 horas recibiron o aviso dunha planadora con dúas persoas a bordo chocara contra unha batea. Como consecuencia do impacto resultou falecido un dos ocupantes e ferida a outra persoa, que foi atendida polos servizos de emerxencias no porto de Cabodeiro.  Foron mobilizados, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Servizo de Gardacostas, Salvamento Marítimo, Policía Local e Garda Civil.Segundo as primeiras informacións, con el ía outra persoa que resultou ferida e que estaba sendo atendida no peirao do Cabodeiro.
A víctima mortal foi trasladada ata o mesmo lugar onde os equipos de emerxencias tentaron reanimalo, pero xa non puideron salvarlle a vida.
Cómpre sinalar que o persoal do 112 Galicia avisou do accidente a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia e pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil. Con todo, foi a mesma persoa que alertou quen, coa súa embarcación, recolleu á tripulación e remolcou a planeadora sinistrada ata Cabodeiro.  

Rubén Acha Oubiña, duns 30 anos, é moi coñecido tanto na Illa como en Cambados onde xogaba ao fútbol no equipo do  Albariño Veteranos.


27 de agosto de 2020

DUAS MULLERES FERIDAS, UNHA DE CAMBADOS, NUN ACCIDENTE NA PONTE DA ILLA

Catro vehículos colidiron por alcance a pasada tarde na Illa de Arousa, no comezo da ponte, en sentido a Vilanova de Arousa. Segundo puido saber o 112 Galicia, o accidente saldouse con duas persoas feridas que tiviveron que ser atendidas polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
A condutora dun dos vehículos S.E.P. de 35 anos e veciña de Cambados presentaba dor cervical e lumbar e a acompañante doutro dos vehículos implicados L. M. P. de 23 anos e veciña de Portas con dor abdominal
Eran as 19:45 horas cando unha persoa particular alertaba do sinistro múltiple ao 112 Galicia e, axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambados, ao Servizo Municipal de Protección Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


23 de agosto de 2020

UN FERIDO NUN ACCIDENTE EN CASTRELO




Esta madrugada en torno a unha da mañán producíase un accidente de tráfico en O Facho, Castrelo. En concreto un vehículo saíase da vía. Como consecuencia do sinistro resultou ferido e posteriormente evacuado ao Hospital do Salnés F. P. C. de 21 anos e veciño de Cambados. O xoven presentaba un cadro de dor cervical e tamén na cadeira. O vehículo ao saires da vía causou danos na caseta da Confraría de Mariscadores.
Instrúe dilixencias a Garda Civil de Trafico que acudeu ao lugar xunto co Servicio de Emerxencias do concello de Cambados cun camión e a Ambulancia.