Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta ACCIDENTES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACCIDENTES. Amosar todas as publicacións

11 de xuño de 2018

CATRO FERIDOS ONTE NUN ACCIDENTE NA ESTRADA CAMBADOS-RIBADUMIA



Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde de onte a catro persoas que resultaron feridas tras producirse unha colisión entre dous turismos na estrada de Cambados a Ribadumia.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os vehículos chocaron á altura da rotonda dos Castaños e, como consecuencia do impacto, catro persoas necesitaron asistencia médica. Así, ademais dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros de Ribadumia ante a posibilidade de que houbese algunha persoa atrapada no interior dos vehículos implicados.
Unha vez no lugar, os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.



21 de maio de 2018

UNA MULLER FERIDA NUN ACCIDENTE EN VILARIÑO



Este mediodía producíase un accidente na estrada PO-307 na parroquia de Vilariño.
Como consecuencia dun choque entre un camión e un automóvil resultou ferida de carácter leve unha veciña de Ribadumia, O.M.B. con dores cervical e lumbar. Foi trasladada ao Hospital do Salnés pola Ambulancia do 061.
Participaron no operativo a Policía Local e Protección Civil de Cambados e a Garda Civil de Tráfico. 



14 de maio de 2018

UN FERIDO NUN ACCIDENTE NA CABANA




Este mediodía producíase un accidente de tráfico na Avenida de Vilagarcia, unha  moto batía contra un coche. O vehículo abriu a porta e a moto que circulaba polo mesmo carríl non puido esquivala chocando contra ela. O ferido é A.C.F de 72 anos, veciño de Cambados e foi derivado ao Hospital do Salnés por dor cervical, lumbar e perda de coñecemento. A Policia Local, Garda Civil e Atestados xunto Protecc.ección Civil de Cambados participaron no operativo.


5 de maio de 2018

UN ACCIDENTE NA MODIA SÁLDASE CUNHA PERSOA FERIDA



Un home resultou ferido esta tarde nun accudente de tráfico ocurrido na EP-9002 preto da Capela de San Antón, na Modia Cambados). O ferido J.M.P. de 73 anos e veciño de Cambados, que conducía un ciclomotor.
Foi trasladado ao Hospital do Salnés, dor cervical e lumbar polo 061. 
cando chegaron as asistencias médicas e Protección Civil de Cambados so estaba o ferido ni chan e a motocicleta, polo que parece ser o accidente prodúxose por unha saída de vía do vehículo sin que intervira ninguén máis.

Na intervención colabora a Ambulancia do 061, Garda Civil de Tráfico e Atestados, e Protección Civil.



3 de maio de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NO POLÍGONO SETE PÍAS




Esta tarde, pouco antes das 17:00 horas producíase un accidente no Polígono Industrial de Sete Pías en Cambados. Como resultado do choque frontolateral entre dous turismos producido por un conductor que se saltou un stop, saíron feridas dúas persoas.
O conductor dun dos vehículos, J.M.C.P. de Catoira de 36 anos con dor cervical e torácico.O outro ferido é C.C.N. de 47 anos e de Cambados. Ao igual que o anterior presentaba dor cervical e torácico. Os dous foron trasladados ao Hospital do Salnés por efectivos do 061.
Colaboraron na intervención a Policía Local de Cambados, G.C. de Tráfico (Atestados) Bombeiros do Salnés e Protección Civil de Cambados. 


13 de abril de 2018

ACCIDENTE EN CAMBADOS CON DOUS FERIDOS


Dúas persoas resultaron feridas esta madrugada nun accidente no que se veu implicado un so coche.

Segundo indicou Emerxencias de Cambados non tiveron que excarcerar ás vítimas, xa que ao chegar ao lugar os ocupantes estaban fora do vehículo.
O sinistro produciuse na Avenida de Castrelo (Cambados). O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da alerta do 061-Urxencias Sanitarias.
Ao parecer por causas que se descoñecen, o vehículo "voou" sobre un lateral para rematar contra unha finca aledaña a estrada.
Na intervención colabora a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil de Cambados.



9 de abril de 2018

LIBERAN A UNHA MULLER DO INTERIOR DO SEU VEHÍCULO TRAS ENVORCAR NA AUTOVÍA DO SALNÉS


© Concello de Sanxenxo

Unha muller foi excarcerada esta mañá en Sanxenxo tras envorcar co seu vehículo na Autovía do Salnés, entre as localidades do Grove e Sanxenxo.
Ata o lugar, desprazáronse de inmediato ademais do persoal sanitario, os membros do GES da localidade, que nada mais chegar ao punto, tras recibir o aviso do 112 Galicia, liberaron á muller. Así mesmo, tamén os Bombeiros de Ribadumia prestaron a súa colaboración nas tarefas de excarceración. Segundo o seu relato, foi preciso retirar unha das portas do turismo para evacuar á ferida. Tamén foi requirida a intervención do persoal de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.
Unha vez liberada, persoal do 061- Urxencias Sanitarias trasladou á muller nunha ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche envorcado na Autovía do Salnés e, a partir de aí, o CIAE puxo en marcha o dispositivo.



23 de marzo de 2018

SEIS FERIDOS E NUMEROSOS DESPERFECTOS TRALA CHEGADA DE "HUGO"



O primeiro temporal da primavera xa está connosco. Chámase Hugo e mantén ás catro provincias en alerta amarela por ventos superiores aos 80km/h.

En Castrelo, Cambados, varias casas, galpóns, comercios e mobiliario urbán víronse afectadas por un pequeno tornado. Ocurreu na zona de Xesteira.
En poucos segundos os veciños viron como un tornado facía voar os tellados, rompía cristais e derrubaba galpóns e muros de cierre. foron afectadas unha ducia de vivendas.

O servicio de Emerxencias do Concello de Cambados (Protección Civil) acudeu en axuda dos veciños


Catro persoas resultaron feridas esta tarde en Vilanova de Arousa, concretamente en San Simón, despois de que o coche no que circulaban chocase contra unha árbore caída na estrada. O accidente ocorreu na PO-531, concretamente no punto quilométrico 18,500, ao fío das 18.10 horas.
Nese momento, o 112 Galicia recibía a
alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias.
Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Vilagarcía e ao servizo de mantemento da estrada.
En Raxó outro pequeno tornado fixo volcar varias embarcacións, nunha delas estaban duas persoas que tiveron que ser trasladadas a un centro sanitario.



























UN FERIDO NUN ACCIDENTE LABORAL EN TRAGOVE



Esta mañán producíase un accidente laboral na empresa Altman Marine en Tragove. 
O ferido José Antonio G.R. de 62 anos e veciño de Pontevedra é inspector de Capitanía Marítima e caeu dunha altura de 3 metros mentres realizaba unha inspección a un barco.

O inspector caeu de costas, e foi atendido polos sanitarios aos que indicou a dor lumbar e outras lesións derivadas das contusións.

O ferido foi trasladado a un centro hospitalario e o seu estado parece grave.
No operativo participou Protección Civil de Cambados, Policía Local, o 061 e a Guardia Civil, 




22 de marzo de 2018

O MENOR QUE ONTE TIVO UN ACCIDENTE PODERÍASE ENFRENTAR A VARIOS DELITOS



O menor de Cambados que onte causou un accidente onte a tarde enfróntase a un delito contra a seguridade viaria e a outro de furto si finalmente é denunciado polo propietario do vehículo que conducía no momento do accidente, a quen llo colleu sen permiso. Trataríase dun compañeiro do equipo de fútbol do menor dunha localidade cercana a Cambados.

O accidente causou tres feridos leves que foron trasladados ao Hospital do Salnés. As dilixencias iniciounas a Policía Local, dado que o accidente producíase na zona do centro urbano. Agora será a Fiscalía a que adopte as medidas pertinentes contra o menor implicado no accidente.

Nova relacionada- DASE Á FUGA TRAS UN ACCIDENTE CON TRES FERIDOS EN CAMBADOS



21 de marzo de 2018

DASE Á FUGA TRAS UN ACCIDENTE CON TRES FERIDOS EN CAMBADOS







Esta tarde noite producíase un accidente na avenida de Vilariño frente a Boutique do Pan co resultado de tres persoas feridas.
Todos foron trasladados polo 061 ao Hospital do Salnés. A.M.T. de 50 anos e de Vilagarcía que
conducía un dos turismos implicados, con dor lumbar e cervical. Unha muller, M.T.C.S. tamén de 50 anos que o acompañaba e veciña de Caldas refería dor cervical, lumbar e dorsal. Dese mesmo turismo era a terceira persoa ferida, unha muller de 81 anos, M.V.S.A. veciña tamén de Caldascon dor cervical e lumbar. 

O conductor do outro vehículo deuse á fuga.
Ao parecer trataríase dun menor que colleu o coche dun amigo maior de idade. Abandonou o lugar a pé pero pouco tempo despois localizado e levado a dependencias policiais acompañado supostamente da sua nai.

Na intervención colaboran Protección Civil de Cambados, a Ambulancia do 061 e a Policía Local.

Nova relacionada- O MENOR QUE ONTE TIVO UN ACCIDENTE PODERÍASE ENFRENTAR A VARIOS DELITOS

15 de marzo de 2018

DOUS ACCIDENTES EN CAMBADOS HOXE






Dous accidentes nas últimas horas tiveron lugar en Cambados.
O primeiro deles tivo lugar as 11:20 da mañán en Castrelo concretamente na estrada de O Facho sin heridos. Duas furgonetas bateron  entre elas.
O segundo dos accidentes ocurreu
na EP -9506, no lugar de Cobas de Lobos na parroquia de Vilariño entorno as 18:00 desta tarde.
Neste accidente resultou unha persoa ferida que é evacuada ao Hospital do Salnes. S.P.R. de 58 anos e veciña de Cambados. Refire dor cervical, lumbar e dorsal.
Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e 061 participaron nos operativos.


8 de marzo de 2018

DOUS FERIDOS NUN ACCIDENTE NA AVENIDA DE VILARIÑO







Accidente de tráfico na Avenida de Vilariño ás 22:40hrs de onte.

Como resultado do choque, dúas persoas resultaron feridas leves e foron trasladas ao Hospital do Salnés. Participaron no dispositivo Emerxencias de Cambados, Policía Local e e unha Ambulancia do 061.

O sinistro produciuse nos semáforos do cruzamento da avenida do Salnés coa de Vilariño, nun momento no que todos os semáforos están en ámbar.
Un dos automóbiles saíu da intersección para incorporarse á avenida de Vilariño, e nese momento produciuse a colisión, pois pola vía principal circulaba o outro vehículo implicado. O impacto foi frontolateral, quedando os dous vehículos seriamente danados. No caso do turismo, un Skoda Octavia, terminou subíndose a unha beirarrúa, e esnaquizado un pequeno valado publicitario e para rematar impactando contra unha vivenda. Os seus dous ocupantes, duns 40 anos, resultaron feridos leves.

A furgoneta, era unha Renault Kangoo, e o seu ocupante saíu ileso. Cambadés duns 50 anos, é funcionario do Concello, adscrito á área de deportes.




24 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS EN CASTRELO









Accidente de tráfico na  Po-550 a altura do Hotel O Cruceiro, en Castrelo. Unha colision fronto-lateral producida ao parecer porque un dos  vehículos que, viaxando en dirección Cambados, pretendía dirixirse cara á zona de O Facho non se decatou de que pola calzada circulaba, en sentido ao Grove, outro turismo. A colisión entre ambos os coches foi moi violenta, como evidencia o feito de que ambos quedaron a unha distancia duns cen metros tras o fenomenal golpe.
O ferido do vehículo Seat é o condutor E.A.A. de 42 anos e veciño de Cambados. Padece de dor cervical, lumbar e dorsal. A copiloto do Volkswagen é S.P.R. de 20 anos e veciña de Sanxenxo.  Dor cervical e Lumbar.
Garda Civil de Tráfico, Atestados e Ambulancia do 061 i Emerxencias de Cambados colaboraron no operativo. Ambos os feridos foron trasladados ao hospital do Salnes.










16 de febreiro de 2018

UNHA MOZA FERIDA NUN ACCIDENTE NO BREXO









Eran cerca da 1 e media da noite cando se producía un accidente na Avenida de Castrelo, pouco despois da curva do Brexo dirección Castrelo.



No suceso víronse implicados tres vehículos. A consecuencia do choque unha rapaza veciña de Cambados de 20 anos resultou ferida i evacuada ao Hospital do Salnés, con feridas leves.
Ao parecer o vehículo conducido pola moza saeuse da calzada batendo contra outros dous turismos aparcados e sin ninguén no interior.

Na intervención colaboran a Garda Civil de Cambados, Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados , Garda Civil de Tráfico, Ambulancia do 061 e Bombeiros do Salnes.






9 de febreiro de 2018

ACCIDENTE CON FERIDOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS AO SEU PASO POR CAMBADOS












Tres feridos nun accidente na Autovía do Salnés en Cambados. Polo menos tres vehículos implicados e 2 feridos confirmados. O sinistro tivo lugar as 14:20 desta tarde.
Dous accidentes en un
Minutos despois das 2 e cuarto da tarde un vehículo, Renault Clio conducido por R.C.B. veciña de Meis de 28 anos colidía lateralmente ao invadir o carril contrario contra o vehículo Ford Focus ocupado por O.S.C. e o seu fillo de Cambados.
A conductora do Focus sufre de dor cervical, lumbar e dorsal. A cambadesa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros sendo trasladada pola ambulancia do 061.
O segundo accidente prodúxose polo despiste dos conductores cando, desatendendo á circulación, miraban para o primeiro incidente.
Foi un choque por alcance. A conductora do Corsa foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil. O ocupante do Puegeot saleu ileso.

Nestes intres están sendo atendidas no H. do Salnés.



Na intervención colabora a Garda Civil de Tráfico, Garda Civil de Cambados, Ambulancia do 061, Mantemento de Estradas e Bombeiros do Salnes. 






6 de febreiro de 2018

TRES FERIDOS NUN ACCIDENTE NA ROTONDA DA ILLA












Unha saída de vía na rotonda da Illa sáldase con tres mozos feridos.

Esta tarde sobre as 14:50 hrs. da tarde, producíase un accidente na Illa de Arousa, concretamente na rotonda de entrada despois da Ponte, no que resultaron feridos tres mozos de 21, 20 e 17 anos de idade de Madrid, Carril e Valga.
Os mozos resultaron feridos en mans e pernas ao saír do vehículo cos cristais e restos do coche.
Foron evacuados ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil de Cambados que colaborou no dispositivo coa Policía Local de A Illa e a Garda Civil de Tráfico.





19 de xaneiro de 2018

UNHA MULLER FERIDA TRAS BATER NELA UN BOLARDO ARRANCADO POR UN COCHE












Unha muller resultou ferida de consideración esta mañá en Cambados (11:30hrs) tras recibir o impacto dun bolardo contra o que previamente chocara un turismo.
Os feitos sucederon ás 11.30 horas na Rúa Real, xunto a praza de Fefiñáns. Un vehículo golpeou un dos bolardos metálicos que separan a zona de circulación dos vehículos e a área peonil, e este saíu disparado batendo na muller. O bolardo golpeou nas costas a unha muller de 67 anos, P. P. C. Protección Civil de Cambados explica que a muller foi atendida por unha ambulancia do 061, que a trasladou ao Hospital do Salnés. Queixábase de dor lumbar e cervical.

Nun primeiro momento ao CIAE-112 chegara o aviso dun atropelo.
Participaron no efectivo o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, a Policia Local de Cambados e a Ambulancia do 061.







17 de xaneiro de 2018

INVESTIGADO POR NEGARSE AO CONTROL DE ALCOHOLEMIA TRAS TER UN ACCIDENTE EN CAMBADOS













Un home de 33 anos e iniciais J. M. M. G. está a ser investigado penalmente por un presunto delito contra a seguridade viaria ao negarse a someterse a un control de alcoholemia tras sufrir un accidente de tráfico esta madrugada en Cambados, informou a Garda Civil. O accidente produciuse sobre as 5.00 horas na PO-550, en Cambados, concretamente en Castrelo. O home sufriu unha saída de vía e chocou contra un farol. Unha das rodas do seu coche saíu disparada e impactou contra outro vehículo que conducía unha muller, M. P. F., de 46 anos, que resultou ilesa, aínda que tivo que ser atendida polos servizos de emerxencias por un ataque de ansiedade. Segundo informa a Garda Civil, o individuo negouse a facer a proba de alcoholemia, e dado que o atestado indica que o home presentaba signos evidentes de estar ebrio, investígaselle penalmente. Ademais, o pai do condutor investigado presentou unha denuncia contra o seu fillo no cuartel da Garda Civil de Cambados por un incidente previo na súa casa no que se produciu unha agresión verbal durante unha discusión familiar.







16 de xaneiro de 2018

UNHA COLISIÓN ENTRE DOUS VEHÍCULOS SÁLDASE CON CATRO PERSOAS FERIDAS, DÚAS DELAS MENORES, NA ILLA DE AROUSA









Un choque entre dous turismos deixou a catro persoas feridas, das cales dúas eran menores de idade, na Illa de Arousa. O accidente produciuse ás dúas desta tarde na PO-307 á altura do punto quilométrico 3.
Foron os axentes da Policía Local quen deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir asistencia. Deste xeito, acudiu ao lugar un equipo de Urxencias Sanitarias que se encargou da evacuación dos feridos, entre eles dous cativos.
Segundo explicaron os efectivos da Policía Local, as persoas estaban liberadas e accesibles, polo que non foi necesaria a intervención dos bomberos. Non obstante, si tiveron que intervir os membros do servizo de limpeza e mantemento da vía para a retirada dos danos provocados polo impacto e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.

O Servizo de Emerxencias do Concello Cambados acudeu ao accidente. Na intervención colaborou a Ambulancia do 061, Policia Local da Illa de Arousa e Garda Civil de Tráfico.