Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta LUIS ARAGUNDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LUIS ARAGUNDE. Mostrar todas las entradas
22 de agosto de 2019
ARAGUNDE ACCEDERÁ A UN POSTO NA XUNTA PRÓXIMAMENTE.
Estes días saía en prensa a nova de que o PP tentaría a Somos Cambados para que lle axudara a evitar que o PSOE se fixera coa presidencia da Mancomunidade do Salnés. A pesares de que o actual presidente en funcións, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, leve decindo que a él non lle quita o sono a presidencia parece que ao seu partido si lle importa perder a presidencia do ente supramunicipal. E ao propio Durán tamén lle molesta perder esa batalla, se fora ao contrario tería convocado o pleno de constitución xa.
Moitos pensaredes que a presidencia tería un novo nome, concretamente o ex alcalde de Cambados Luís Aragunde, que nestes intres non percibe ningún salario político. Esta sería unha opción para que Aragunde seguira na política cobrando, pero resulta que a Mancomunidade non ten soldos, so dietas e estas non son moi xenerosas. Segundo informacións cercanas ao PP, Aragunde tería agardando un posto na Xunta. Cal? Non nos avanzaron nada máis. Pero últimamente as informacións que ofrece o PP son pouco fiables.
Que Somos Cambados acceda a petición do PP que a cambio aprobaría as dedicacións parciais dos concelleiros de PSOE e Somos Cambados, sería o colmo.
Pero aínda con todo, cabe a posibilidade de que Somos decidira apoiar esa alternativa pero cun candidato distinto a Durán, algo que ao vilanovés caeríalle como un xerro de auga fría. O PP estaría disposto a ofertar a presidencia ao alcalde de Ribadumia, para acercalo máis ao PP de cara a dentro de catro anos e tendo en conta que en cada reunión de membros do PP en calquer acto xunto a eles pódese ver a David Castro. Hai unhas semanas estivo na mesa dos populares no Xantar da Festa do Albariño.
Cabe outra posibilidade, que Tino Cordal presente a súa candidatura. Entón os populares veríanse entre a espada e a parede. Ou votar a candidatura socialista ou a Tino Cordal. Nestes tempos de política extrana ningunha posibilidade é descabellada.
Polo de agora son todo conxeturas, toda vez que o PSOE agardando por a convocatoria do Pleno da Mancomunidade non se reuniu con Somos para tratar o tema.
Por certo aos que se queixan de que non puxen a foto que ilustra este artigo pero si outras, quero lembrarlle que este blog non publicou nada sobre a apertura do Centro de Día de Cambados. Polo tanto non tiven a oportunidade de poñer esa imaxe. Engadir que esta imaxe é Institucional, non como outras.
De todas as maneiras naquela foto non hai crítica, hai estraneza de ver que nunca ata esa día hubera un brinde entre esas forzas políticas, de forma non institucional. Si atopan unha foto parecida nos 32 anos anteriores entón teríamos que pedir desculpas.
29 de mayo de 2019
¿E AGORA QUE VAS FACER, LUISIÑO? (CARTA ABERTA AO CANDIDATO ARAGUNDE)
“Apreciado” Luís:
Como sei que estes días non deben ser doados para ti escríboche esta misiva para que vexas que moitos non te esquecemos nin nos teus peores momentos e para ver si así te animas algo e, tamén, para que fagas un acto de reflexión e de conciencia que, sen dúbida, virache ben para ordenar ideas e sentimentos si, finalmente, consigo algo diso dareime por satisfeito.
Quizais a pregunta que te debes estar a facer ou, polo menos, moitos estamos a facernos por ti é ¿Qué vas a facer agora?; dende logo esta cuestión daría para unha boa porra na que se podía sortear, entre os que acertaran, un xamón, unha caixa de viño ou, mellor aínda, uns bancos para o xardín como os que lle regalaches as mariscadoras, da igual que foran de segunda man ou, neste caso, mais ben de segundo cu.
Eu non teño vocación de pitonisa nin de botador de cartas pero, dende o meu humilde punto de vista, penso que hai tres posibles opcións que semellan as mais viables por non dicir as únicas.
A primeira e que eu, persoalmente, penso que é a mais improbable pasa porque sigas de xefe da oposición outros catro anos e que volvas a presentarte como o candidato nas seguintes municipais; como dixen, considero que esta posibilidade é improbable porque o responsable do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, cando se reúna co partido para analizar os resultados electorais terá que buscar un responsable e ti, meu querido, tes todas as papeletas para ser o elixido: xa perdiches dúas eleccións e con un descenso, na segunda con respecto a primeira, do numero de votos e de concelleiros; probablemente o partido pense que xa estás moi “quemado” i é o momento de buscar unha cara nova que teñas mais discurso e recursos que facerse eco de “bulos” da alcaldesa ou que se presente no concello, transformado nunha sorte de ridículo inspector de traballo, co móbil na man, i esixindo explicacións de porque non están no seu posto os concelleiros, precisamente ti que traballabas un dia ao mes pero, iso si, cobrabas, case tanto, coma un ministro.
Como dicía anteriormente a posibilidade de que sigas de xefe da oposición e sexas o candidato dentro de catro anos, non parece a mais probable o que nos leva a pensar nas outras dúas posibilidades.
Unha desas posibilidades sería que volveras ao teu antigo posto de encargado da lonxa, un posto que, todo sexa dito, mais de un daría un brazo por ocupar e que ti, obviamente, no seu dia non ocupaches polos teus inexistentes méritos; como digo isto sería o que faría unha persoa que tivera un mínimo de dignidade, algo do que ti levas tempo demostrando carecer; e podería poñerche exemplos dabondo comezando polo que, persoalmente, considero o mellor alcalde que tivo Cambados, Don Xoán Antonio Pillado Silvoso; o bo de Xoán Antonio puido ter feito coma ti e acollerse a dedicación exclusiva, pero non fixo tal cosa: compaxinou o seu cargo de alcalde coa súa profesión de mestre, o que, en mais dunha ocasión, levouno a saír ao mediodía do colexio, meterse no concello e volver as tres da tarde ao colexio sen ni sequera comer. Cando deixou a alcaldía, coa conciencia tranquila de ter servido aos seus veciños, non lle caeron os aneis de volver a centrarse na súa profesión; obviamente pedirche que ti fagas o mesmo é unha utopía: fai catro anos cando perdiches a alcaldía podías ter compaxinado perfectamente o teu cargo como xefe da oposición coa teu posto na lonxa, pero nada mais lonxe de realidade, buscáronche un posto no que che consolidaches como o “vago político” e non é porque o diga eu; afortunadamente, hoxe en dia, con un simple “click” de ordenador, pódese acceder á paxina web da Deputación onde, entre outras cousas, constan as actas das sesións e o grado de participación dos seus membros e ti non destacas, precisamente, por ter unha participación activa senón, mais ben, todo o contrario.
Si descartamos, por tanto, que sexas o candidato dentro de catro anos e volvas ao teu traballo na lonxa, iso lévanos a terceira posibilidade que é que o partido che busque un cargo onde podas seguir vivindo a conta do erario público e dos contribuíntes; non serías o primeiro: un antecesor teu na alcaldía acabaron colocándoo de xefe dos bombeiros da Mancomunidade; sinceramente eu non te vexo apagando incendios aínda que, nunha ocasión, déraslle de man a mangueira coa que o presidente Feijoo fixo o “paripe” nun conato de incendio de cara os periodistas.
Non sei que futuro te depara, si me pides a miña opinión, gustaríame que foras o candidato dentro de catro anos porque iso seria sinónimo de que a dereita non volvería a gañar porque por moito que queiras negalo xa eres un “ bulto” sospeitoso para o teu partido e, por moito que digas, como dixeches nesta pasada campaña que o Partido Popular de Cambados era o único partido que se presentaba con opción de gañar e gobernar; disto último poderiamos falar “largo e tendido” porque en Cambados o Partido Popular presentase sempre cun vantaxe de votos sobre os demáis; un saco de votos que lle dan un bo número de estómagos agradecidos; estómagos agradecidos como , por exemplo, Fulares que non soamente foi que o colocaran a el senón tamén a súa moza e hasta ao seu irmán (neste caso na Deputación), obviamente iso produce un efecto dominó porque xente como os pais de Fulares, a nai da moza de Fulares, e demais familia votará en consonancia (aínda que algúns “te fueran de izquierdas de toda la vida”).
Seguiremos apaixonadamente o desenlace desta historia como seguiremos, do mesmo xeito, o desenlace deses votos nulos que impugnaches ; lémbrasme a eses nefastos presidentes de fútbol que queren gañar nos despachos o que non foron capaces de gañar no campo.
Cóidate moito Luisiño e faite bo
RICARDO DOMINGUEZ REY 5 de octubre de 2018
¡QUE ALEGRIA! ¡QUE ESPANTO! ¡O VAGO POLITICO XA É CANDIDATO!
Hai novas que por moi esperadas que sexan merecen que, cando se producen, nos deteñamos un intre a reflexionar sobre as mesmas e si hai unha noticia que entra nesta categoría é, sen dubida, o recente nomeamento como candidato, polo Partido Popular, á alcaldía de Cambados de Luís Aragunde.
Aragunde, que dun tempo para aquí gañouse, con todo merecemento, o sobrenome de “vago político” presentarase as eleccións municipais, despois duns anos ( como expoñeremos a continuación) realmente “sabáticos” e que veñen a demostrar o que sempre foi no terreo da política: un “bulto” sospeitoso, un autentico parasito, en definitiva, unha persoa que non veu a servir aos cidadáns senón a servirse dos mesmos para os seus propios fins pero antes fagamos un pouco de historia para “refrescar” a memoria.
Luís Aragunde chegou á alcaldía grazas a unha carambola: cando Tourís foi nomeado súper delegado da Xunta na provincia de Pontevedra, o de Oubiña necesitaba alguén manexable e sen ambición, en definitiva, un “tonto util” que non lle representara un inconveniente e que, nun futuro, fora un rival, dentro do partido, algo do que sabe moito o propio Tourís (e senón que llo pregunten ao ex alcalde Santiago Tirado).
Como diciamos anteriormente, con Luís Aragunde, Tourís xa tiña á marioneta que necesitaba para seguir controlando, na distancia, a alcaldía de Cambados pero había un pequeno problema: Aragunde era o numero 3 na lista do PP, ocupando o numero 2 e, por tanto, sendo a sucesora natural no cargo, Anabel Carro, obviamente iso non ia representar un obstáculo e solucionouse levando Tourís a, entonces, conselleira de Cultura como axudante para o seu novo cargo.
A historia de Luís Aragunde como alcalde de Cambados xa é de sobra coñecida por todos, historia que acabou en xuño do ano 2015 cando unha coalición de PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode mandouno á oposición; foi entón cando morreu a etapa como alcalde de Luís Aragunde pero naceu o mito, naceu o crack, en definitiva, naceu a figura do vago político encarnada na persoa de Luís Aragunde.
Sei que a moitos, quizais, a expresión “vago político” poida parecerlle esaxerada pero, queridos amigos, como di o refraneiro popular : “por sus hechos los conecereis” e, no caso de Aragunde, é precisamente a ausencia dos mesmos o mellor termómetro para valoralo……
Cando Aragunde, no ano 2015, perdeu a alcaldía o mais lóxico e normal seria que volvera ao seu antigo traballo na lonxa onde podería compaxinalo perfectamente co seu cargo de xefe da oposición no concello cambadés pero, estimados lectores, tal cousa supoñía ter que baixar o lombo e abandonar a cómoda vida a que se tiña acostumado e, polo tanto, tivo que buscar un posto onde non “rascara bola” e no que puidera seguir vivindo do conto da política i ese posto foi como membro da Deputación Provincial de Pontevedra onde, presuntamente, traballaría polos intereses de tódolos pontevedreses ¿por que digo “presuntamente”? basicamente porque, como se acostuma a dicir nestes casos, “calquera parecido coa realidade é pura coincidencia” pero antes diso deixádeme que faga un apunte que, aínda que sexa sobradamente coñecido por todo o mundo, non deixa de ser realmente escandaloso: Luís Aragunde por ser deputado provincial cobra anualmente mais de 60.000 euros, é dicir, cobra mais que un Secretario de Estado e case tanto coma un ministro; no seu dia cando desde “Cores de Cambados” desvelamos este dato nun artigo titulado “120.000 euros por tocarse os collóns (dous anos de Luisiño na oposición)” moita xente non acaba de créelo pero si xa este soldo era escandaloso (un dos mais altos que se poden cobrar dentro da Administración Pública) igual ou mais escandaloso era o horario de traballo porque, si consultamos a web da Deputación Provincial, veriamos que a única obrigación laboral que ten Aragunde son as sesións ordinarias do pleno que teñen lugar o último venres de cada mes porque, como tamén sinalamos no seu dia, Aragunde non acudía as comisións informativas, iso si, debido a unha poderosa razón de peso, en concreto, porque non as cobraba; curiosamente, cando no seu dia denunciamos isto mesmo noutro artigo: que a pesar de ser un dos que mais cobraba na Deputación Provincial e a pesar de ter todo o tempo libre do mundo, non se dignaba en acudir a ditas comisións informativas, pois ben, como diciamos, despois de dito artigo, casualmente, ás dúas seguintes comisións que se celebraron si que se molestou en facer acto de presenza.
Alguén podería dicirme que eu non estou con Aragunde todo o dia para saber a súa axenda de traballo e para criticar a su escasa aportación á política provincial pero tampouco fai falta porque è bastante fácil deducila pero, dende logo, unha cousa está clara: que os mais de 240.000 euros de salario que Aragunde cobrará nestes catro anos e que van saír do peto de tódolos pontevedreses non podían ser os cartos peor invertidos do mundo como, a continuación, expoñeremos e para elo invítovos a facer un pequeno traballo de investigación tomando como base tres puntos de referencia: a presenza de Aragunde na prensa escrita dende que é deputado provincial, o seu perfil en Facebook e o seu blog persoal.
Comezando pola prensa escrita e si tiveramos que guiarnos exclusivamente polas noticias que xerou na mesma, acabariamos preguntándonos si realmente Aragunde traballou (ou traballa) na Deputación porque mais do 95 % das novas que se recollen nas hemerotecas das edicións locais de “Faro de Vigo” ou de “La Voz de Galicia” falan exclusivamente da súa labor como portavoz da oposición no consistorio cambadés; da súa labor como membro da Deputación (e pola que cobra a burrada que cobra) practicamente non se reflexa absolutamente nada.

Do mesmo xeito si visitamos o seu perfil en Facebook, aparte de constatar o seu gusto culinario polas zamburiñas ou o ben que lle quedan as mallas a hora de facer deporte, practicamente, utiliza esta rede social como medio para atacar ao Cuatripartito aínda que, en numerosas ocasións, sexan verdadeiras parvadas como amosaremos a continuación; iso si, da súa labor na Deputación (salvo un post con data 24 de xaneiro, sobre inversións no Salnés) tampouco atopamos pistas sobre cal é, en concreto, a labor de Aragunde no organismo provincial e, o mesmo, se podería dicir do seu blog persoal que, ao igual que o seu muro en Facebook utilízao para o seu cargo de xefe de oposición no concello.
Todo o anteriormente exposto deixa ben ás claras que, como sinalabamos ao comezo, o titulo de “vago político” gañouno con todo merecemento pero xa que falamos da súa labor como xefe da oposición no Concello de Cambados, vamos a analizala porque a súa vagancia política apreciase perfectamente, tamén, neste terreo.
Dende que está na oposición hai tres aspectos básicos que , este vago político, non deixa de repetir como un mantra: que si os membros do cuatripartito se levan mal entre eles, que si Cambados este sucio e, despois de cada Festa do Albariño, que os concertos foron penosos; como dicía estes son os puntos fundamentais do seu discurso que, por esa vagancia extrema que o caracteriza, tampouco molestase moito en actualizar; por empezar polo ultimo: obviamente este ano os concertos foron bastante cativos, negalo seria de necios, pero, outros anos, e a pesar da herdanza económica recibida da “flamante” xestión do PP de Aragunde, pódese dicir que os concertos foron mais que aceptables con nomes como Inmaculate Fools, Waterboys ou Herdeiros da Cruz; algún podería replicarme que co PP os concertos tiñan mais cache pero, dende logo unha cousa podo asegurarvos: que nin a Fátima Abal, nin a Víctor Caamaño ni a Tino Cordal se lles pasaría nunca pola cabeza vender, por exemplo, o Campo Municipal de Burgáns para traer a Julio Iglesias ou a Chayanne, lamentablemente outros non poden dicir o mesmo.
En canto a que si os membros do Cuatripartito se levan mal entre eles ou discuten, amosa a falta de argumentos do xefe da oposición; eu non sei como son as relacións afectivas de Aragunde, si discute coa súa parella ou a trata como unha tola e, a verdade, impórtame mais ben pouco pero todos os que estades casados ou tedes relacións sentimentais coincidiredes comigo que, por moito amor que exista, as discusións, os cabreos e as diferenzas de pensamento son algo totalmente normal en toda relación sentimental e, como non, tamén de traballo ; os únicos gobernos onde non hai discusións son aqueles onde un manda e os demais obedecen coma “perritos falderos” e, probablemente, esa sexa a única forma de gobernar que coñece Aragunde.
Finalmente en canto a si Cambados está sucio, ese é outro dos comodíns esgrimidos con insistencia polo vago político, obviamente, neste aspecto sempre todo é mellorable pero algo terá que ver a xestión e a predisposición do xefe de obras e servizos, preocupado mais ben en outras cousas que pouco ou nada teñen que ver co seu cargo e polo que lle pagan.
Chegados a este punto cabria preguntarse onde estaba o xefe da oposición cando en Cambados se presentaron problemas que, de verdade, preocupaban aos veciños:
¿Onde estaba o vago político cando os veciños de Os Caeiros, o Brexo ou Santo Tome amosaron a súa preocupación pola posible instalación no entorno do centro de Ensino Francisco Asorey dunha potente antena de telefonía móbil cos imprevisibles riscos para a saúde dos veciños? ¿alguén se lembra de ver a Aragunde preocuparse por ese tema?
¿Onde estaba o vago político cando a Xunta decidiu pechar nas tardes de verán o Centro Médico coa conseguinte molestia para os pacientes de Cambados e o resto das parroquias? ¿alguén se lembra de que Aragunde se sumara ás insistentes queixas do consistorio cambadés?
¿Onde estaba o vago político cando se soubo do intento de instalación dunha mina en Touro- o Pino co mais que evidente perigo para a Ria de Arousa e, como non, para Cambados que tanto depende da pesca e do marisqueo? ¿Alguén lembrase de ver a Aragunde nas manifestacións?
Estes son soamente tres exemplos do que realmente preocupa aos veciños de Cambados e onde a Aragunde amosou unha mais que evidente falta de empatía; iso si, tempo non lle faltou para acudir a Audiencia Provincial de Pontevedra para amosar o seu apoio aos traballadores da Lonxa despedidos polo que todos xa sabemos como así o ditaminou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ¿ segues a pensar, Aragunde, que o seu despido foi por causas políticas?.
Todos sabemos que para Aragunde é moi duro ver que, a pesar das condicións nas que deixou o Concello de Cambados, o Cuatripartito vai logrando facer cousas que a pesar de telo intentado o PP cando gobernaba non o dou logrado e de aí que teña que saír con cortinas de fume:
¿Qué o Cuatripartito logra para Cambados a Capitalidade Europea do Viño? pois ai está o vago político intentando distraer cunha “parida” como que ten as súas sospeitas de si o último camión de servizos adquirido polo Concello ten todos os papeis en regra.
¿Qué o Cuatripartito logra para Cambados que a Festa do Albariño sexa declarada de Interese Turístico Internacional? Pois xa está o vago político “enmerdando” con que si os funcionarios municipais están estresados pola acción de goberno ….. ¡¡home!! eu xa sei que cando gobernaba o PP en Cambados os funcionarios estaban como querían, algún hasta se marchaba de viños as once e media da maña e non volvía hasta as dúas da tarde pero , hasta agora, o único caso dun funcionario sometido a presións e que se cargou a un alcalde de Cambados ocorreu gobernando o PP.
De aquí ás eleccións municipais de maio do próximo ano espéranos uns meses realmente apaixonantes no terreo político, meses onde veremos que o vago político terá que saír do seu letargo e da súa vida acomodada para intentar convencer ao electorado de que sirve para algo mais de que poñer a man a fin de mes e cobrar por non saber moi ben que…….. digo eu si non será cuestión de poñerlle unha vela a San Benito non vaia a ser que con tanto traballo ao que non esta acostumado,o vago político vaia coller unha hernia.
RICARDO DOMINGUEZ REY
Imaxes: Arquivo, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa, Pontevedra Viva e Deputación de Pontevedra
4 de mayo de 2018
LUÍS ARAGUNDE, CHUPA CÁMARAS VOCACIONAL E PARÁSITO PROFESIONAL DA POLITICA
Hai un dito moi popular que di: non fagas o que eu fago senón o que eu digo e si hai alguén a quen este dito venlle “ni que pintado” e ao ex alcalde e actual deputado provincial, Luís Aragunde.
Fai uns días, Aragunde, no seu perfil de Facebook, colgaba un post onde informaba da visita a Cambados do presidente de Portos de Galicia, José Juán Durán para revisar unhas obras levadas a cabo no pantalán e na mellora dos amarres. Na foto, coa que ilustraba dito post, pódese ver, en primeiro plano, ao citado presidente conversando co patrón maior da confraría de Cambados, Ruperto Costa e, detrás deles, o gardapeiraos de Cambados e ao propio Luís Aragunde. A foto é enormemente ilustrativa de hasta onde chegan as ganas do ex alcalde por facerse notar aínda que non teña razón de ser porque, á vista de dita imaxe, cabria preguntarse ¿Qué carallo pintaba aí o actual portavoz da oposición cambadesa e mais, cando fai ben pouco, o propio Aragunde erixiuse coma unha especie de inquisidor das obrigacións laborais dos membros do Cuatripartito cambadés?.
Como xa comentamos, nun anterior artigo, fai cousa de dous meses, aproximadamente, Luís Aragunde presentouse no concello, móbil na man, para denunciar que, nese momento, ningún dos membros do goberno municipal se atopaba nos seus postos de traballo e, despois, de aquel vídeo – denuncia e o mensaxe que, presuntamente, o ex alcalde quería difundir, hoxe cabria preguntarse ¿en calidade de que, exactamente, se atopaba Aragunde “chupando cámara” no porto de Cambados? Porque, si facemos un breve repaso ás atribucións actuais de Aragunde, veremos que as mesmas son: portavoz da oposición no Concello de Cambados e deputado na Deputación de Pontevedra; pois ben, ningún de ambos cargos xustifica a súa presenza no pantalán cambadés, pois, como sinalamos anteriormente, iso é competencia exclusiva de Portos de Galicia; ¿Cómo se sentiría Aragunde si, a mesma hora que facía de “convidado de pedra”, ante o presidente de Portos de Galicia e o Patrón Maior alguén se presentara na Deputación Provincial cunha cámara na man e preguntara si se atopaba no seu posto de traballo?
Obviamente, e como sinalabamos anteriormente, a presenza de Aragunde en dito acto non obedecía a ningunha razón relacionada cos seus cargos e a mellor mostra de elo é que, acompañando ao Presidente de Portos non se atopa ninguén membro do goberno municipal ….. ¿Por qué estaba entón Luís Aragunde? A resposta é ben sinxela e xa a dixemos anteriormente: única i exclusivamente para chupar cámara, para facerse a foto porque a súa presenza era totalmente prescindible e non obedece para nada coas súas actuais obrigacións e polas que, non o esquezamos, cobra mais de 61.000 euros anuais; este individuo é o que lle pide aos demais que cumpran coas súas obrigacións laborais cando el que cobra mais que un bombeiro xefe, un fiscal ou un comisario de policía, non ten os collóns de centrarse no seu traballo que para iso é para o que lle pagan tódolos pontevedreses e dedica todo o tempo a “postureos” que nada teñen que ver co seu actual posto.
Que a Aragunde gústanlle mais os focos que a unha bailarina de cabaret é algo que xa nos ten demostrado frecuentemente; o actual deputado provincial ten que ser sempre o bebe no bautizo, a noiva no casamento e o defunto no enterro, aínda que, ás veces, tal actitude lévelle adoptar posturas ou poses, simplemente, ridículas; unha foto moi común e que mais de un teredes visto ao abrir o xornal prodúcese cando hai un acto do tipo: presentación de proxecto, inauguración de obras etc. Pois ben, como dicía, cando vexades tal nova, fixádevos e veredes que, na maioría dos casos, si Aragunde está presente en tal acto, será o que se atope agarrando o plano e dando todo tipo de explicacións coma si fora o arquitecto ou o enxeñeiro da obra, facendo aspa ventos como si realmente soubera algo do que está vendo en ditos planos; eu daría un brazo por saber que tipo de explicacións “técnicas” pode estar dando nese momento esta “eminencia”.
Teño que confesarvos que para realizar este artigo contactei con xente da Deputación Provincial para preguntar que pasaría si, calquera, fixera o mesmo que fixo Aragunde fai un par de meses: presentarse en dita Deputación, cámara en man e preguntar si se atopaba o susodito deputado no seu posto de traballo; a resposta que me deron todos os consultados foi a mesma: que seria unha absoluta perda de tempo; o realmente extraordinario seria ir e atopalo o cal non soamente é vergoñento sino realmente escandaloso pola explicación que a continuación me deron e que quería compartir con vos……
Como xa temos comentado en algunha ocasións e, sen ir mais lonxe, neste mesmo artigo, Aragunde cobra unha autentica “barbaridad” para o cargo e as tarefas que desenrola; o seu soldo é un dos mais altos da administración pública, moi próximo, por exemplo, ao que cobra un ministro; todo isto porque, presuntamente, ten firmado a dedicación exclusiva, a diferenza de outros deputados que teñen unha dedicación parcial e compaxinan a súa labor pública con outros traballos ou profesións. Pois ben, non sei que pensaredes vos, queridos lectores, pero eu, persoalmente, creo que unha persoa que firma unha dedicación exclusiva e cobra uns emolumentos tan elevados o mínimo que se lle debe esixir é que se dedique en corpo e alma a esa función; pois ben no caso de Aragunde demostrase que está alí, como se acostuma a dicir, “pola pasta” e a explicación é sinxela: como xa dixen contactei con xente da Deputación para preguntarlles a cantas comisións informativas (comisións de economía, pesca, emprego etc.) acostumaba a acudir Aragunde e a resposta que me deron foi que, xeralmente, non aparece, vamos, que o curioso e o anecdótico e velo por alí; isto non deixa de ser grave e, cando, a esas mesmas persoas , pregunteille como era posible que o deputado provincial mellor remunerado e con dedicación exclusiva non asistía a un elemento tan importante na política provincial como son as comisións informativas, a resposta que me deron aínda cabreoume mais: simplemente porque nos as cobra; segundo o regulamento da Deputación os deputados con dedicación exclusiva non cobran por acudir a ditas comisións informativas , a diferenza dos deputados que non teñen tal dedicación e si cobran por acudir.
Probablemente Aragunde pensará: “¿para que vou asistir si ao final cobro o mesmo?” co cal amósanos a súa verdadeira faciana: a de “parasito político” estar unicamente na política para gañar cartos; ¿e que fai, no canto de estar traballando por tódolos pontevedreses? Pois dedicarse a pasear por Cambados, facerlle fotos ás farolas do paseo marítimo ou, no colmo da hipocrisía, ir aos postos de traballo dos demais a demandar explicacións porque nese momento non se atopaban no mesmo cando el é o primeiro en “facer novillos”; ¿realmente pódese ter mais morro? ¿non me digades que non era para ir a collelo polas orellas e darlle cunha vimbia no cu coma un neno pequeno?
Seguiremos atentos para ver con que novo “posado” nos sorprende Aragunde mentres segue a cobrar por un traballo que, obviamente, non fai como seria a súa obriga.
RICARDO DOMINGUEZ REY
Imaxes: Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario de Arousa, Xunta de Galicia, Facebook PP de Cambados e Google
21 de abril de 2018
LUIS ARAGUNDE, O ULTIMO “INFLUENCER” DO MUNDO VIRTUAL CAMBADES
En máis dunha ocasión temos falado aquí da importancia que, co tempo, foron gañando as redes sociais na sociedade cambadesa como unha ferramenta de consulta, opinión e un eficiente termómetro para tomarlle o pulso á actualidade do noso pobo.
Do mesmo xeito xa temos comentado que, dos últimos, en subirse a este mundo virtual foron os nosos “amigos” da dereita que, únicamente, comezaron a facer acto de presenza no mesmo cando perderon a alcaldía e blogs progresistas como Cambados.tk, A ti meu Cambados ou Cores de Cambados xa levaban tempo contando a “vida e obra” de personaxes coma Tourís, Louzán ou Luís Aragunde.
Precisamente hoxe vamos falar deste ultimo, Luís Aragunde, quen, fai cousa de pouco menos dun ano, acabou comprendendo da importancia de existir nas redes sociais e, para alegría de moitos (eu o primeiro), decidiu abrir un perfil en Facebook.
Debo confesarvos, queridos amigos, que unha das cousas que fago cada dia é entrar no muro de Facebook do ex alcalde para ver con que cousa nos sorprende e, si ben, na maioría das ocasións, o susodito non da moito de si, houbo un par de ocasións que merecen ser comentadas como faremos mais adiante pero antes fagamos unha breve cronoloxía.
Como sinalabamos anteriormente foi, fai menos dun ano, en concreto, a comezos de xuño de 2017, cando Aragunde abriu o seu perfil en Facebook e, si ben, os seus comezos foron tímidos, colgando cousas como enlaces a noticias de prensa ou os horarios e fotos das procesións de San Benito ou San Roque (algo lóxico nun home católico e fervente crente como é), pouco a pouco e, co paso do tempo, comezou a soltarse para amosarnos unha faceta mais intimista, pasando a poñernos fotos dos seus pratos gastronómicos favoritos (destacando a súa preferencia polas zamburiñas), pratos que supoñemos se pagará do seu peto a diferenza de cando era alcalde que lle pasaba a conta ao consistorio (e así, cando perdeu a alcaldía, deixou os “pufos” que deixou); xunto a isto tamén amosaba facetas da súa vida cotián, coidadosamente medidas e intentando facelas pasar como algo espontáneo, como cando aparecía, correndo sobre a cinta do ximnasio ou presenciando un partido de fútbol no bar do Pósito co seu pai e con Moncho “Camarero”, todo encamiñado a dar unha imaxe de humildade e de proximidade co “populacho” e para que, por exemplo, non se falara tanto do que é en realidade e que non é outra cosa que, un privilexiado e un parásito (a partes iguais) da política, alguén que “non rasca bola” pero que cobra un soldo similar ao dun ministro (mais de 61.000 euros anuais) e que, en catro anos de lexislatura na Deputación, tocándose os “cataplines”, vaille custar a tódolos pontevedreses mais de 40 millóns das antigas pesetas.
Chegados a este punto, antes de seguir e dado que coñezo moi ben aos meus detractores, sei que estarán pensando cousas do estilo: “¿pero que carallo estás a falar ti, Canario, si poucos hai mais activos nas redes sociais ca ti?” e terían toda a razón pero hai dúas razóns fundamentais que me diferencian de Aragunde: a primeira que eu non son un político que busca un “lavado de cara” pensando nas eleccións municipais do próximo ano, onde se xoga o seu futuro, político e profesional, e que, por tanto, ten que buscarse todas as maneiras posibles de gañarse ao electorado, e as redes sociais non deixan de ser unha vía máis; a segunda razón é que eu amósome nas redes sociais exactamente como son; os que teñen a desgraza de coñecerme persoalmente poden asegurar que a imaxe que proxecto non difire, en absoluto, do meu carácter en vivo i en directo, mentres que, os que podemos presumir un pouco de coñecer a Aragunde, sabemos que esa imaxe que intenta dar a través da rede social de Mark Zuckerberg é, sinxelamente, puro e simple “postureo”.
Por certo hai unha cousa que me chama, poderosamente, a atención analizando o muro virtual de Aragunde e que, sen dubida, daríalle moitos puntos ao seu favor i é que, hasta agora, incomprensiblemente, non colgou ningunha foto coa súa parella sentimental; eu podería entender que si Aragunde estivera saíndo cun “orco” que levara unha perna de pau, con mais chepa que un camelo ou que fora mais fea que pegarlle a un pai, pois, seria hasta comprensible que quixera tapala pero, neste caso, nada mais lonxe da realidade: a parella sentimental de Aragunde é unha muller ben bonita, cuns ollazos azuis que lembran ao mar de Arousa nun bonito dia de primavera; ademais no manual non escrito do perfecto político pepero que Aragunde debería coñecer, saír acompañado da túa esposa, noiva, parella etc. é case norma da casa e tódolos grandes lideres espirituais do seu partido sempre cumpriron con esa norma ¿quen non garda na súa retina a Aznar acompañado da Botella, Rajoy fotografado coa súa esposa Elvira, (“Viri” para os mais achegados) e, incluso, nos reportaxes do NO DO era habitual que Franco saíra acompañado por Carmen Polo, tamén coñecida como “La Collares”. ¿Por qué Aragunde non aproveita o tirón que, sen dubida, daríalle amosarse coma un home, sensible, romántico, namorado e do brazo da súa amada? Quizais a pregunta do millón, entón, seria ¿podemos falar dunha crise de parella? ¿pasará, Aragunde, a engrosar a cotizada lista dos solteiros de ouro cambadeses? Como diría o Jorge Javier de “Salvame” : “¡que fueeeeeeerrte”.
Como dicía ao comezo, as publicacións en Facebook de Aragunde non dan moito de si pero hai un par delas que merecen que as analicemos detalladamente; a primeira foi un post no que, con motivo do ingreso da súa señora nai no Hospital do Salnés, aproveitaba para falar da gran profesionalidade dos enfermeiros, médicos e demais persoal do centro e, por extensión, da Sanidade Pública Galega; o post non tería maior importancia si non fora que o colgou nunha época, que moitos lembraredes, de protestas por parte do persoal de dito Hospital, protestas apoiadas polos partidos políticos da oposición e debidas as intencións, dende a Xunta, de reestruturación da areas sanitarias galegas que, na práctica, facía que o Hospital do Salnés perdera peso, pasando a depender da Area sanitaria de Pontevedra; pois ben, como dicía, aproveitar a enfermidade dun familiar para mandar unha mensaxe cun marcado carácter político por cando foi feito non deixa en boa posición ao suposto candidato popular á alcaldía de Cambados. Por certo quero aproveitar a ocasión, e isto dígoo co corazón na man, para manifestar os meus mellores desexos para Don Laureano e Doña Maruja, pais de Luís Aragunde, e que se haxan recuperado, totalmente, dos seus achaques de saúde ….. que eu non comparta os ideais políticos do seu fillo non ten que ver, en absoluto, para que os seus proxenitores teñan todo o meu respecto.
O segundo post de Aragunde que quería mencionar e que, probablemente, sexa do que máis se ten falado hasta agora é aquel, no que, co móbil na man e coma si fora unha especie de reporteiro, entrou gravando no Concello e preguntando pola alcaldesa e polos concelleiros e, ante a ausencia dos mesmos, criticar que non estiveran nos seus postos de traballo; si algún, aínda, non veu o vídeo, recoméndolle que entre no muro virtual de Aragunde e que lle bote unha ollada porque paga a pena ver como bufa Luisiño tras subir as escaleiras da casa consistorial, despois de que lle avisaran de que ese era o preciso momento para entrar a gravar porque, sinceramente, non fai falta ser un experto para darse conta de que todo estaba perfectamente planificado e, para nada, foi un acto espontáneo e para elo hai que entender este feito dentro do contexto no que se produciu:
Uns días antes estivera en Cambados o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda para tratar, coas agrupacións locais, a estratexia a seguir para recuperar as alcaldías perdidas de cara ás municipais do 2019; estratexia que pasa por montar “shows” (como o anteriormente descrito) para intentar desacreditar a labor de goberno; o resto da “película” é fácil de supoñer…….. o “dia de autos” Luisiño estaba esperando preto do Concello, por exemplo, nun bar tomando, tranquilamente, un café, hasta que, algún dos traballadores do Concello, que aínda lle son leais chamouno cando Fátima estaba a facer unhas xestións fora do Concello e Caamaño saíra , un momento, ao banco; entón, foi, nese momento, cando Aragunde, coa cámara na man, monta a historia coñecida por todos; dende logo si, o próximo ano, Aragunde non recupera a alcaldía de Cambados eu recomendaríalle que lle pedira traballo ao cineasta Juan Galiñanes porque como axudante de cámara non tería prezo (e mais pensando que non creo que o PP Provincial estea pola labor de telo outros catro anos mais cobrando 61.000 euros anuais a conta da Deputación).
Por certo esta historia amosa hasta que punto pode chegar a ser hipócrita Aragunde e o partido a que representa porque, soamente, chega con recordar que, durante os anos que gobernou o PP en Cambados, había un funcionario que cada dia, as once e media da maña marchábase a tomar os viños a Sisán e non volvía hasta as dúas da tarde; despois, para recuperar esas horas perdidas, ia pola tarde ao concello a, presuntamente, traballar para, acabar quedando durmido sobre a mesa; pois ben, como dicía, non recordo que, con ese funcionario, nin Tirado, nin Tourís nin, moito menos, Aragunde se presentaran na súa mesa, cando estaba ausente, para deixar constancia co móbil …… así que, Luisiño, leccións de ética laboral as xustas.
UN SAUDO A TODOS
Imaxes sacadas de Facebook, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e arquivo.

















