CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta CULTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CULTURA. Amosar todas as publicacións

28.5.17

AXENDA DE OCIO, CULTURA, ACTIVIDADES E DEPORTES













PARA SABER MÁIS DE CADA ACTIVIDADE PICA NA CABECEIRA DE CADA UNHA DELAS

"NADO EN PEDRA" EXPOSICIÓN DA ESCOLA DE CANTEIRÍA DA DEPUTACIÓN EN CAMBADOS


O Paseo Marítimo de Cambados acolle desde hoxe 17 de Maio e ata o 30 de Xuño a exposición "NADO EN PEDRA"

A Escola de Cantería condensa nunha exposición o traballo máis recente do seu alumnado. A través da mostra “Nado en pedra”, a entidade, dependente da Deputación de Pontevedra, expón algunhas das pezas elaboradas polo alumnado nos últimos tempos, representación da actividade levada a cabo neste centro formativo.


Catálogo de obras



VENRES INAUGÚRASE UNHA NOVA EXPOSICIÓN EN TORRADO





A pintora Yolanda Dorda lucirá os seus cadros recompilados baixo o nome de "Segredos" para mostrar os diferentes estados de ánimo dos seus protagonistas.

A pintora catalana pero coruñesa de adopción será a seguinte en colgar as súas obras na sala de Torrado. «Segredos» é o título da exposición, que estará aberta ao público entre o 26 de maio e o 16 de xullo. Será «un percorrido a través dous estados de ánimo convidando a descubrir os segredos que esconde a alma», explica a artista.

Yolanda Dorda, coa súa obra  convida o espectador a reflexionar sobre a identidade da muller. Por unha banda interpreta en primeira persoa a sexualidade, dando diferentes miradas ao corpo como obxecto desde a indiscreción ou o voyerismo, e tamén denuncia que o corpo feminino está constantemente suxeito á mirada enjuiciadora da sociedade, un xuízo que non sempre é arbitral. Defendendo a sexualidade propia da muller a través dunha figuración que elimina aspectos do fondo para centrarse no protagonismo da retratada.




CAMBADOS CONTA CUN EXTENSO PROGRAMA PARA CELEBRAR O MES DAS LETRAS GALEGAS


Durante o mes de maio nos centros educativos de Cambados organizarase unha exposición bibliográca “Libros coma mazás” con, aproximadamente, corenta obras de Carlos Casares e que estará instalada dous días en cada centro. Esta exposición itinerante farase coincidir cunha proxección audiovisual, “Carlos Casares, o señor dos libros” axeitada aos diferentes niveis educativos de primaria e secundaria. Ademáis levaranse a cabo as seguintes actividades:
MAIO
Día 10 (mércores ) ás 20:30  No salón de actos de Exposalnés, no centenario de “Da Terra Asoballada”,o profesor e escritor Xosé Manuel Millán Otero falará sobre “Ramón Cabanillas, cantor da Terra Liberada”.
Día  11 (xoves) ás 20:30  Na Biblioteca Municipal Luís Rei , presentación do libro: "Blues para Moraima" (Premio Blanco Amor 2016), de Miguel Anxo Fernández. Acto organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos. 



ACTIVIDADES SMARTPEME DO MES DE MAIO

O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN MAIO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS

SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia.                                                                O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de maio, seis obradoiros ao abeiro do programa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. 








LITA CABELLUT VISITA O SALNÉS



A Semana mundial da educación artística que convoca a Unesco ten por obxectivo sacar a arte á rúa e implicar á cidadanía na expresión artística.

Con tal motivo a "VI Semana da Educación Artística" este ano trae ao Salnés a Lita Cabellut.
Entre mañán xoves e o venres visitará Vilanova sede da escola de arte Sienna, que foi quen convidou a artista, Vilagarcía a Illa e Cambados
En en Vilanova, ás once da mañá dará unha rolda de prensa e seguirá ás 12:00 diante do Concello, onde se inaugurará a primeira das catro performance feitas para a ocasión. Lita Cabellut estará na terra de Val Inclán ao mediodía. Ás 18:00h estará en Vilagarcía, onde inaugurará outra obra. 
Xa o venres, a artista e o seu equipo farán parada en Cambados, as portas do Concello e A Illa, onde se descubrirán senllos traballos ás 12 e ás 18 horas, respectivamente.



XIRONSA CUMPRE 25 ANOS CON UNHA GRAN GALA




Este ano XIRONSA cumple 25 anos! 

Para elo están preparando un Festival-Gala moi especial con moitas actividades para celebralo como a ocasión merece. 
O día sábado 27, propio día do aniversario, celebrarán unha gala no Auditorio A Xuventude de Cambados. 
A gala servirá para homenaxear a o cura José Crespo e Montse Prado, precursores do que é hoxe Xironsa.
Para elo queren que tod@s os ex-alumnos e os ex-profes os acompañaran nesta gran data. Pregan que todas estas persoas se poñan en contacto con eles.





3ª XUNTANZA DE BANDAS XUVENÍS

O domingo 28 de maio, ás 19:00 o salón José Peña acolle a terceira edición da Xuntanza de Bandas de Música Xuvenís de Cambados, na cal participarán a Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Caldas de Reis e as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS de Cambados.










O Concello de Cambados pon en marcha durante o mes de maio unha serie de talleres orientados a fomentar as relación interxeracionais poñendo en valor os oficios tradicionais. Estes taleres son:
-Obradoiro de redes: sábado 6 de maio de 17:00 20:00 en Exposalnés
-Obradoiro e exposición de cestería en madeira: do 9 ao 12 de maio de 17:00 a 21:00 no salón de Congresos e Exposicións José Peña
-Obradoiro de acuarela: sábado 20 de maio de 10:00 a 12:00 na Residencia de Anciáns Nosa Señora da Valvanera
-Tarde de xogos tradicionais: sábado 27 de maio de 17:00 a 20:00 na praza do Concello



FESTA DO LABREGO ESTA FIN DE SEMANA






A parroquia de Vilariño, en Cambados, celebrará esta fun de semana unha nova edición da Festa do Labrego, co tradicional desfile de tractores e carros do país, e con diversos concursos e actuacións musicais. A festa terá lugar o día 28, pero xa se poderá gozar de diversas actividades lúdicas na xornada previa do día 27.

Na xornada previa á celebración da XXXVI Festa do Labrego, os máis pequenos poderán gozar entrada a tarde cos xogos populares e cun gran colchón gratuíto, e participar no tiro á chave.  
A nota musical da noite poñerana as orquestras Tango e Saudade. 






FESTIVAL DE PRIMAVERA DO PLANTEL SETE PÍAS


O vindeiro Domingo, 28 de Maio dende as 11:30 ata as 14:30 celebrarase en Vilariño o Festival de Primavera.

O 1º Festival de Primavera que organiza o Plantel SETE PIAS de Vilariño está integrado na celebración da Festa do LABREGO de Vilariño. Pretende ser un escaparate Musical para as asociacións Culturales que teñen agrupacións musicales noveles. Habrá música e a comisión reparte chourizo con pan de millo e viño gratis para todos os asistentes. Poderás pasar unha mañan de domingo diferente, vai e anima a os teus amigos, apoia a música da terra coa tua presencia.

O Festival contará coas actuacións de....


ARRANCAN AS "ANDAINAS SAUDABLES" DO CONCELLO DE CAMBADOS


Unha vez máis a Biblioteca Luís Rei vai a colaborar con Cruz Vermella de cara a poñer en marcha unha nova iniciativa para os maiores de 65 anos da vila. Trátase dunhas“Andainas saudables” que se levarán a cabo todos os xoves de 10.30 a 11.30 percorrendo diferentes rutas do centro do Concello, na compaña de voluntarios e voluntarias.
A inscrición está xa aberta na Biblioteca e é totalmente gratuíta, só é preciso cubrir unha ficha de valoración e aportar copia do DNI. Os requisitos son gozar de boa movilidade e acudir con roupa cómoda e calzado adecuado.
A actividade, comezará o xoves 25 de maio, e enmárcase no proxecto, “Promoción do envellecemento saudable: Saúde constante” de Cruz Vermella, que ten como obxectivo...... 



I PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE



O prazo de presentación dos traballos comeza o mércores 5 de abril e durará dous meses

A Deputación de Pontevedra publica este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases da primeira convocatoria dos "Premios Provinciais á Xuventude", dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. Ademais, o mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño......





Co verán chega a temporada de música, praia, descanso e festivais Rías Baixas: variedade de estilos musicais para todos os públicos, xunto con experiencias turísticas e gastronómicas en diversos puntos da xeografía da provincia de Pontevedra.
A maior parte destes festivais estenden a súa cita musical durante varias xornadas, e en todos eles o concepto musical abarca a excelencia da contorna na que teñen lugar, así como as delicias gastronómicas das Rías Baixas. Algúns conservan o seu público máis fiel, que, edición tras edición, acode a ver grandes e pequenas bandas.


O concepto dos Festivais Rías Baixas trascende a música: hai festa, gastronomía, natureza e, sobre todo, moi bo ambiente

Os festivais Rías Baixas ofrecen actividades para participar en familia: algúns convértense nun espazo de confluencia cultural do universo europeo e iberoamericano; 









24.5.17

VENRES INAUGÚRASE UNHA NOVA EXPOSICIÓN EN TORRADO











A pintora Yolanda Dorda lucirá os seus cadros recompilados baixo o nome de "Segredos" para mostrar os diferentes estados de ánimo dos seus protagonistas.

A pintora catalana pero coruñesa de adopción será a seguinte en colgar as súas obras na sala de Torrado. «Segredos» é o título da exposición, que estará aberta ao público entre o 26 de maio e o 16 de xullo. Será «un percorrido a través dous estados de ánimo convidando a descubrir os segredos que esconde a alma», explica a artista.

Yolanda Dorda, coa súa obra  convida o espectador a reflexionar sobre a identidade da muller. Por unha banda interpreta en primeira persoa a sexualidade, dando diferentes miradas ao corpo como obxecto desde a indiscreción ou o voyerismo, e tamén denuncia que o corpo feminino está constantemente suxeito á mirada enjuiciadora da sociedade, un xuízo que non sempre é arbitral. Defendendo a sexualidade propia da muller a través dunha figuración que elimina aspectos do fondo para centrarse no protagonismo da retratada.

A súa obra está construída a base de pinceladas grosas, empastes e manchas sobre fondos neutros, que nalgún caso insinúan máis que detallan e que ás veces se achegan ao abstracto, sen que perda importancia o debuxo. Tratar de atraer emocionalmente ao espectador, que comparta o protagonismo da escena e que este teña que reflexionar sobre unha intimidade que se fai pública mediante imaxes intensas, cargadas dunha mestura de sexualidade, erotismo, soidade e desolación, dando referencias ao corpo feminino como espazo de conflito entre o pracer e o sufrimento.





19.5.17

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ PRESENTA EN CAMBADOS A SUA NOVELA PREMIO BLANCO AMOR, "BLUES PARA MORAIMA"








O vindeiro xoves, 23 Maio as 20:30 o escritor nado en Carballiño e cambadés de adopción, Miguel Anxo Fernández presentará o seu último libro,  "Blues para Moraima" na Biblioteca Municipal Luís Rei de Cambados. No acto estarán o autor, Eduardo Galán, historiador e crítico de cine, e Victor Caamaño, concelleiro de Cultura.

Interpretará música de blues Modesta Padín e Nelly Iglesias

Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias dá guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dous amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, ou xornalista dá televisión que ou animase a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito. Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima, Premio Branco-Amor 2016, unha dás súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa ou lector.









8.5.17

CAMBADOS CONTA CUN EXTENSO PROGRAMA PARA CELEBRAR O MES DAS LETRAS GALEGAS












Durante o mes de maio nos centros educativos de Cambados organizarase unha exposición bibliográca “Libros coma mazás” con, aproximadamente, corenta obras de Carlos Casares e que estará instalada dous días en cada centro. Esta exposición itinerante farase coincidir cunha proxección audiovisual, “Carlos Casares, o señor dos libros” axeitada aos diferentes niveis educativos de primaria e secundaria. Ademáis levaranse a cabo as seguintes actividades:
MAIO
Día 10 (mércores ) ás 20:30  No salón de actos de Exposalnés, no centenario de “Da Terra Asoballada”,o profesor e escritor Xosé Manuel Millán Otero falará sobre “Ramón Cabanillas, cantor da Terra Liberada”.
Día  11 (xoves) ás 20:30  Na Biblioteca Municipal Luís Rei , presentación do libro: "Blues para Moraima" (Premio Blanco Amor 2016), de Miguel Anxo Fernández. Acto organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos.
Día 12 (venres) No paseo da Calzada, inicio da exposición dos paneis elaborados polos centros de ensino de Cambados, con motivo da celebración das Letras Galegas 2017, adicadas a Carlos Casares.
Día 15 (luns) ás 12:00  No Paseo da Calzada, Ofrenda floral e poética, dos centros de ensino, no Día das Letras Galegas, pechando coa interpretación do Himno Galego.
12:30 No Paseo da Calzada, espectáculo Canta Connosco! de Migallas Teatro.
17:00-20:00 No Paseo da Calzada, Lectura continuada de Da Terra Asoballada, no seu centenario,  por persoas representativas de diferentes colectivos cambadeses.
Días 15-19 ás 17:30  Nas Casas de Cultura das parroquias, “Gran xogo das Letras Galegas” da man de Eduvía Educación, dentro do programa Ler Conta Moito (día 15 en Oubiña, día 16 en Corvillón, día 18 en Castrelo e día 19 en Vilariño).
Día 17 (mércores) ás10:00-13:00 Na piscina municipal, nova edición do campionato de natación escolar das Letras Galegas
12:00 No paseo marítimo de Cambados, inauguración da Exposición de escultura da Escola de Canteiros de Poio
13:00 No Auditorio Municipal da Xuventude, Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música de Castrelo
XUÑO
Día 2 (venres) ás 20:30. No Auditorio Municipal da Xuventude, presentación do proxecto audiovisual  "O HIMNO, por Andrea Pousa", conmemorando o centenario da morte de Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917)
Día 3 (Sábado) ás 20:30. No Auditorio Municipal da Xuventude entrega do XIV Premio Ramón Cabanillas ao escritor e catedrático da Universidade de Vigo, Xosé Ramón Pena. Acto organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos e polo Concello de Cambados.
Día 4 (Domingo) ás 20:30. No Auditorio Municipal da Xuventude representación teatral da obra de Ramón Cabanillas “A man da santiña”, a cargo da compañía Teatro no Garaxe.
Día 14 (mércores) ás 20:30. No Salón de Actos de ExpoSalnés presentación do libro “Floreano”, de Gogue. Acto organizado polas librerías Ramón Cabanillas e Contos.
XULLO
Día 17 (luns) Celebración do cincuentenario da morte de Plácido Castro. Faleceu o 17 de xullo do ano  1967, na súa casa da Calzada. Acto organizado pola Fundación Plácido Castro.






27.4.17

XOSÉ RAMÓN PENA PREMIO RAMÓN CABANILLAS 2017











O betanceiro Xosé Ramón Pena, escritor, historiador da Literatura Galega e catedrático da Universidade de Vigo, será o galardoado este ano co premio Ramón Cabanillas que entregan o Concello de Cambados e os libreiros da vila. 
Esta mañá o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, e os responsables das librerías cambadesas Ramón Cabanillas e Contos anunciaron o galardón nunha conferencia de prensa no Concello.
O vindeiro 3 de xuño próximo, data na que se conmemora o nacemento de Ramón Cabanillas seralle entregado  no auditorio municipal de Cambados o premio.


Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), na actualidade traballa como catedrático de lingua e literatura galega en Vigo. Asemade imparte aulas na UNED
É un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con títulos como Literatura galega medieval (1992), Manuel Antonio e a vangarda (1996), Xograres do mar de Vigo (Xerais, 1998) ou Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción –O reverso do espello (Xerais, 1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (Xerais, 1991), A era de Acuario (Xerais, 1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (Xerais, 2008) ou Como en Alxeria (Xerais, 2012)–. Director do suplemento “Faro da Cultura” e columnista do Faro de Vigo, son súas tamén, entre outras, as edicións críticas das obras de Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida (Xerais, 1988), Da terra asoballada (Xerais, 1989), No desterro (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, de Ramón Cabanillas. Poesía galega completa (Xerais, 2009).










11.4.17

9 FESTIVAIS DE MÚSICA NA PROVINCIA ESTE VERÁN













Co verán chega a temporada de música, praia, descanso e festivais Rías Baixas: variedade de estilos musicais para todos os públicos, xunto con experiencias turísticas e gastronómicas en diversos puntos da xeografía da provincia de Pontevedra.
A maior parte destes festivais estenden a súa cita musical durante varias xornadas, e en todos eles o concepto musical abarca a excelencia da contorna na que teñen lugar, así como as delicias gastronómicas das Rías Baixas. Algúns conservan o seu público máis fiel, que, edición tras edición, acode a ver grandes e pequenas bandas.


O concepto dos Festivais Rías Baixas trascende a música: hai festa, gastronomía, natureza e, sobre todo, moi bo ambiente

Os festivais Rías Baixas ofrecen actividades para participar en familia: algúns convértense nun espazo de confluencia cultural do universo europeo e iberoamericano; outros, cuxo cartel se desvela no momento do concerto, achégannos a destacadas e destacados artistas internacionais. Neles tamén se poden admirar sorprendentes demostracións de deporte urbano que converten a provincia en escenario dunha das citas de dirt jump máis importantes do mundo. Non faltan, ademais, os festivais de raíz popular con grupos emerxentes, así como outros xéneros coma o rock latinoamericano e español, o punk, o ska e as bandas máis apreciadas da escena galega.

En definitiva, este é o momento de marcar no calendario todas as citas desta temporada de festivais Rías Baixas.













6.4.17

PRESENTADA A GUÍA DAS CASA-MUSEO VALLE-INCLÁN














A Consellería de Cultura e Educación e o Concello da Pobra do Caramiñal presentaron esta tarde a primeira guía conxunta dos museos Valle-Inclán deste municipio e mais de Vilanova de Arousa, unha obra que tamén inclúe información sobre as rutas valleinclanianas en ambas as localidades.
A sede do Museo Valle-Inclán do municipio coruñés foi o escenario da presentación, na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o interese da obra para difundir o legado literario e a traxectoria vital do dramaturgo en relación cos dous concellos e coas súas respectivas casas-museo.
“Por primeira vez, unha publicación ofrece unha visión conxunta destas dúas institucións e localidades, vencelladas a través dun dos escritores de referencia da literatura universal”, afirmou o secretario xeral, que participou no acto xunto co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García, e mais co director do Museo Valle-Inclán neste municipio, Antonio González Millán.
Con contidos sobre as dúas casas-museo integramente anovados, tanto no que se refire aos textos como ás imaxes, a guía da autoría de Antonio González Millán e Rosa Mª Brea Paz, responsables de dirección na Torre de Bermúdez e no Pazo do Cuadrante. A obra, que foi publicada pola Secretaría Xeral de Cultura, en colaboración cos concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa, preséntase en versión trilingüe (galego, castelán e inglés), para favorecer a súa interpretación entre os visitantes duns centros onde recalan viaxeiros, excursionistas e escolares de variada procedencia xeográfica.

A guía, na Libraría Institucional da Xunta de Galicia


Ademais dos visitantes das casas-museos, as persoas interesadas tamén poden conseguir a guía solicitándoa a través da páxina web da Libraría Institucional da Xunta de Galicia, en https://libraria.xunta.gal/es/guia-valleinclaniana-casa-museo-valle-inclan-vilanova-de-arousa-museo-valle-inclan-a-pobra-do, mediante o pago do porte do envío postal. 
 





5.4.17

CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017 CHEGARÁ A AMÉRICA












A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, acompañadas polo deputado provincial de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios,  inauguraron un coloquio do proxecto Smartpeme centrado na transformación dixital e as novas tendencias na comercialización en liña do sector do viño. A xornada foi a primeira das actividades desenvolvidas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do convenio asinado con Cambados por mor do seu nomeamento como Cidade Europea do Viño 2017, "un recoñecemento para o concello, pero tamén para todo O Salnés e toda a provincia de Pontevedra", tal e como afirmou Carmela Silva.

Para a presidenta da Deputación o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño "é un logro acadado por todas as mulleres e homes que, década tras década, xeración tras xeración, veñen traballando no sector vitivinícola, unha das grandes tradicións da nosa provincia que é ten hoxe un enorme potencial económico".  En concreto, Silva subliñou que "en Galicia hai cinco denominacións de orixe que facturaron 225 millóns de euros e comercializaron preto de 40 millóns de litros dos que a denominación de orixe Rías Baixas supón o 56%, é dicir, falamos de 126 millóns de €".  Amais, a presidenta provincial achegou datos relativos á exportación do sector vitivinícola asegurando que "as cinco denominacións de orixe galegas comercializaron 7,7 millóns de litros e facturaron 39 millóns de euros sendo, os viños Rías Baixas, o 81% do total do viño galego exportado, é dicir, falamos de 6,2 millóns de euros".

Respecto aos datos aportados, Silva manifestou que "non se entende que haxa administracións que miren para outro lado e non apoien a Cambados polo seu nomeamento como Cidade Europea do Viño" e detallou algunha das actividades que a Deputación de Pontevedra vai promover ao longo do ano. Máis polo miúdo, a presidenta Provincial engadiu que amais desta xornada sobre novas tecnoloxías aplicadas ó sector vitivinícola, "imos desenvolver outras moitas actuacións relativas á promoción cultural, traendo un gran festival musical a Cambados e convertendo á vila nun dos eixos de promoción turística do destino Rías Baixas baixo o lema Cambados, Cidade Europea do Viño, orgullo dunha provincia".  Así, Carmela Silva adiantou que mañá en Madrid, xunto á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, presentarase a aposta turística de cara ao 2017 que se centrará nos seis camiños cara Compostela que discorren pola provincia, nos festivais Rías Baixas e no enoturismo, aspectos nos que Cambados terá un papel protagonista.

Amais, a presidenta da Deputación tamén deu a coñecer outras accións promocionais nas que Cambados estará presente, como a presentación turística que a institución provincial desenvolverá en Lisboa, en Oporto e nos centros galegos europeos e americanos de París, Toulousse, Brasil ou Arxentina.

Para a presidenta da Deputación a primeira actividade desenvolvida pola institución ao abeiro do convenio asinado con Cambados por mor do seu nomeamento como Cidade Europea do Viño 2017 tiña que ter relación coas novas tecnoloxías. Neste contexto, Silva asegurou que "cómpre que as bodegas e o sector vitivinícola se sumen ás novas tecnoloxías porque estas ferramentas están a permitir, neste mundo global no que vivimos, xerar máis eficacia, eficiencia, aforro de custes e dotar ás nosas empresas de maior capacidade de internacionalización e comercialización, pasando da alta calidade que xa temos á excelencia".

Pola súa banda, a Alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, agradeceu "o apoio incondicional da Deputación de Pontevedra ao concello de Cambados en todos os eidos, que se pode ver no propio slogan que a institución está a empregar e que expresa o que significa para a Deputación o noso nomeamento: Cambados, Cidade Europea do Viño, orgullo dunha provincia".

Baixo o paraugas do proxecto SmartPeme, a primeira actividade da institución provincial organizada ao abeiro do convenio asinado con Cambados por mor do seu nomeamento como Cidade Europea do Viño 2017 xirou arredor de dúas mesas redondas. A primeira delas abordou a xestión dos viñedos e bodegas mediante o emprego de novas tecnoloxías e, a segunda, centrarase nas novas vías e tendencias de comercialización do viño a través de Internet. En concreto, na primeira das xornadas falouse sobre a implantación de solucións con software libre, sobre monitorizar o estado das vides a través das novas tecnoloxías e sobre plataformas concretas que están a permitir transformar o sector do viño.  Pola súa banda, a segunda das xornadas permitiu ás persoas asistentes coñecer aplicacións no mercado relativas ó comercio electrónico e á xestión de stocks, ó deseño web así como ás achegas que as novas tecnoloxías aportan á comercialización en liña do sector vitivinícola.

Esta xornada SmartPeme foi a primeira das accións contempladas no protocolo de actividades que asinaron a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados o pasado mes de marzo. A través del, a institución provincial comprometeuse a desenvolver actuacións vinculadas ao deporte, á cultura, ao turismo e á igualdade, entre outros eidos, cun investimento situado en preto de 70.000 €.