Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2013

ARRANCA A FESTA DO ALBARIÑO SEN AUTORIDADES (como tiña que ser sempre)







Corenta e catro adegas concorren dende este mércores e ata o domingo na 61 edición da Festa do Albariño de Cambados.
Dende primeira hora da mañá foron abrindo as casetas no paseo da Calzada, sen a presenza de autoridades,pero si de diversas peñas, polo tanto, sen corte da cinta inaugural. Aínda que segundo din podería ser mañán sen previo aviso.
Ata as doce desta noite o Concello de Cambados suspendeu os actos lúdicos con motivo do loito oficial imposto polo accidente ferroviario de Santiago.
Será polo tanto a partir de media noite cando a música empece a soar en Cambados da man de Roi Casal, que ofrecerá un concerto na praza de Fefiñáns.
O bulicio e a ledicía volverán o xoves á festa, que programa para esta cita a apertura ás 11.00 horas do Túnel profesional do Viño no salón de congresos José Peña.
Ademais Omar Percussion Group actuará na Calzada, e ás 22.00 horas, as orquestras D'Tacón  (como non ía a estar)e Lembranza amenizarán a verbena.
Simultáneamente na praza de Fefiñáns desenvolverase a décimo sexta edición da Gala do Albariño.



OUTRA DISCULPA PARA VIAXAR GRATIS CON CARTOS PÚBLICOS




Primeiro veñen os andaluces aquí e despois irán os galegos alí todo con cartos públicos.
O Consejo Regulador da Denominación de Origen Protegida "Sierra de Cazorla" e  seu homólogo no CRDOP do viño Albariño "Rías Baixas" acordan colaborar para establecer accións que difundan o viño e o aceite con DO de máxima calidade. O acordo foi subscrito en Cambados, entre os presidentes de ambos organismos, Enrique Martínez Aparicio e Juan Gil  Araújo.
Os responsables destes consellos acordaron poñer en marcha accións i estratexias encamiñadas a dar a coñecer a excelencia de dous produtos de gran calidade como son o aceite de oliva virxe extra e o viño Albariño. Os acordos  escenificaronse no Palacio de Fefiñáns, onde se atopa situada a adega de Albariño con DO Rias Baixas de Juan Gil.
Con este acordo "favorecemos a difusión das excelencias de dous produtos, o viño e o aceite, dunha elevada calidade, utilizando tamén as canles e vías propios de cada Consello para dalos a coñecer", apuntou Martínez Aparicio.
Por outra banda, o CRDOP "Sierra de Cazorla" vai ter presenza na exposición "Rías Baixas, o viño do mar", na Sala de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados. A exposición reúne unha selección de 30 fotografías e oito paneles que recollen outras 40 imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato.
Martínez Aparicio estivo acompañado tamén polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde e o delegado do Governo da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.


PETICIÓN DO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS






O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS ven de facernos unha petición. Coma sempre que podemos colaboramos esta vez tampouco nos negamos como ven sendo habitual.
Neste enlace veredes as imáxenes que falan por sí soas.
https://www.facebook.com/photo.php?v=618931491473138&set=vb.100000688792702&type=2&theater
Necesitamos a vosa colaboración para atopar e este individuo que abandonou a unha cadela recentemente parida e que aos tres días tivo que ser intervida de noite por unha infección uterina e corría perigo a súa vida. Agora chámase Isa e atópase perfectamente. O Refugio está desbordado, co cal un novo virus volve atacar aos cans do refuxio. Necesitan axuda económica, luvas, luvas estériles, doxiciclina, auga oxigenada, vacunas, suturas, empapadores.... e sobre todo ADOPCIONS RESPONSABLES... ENTRE TODOS PODEMOS..... NON ABANDONES


ROI CASAL EN CONCERTO EN CAMBADOS. PRIMEIRO DIA DA FESTA DO ALBARIÑO










Roi Casal e a súa banda chegan a Cambados co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o Estado e polo que foron galardoados en varias ocasións.
"Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Cambados por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro" afirma Roi Casal.
O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que "a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media.  Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa,  a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores" .
Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual  feita  en  Galicia,  e  comparten  cartel, que non dia,  na  xira  deste  ano  con  artistas  como Chuchito  Baldés  (20  Xullo,  Talavera  de  la  Reina en Toledo)  ou  Chenoa  e  Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.
A cita terá lugar na Praza Fefiñáns de Cambados a partires das 24:00h. A entrada é de balde.
O concerto, que inicialmente estaba previsto para as 23h00, retrásase unha hora para respetar os sete dias de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia a tenor do accidente de tren sucedido en Santiago de Compostela.



30 de julio de 2013

COLECTIVOS QUE NECESITAN MOITAS REUNIÓNS PARA POÑERSE DE ACORDO







Como todos os anos fará falla máis de unha reunión da Mesa do Viño, tras rematar sen acordo a xuntanza celebrada este martes na delegación da Xunta en Pontevedra.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu a xuntanza.
Esta reunión foi convocada a petición do sector para propoñer un tipo de contrato homologado nesta Denominación de Orixe e nela tamén participaron adegas, cooperativas e organizacións agrarias.
Entre as novidades analizadas atópase a proposta da Xunta referida ao apoio ao financiamento para a compra da uva aos viticultores a partir de contratos homologados.
Ademais, o feito de non incluír prezos mínimos a raíz da normativa europea para a defensa da libre competencia.
O encontro quedou emprazado a unha tercera reunión o vindeiro día 6 de agosto para que o sector dispoña de máis tempo para analizar todas as cuestións tratadas nesta reunión.




QUEREN IMPUTAR A PEPE BLANCO E ANA PASTOR






Piden axuda e tecnicos que poidan aportar peritaciones e datos con fins xudiciais para procesar ao ex ministro e actual ministra de Fomento..
RENFE é a operadora que decidiu que o Alvia siniestrado viaxase sen sistemas de seguridade durante o traxecto de Ourense a Santiago, ao decidir non homologar -durante o ano e medio de operatividad da linea- os sistemas de seguridade cos que contaban tanto a infraestructura como o propio Alvia; non homologados, resultaban inutilizables. E o que é máis relevante, de ser utilizados, con toda probabilidade, a traxedia evitouse; así como o risco sufrido polos pasaxeiros e persoal do traxecto durante este ano e medio. Por fin, os responsables do Ministerio do ramo involucrados na contratación do trazado ferroviario e os seus sistemas de seguridade. Ou o que é o mesmo, Pepiño Branco e Anita Pastor. Dáse a particularísima casualidade de ser, ambos, galegos. 

Pois, en primeiro lugar, porque para imputar penalmente non bastan meras sospeitas. Son precisas probas, ou canto menos indicios da súa responsabilidade criminal.

O achado de tales probas ou indicios debe ser resultado da investigación xudicial, pública, suxeita á coacción lexítima do órgano xudicial competente. Pode haber casos en que tales probas -ou indicios- poden ser aportados polos particulares, pero na xeneralidade dos casos, tales elementos deberán ser obtidos por medio da autoridade xudicial.


PROLIFERACIÓN DE GRUPOS OPOSTOS A POLÍTICA DO PP DE CAMBADOS






Fai un ano a raíz da polémica suscitada pola estatua de Fraga creáronse en facebook varias páxinas e grupos en contra de esa “obra de arte”. Estas páxina ou grupos incrementaron o número das que xa había e que se organizaron por diferentes motivos entre eles unha páxina pedía facer peonil a Praza de Fefiñáns algo que ven demandando a sociedade cambadesa dende hai anos e que o PP nunca  fai. 
Como decimos todas estas páxinas e grupos a o estar divididos pensamos que fan pouca forza. A o PP de Cambados venlle moi ben aquelo "de divide e vencerás", non estou a decir que estos grupos derroquen a Luís Aragunde pero a unión fai a forza e unha páxina que unira todas estas inquietudes e ganas por mellorar o noso povo sería positiva para a cidadanía. E aberto a que nuns anos governen outros partidos e que de seguir habendo queixas se sigan a expor neste foro. A participación cidadá neste Concello está moi restrinxida por non decir que é inexistente polo que se fai necesaria outra forma de que se teña en conta a opinión dos cambadeses.

Dende este blog queremos facer un chamamento a os administradores destes colectivos a que se unan creando un grupo onde todo cambadés ou forasteiro poña as suas queixas, suxerencias e opinións e os blogs poidan ter un lugar común de difusión como hai noutras vilas da nosa comarca. Un nome que suxerimos para este grupo ou foro de debate é “MELLORANDO CAMBADOS” pero sen desbotar calquer outro nome.

Neste grupo terían cabida eventos como “Esta é a estatua que queremos para Cambados”, “Pola peatonalización …..” e eses grupos coma “Cambados Propón” “Queixate Cambados” etc etc.´

Sabemos por experiencia que nunha vila veciña este tipo de páxina ten repercusión na alcaldía e tamén son publicadas na prensa as suas queixas.
Agardamos que este desexo se cumpra polo ben de Cambados e dos cambadeses e visitantes.






A AUSTERIDADE QUE NON DA CHEGADO






Onte escoitábamos que cada concelleiro invitado a o Xantar ía a ter unha invitación e só unha, hoxe acabamos de saber que non será así e coma todos os anos terán dereito a duas e para que conste adxuntamos o mail que o corrobora. Da alegría polo aforro pasamos a o bochorno polo despilfarro. O correo está en castelán que como o escriben no Concello e con erros de ortografía incluídos.
Foto: El Correo Gallego

Estima.. .........
De acuerdo con la información solicitada esta mañana, te confirmo que cada Concejal puede disponer de dos tarjetas-invitación para la comida oficial del Albariño, por si desea asistir acompañado/a; por tal motivo, corregimos la reserva efectuada (asignándoos dos tarjetas en lugar de una) y os agradecemos que, si alguno de vosotros no desea utilizar esa segunda invitación nos lo hagais saber a la mayor brevedad posible.



29 de julio de 2013

O TURISMO RURAL TAMPOUCO DESPUNTA






Hoxe finalizaba o prazo para que pequenos hoteis e casas de Turismo Rural, puidesen solicitar subvencións para mellorar os investimentos tecnolóxicos. Pero parece que tal e como están as cousas, non están os empresarios do sector para investir.



Así de claro deixábao Luciano Sánchez, o presidente da Asociación Galega de Turismo Rural, porque aínda que xullo ha ir mellor do que empezou , as cifras están moi lonxe das doutros anos, ata son peores que o pasado ano. Perdeuse moito en liñas da costa i en cambio, parecen despuntar aquelas casas da contorna do Camiño de Santiago, sobre todo o Francés .

 Co que, traballar co turismo estranxeiro estase convertendo en todo un reto, a bordo do camiño e a través da rede, onde o importante non é investir en equipos senón, en publicitarse nos portais adecuados para franceses, italianos ou alemáns que buscan hospedaje rural.







ANOVA CARGA CONTRA O CONCELLO POLA CARPA GASTRONÓMICA






Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados volven a  manifestar públicamente que non están de acordo coa adxudicación pública do concurso para a explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da Calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013, e tamén manifestan as continuas irregularidades que se estaban a cometer neste tipo de contratacións no Concello de Cambados.


"O tempo danos a razón sen dubida, e o Concello de Cambados continua a contratar e adxudicar irregularmente en beneficio sempre das mesmas empresas, e para mostra esta forma de actuar, na contratación desta Carpa Gastronómica unha vez que quedou deserto o concurso público" así o escriben no seu blog.



Como se pode comprobar na imaxe adxunta, extraida da Conta de Resultados do Exercicio 2012 do Concello de Cambados, e na que a Interventora Municipal, xa manifestaba as irregularidades cometidas polo Goberno do PP no Concello de Cambados a hora de adxudicar este servizo o ano pasado; o tratarse dunha aceptación tácita do Concello de Cambados, sendo contraria a normativa vixente, ademais de que a oferta realizada por Porto de Cambados, S.L., non respetou as condicións que se tiveron en conta para licitar a mencionada autorización, o cal vulnera os principios de  publicidade e concorrencia, establecidos na Lei de Contratos do Sector Publico, e que este ano se volve a repetir como informan varios medios de comunicación.






A XUNTA NON DISPUXO TODOS OS MEDIOS TRALO ACCIDENTE DE SANTIAGO







A verdade é que non quería escribir nada relacionado co accidente ferroviario de Santiago pero despois de ver a nota de prensa que enviou a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública non podo evitalo.

Feijóo e seu Goberno na Xunta de Galicia deben asumir ceses inmediatos e responsabilidades, non é aceptable que non se abriran ante esta catástrofe vos quirófanos e outras unidades pechadas desviando vos feridos a mais de 50 quilómetros dá zona do accidente.
Ante noticias de que Ou hospital de Conxo, pese a ser é ou hospital máis próximo ao lugar dá accidente do tren e estar equipado cos recursos adecuados, mantivera súas unidades e quirófanos pechados, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere manifestar que:

1.- Consideramos inaceptable que, habendo persoal sanitario cualificado convocado non centro esperando para recibir e atender ás vítimas, o Hospital non abrira as unidades pechadas.

2.- Resulta paradóxico que si se derivasen doentes a centros privados como A Rosaleda en Santiago ou o Hospital Dominguez de Pontevedra.

3.- Rexeitamos que as autoridades políticas e sanitarias digan que se empregaron todos vos recursos públicos dispoñibles, mentres o Hospital de Conxo non recibirá a ningún ferido..

Isto mostra unha vez máis vos resultados dá política de pechar camas, unidades e quirófanos nos centros públicos e de apoio ao sector privado, que se mantén ata nunha situación tan dramática. 
Exiximos a Consellería de Sanidade que informe coa máxima claridade do dispositivo e vos criterios seguidos para a atención e derivación dúas feridos tratables e/ou trasladables aos centros sanitarios e animamos aos grupos parlamentarios a que soliciten ao goberno información sobre ás consecuencias dá política dous recortes públicos neste terrible accidente.

Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública
Duas horas despois de publicar esta entrada enterámonos que este hospital non funcionou ese día pois carece de urxencias. 

INCREIBEL UN HOSPITAL NOVO QUE CARECE DE URXENCIAS. ALGUÉN TEN QUE DIMITIR



A BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO CAMPEONA DO MUNDO







A Banda Unión Musical de Meaño, acaba de conseguir oprimeiro premio "World Music Contest de Kerkrade", considerado un auténtico mundial de bandas de música e que reúne cada catro anos a unha selección de 200 bandas de todo o mundo.
Competiu en primeira división xunto con 19 formacións de distintas nacionalidades e obtivo tras a súa actuación unha puntuación de 96,25 sobre 100. En segundo lugar a Old Harmony Eijsden do Países Baixos, con 95,75 puntos, e en terceiro lugar Harmonieorkest de Volksgalm de Belgica con 94,75.
A Banda Unión Musical de Meaño convértese así na primeira banda galega en conseguir este posto de tan prestixioso mundial. A devandita banda, encabezado pola directiva e os 92 compoñentes desta agrupación, partiu cara a terras holandesas o pasado martes 23 de xullo, cargados de ilusión, pero feitos un mangado de nervios debido á gran responsabilidade que supoñía para estes músicos participar nunha competición bandística de tan alto nivel.
Este domingo foi o gran día, ás 09:30 era a súa quenda para demostrar o seu bo facer musical no Certame Mundial de Bandas na cidade de Kerkrade en Holanda.
Así foi, todos os músicos deron o mellor de si, a pesar de que cuentan cun número elevado de menores, fronte a outras bandas onde os compoñentes, a maioría son profesionais.
Esta agrupación tamén se solidarizou coas vítimas e familiares do accidente ferroviariode Santiago de Compostela. Antes de iniciar a súa actuación, gardaron un minuto de silencio, e dedicaron integramente este concerto en honor a todas as vítimas e familiares do devandito accidente. Ademais como sinal de respecto e mostra de apoio moral, cada músico porto un lazo negro, e mesmo se expuxeron as bandeiras de España e Galicia, cada unha con senllos crespóns negros, como símbolo de loito nacional.

Está previsto que regresen a Meaño mañán martes día 30 de xullo, a última hora da noite onde esperan recibilos con toda a alegría e o cariño que merecen.







INAUGURACIÓN POPULAR DA FESTA DO ALBARIÑO!!!!!!!! ACUDIDE



ALGÚNS VECIÑOS DE CAMBADOS NON SE RESISTEN A QUE A FESTA DO ALBARIÑO QUEDE SEN INAUGURACIÓN POLO TANTO ORGANIZAN UNHA INAUGURACIÓN POPULAR(do povo) A QUE ESTÁ CONVIDADO TODO AQUEL QUE QUEIRA  SOBRESTODO OS MÁIS FESTEIROS.




INAJURASION POPULAR(QUE NON PPEPERA) DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO . BAIXA O MIERCOLES A TOMAR UN VIÑO ALBARIÑO A 1.30 A CALSADA . a festa de ALVARO CUNQUEIRO ,CABANILLAS , CASTROVIEJO VOLVE AS SUAS RAICES


BUENO PARROQUIA, ESTÁ XA MONTADA, ASÍ QUE TODOS AQUELES QUE QUEIRAN A TITULO PERSONAL OU COMO PEÑAS ASISTIR A INAUGURACIÓN OFICIAL DO ALBARIÑO O VINDEIRO MÉRCORES AQUI TEDES O CARTEL ANUNCIADOR.
FAI FALLA QUE ALGUEN VEÑA DISFRAZADO DE ALCALDE E SOLICITAMOS QUE OS GAITEIROS E PANDERETEIRAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR A TITULO PARTICULAR QUE SE PRESENTAN TAMEN A HORA QUE SEÑALA O CARTEL NA PRAZA RAMÓN CABANILLAS (ESTATUA DO BACO). (PASALO PORFA).








27 de julio de 2013

O XUVEN TEN DIFÍCIL RENOVAR A DOUS PUNTAIS DO EQUIPO





O Xuven ten difícil a renovacion de varios xogadores.  Según informacións recollidas por este blog tres xogadores a os que se lle pretendía renovar non están dacordo coas condicións expostas pola directiva presidida por Jorge Castiñeiras. A condición que resulta máis difícil de aceptar para estes tres xogadores  sería a de ter que adestrar polas mañáns algo que non poden facer polos seus compromisos laborais. A identidade de dous deles sabémola pero so diremos que son dous dos puntais do equipo que conquistou o ascenso.  

Todo esto na semana na que foi presentado o seu novo patrocinador. Conservas de Cambados é o nome que levará o Xuven por toda España durante a competición. Unha firma que xunta o nome da vila é un sector vital tanto en Cambados como na Ría de Arousa. O outro sería o albariño, pero é que tamén este sector se suma ao proxecto Xuven a través da adega Martín Codax, que vai a ser o segundo patrocinador e o seu nome lucirá na parte traseira da camiseta, debaixo do dorsal. O de Conservas de Cambados verase perfectamente na parte frontal da equipación amarela.









O ACQUARISMUSIC FESTIVAL CELEBRARASE HOXE EN CAMBADOS







Malia que o Concello decidiu cumprir os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia atrasando o comezo das festas do Albariño como mostra de respecto aos 78 falecidos no accidente de tren que tivo lugar o mércores en Santiago, promotores privados como os que organizan o "AcquamarisMusic Festival" confirmaron xa a súa intención de non suspender os festexos previstos.
Fontes próximas á organización confirmaron onte que o certamen vai ter lugar na illa das Goritas tal e como estaba previsto. O propio promotor comentou a varias persoas nas útlimas horas que era "imposible" para o evento polos gastos que xa se habían desembolsado en conceptos como publicidade ou instalacións de son.

Os asistentes ao festival de esta noite poderán gozar da música do grupo cambadés Noite Fechada.A música electrónica chegará e a man de grupos como Freskitos, Mathías Albarez ou Pomboloko mentres que o hip hop será cousa de Duke Sam, Diego Garzía e Sección Selecta. As entradas teñen un custo de cinco euros.

Moitos cidadáns  critican a actitude dos promotores por non suspender a celebración neste día no que os galegos estamos de loito oficial. Eses mesmos cambadeses suponse que estarán en contra de que a festa do albariño abra os estands tamén antes de concluir o loito ou que se retrase unha hora un concerto para saltarse ese loito.




DETIDOS DOUS IRANÍS POR VARIOS ROUBOS NA NOSA COMARCA







A Garda Civil detivo a dous mozos de nacionalidade iraní e veciños de Guadalajara como presuntos autores de polo menos tres roubos con intimidación ou violencia en municipios da comarca pontevedresa de O Salnés e dun furto en Vilaboa.

Segundo informan as forzas de seguridade, as detencións foron froito das investigacións de efectivos da Benemérita en Vilagarcía e Cambados, quen, ante as sospeitas que lles orixinaba un Volkswagen Passat estacionado nas inmediaciones dun centro comercial de Vilagarcía que tiña dous ocupantes no seu interior, procederon a identificar aos sospeitosos.
Os mozos mostraron senllos permisos de conducir expedidos en Irán e, ante a sospeita de que esta documentación puidese ser falsa, os axentes decidiron trasladalos a dependencias oficiais para facer comprobaciones.

No transcurso das pesquisas, os axentes do Instituto Armado constataron a presunta autoría de ambos en tres roubos con violencia ou intimidación ocorridos este mes en Cambados e en Sanxenxo, así como nun hurto ocorrido en Vilaboa; polo que procederon á súa detención.

Aínda así, as investigacións continúan a fin de determinar si estes dous mozos puidesen ser autores ou ter participación noutros feitos similares ocorridos na provincia de Pontevedra ou ata noutras localidades galegas. Por iso, tampouco se descartan novas detencións.


Os arrestados resultaron ser M.T., de 23 anos de idade, e M.M.P., de 19. Ambos serán presentados, xunto ás dilixencias instruídas, ante o Xulgado de Instrución número 4 de Cambados.








26 de julio de 2013

COMPRAR CUEIROS CUNHA TARXETA EXTRAVIADA: CÁRCERE---- DUPLICAR TARXETAS EN BENEFICIO PROPIO?







O presunto delincuente tentando explicarse.
A o enterarme desta nova veume a memoria a xoven que atopou unha tarxeta de crédito e gastou con ela menos de 200 euros en comida e cueiros para os seus cativos e tiña que ingresar no cárcere algo que se evitou por un indulto de última hora. Que pasará con este individuo?. Moi intelixente non superou os 500 euros.

Duplicou a tarxeta que utilizara cando era responsable de Economía e pagou con ela 499,99 euros no seu propio restaurante.
 
O concelleiro do PP en Alovera Juan Vicente Hernández terá que declarar como imputado ante o xulgado por un presunto delito de malversación. O xuíz tomou esta decisión trala denuncia presentada polo Grupo Socialista da localidade, que detectou irregularidades no uso dunha tarxeta de crédito do Concello.

En concreto, o concelleiro do PP duplicou en xaneiro de 2012 unha tarxeta da que dispuxera durante o mandato anterior, cando era concelleiro de Economía e tesorero do Concello, pese a que estaba caducada desde o 12 de xuño de 2011, trala formación da nova Corporación municipal xurdida das eleccións municipais. Posteriormente, efectuou con ela varios pagos, un deles por valor de 499,99 euros no seu propio restaurante e outro de 153 euros a unha compañía de telefonía móbil.

A concelleira que destapou o presunto delito


Ao ter coñecemento diso, a portavoz do Grupo Socialista Lola López Petidier, denunciou os feitos ante a Fiscalía, que practicou dilixencias previas e procedeu a dar traslado ao xulgado o pasado mes de maio “ante a posible existencia dunha infracción penal tipificada como malversación”. A portavoz socialista foi chamada a declarar a semana pasada para ratificarse na denuncia. “Vímonos/Vímosnos obrigados a facelo porque consideramos que se trata uns feitos o suficientemente graves como para que o xulgado investigue e depure responsabilidades”, asegurou.

Ademais, pouco tempo logo da primeira denuncia, descubriuse a existencia dunha segunda tarxeta bancaria do Concello que este mesmo concelleiro tivo activa e na súa poder ata que foi bloqueada pola propia oficina bancaria tras coñecerse o escándalo dos pagos coa tarxeta duplicada.

Débedas e despilfarro


A portavoz socialista instou ao portavoz do PP en Alovera e director xeral de Deportes do Goberno de María Dores de Cospedal, Juan Carlos Martín, a “que aclare cales van ser as actuacións que vai adoptar en relación con este asunto”. O concelleiro imputado segue formando parte actualmente do Grupo Popular do Concello, e foi un membro destacado do Equipo de Goberno encabezado o pasado mandato por David Atienza, que deixou unha débeda próxima aos 10 millóns de euros nas arcas municipais. 

Con todo, Cospedal decidiu premiar a Atienza facéndolle deputado rexional e a Martín nomeándolle director xeneral, pese a sua nefasta xestión e ao constante despilfarro de diñeiro público, como os máis de 17.000 euros que gastaron en só dous anos no restaurante do concelleiro agora imputado. 










O CONCELLO DE CAMBADOS TROCA VARIOS ACTOS DA FESTA DO ALBARIÑO PARA QUE NON COINCIDA COS DIAS DE LOITO

 






O Concello nun alarde de cordura vai mudar, que non suspender, as actividades festeiras organizadas polo Concello.


 Xa esta mesma tarde na inauguración da exposición de fotografía de Xurxo Lobato no Salón José Peña non haberá nada institucional e ceñirase a apertura da mesma sen que nadie dé discurso algún.


A Elección de Raiñas das festas tanto maior como infantil que estaba prevista para este domingo 28 de xullo as dez da noite pasase para o xoves dia 1 de Agosto, dia  da Gala.

O concerto de Roi Casal mantense para a noite do mércores , trasladándose de hora é dicir que unha vez sexan as doce e un minuto da madrugada  do xoves día un de agosto comenzará o mesmo, respetando así, segundo  o Concello o loito decretado pola Xunta.

A partires das doce e un minuto do noite do xoves, os demáis actos celébranse tal e como estaban acordados.

O único acto que se suspende é a inauguración oficial da festa, prevista para o mércores 31. Eso sí, as casetas abrirán como se dun albariño normal se tratase. Agardando que abran a maioría delas e non coma o ano pasado que tan so abreu unha.
Todo esto tratouse nunha reunión no concello minutos antes de que se gardaran os 5 minutos de silencio que propuxo a Fegamp onte en todos os concellos galegos. Case un cento de persoas respetaron en absoluto silencio a convocatoria. Ademáis do Alcalde e varios concelleiros do grupo de governo estaban presentes os portavoces do B.N.G. e P,S.O.E., a deputada autonómica Montse Prado,  membros da policía local e gardacivil, o párroco, José Aldao funcionarios do concello e mesmo ex concelleiros como Domingo Tabuyo e como non veciños de Cambados. 
A páxina web do Concello aìnda no se fixo eco das variacións. O persoal encargado debe estar de vacacións. E unha pena que co custo desta web que a leva vai a paso de tartaruga.




ANGROIS







O PARO SIGUE A SUBIR EN GALICIA






O paro subiu en 800 persoas en Galicia no segundo trimestre do ano, en relación cos tres meses anteriores, e alcanzou a cifra dos 288.200 desempregados, un 0,26% máis. A taxa elevouse ata o 22,4%, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En toda España, o paro baixou en 225.200 persoas no segundo trimestre respecto ao trimestre anterior, un 3,6% menos, situándose o número total de desempregados en 5.977.500 persoas, por baixo da cota dos seis millóns de parados.



No caso de Galicia, a comparación dos datos cos do mesmo trimestre de 2012 arroxa un aumento de 12.300 parados na comunidade, o que representa unha subida do 4,45%.

Os datos do instituto estatístico mostran que no segundo trimestre do ano non se destruíron empregos, ao permanecer invariable o número de ocupados nos 998.500. Entanto, na comparación interanual, a destrución de emprego chega aos 35.200 postos, unha caída do 3,41%.

Así, fronte a unha taxa de paro do 22,4%, a taxa de actividade é do 54,72%. A taxa de desemprego é ligeramente superior entre as mulleres(22,62%) que entre os homes (22,19%).

En Galicia hai un total de 530.400 varóns ocupados e 151.300 parados, co que a taxa de actividade masculina é do 60,74%. En canto ás mulleres, a súa taxa de actividade é do 49,22% e son un total de 468.100 activas, fronte a 136.900 que están en situación de desemprego na comunidade, de acordo cos datos da EPA.


A EPA indica tamén que en Galicia hai 2.351.300 persoas con máis de 16 anos, o que representa un descenso do 0,23% en relación ao primeiro trimestre de 2012 e do 0,6% si se compara co segundo trimestre do ano pasado.

En canto á poboación activa, está composta por un total de 1.286.700 persoas, unha cifra que se mantivo prácticamente invariable en relación aos tres meses previos e que supón unha caída de 1,75% en comparación co segundo trimestre de 2013.











EXPOSICIÓN DE XURXO LOBATO EN CAMBADOS





O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil  Araujo; o alcalde de Cambados, Luís Aragunde e o fotógrafo galego Xurxo Lobato inauguran hoxe venres unha ampla exposición fotográfica titulada Rías Baixas, o viño do mar.

A mostra arrinca cun acto de presentación previsto para as 20:30 horas na sala de congresos e exposicións José Peña de Cambados. Rías Baixas, o viño do mar reúne unha selección de trinta fotografas e dous cubos con oito paneles que recollen outras corenta imaxes do citado fotógrafo, material gráfico procedente dun libro de mesmo nome editado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas con motivo do seu 25 aniversario.