Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta Refugio Animales Cambados 2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Refugio Animales Cambados 2. Mostrar todas las entradas

15 de agosto de 2015

O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS DE NOVO SATURADO






1
De novo debemos difundir a situación do Refuxio e así animar á xente de Cambados a adoptar xa que sen adopcións faise imposible que sigan axudando aos cans e gatos que aparecen abandonados dia tras dia.

3
2
O Refugio está saturado e os voluntarios que colaboran alí xa non poden facer máis. Non queda nin unha soa gaiola libre, ni siquiera para as urxencias. É unha loucura a cantidade de cans que entraron estes últimos días. E de novo teñen un montón de gatiños abandonados que necesitan encontrar unha familia

1 e 2- Nestes colaxes que fixeron os propios voluntarios podemos ver algúns dos cans e gatos que están a esperar por unha familia no Refugio.

3- E os cans que apareceron esta semana, a maioría deles con colar pero todos sen microchip. Por, se alguén os recoñece. Si recoñecedes a algúns dos animais que aparecen poñédevos en contacto co Refugio no seu facebook directamente.







18 de febrero de 2015

O PROGRAMA DA TVG "CRIATURAS" ACHEGOUSE A CAMBADOS





Juan Fuentes atópase en Cervantes, na aldea dos Prados onde só hai mulleres e precisan dalguén que as axude no tempo da herba seca.
Por outro lado, o programa acercarase a Cambados para coñecer da man de Olga Costa ao cadeliño Riki e a nova vida que lle espera e as clases para educar as mascotas, neste caso cans.
En Mascotas e Famosos, descubriremos se Toffe o cadeliño de Xaquín Domínguez, o párroco da serie Padre Casares, é fiel fregués do seu dono.
Acompañaremos ao loro Yakito ao doutro para que lle fagan unha revisión completa. Presentaranos a súa familia e veremos as comodidades coas que vive.

Para ver o programa preme aquí.
Imaxes da TVG



19 de diciembre de 2013

UNHA CADELA RECOLLIDA NO REFUGIO DE CAMBADOS SALVA A VIDA DA SUA DONA







Unha cadela adoptada no refuxio de animais de Cambados ven de salvarlle á vida a súa dona. Mimi convértese así nunha cadela heroe, servindo de exemplo das moitas posibilidades que teñen estes animais recollidos en albergues caninos.

Mimi era unha cariñosa cadela que tiñan no refuxio de animais de Cambados, Ó pouco de vela, Dora Pampín, voluntaria ocasional, decidiu axudar e acollela no seu fogar. Ó pouco tempo xa se deu de conta de que era unha cadela excepcional, cariñosa coma poucas pero o día que de verdade nunca se lle esquecerá foi o día no que lle salvou a vida.A Dora doulle un ictus e Mimi que nunca ladraba alertou aos veciños cos seus ladridos. estes acudiron a casa de Dora e puideron axudala e salvarlle a vida. Ademáis Mimi avisa a Dora de que non esqueza a sua medicación.


 Dora emociónase porque a día de hoxe Mimi é vital no seu día a día e fai moito pola súa recuperación. Desde a Protectora de Cambados recomendan que se adopten previa meditación do cambio que vai a supoñer as nosas vidas cun novo can na casa. Engaden que non acudan a pedir tantos cans de raza puros posto que é unha forma de discriminación máis, que a nos como persoas non nos gustaría que nos fixesen.




25 de noviembre de 2013

FESTIVAL DA PULGA 2013--BIKESHOW SOLIDARIO







O Vindeiro fin de semana os amigos dos animais tedes unha cita en Cambados. No salón José Peña.

Este sábado a partir das 16:00 horas primeiro bikeshow solidario de motos artesanales, aerografía, escapes...A partir das 20:00 horas degustación de callos, a partir das 21:30 horas actuación do humorista Xan Viega e a continuación en directo as actuacións de Blue Paper Band de Cambados, Por Placer,Os Cacikes, e Miguel Costas ex de Siniestro Total.

Para domingo 1 de decembro máis.. a partir das 12:30 horas sesión vermouth coa actuación da banda de Música de Castrelo. Pola tare a partir das 16:30 Karaoke, pinta caras, exhibición canina e haberá dúas adiestradores que ofrecerán consellos e resolverán dúbidas sobre as mascotas.. e a actuación do CIRCO DE PULGAS CARRUSELO, con tres pases de 35 persoas como máximo para ver as acrobacias das pulgas, onde Breogan, Esmeralda e Lilí actuarán para todos os nenos e non tan pícaros...

NON VOLO PERDADES E AXUDARLLES A DIFUNDIR..ESPERANVOS A TODOS...


31 de julio de 2013

PETICIÓN DO REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS






O REFUGIO DE ANIMALES DE CAMBADOS ven de facernos unha petición. Coma sempre que podemos colaboramos esta vez tampouco nos negamos como ven sendo habitual.
Neste enlace veredes as imáxenes que falan por sí soas.
https://www.facebook.com/photo.php?v=618931491473138&set=vb.100000688792702&type=2&theater
Necesitamos a vosa colaboración para atopar e este individuo que abandonou a unha cadela recentemente parida e que aos tres días tivo que ser intervida de noite por unha infección uterina e corría perigo a súa vida. Agora chámase Isa e atópase perfectamente. O Refugio está desbordado, co cal un novo virus volve atacar aos cans do refuxio. Necesitan axuda económica, luvas, luvas estériles, doxiciclina, auga oxigenada, vacunas, suturas, empapadores.... e sobre todo ADOPCIONS RESPONSABLES... ENTRE TODOS PODEMOS..... NON ABANDONES


17 de julio de 2013

OUTRO ASASINATO NO RIO UMIA




Non se pode chamar doutra maneira o que está a acontecer estos días.

Os arredores do Umia estánse a converter, nos últimos días, nun cemiterio de cans vítimas de ataques violentos. Na tarde deste martes 16, unha muller que paseaba coa súa mascota encontrábase nas beiras do río o cadáver dunha cadela que tiña colgada ao pescozo unha corda e unha pedra de gran tamaño coa que, segundo todos os indicios, fora lanzada á auga.
A responsable do Refuxio de animais de Cambados, Olga Costa, indicaba a varios medios de comunicación que a morte se producira moi recentemente, apenas minutos antes de cando foi localizada, casualmente, pola mesma muller que o sábado xa se encontrara outro can morto, dentro dun saco, na beira do río.
No caso da cadela aparecida onte podíase ver como tiña as enxivas rosadas e a lingua se encontraba esnaquizada, partida en anacos e por ela aínda manaba sangue. O animal apenas contaba con seis meses de idade e non mostraba signos de ter sufrido malos tratos anteriormente. Segundo relataba Olga Costa "no estaba ni delgada, ni en celo y pesaba alrededor de cuatro kilos. Es mucho más grande la piedra que ella, la ataron con un lazo verde de los que se utilizan para enrollar las verduras".
Alertados pola Protectora de Animais de Cambados, axentes do Seprona achegáronse ata o lugar, situado no límite entre Cambados e Ribadumia, á altura de Sisán, para levantar atestado.
Ademais do animal aparecido morto o sábado, durante a xornada do luns tamén se encontrou outro can falecido nas beiras do Umia. Desta forma xa son tres os cadáveres de cans aparecidos nunha ámbito de apenas 500 metros nos últimos catro días. Olga Costa comentaba que "no tenemos contra quien poner una denuncia. Por eso hacemos un llamamiento para que la presión social pare este tipo de actos".
A responsable do Refuxio témese que haxa máis animais mortos no fondo do río e móstrase desolada: "Chegar ao refuxio cun animal vivo, acéptalo pero chegar cun para metelo no conxelador, é moi duro. E neste caso chegamos tarde por uns minutos. Como non poñamos fin a isto, vai pasar unha traxedia. Xa o chaman o río da morte".
Olga Costa anuncia ademais que xa se puxeron en contacto con deputados para levar esta situación "ao Parlamento de Galicia porque as protectoras non podemas máis".



Fonte: Pontevedra Viva





15 de julio de 2013

MATAN UN CAN DUN XEITO DO MÁIS CRUEL





Foi unha chamada dun particular sobre as dez e media da noite do sábado a que alertou os responsables do refuxio de animais de Cambados, que acababa de ser testemuña de como tiraban un can atado ao río en Sisan, Ribadumia.
Segundo fontes desta protectora de animais, esta persoa pedira socorro ao 112, tras o cal estivo alí a esperar sen que aparecese ninguén, polo que acudiu á súa casa e se puxo en contacto co refuxio.
Son estes últimos os que chaman á Garda Civil de Cambados que acoden ata o lugar dos feitos cunha patrulla onde xa estaban a traballar un grupo de voluntarios para intentar dar co animal.
Pero xa era demasiado tarde, cando os axentes o localizaron o can estaba morto dentro dun saco.

A través do seu perfil en Facebook, o Refuxio de Animais de Cambados anuncia que este luns presentará unha denuncia, polo que apela á colaboración cidadá para reunir probas que permitan identificar a persoa que botou ao animal ao río Umia.





15 de febrero de 2013

TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS




 "Curso de Técnico en Terapia Asistida con Animais. O Centro de TAA PERRYANIMAL convoca o II CURSO DE TÉCNICO EN TERAPIA ASISTIDA CON ANIMAIS, que está enfocado a profesionais e estudantes de últimos cursos pertencentes ao ámbito Psicoeducativo, sociaissanitario e amantes dos animais co obxectivo de introducir as bases deste tipo de terapias desde un punto de vista teórico ? práctico o máis global posible. Un curso moi recomendable para aquelas persoas que queiran penetrarse no sector da terapia con animais dirixida a persoas da terceira idade e persoas con discapacidad.
 MÁIS INFORMACIÓN: Equipo docente:  Olga Costa Bea : Directora do Refuxio de Animais de Cambados e Técnico en TAA. 
Verónica Oliva Caíña: Psicopedagoga e Técnico en TAA.
Diego Álvarez Ramos: Adiestrador 
 Gozaremos da achega de distintos profesionais vinculados ao mundo da Terapia Asistida con Animais. Alumnado ao que vai dirixido:  Terapeutas Ocupacionales,  Psicólogos,  Médicos,  Fisioterapeutas, Logopedas, Profesores, Traballadores sociais, Adiestradores de animais. ? Veterinarios,  A.T.S., Traballadores e voluntarios de protectoras.  Amantes dos animais en xeral.

 Duración e horarios: O curso comeza o 9 de Marzo de 2013 e terá unha duración de 4 meses. Realizarase en sábados alternos en horario de 11:00-14:00h e de 16:00-19:00h. Consta dun total de 54 h teórico-prácticas. Obxectivos: Xeneral: Introducir ao alumnado no sector da Terapia Asistida con Animais como método de intervención así como futuro ámbito profesional. Específicos: Coñecer os precedentes en investigación e programas de TAA.  Fomentar o concepto de equipo multidisciplinar no marco de programas de TAA.  Formar en canto aos animais e colectivos idóneos para o desenvolvemento da TAA.  Capacitar en canto aos protocolos e metodoloxía de traballo nos proxectos de TAA. 
 Dotar dos coñecementos necesarios para a implementación de proxectos en materia de TAA.  Dar a coñecer ao alumnado interesado as vías de formación e acceso profesional ao área de TAA. 

Recoñecemento: Ao finalizar o curso entregásense diplomas que certifican a participación e aprovechamiento do curso, asinados e selados. Avaliación: Unha vez finalizado o curso realizaranse unhas probas teórico-prácticas co fin de que os propios alumnos valoren os seus coñecementos e determinen en que áreas atópanse mellor preparados e en cales destas precisan máis formación.
 Lugar de realización: Centro de TA.A., A Valada. Lg. A Valada s/N Castrelo 36630, Cambados, España. Informacion e inscripciones en centroavalada@gamail.com"

3 de febrero de 2012

ENTRE O REFUXIO E TRAGSA

A continuación podedes ler o artigo do DIARIO DE AROUSA sobre a concesión do coidado da canceira Comarcal.                                                                                                                                                            La Diputación de Pontevedra pretende abrir la perrera comarcal de la Mancomunidade do Salnés en breve y, de hecho, estudia dos opciones para su gestión: el Refugio de Animales de Cambados o la empresa semi pública estatal Tragsa. De este modo existe la posibilidad de que los peores temores de la protectora presidida por Olga Costa no se cumplan. Y es que, una vez que la mancomunidad cedió la titularidad de las instalaciones a la institución provincial, para que se hiciera cargo de su gestión (el traspaso estaría a punto de culminar), todo apuntaba a que se contrataría a una empresa privada para hacerse cargo de su funcionamiento. Una fórmula rechazada de plano por el equipo de la protectora cambadesa porque este tipo de empresas, denunciaron, no protegen la vida de los animales, y además, porque su proyecto fue el único presentado al concurso de adjudicación y, por tanto, entendían que debían entregársela a ellos.
Desde la Diputación siempre trataron el asunto con cautela, no obstante, dejaron claro que el proyecto presentado por el Refugio resultaría muy caro (son 140.000 euros al año), sobre todo, con los tiempos que corren, en los que los concellos tienen dificultades económicas incluso para mantener los servicios sociales municipales.
Con todo, la institución provincial entendía que se trata de un servicio necesario y se comprometió a estudiar la fórmula para coordinar el servicio y ofrecer la entrada a otros ayuntamientos de la provincia y así compartir los gastos. De hecho, en los últimos días ha habido novedades. Según mencionó el presidente de la Mancomunidad Ulla-Umia, Roberto Vázquez, durante la última comisión ejecutiva, la institución provincial decidirá entre Tragsa o el Refugio de Animales y podría ser dentro de poco. Y es que, según el también alcalde de Portas, el equipo de gobierno de Rafael Louzán se reunirá en los próximos días para abordar el asunto y una vez tomado el acuerdo, empezaría a convocar a los alcaldes de Pontevedra para tantear a los interesados en contar con este servicio y participar económicamente, con la intención de empezar a firmar convenios de colaboración este mes. Los del Ulla-Umia estarían entre ellos, así como alguna otra ciudad de Pontevedra.
                                                                                                                                                           Dende a miña modesta opinión creo que se lle debeia otorgar a concesión a Olga, pero sexa quen sexa o adxudicatario, a Mancomunidade debería velar polos animais que alí cheguen.