Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2013

O CONCELLO DE CAMBADOS TROCA VARIOS ACTOS DA FESTA DO ALBARIÑO PARA QUE NON COINCIDA COS DIAS DE LOITO

 






O Concello nun alarde de cordura vai mudar, que non suspender, as actividades festeiras organizadas polo Concello.


 Xa esta mesma tarde na inauguración da exposición de fotografía de Xurxo Lobato no Salón José Peña non haberá nada institucional e ceñirase a apertura da mesma sen que nadie dé discurso algún.


A Elección de Raiñas das festas tanto maior como infantil que estaba prevista para este domingo 28 de xullo as dez da noite pasase para o xoves dia 1 de Agosto, dia  da Gala.

O concerto de Roi Casal mantense para a noite do mércores , trasladándose de hora é dicir que unha vez sexan as doce e un minuto da madrugada  do xoves día un de agosto comenzará o mesmo, respetando así, segundo  o Concello o loito decretado pola Xunta.

A partires das doce e un minuto do noite do xoves, os demáis actos celébranse tal e como estaban acordados.

O único acto que se suspende é a inauguración oficial da festa, prevista para o mércores 31. Eso sí, as casetas abrirán como se dun albariño normal se tratase. Agardando que abran a maioría delas e non coma o ano pasado que tan so abreu unha.
Todo esto tratouse nunha reunión no concello minutos antes de que se gardaran os 5 minutos de silencio que propuxo a Fegamp onte en todos os concellos galegos. Case un cento de persoas respetaron en absoluto silencio a convocatoria. Ademáis do Alcalde e varios concelleiros do grupo de governo estaban presentes os portavoces do B.N.G. e P,S.O.E., a deputada autonómica Montse Prado,  membros da policía local e gardacivil, o párroco, José Aldao funcionarios do concello e mesmo ex concelleiros como Domingo Tabuyo e como non veciños de Cambados. 
A páxina web do Concello aìnda no se fixo eco das variacións. O persoal encargado debe estar de vacacións. E unha pena que co custo desta web que a leva vai a paso de tartaruga.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.