Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PSOE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSOE. Mostrar todas las entradas

13 de abril de 2020

A QUEN TEMEN CASADO E ABASCAL?


O Partido Popular e o partido de extrema dereita Vox, queren botar a Pablo Iglesias do goberno. É unha condición que pide a dereita española para empezar a debater os pactos prospuestos polo presidente. Parece ser que Cidadáns tamén, pero cun ton máis suave, xa que di que o acordo chegará se Sánchez foxe do populismo.
Pablo Casado non quere colaborar con estes pactos e xa fixo declaracións como, “son os pactos das lentellas, un trampantojo e pide vostede vasallos cando non temos bo señor”, foi nese mesmo instante cando fixou o rubo que tomaría o Partido Popular, e engadiu, “se queres pactos, veña ao parlamento cos que respectan a constitución. Aínda que o Partido Popular non fixo público o non rotundo dos de Casado”.

Vox, neste sentido é moito máis directo. Santiago Abascal xa pediu a dimisión de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias. O partido de ultradereita por tanto renuncia a saber nada de pactos e de reconstrución aínda que tampouco fixeron oficial o plantón a Sánchez. É máis, a postura de Vox é a de facer un golpe de estado no que quitaría a todo o goberno e poñerían a persoas de coñecido "prestixio" como: Rosa Díez, José María Aznar e Felípe González.
Co que puidemos ver, a dereita e ultradereita teme a un goberno progresista. Para eles o inimigo público número uno é Pablo Iglesias. Non polo que é Pablo Iglesias, senón polo que representa. Eles saben que se o goberno sae fortalecido da crise do coronavirus, Unidas Podemos sería fundamental. O goberno de esquerdas sen Podemos non sería así. Por iso teñen tanto medo a Pablo Iglesias e a Unidas Podemos.

18 de noviembre de 2019

O CAUDILLO DO SALNÉS TEN ABANDONADA A MANCOMUNIDADE

Tres meses xa e o alcalde de Vilanova segue sin convocar o pleno de constitución da Mancomunidade.
Gonzalo Durán  baseaba a sua decisión nun informe da secretaria da Mancomunidade en base a os dous recursos interpostos contra a elección dos vogais de Meaño. Parecía prudente agardar a que o xulgado tomase a decisión sobre as medidas cautelares que solicitaban os demandantes.
Baixo aquel informe sirveuse para non convocar o pleno. Semanas despois tanto a sala 2 como a 3 do contencioso administrativo de Pontevedra botaron por terra os seus argumentos.
Para colmo hai tres semanas, un novo informe, tamén da secretaria comarcal, desbota as razóns para manter o pleno sen convocar. O novo informe empraza ao presidente en funcións a convocar a sesión constitutiva. E ademais establece cal debe ser a orde do día. Formación da mesa de idade, toma de posesión dos membros da xunta da Mancomunidade do Salnés e elección do seu presidente e vicepresidente, coas súas respectivas tomas de posesión.
Durán fai caso dos informes que lle son favorables a perpetuarse nun cargo que non lle pertence pois de constituirse o pleno na lista de candidatos Gonzalo Durán non aparece. Marta Giráldez polo PSOE ou Telmo Martín polo PP son as persoas designadas, en principio, polos seus partidos para presidir o ente supramunicipal.
O pasado xoves os alcaldes de a Illa e Vilagarcía e a alcaldesa de Meis instaron ao seu homónimo de Vilanova a constituir dunha vez por todas o pleno para que a Mancomunidade empeza a traballar. A todo esto o rexedor vilanovés non comunicou a ninguén este último informe da Secretaria que non lle é favorable.
Nestes momentos quedan pendiente de aprobar a Conta Xeral deste órgano, e outros asuntos pendentes que non poden tratarse porque Durán segue evitando a convocatoria dos órganos de goberno do ente. Mesmo poderían perderse subvencións por non adoptarse os acordos para solicitalas. Tamén hai que lembrse que hai persoas no pleno da Mancomunidade sen acta de concelleiro, polo que se estarían a incumprir os estatutos que din que deben ser edís.
O grupo parlamentario socialista presentará unha pregunta dirixida ao vicepresidente da Xunta de Galicia, para coñecer se comparte a postura de Durán e se o PP tampouco quere a continuidade da Mancomunidade do Salnés.

O Caudillo do Salnés adícase a atacar a todo aquel que non sexa da sua corda, sexan do seu partido ou non. E mentras tanto Gonzalo Durán desaparece e mantén o seu concello e a Mancomunidade no abandono.




23 de junio de 2019

IMAXINADES UN PACTO PSOE-PP, SOMOS-PP OU BNG-PP?


Aínda que pareza mentira na política, sobre todo a nivel local, non está todo dito nin feito.
Por exemplo en Cambados hai varias posiblidades para que o PP volva ao poder.
Imaxinades un pacto BNG-PP ao estilo Catoira ou Mondaríz? Imaxinades un pacto PP-Somos?. Ou PP-PSOE?
Nunca se podería descartar que o PP, no poder 28 anos en Cambados, se resigne a non poder acadar a alcaldía ou cando menos gobernar conxuntamente con algún dos partidos que poden formar ese tripartito que parece tan complicado.
Houbo conversas? Nestes días hai rumores por Cambados, de todo tipo. Ver a Luís Aragunde con Tourís e Tino Cordal por exemplo desperta todo tipo de suspicacias. Ou quen dí Tino Cordal, pode decir Fátima Abal ou Víctor Caamaño.
Como dixemos en política local non está todo escrito, pero que dirían as asembleas locais deses partidos de esquerda de producirse eses contactos?
E que dirían os simpatizantes e votantes desas forzas políticas?
Na actualidade o que antaño se chamaban pactos antinatura son máis fáciles de ver dada a dificultade que hai para acadar unha maioría absoluta ou suficiente para gobernar en solitario con pactos puntuais no segundo dos casos.
Pero, como decíamos antes, estarían as asembleas locais do PSOE, BNG ou SOMOS dispostas a governar co apoio dos populares? Sempre baseando este suposto en que o alcalde ou alcaldesa fose dunha das listas da esquerda. Nin plantexamos que algún deses grupos votara a favor de Aragunde.
Falando onte con algunhas persoas decíanme que darían por feito que tanto uns como outros estarían dispostos a acadar a alcaldía co apoio do PP. Algo que eu negaba rotundamente. Sempre baseando a miña oposición en que as asembleas non apoiarían nunca tales pactos. 

E vos que pensades?





19 de junio de 2019

A VER SI AGORA RESULTA QUE O MELLOR VAI SER QUE VOLVA ARAGUNDE



Teño a estraña sensación de que con este artigo mais de un vaime  crucificar  e non, precisamente,  os seguidores ou simpatizantes do Partido Popular onde xa fai moito tempo que me gañei (iso si, por méritos propios) as súas “simpatías”, senón, mais ben,  entre a xente de esquerdas pero si algo sempre tiven   claro é que, dende a primeira vez, alá  polo ano 2012, cando comecei a colaborar   en  “A ti meu Cambados” do sempre recordado Xaquín Charlín “Chon” era que ia dicir o  que penso e sento. Eu, grazas a Deus,  non teño que  caerlle ben a ninguén (nin tampouco o busco) simplemente manifesto o  que a cabeza e o corazón me ditan e sinto dicir que, estes días, estou a levarme unha decepción co PSOE, con  Somos Cambados e co BNG. 

Vaia por diante que considérome amigo tanto de Fátima Abal como de Tino Cordal e de Víctor Caamaño e, por tanto, cando cres que un amigo non está facendo algo  ben podes ser un hipócrita e  calarte ou, pola contra,  expresarlle o teu malestar, i eu optei por esta segunda opción. 
Nunha ocasión, o gran Winston Churchill dixo que “O político convertese  en estadista cando o comeza a pensar nas próximas xeracións e non nas próximas eleccións” xusto o contrario ao que está a pasar estes días en Cambados onde os partidos de esquerdas en vez de pensar nos seus concidadáns e no que é mellor para o pobo,  pensan exclusivamente con mentalidade de partido e con iso non se vai a ningunha parte. 

Fai  algo mais dunha semana tiven unha conversa telefónica dunha hora coa alcaldesa onde lle expresaba  o malestar que varios veciños me fixeron chegar pola  falta de acordo co resto de partidos de esquerdas; eu díxenlle a Fátima que se equivocou ao non reunirse inmediatamente, despois das eleccións, co resto das forzas de esquerdas,  con independencia  dos recursos que presentara Aragunde; os que coñecemos un pouco a Lei Electoral sabiamos que ditos recursos   non prosperarían (como así foi); do mesmo xeito manifesteille á alcaldesa que seguía a equivocarse ao non querer chegar a un pacto de governo antes da votación do sábado como lle pedían dende Somos Cambados; non teño ningunha  dúbida  de que Fátima é unha boa alcaldesa e que, si as cousas seguen o seu curso lóxico,  seguirá a selo pero nesta negociación pecou de pasividade i espero que recupere o tempo perdido e, mais pronto que tarde, acade un acordo satisfactorio para tódalas partes. 

Obviamente e xa que falei   de Somos Cambados toca  adxudicarlle a súa parte de culpa en todo este embrollo; como lle confesei, non fai moito,  a un militante de Somos Cambados non teño a menor dúbida de que, de seguir a súa progresión,  non pasarán moitos anos sen que esta forza política poida chegar   ser a mais votada entre os partidos de esquerdas nunhas eleccións municipais  (mal que lle pese a algún) pero que o que non pode ser è  que queiran poñer o carro antes que os bois. Dende a perspectiva que me da coñecer a Tino  Cordal dende fai mais de 37 anos podo afirmar que ten  todas as características necesarias que se lle poden pedir  a un  político: preparación,  capacidade de liderazgo, amplo  discurso etc.  pero, tamén, unha  excesiva ambición que, ás veces, proxecta no seu partido e que xa se manifestou no pasado cando, por exemplo, pertencía ao BNG.  Somos Cambados está en todo o seu dereito  de reclamar mais cota de poder porque por algo teñen un concelleiro mais pero sen esquecer que o partido mais votado da esquerda foi o PSOE e, dende logo,  o que  non poden  é querer levar todas as concellerías claves.      

Por último tócalle ao BNG quen nestes días destapouse cunhas declaracións pouco afortunadas nas que definía  de “chapuza” e “mercadeo”   as negociacións entre PSOE e Somos Cambados, dándolle munición ao PP quen non tardou en facerse  eco de tales declaracións. Voume morder a lingua e calarme pero xa que o BNG fala de “mercadeo” podería  expoñer eu aquí algunha das exixencias  que, fai catro anos, o partido nacionalista  levou á negociación pero, por respecto, a amigos que teño dentro desa  formación  voume calar. O BNG aínda que non o queira recoñecer esta moi doído non, soamente, polo feito de ter perdido un concelleiro senón, tamén, (i especialmente   entre algúns do seus afiliados) de que foran  superados  nas furnas por  Somos Cambados; tamén estes días Víctor Caamaño, a través da prensa, manifestou as súas dúbidas sobre integrarse nun goberno tripartito ou formar parte da oposición; espero que se impoña a cordura no BNG e forme parte  do goberno porque non teño a menor dúbida de que, de  pasar a oposición, ao carón do Partido Popular, cun PSOE en claro ascenso nacional e autonómico e un SOMOS que non deixa de medrar  no ámbito local, sería o  suicidio político da formación  nacionalista por non dicir que Víctor Caamaño debería continuar co excelente traballo que iniciou como conselleiro fai catro anos.   

Como moitos cambadeses espero e desexo que se acabe impoñendo a sensatez entre as forzas de esquerdas cambadesas e que pensen que ninguén é imprescindible pero si necesario para seguir co cambio progresista  acadado fai catro anos e que supuxo botar fora do Concello de Cambados a un partido con prácticas caciquís e formado por auténticos “trepas” da política como Tourís que  soamente hai que lembrar como entrou en política e que ben lle foi na mesma.  
Por último tamén desexaría que estes vindeiros catro anos os membros da  coalición de goberno na que, insisto, desexaría estiveran  presente as 3 forzas de esquerdas tiveran mais respecto entre elas porque houbo certas practicas miserables  que agora non vou a explicar  e que non son propias de partidos serios  que se supón que reman no mesmo sentido e que non é outro que o mellor para o pobo de Cambados. 

  Un saúdo a todas e a todos.
   RICARDO DOMINGUEZ REY 





15 de junio de 2019

COMUNICADO DO CONSELLO LOCAL DO BNG TRALA REELECCIÓN DE FÁTIMA ABAL

O BNG de Cambados considera que no Pleno de hoxe impuxéronse a cordura e a responsabilidade que a nosa organización levaba pedindo desde o día seguinte ás eleccións, e de xeito democrático impediuse que a dereita volvera acceder á alcaldía.
Agora toca entrar a negociar un goberno, e para que haxa un goberno tripartito ten que haber por parte das tres forzas verdadeira intención de que ese goberno funcione como tal.
Nese sentido o BNG manterá a mesma cordura e responsabilidade mostrada no pleno de hoxe, agardando que as negociación empecen en en serio; pois como manifestamos na reunión celebrada onte, non imos participar nin en repartos de botín nin en escenificacións de supostos acordos que non sumen 9 votos. E o contido da reunión celebrada no día de onte, no que atinxe a PSOE e Somos Cambados non deixou de ser unha simple escenificación e intento de reparto de botín. E como lles dixemos reiteradas veces no transcurso da mesma, O BNG onte non adquiriu ningún compromiso, pois un goberno serio e responsábel empeza a construírse elaborando un programa.
O BNG nesta semana que entra estará en disposición de negociar en serio o tempo que sexa preciso, unha vez hoxe foi despexada a incógnita da alcaldía,. Para nós un goberno  de esquerdas e nacionalista en Cambados pasa por:
- Negociación dun Programa que permita afondar nos avances obtidos nestes últimos catro anos.
- Establecemento de áreas de goberno en base á realidade e ás necesidades do noso concello.
- Dotación de recursos materiais e humanos acaídos á realidade dun goberno integrado por tres forzas políticas.

- Mecanismos de avaliación do grado de cumprimento do Pacto de Goberno, e medidas para solucionar eventuais disfuncións.




FÁTIMA ABAL SERÁ INVESTIDA ALCALDESA

Fátima Abal será investida alcaldesa tralo acordo de hoxe trala reunión de 6 horas que mantiveron os tres grupos de esquerda representados no concello.
Faltan por redefinir as áreas de cada un dos grupos. Todo indica que conservarán as que tiñan ata agora con algúns cambios debido a os cambios en número de concelleiros tralas eleccións do 26 de maio.








7 de junio de 2019

O PP NON GAÑA O OITAVO CONCELLEIRO EN CAMBADOS


A Xunta Electoral Central tomba os recursos interpostos por Partido Popular e Somos Cambados, que cruzaron reclamacións de impugnación de votos recibidos por ambas as partes. O PP reclamaba que lle validasen media ducia de votos que foron declarados nulos na xornada electoral das municipais. A Xunta Electoral Central non varía en ningún momento a resolución anterior da Xunta Electoral de Zona, que xa dixera non as reclamacións do PP. Polo tanto o Partido Popular queda con sete concellerías, o PSOE catro edís, Somos Cambados, tres actas, o BNG, duas, e Cambados Pode, unha. Somos reclamaba un voto semellante a un do PP para que no canto de ser 8 os necesarios foran nove os votos, si admitían ambos.
Con esta decisión da Xunta Electoral Central non hai camiño pola vía electoral, polo que ordena á Xunta de Zona a proceder ao reparto de concellerías que saíu o pasado 26 de maio.
O PP podería acudir a xustiza ordinaria para variar o resultado, pero parece que non acudirán a ela.

Ábrese agora definitivamente a porta a un tripartito de esquerdas que foi o mandato dos cambadeses nas urnas. O PP reclamaba como bos uns votos do seu mesmo partido pero correspondentes á candidatura das eleccións europeas, que apareceron no sobre branco das municipais e na urna tamén das municipais. Con todo, a Xunta Central ratificouse na doutrina de que deben ser considerados nulos por ser papeletas doutro proceso electoral e, por extensión, doutra candidatura.



6 de noviembre de 2017

O B.N.G. NON ASISTIRÁ Á REUNIÓN DOS GRUPOS DE GOBERNO











O B.N.G. non acudirá á reunión prevista para hoxe dos grupos de goberno de Cambados para tratar o tema da rotura do pacto que fixo J.R. Abal hai uns días.

A reunión si asistirán os outros tres grupos, PSOE, SOMOS e PODE.

Víctor Caamaño considera que se trata máis dun problema de dous grupos que de algo que atinxe a todo o goberno local.
Si acudirán a xuntanza da comisión de seguimento do pacto de goberno, pois esa sí é para os 4 grupos.




5 de mayo de 2016

O PSOE ACUSA A PORTOS DE GALICIA DE ENCHUFISMO









O PSOE enarbora no Parlamento unha carta do Colexio de Enxeñeiros que denuncia como a praza de enxeñeiro en Portos de Galicia acabou outorgada a unha licenciada en Dereito ex-deputada do Partido Popular.




A  deputada  do Grupo Socialista, Noela Blanco, acusou a Portos de Galicia de acumular un caso máis de enchufismo. A socialista lembroulle onte á Xunta no Parlamento que o Goberno “ten recibido unha denuncia do Colexio de Enxeñeiros de Camiños logo de darlle a praza de xefa de área de Portos Deportivos sen convocatoria pública”.
Segundo os datos difundidos polo PSOE en base a carta do Colexio, a ‘enchufada’ sería unha licenciada en Dereito que foi tenente de alcalde e deputada co PP. Os socialistas non facilitaron o nome da presunta enchufada. Pero si decimos que é de O Grobe e que cando saleu da política local foi substituída pola sua parella..............
A versión do PSdeG relata que a gañadora da praza conseguiu o seu posto nun concurso que “por primeira vez non tivo convocatoria pública e en competencia con catro enxeñeiros, cando precisamente ata este ano a convocatoria sempre incluíu como requisito a titulación técnica de enxeñería de Camiños, Canles e Portos”.
Por outra banda, Blanco reclamou á Administración que asuma as responsabilidades políticas pertinentes logo das sentenzas xudiciais que constatan as irregularidades nas oposicións ao corpo superior celebradas en 2010. Blanco presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que cuestionou os procesos selectivos do goberno galego.
O Tribunal Supremo constatou recentemente nunha sentencia  falla de control, obxectividade e indefensión das persoas que denunciaron os resultados daquelas oposicións pola arbitrariedade na resolución dos seus recursos administrativos previos.





28 de marzo de 2016

AS PORTAS XIRATORIAS DA DEPUTACIÓN








O novo goberno provincial apostou por cubrir a praza a través de concurso público.
Es ingeniero forestal y edil del Bloque en Forcarei                      facebook / bngDespois de anos e anos nomeando como Xerentes do Consorcio Provincial de Bombeiros a ex alcaldes do ou xefes da oposición en concellos do Salnés a membros do PP a Deputación de Pontevedra resolveu o concurso público para cubrir esa praza de xerente no que se integran os parques de Ribadumia e Vilagarcía a Roberto Jorge Correa, o único aspirante ao proceso.

O nomeamento produciuse de maneira oficial nos últimos días e desde a representación sindical dos profesionais antiincendios acollíano de forma positiva, ao destacar que se trata dunha persoa cun "perfil técnico", "xoven e con ganas".
O novo xerente é enxeñeiro forestal e conta con experiencia no Servizo de Incendios da Xunta de Galicia.
Natural de Forcarei, foi candidato do BNG nas últimas eleccións municipais, tomando posteriormente posesión da súa acta de edil naquela localidade.

Ata agora, o posto de xerente de bombeiros cubríase a través de designación política, algo así como as portas xiratorias da Deputación.
O anterior responsable fora o portavoz do PP da Illa de Arousa, Juan José González e anteriormente o ex alcalde popular de Cambados, Santiago Tirado que a súa vez foi sustituído por outro ex alcalde do PP o grovense Miguel Pérez.

Pero as portas xiratorias non se pecharon realmente.
O expresidente da Deputación, Rafael Louzán, recibe actualmente un salario de 43.935 euros anuais como asesor do PP e pola institución provincial, e "non vén a nada". sinalou o secretario xeral do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Santos Héctor.

É o mesmo caso, segundo Santos Héctor, do exjefe de gabinete de Louzán, Luís Serantes, que tamén exerce como asesor do grupo provincial popular.

El secretario provincial en Pontevedra del PSdeG, Santos Héctor. SALVADOR SAS (EFE)O dirixente socialista e deputado provincial, saíu ao paso das críticas realizadas nos últimos días polo PP sobre as "trabas" que denuncian por parte do goberno que preside Carmela Silva para exercer o seu traballo de oposición.

A estes soldos habería que engadir, apuntou Santos Héctor, as catro dedicacións cos que contan os populares que permiten a Luís Aragunde ex alcalde de Cambados cobrar un salario de 60.416 euros anuais, a mesma cantidade que José Manuel Figueroa; mentres que os deputados Angel Moldes e José Enrique Sotelo reciben 30.208 euros anuais cada un.

A iso habería que sumar un responsable de prensa e todo tipo de medios materiais, mentres que o PSOE na época de Louzán como presidente, lembrou, "só tiñamos un despachiño de 17 metros cadrados".







2 de febrero de 2016

A FUTURA LEI DE ACUICULTURA DE GALICIA CHEGA AO EUROPARLAMENTO









O eurodeputado José Blanco presentou no día de onte, unha pregunta parlamentaria con solicitude de resposta escrita no Parlamento Europeo sobre a Lei de Acuicultura, ante as inquedanzas do Psdg-Psoe de Cambados polas consecuencias tan negativas que esta Lei podería ter na economía local.
O Anteproxecto da Lei de Acuicultura é obxecto de preocupación e rexeitamento polos traballadores do sector pesqueiro principalmente, pero tamén por amplos sectores da poboación, xa que está en xogo a base económica en pobos nos que como en Cambados, toda a economía local está íntimamente relacionada co mar.
Este Anteproxecto foi ademáis rexeitado por unanimidade no último pleno celebrado en Cambados, e agora será a Comisión a que teña que contestar se ten coñecemento deste Anteproxecto, se é acorde coa lexislación europea en materia de medioambiente e coa reforma da Política Pesqueira Común e se favorece a sustentabilidade da actividade pesqueira e a conservación do medio mariño.

"Hai que recordar que entre os posibles efectos negativos da posta en funcionamento desta Lei, están a contaminación da ría, do medio mariño e da calidade de das augas que poderían ter impacto nas toxinas PSP, ASP e DSP e levar aparelladas vedas ou prohibicións da actividade da pesca e/ou do marisqueo, esto sería nefasto para Cambados"


16 de diciembre de 2015

SÁNCHEZ VERSUS RAJOY (I)







                                   SÁNCHEZ VERSUS RAJOY (I)


Desde a perspectiva da idade lembro moitos cara a cara entre candidatos á Presidencia do Goberno pero ningún coma o de onte moderado por un dos grandes periodistas que hai en España, Manuel Campo Vidal, o mesmo que tivo arrestos para  lle soltar ao finado Manuel Fraga Iribarne unhas imaxes nos anos 80 onde aos rapaces do colexio de San Tomé lles preguntaban: Tí que queres ser de maior ? Eu Sito Miñanco dicían, e D. Manuel doente dixo: unha pena (...)

A entrada de Rajoy foi a propia dun Xefe de Estado de EE.UU, coa súa dona de ganchete e os asesores eses que leva tipo Mané Galiñanes ás costas. Chegou de seguido Pedro e as cousas hai que dicilas coma son,  xa levaba  un rictus na cara de que ou saes de aquí en brazos Pedro ou pola porta de atrás. Pos foi o primeiro, para cabreo dos Podemitas e dos Empresarios encabezados por Albert Rivera …  nin un segundo lle dou a Mariano El Corto (é lamentable que teñamos un Presidente así,  dixo a renglón pasado o meu compadre e Concelleiro de Finanzas Xurxo Charlín,  unha vez rematado o debate:  certo).


O primeiro bloque económico era o máis “sustancioso” e contra todo pronóstico Sánchez bateu ante a sorpresa xeralizada dos tertulianos da Cope e Onda Cero (escoitando aos teus inimigos, aos teus rivais, se aprende moito,  dicía Miguel de Unamuno),  cando proferíu o Presi que aquí non houbo rescate. As esperadas acusacións polo escándalo Bankia, a súa responsabilidade nomeando a Rodrigo Rato, a Bárcenas “living La Vida Loca en Baqueira Beret” foron caendo “coma lágrimas, en la lluvia” (Rutger Hauer - Rajoy preso dun estado propio da hibernación).  Non dixo nin mú, tíbiamente falou dos ERE de Andalucía, cando xa son 8 anos e a xente que a fixo xa non ten un cargo público e a reputación destrozada . Os números da troika lle sacaron as cores a Mariano, pola cantidade de “reparos” que levaron os Presupostos que arreglou saltándose os principios da boa fe e a transparencia (esa  mesma que practica o Alcalde de Compostela Martiño Noriega).






Era unha ametralladora Sánchez:  o do meu compadre Tino Chaves de lle chamar Madelman moi apropiado: o arsenal levaba as directrices que Nuria Galovart, a súa asesora de comunicación lle apuntou. Eso é saber delegar na xente que lle da a comunicación o valor que ten e despós deixar a dialéctica a un home que coma nos anteriores debates non se arredou ante naide, debates aos  que o Presidente do Goberno non se atreveu nin siquieira iren á primeira vez; na  segunda ocasión meteuse baixo as saias da Vicepresidenta, unha vergonza que un Xefe de Goberno non quera debatir con forzas que teñen representación Parlamentaria en Cataluña e Andalucía, un desplante e unha infamia.


“Cos cartos fixo coma a súa homóloga  Ángela Merkel” (dixo Sánchez):  donou a título lucrativo e oneroso ás grandes corporacións unha enchenta de cartos condenando ao Paro a millóns de Españois con titulacións Universitarias, deixando aos colexios en cadro sen mestres, e levando por diante un dos millores sectores sanitarios do Mundo, envexado no seu día ata por Barack Obama. Rajoy escoitaba impertérrito coma lle caían de tódolos lados namentras xogaba cuns recortes de papel,  post- it, ou non sei que eran ...eso non lle pasa nin ao queixo da manteiga …  non haberá gráficos, non haberá xeitos de amosar algún dato ?= Pos non levaba nada, recitou coma se unha Novena fora (a Patética de Beethoven debía ser, dicía Stalin que se a escoitaba outra vez non remataba á guerra) coma se non fora o futuro dos Españois o que estaba en xogo.



Pedro dixo moi gravemente as medidas a tomar en canto seña Presidente: fóra corruptos, fóra directrices que chegan desde fora, plans para os Universitarios para que entren no mercado laboral con tódolos dereitos, reforma laboral que acabe co maltrato ao que someteu desde o ano 2012 aos traballadores en España e o máis importante: unha Constitución que precisa se reformar de arriba abaixo, e que o PP nun feito que amosa a súa hipocresía, dixo non se toca para  Mariano dicir  SHI  tímidamente onte.


No intervalo e antes da entrada do segundo bloque algo pasou. Namentras os analistas alucinaban coa tibieza do Presi e o espídico de Sánchez (era o que tiña máis que perder, e foi a baterse cara a cara con Pablo e Albert anteriormente, o que da unha idea de que non é un cobarde te goste máis ou menos) houbo órdenes e algo raro pasou. Xuro que a día de hoxe non lin un só xornal, me estou adicando a dala miña opinión sen ningunha información que altere o que non é máis que un relato que reflicte a miña opinión,  e que está gravado para quen o queira rebatir, pero de aquí en diante   a traca comezou.


Voltou Pedro e tivo a valentía de lle soltar ao Presi que “as súas políticas son indecentes”, algo que o Presi que estaba en Una Galaxia muy, muy lejana entendeu que se refería a súa persona. Dixo claro “as súas políticas” … mi madriña  a que se montou: “Vostede me insultou, é un miserable, ruíz ( ruín quería dicir, estaba preso dos nervos) e desgradecido ...aquí reconozo quedei mudo. Na Cope “rezaban”  Anda   durmido  …  este Mariano no es el que conocemos, Sánchez le está llevando a su terreno, e coma si fora pouco cargou co que era o golpe definitivo, o que fixo das súas políticas algo indecente: mortos, nin máis nin menos ..unha lei de dependencia que cercenou, e cando non o fixo as axudas cando chegaban o personal xa estaba co Hacedor (para os que somos crentes, ou na Eternidade para os ateos, ou en calquera lado onde xa pouco ou nada se podía facer). Suprimiu Sr. Rajoy tamén as súas cotizacións, quitou a potestade que por lei lle pertencía aos Concellos para privatizar eses servizos coma fixo con todo aquelo que pudera resultar ventaxoso,  e regalou ás grandes Corporacións 10.000 millóns de euros. “Eso es mentira”, dicía unha e outra vez Rajoy sen rebatilo con datos, cifras, que lexislou máis que naide (os que preparamos unha oposición sabémolo ben, que bárbaro coma goberna a golpe de Decreto), para rematar dicindo o Candidato Socialista que non se pode gobernar  sen consenso, sen aceitar unha soa enmenda e saltándose as normas que están “consagradas” polo uso e Santificadas pola tradición, e hai que dialogar coa oposición, chegar a acordos, e esto foi un “Ordeno Y Mariano”.

 Entrou o terceiro bloque é o tema tabú  para a dereita: as mulleres, e coma están de maltratadas por mor dunhas leis que as malprotexen dos homes. Por qué unha muller ten que cobrar un 24 % menos que un home ¿ “me lo explique” (este debate era do século XX tamén, tes razón Tino Cordal, desde esas levamos así), que fixo con aquelas medidas que o Partido Socialista puxo en marcha para rematar coa violencia de xenero que son papel mollado pola falla de EDUCACIÓN, SÍ,  esa que non lle da ningunha importancia o seu partido ¿ que fixo cos Xulgados de Violencia contra a Muller,  deixalos sen medios segundo o que reflicten os medios, manca fineza.  Ten, Sr. Rajoy, o PP unha coleición de Alcaldes que lle levan faltado ao respecto as mulleres e aínda  están aí … “pido desculpas” e xa está, aquí paz e despós gloria. Se hai unha muller que se considere coma tal e vota a éstes especímenes propios do Pleistoceno e que eu xa non entendo nada. Todo o negaba pola tanxente o Presi,  tentaba saír polos Cerros de Úbeda, pero a estas alturas (e ainda restaba unha hora de debate)  xa o tiña perdido, estaba noqueado.


Fin da primeira parte.

UN ARTIGO DE Óscar Manuel Núñez.-








15 de diciembre de 2015

MITIN DO PSOE EN CAMBADOS







Acto central de campaña do PSOE de Cambados

A agrupación socialista de Cambados celebrará este xoves, ás 21:00 no salón Peña, o seu mitin central de campaña.

No acto intervirán Domingo Tabuyo, deputado entre 2004 e 2011, Manuel Vázquez, primeiro alcalde da Illa de Arousa, Carmen Gallego, deputada autonómica, Fátima Abal, alcaldesa de Cambados, e a cabeza de lista pola provincia de Pontevedra nestas eleccións xerais, Dolores Galovart.











11 de diciembre de 2015

ELECCIÓNS 2015: PEDRO SÁNCHEZ







                     ELEICIÓNS 2015: PEDRO SÁNCHEZ 


Pedro  Sánchez candidato do PSOE á Presidencia do Goberno chegou ao debate de A3 Media coa certeza de que ía ser obxecto de ataques por tódolos francos e non polo seu proxecto político senón pola traxectoria  do seu partido ao longo de 22 anos. A posta en escena que a Directora de Comunicación Nuria Gallovart (o PSOE é conscente do valor que hai que lle dar á comunicación, nada que ver con Rajoy que ollou o debate na casa rodeado dunha postal propia do Día de Acción de Gracias) foi arriscada:  nin máis nin menos que defender a capa e espada o legado dos Executivos Socialistas, tarea ímproba  porén se hai algo no que erran os populistas e que a corrupción (agás que señas do PP, que no seu libro de contas hai haber pero non hai déficit - ollan moitas películas de Cantinflas) é producto das personas que empregaron a política para un lucro cesante e non dos partidos nos que hai de todo, xente honrada e honesta e outra que non é tal, nada que non saibamos todos (Pablo Iglesias non ten pasado, e Albert, e iso é unha baza ao seu favor enorme e aínda así  co pouco que levan escándalos uns cuántos, e os que virán porque coma tantas veces levo referido a cobiza non é propio dunhas sigas, é un pecado capital. 

Pos aínda que nervoso porén é inexperto nestas lides xogou a baza dos contidos e non se arredou a pesares da inquina dos comentarios que lle viñan enriba e dito seña de paso os otros tres  non estaban pola labor de analizalo programa electoral do PSOE, senón atacalo polo seu pasado, algo do que Pedro pouca culpa ten: en todo caso a política é coma o xadrez:  podes facer unha apertura que sabes fixo que non vai a quedala partida en tablas de ningunha das maneiras. No curso do debate de A3 Media alternou (moi sabio) pasado e futuro para situárense no centro do tableiro e defender coma fixo Fátima Abal en Cambados un proxecto renovado coa experiencia duns gobernos nos que España deu un paso adiante. Aguantou a duras penas o ataque sostenido dos seus oponentes pola carga quue aceitou tomar coma propia e non renegar da mesma e defendeu a labor dos ex-presidentes Felipe González, maxistral no espazo de TV Espello Público ao día seguinte  e ao outro  que agora hai xente se decata  non era o touro que matou a Manolete, José Luis Rodríguez Zapatero. De ámbolos dous lembrou as partes da súa xestión máis atinadas. 
O xefe de Executivo Mariano Rajoy foi referente permanente de Pedro a pesares de ter en diante á súa nº 2.  Contra o vaticinio de moitos internautas que ven posível unha pinza PSOE / CS Pedro Sánchez non ten ningunha clase de química (nin de ideas) con este partido inventado polos Empresarios, unha vez dan a Mariano coma finiquitado dada a valoración que del proferiu a sociedade Española a traveso das enquisas,  e con Artur Mas perden cartos a esgallo un día sí e outro tamén. 
  
Lembrei fai pouco tempo de tódolos xeitos a algún Blog que de cando en vez se alimenta das súas propias emocións que este Catalán non é un calquera,  coñece as teclas que hai que tocar. Os banqueiros non fían os seus cartos así coma así, e moito máis despós da crise. Colocouse Albert nunha posición transversal co galo de chegar á maior parte da xente posível. Esa foiu a súa posta en escena: salíu coma no  que no Xadrez se coñece coma Saída Española e de aí o nervosismo de Pedro,  porque as consignas dos seus asesores era non permitir de nengun xeito que o político dos Bancos seducira aos sectores progresistas aos que ten a tarefa nada doada de tentar convencer para que saían da súa indecisión ou da proclividade de votar a Rivera, unha vez é o partido de MODA, e voten ao PSOE. 

A andanada millor preparada e que está no programa de CS foi cando díxolle “as dereitas propoñedes o copago de todo menos respirar ...” Coa fórmula de empregalo  plural o líder Socialista empurraba  unha e outra vez a Rivera ao campo do PP. Houbo intres de rifa dialéctica ante a intención clara  de colocaren  na misma liña ao PP e ao PSOE, algo cansino e que é un mantra que circula por aí, e que coma todo prexuízo calquera pode empregar coma lle conveña aínda que  sabe no seu subsconscente que non é certo. 

Os puntos de ataque de Sánhez aos seus tres oponentes foron poucos porque a sociedade está cansa de líderes que se cren en posesión da verdade absoluta e os cala a quilómetros. Todo o contrario: moita retranca, humor,  e unha posición non extremista, porque as verdades absolutas por moito que lles doa aos outros tres non existen e a cidadanía escoitou tal ristra de prometo, xuro por Snoopy e tal que non se fían nin de Iglesias, nin de Soraya, nin de  Albert que dito seña de paso minte moi ben, tanto ou máis que os banqueiros das tarxetas black, das preferentes, e de tódolos productos tóxicos aos que o Banco de España nun feito escandaloso lles deu carta branca para enganar a todo quisque  saltándose os principios da boa fe e  da transparaencia para facer da usura, da extorsión, e dos desfuizamentos o seu pan de cada día, e ante a fame o personal picou en grande parte no sedal porque alimentas aos teus con plaśtico vai ser que non ... 
Non vou a falar apenas nada de Soraya porque é algo lamentable que esta señora de alta alcurnia se presente cunha tarxeta de visita onde di unha cousa é falar e outra gobernar.  Menuda, outra que coma Aragunde en Cambados vai e solta: “Ser Alcalde /Vicepresidenta é moi difícil”. Pos está en proporción co soldo que percibides meu rei e miña Soraya, e si vedes que vos “sobrepasa” que pase o seguinte;  onde estades hai xente millor preparada e con máis argumentos que se está pudrindo no paro, milleiros de estudantes que teñen que estar vivindo con salarios de esmola que os Empresarios saben que éste ou o seguinte vai a aceitar (coma si queren coller un rubio e cos ollos azuis, todo agás ser da Unión Soviética e ter ideas sindicalistas, eso non). 



O que é o anecdotario de ocurrencias, frases tan manidas que xa cansan (portas xiratorias, caverna mediática, casta,  e demáis paridas)  nin mentalo porque aquí todos van a coller cacho e vale todo con tal de colocarse nunha  boa posición (unha cousa coma referiu con bó criterio  o líder Socialista é o que se promete e outra é chegar e facelo). 

Coma corolario e en liña co apuntado na súa intervención foi repetir o axioma de pasado e futuro. “Represento a millóns e millóns de militantes e votantes socialsitas co orgullo de que fixemos xuntos os maiores avances e transformacións de España,  e voltarémolo a facer. Está claro que cre no que di, outra cousa é o escenario que dictaminen as furnas o 20-D. Se me preguntan quen gañou francamente tanto me ten: eu coma todos o que queremos é que dunha vez por todas haia alguén que seña coherente co que di e o que o seu programa electoral reflicte, e sobre todo que o faga. 


Un artigo de Óscar Manuel Núñez. 



Próxima entrega: Pablo Iglesias.







18 de septiembre de 2015

COMUNICADO DE PRENSA DA DEPUTACIÓN






O portavoz do grupo socialista na Deputación, Santos Héctor Rodríguez, manifestou a tristeza que lle producen as declaracións de Ángel Moldes, portavoz do PP na institución, en referencia ó Plan de emprego que o novo Goberno provincial aprobará no Pleno o próximo día 25. "Moldes representa o peor da dereita española, unha dereita con claras e trasnoitadas tinguiduras machistas, que carece de argumentos serios e só sabe facer oposición desde a descualificación e o descoñecemento", dixo Rodríguez.
O portavoz do grupo socialista sinalou que "entendemos que lles moleste que, en menos de dous meses, o novo Goberno puxese en marcha tantas novas políticas pensadas para as persoas, para o interese xeral e non para o particular. Entendemos que lles enfade que dedicásemos tres millóns de euros a crear emprego de calidade, con salarios dignos e non con salarios de miseria, que eran os que o Goberno de Rafael Louzán defendía. Ademais, xa anunciamos onte que para o próximo orzamento, o de 2016, haberá un plan de emprego que manterá o novo modelo respectando así a dignidade e os dereitos das traballadoras e os traballadores".
Rodríguez  engadiu que "instamos a Moldes a que diga os nomes dos concellos da provincia que van renunciar ós empregos que lles corresponden para que, desa forma, as veciñas e os veciños deses concellos se decaten de quen son os alcaldes ou as alcaldesas que prefiren mantelos no paro. Está claro, o PP perdeu o rumbo e elixiu un portavoz que é a voz da caverna", concluíu Santos Héctor Rodríguez.


12 de septiembre de 2015

O PSOE CAMBADÉS PIDE COMPROMISO AO PP LOCAL










O PSOE de Cambados pídelle ao PP que esixa aos seus deputados que apoien as enmendas que favorezan a Cambados nos Presupostos do Estado. Avanzan que o grupo socialista apoiará todas as enmendas que vaian a favor de Galicia, independentemente de quen as presente. Durante estes días estanse a tramitar no Congreso dos Deputados os Presupostos Xerais do Estado para o vindeiro 2016, uns presupostos para os cales os socialistas levan presentadas unha serie de enmendas que afectan, ben de forma directa ou ben de forma indirecta, a Cambados. 

Sen embargo, a maioría absoluta que ostenta o Partido Popular nas Cortes, e da cal se queren servir para aprobar estes orzamentos en vísperas das eleccións xerais, fai que o voto favorable do PP sexa imprescindible para poder aprobar calquer tipo de enmenda. É por esto que dende a formación que encabeza Fátima Abal lle piden ao PP de Cambados que esixa aos seus deputados e senadores o apoio para esas enmendas, Á vez que avanzan que os deputados e senadores socialistas sí apoiarán calquera enmenda que vaia a favor de Galicia, e polo tanto tamén de Cambados, presente quen a presente, demostrando así altura de miras e un auténtico compromiso coa nosa vila. Os socialistas lembran que entre as súas enmendas figuran medidas para a rexeneración da ría de Arousa, tan necesaria para os nosos mariñeiros, ou o saneamento da rede de sumidoiros. 
Tamén se presentan enmendas para a construcción dun novo cuartel da Garda Civil ou para a continuación e rehabilitación da senda fluvial do Umia. Tamén serán presentadas polos socialistas medidas de ámbito maior pero que afectan a Cambados, como son a reclamación dunha aportación financieira para un Plan Integral de Emprego de Galicia, ou un Plan de Reindustrialización e Apoio á Competitividade Industrial de Galicia. Os socialistas temen que, unha vez máis, o Goberno que preside Mariano Rajoy volva a marxinar a Cambados, e por eso lle reclaman aos populares “que, por unha vez, antepoñan o interese xeral de Cambados aos intereses de partido”. Fátima Abal afirma que “ocorra o que ocorra, os socialistas estaremos sempre en tódalas administracións defendendo inversións para Cambados, colaborando man a man con todos os deputados e senadores socialistas para conseguir inversións para a nosa vila”.



29 de junio de 2015

PRIMEIRO PLENO DO CUATRIPARTITO





O novo gonerno municipal ven de convocar a sesión extraordinaria-urxente que celebrará o PLENO DA CORPORACIÓN, na Casa Consistorial, ás 21:00h., do día 30 de XUÑO de 2.015 (martes).
Ó mesmo tempo que lle lembro o deber da súa asistencia. comunícolle que se atopan nas Oficinas Municipais os antecedentes e expedientes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte
ORDE DO DIA
1. RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, DA URXENCIA DA SESIÓN.
2. CONSTITUCIÓN DE GRUPOS MUNICIPAIS.
3. DACIÓNS DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA,
Nomeamentos dos/as concelleiros membros da Xunta de Goberno Local, de Tenentes de Alcalde e delegacións especiais dos concelleiros
Delegación das competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local
Designación de representantes do Concello nos Consellos Escolares Municipais e noutros órganos.
4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PERIODICIDADE DAS SESIÓNS DO PLENO DA CORPORACIÓN.
5. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA CREACIÓN E COMPOSICICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES.
6. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ADICACIÓN EXCLUSIVAS E PARCIAIS E RÉXIME RETRIBUTIVO DOS CONCELLEIROS.

7. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS MUNICIPAIS.
8. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS INDEMNIZACIÓNS A PERCIBIR POLA ASISTENCIA DOS CONCELLEIROS/AS SEN ADICACIÓNS AOS ÓRGANOS COLEXIADOS DO CONCELLO DE CAMBADOS.
9. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA DELEGACIÓN NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DAS ATRIBUCIÓNS DO PLENO QUE SEXAN DELEGARLES.
10. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS.