Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta PARO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PARO. Mostrar todas las entradas

2 de junio de 2020

BAIXA O PARO NO SALNÉS E TAMÉN EN GALICIA

Galicia é unha das sete comunidades que rexistraron descensos do paro no mes de maio. En total hai 547 persoas menos nas listaxes de demandantes de emprego, e iso implica unha variación do 0,3 por cento con respecto ao mes anterior.
En total, nestes momentos hai en Galicia 191.082 desempregados rexistrados, o cal supón un incremento de 30.277 con respecto ao mesmo mes do ano anterior, unha suba do 18,83 por cento.
En canto ao número de afiliados á Seguridade Social, nestes momentos hai 979.374 persoas traballando, e iso supón un incremento de 1.603 con respecto ao mes anterior, un 0,16 por cento máis. En canto á variación interanual o mercado de traballo de Galicia destruiu 42.032 empregos, unha caída do 4,13 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Polo que respecta a O Salnés, decir que en pequena cantidade pero tamén baixa o paro. En concreto entre os nove concellos da comarca baixa en 64 persoas. Todos os concellos agás Meaño, Meis e Ribadumia ven como o número de parados baixa. O Grove con 26 e Sanxenxo con 32 parados menos son os municipios onde máis baixa. Pola contra en Ribadumia hai 9 parados máis.




2 de abril de 2020

A CRISE DO COVID-19 DISPARA O PARO CON CIFRAS HISTÓRICAS

O efecto da paralización da actividade económica polo coronavirus déixase ver nos datos do paro. En marzo, o número de desempregados sobe en Galicia en 8.252 persoas, case un 5% con respecto ao mes anterior. En total hai 174.481 parados na Comunidade. A cifra non recolle os traballadores das empresa que se acolleron a un Expediente Temporal de Emprego ( ERTE) que seguen contabilizando como afiliados á Seguridade Social. Ata onte, segundo os datos da Consellería de Economía, eran 151.141 empregados máis.

Por actividades, os maiores descensos desde que comezou a crise do coronavirus experimentáronse na construción (17,08 %), hostalaría (14,27 %), actividades administrativas e servizos auxiliares (8,91 %), educación (5,24 %) e transporte e almacenamento (4,76 %); mentres que destaca o incremento nas actividades sanitarias, con 7.085 afiliados máis.
Por tipo de contrato, destaca o descenso da ocupación temporal (17,30 % menos) respecto a a indefinida (01,92 % menos).
O Ministerio detalla que os datos de afiliados seguen incluíndo os traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego ( ERTE) polo COVID-19, un total de 258.645 persoas, dado que seguen cotizando á Seguridade Social.

Por comunidades autónomas, os maiores descensos rexistráronse en Andalucía (6,64 %) Canarias (6,24 %), Murcia (5,07 %) e a Comunidade Valenciana (5,75 %).
No paro, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Traballo, ocorre o mesmo: os primeiros 12 días do mes o número de desempregados rexistrados incrementouse só en 2.857 persoas para terminar o mes con esa subida mensual histórica de 302.265 novos demandantes.

Os datos na comarca do Salnés están reflectidos na gráfica seguinte:


31 de marzo de 2020

NOVAS MEDIDAS ECONÓMICAS DO GOBERNO DO ESTADO

Estado de alarma: Todas as novas medidas e axudas que aprobou hoxe o Goberno As medidas aprobáronse este martes para axudar a máis sectores da poboación O Goberno aprobou este martes un novo paquete de medidas para axudar a autónomos, inquilinos, persoas vulnerables e empregadas do fogar mentres dure a crise do coronavirus. A ministra de Facenda e portavoz do Goberno, María Jesús Montero aclarou que estas medidas «complementan as que se foron aprobando nas semanas anteriores» e que a intención é que «ninguén quede atrás». As novas medidas aprobadas Aluguer: Suspéndense todos os desafiuzamentos seis meses tras o fin do estado de alarma, a prórroga extraordinaria de seis meses dos contratos de aluguer de vivenda habitual para evitar subidas abusivas. Ademais, quen caia en situación de vulnerabilidade pode acollerse a un microcrédito que dará o estado a tipo 0 de interese, a devolver en 6 anos ampliable a 10 en caso de dificultades. Poderán acollerse a este tipo de axudas persoas afectadas por unha redución de xornada, un ERTE, unha caída de ingresos... O Goberno tamén afirmou que os pequenos propietarios perciban integramente as rendas e os grandes e fondos voitre asumirán parte do impacto. Empregadas do fogar e traballadores temporais: As traballadoras do fogar poderán acollerse a un subsidio extraordinario temporal sempre que estean rexistradas na Seguridade Social e que fosen despedidas ou non poidan traballar durante a crise sanitaria do coronavirus. Ademais, os traballadores temporais tamén terán un subsidio extraordinario para aqueles a os que lles venza o contrato durante o estado de alarma e non teñan dereito a cobrar o paro por non reunir a cotización mínima. A duración desta axuda será dun mes, ampliable se así se decide, e a súa contía ascenderá ao 80% do Indicador Público de Rendas con Efectos Múltiples ( Iprem), uns 430 euros mensuais co Iprem vixente en 2020. O único requisito que se esixirá para percibir este subsidio é que a duración mínima do contrato que se extingue sexa de polo menos dous meses, excluíndose así as relacións contractuais esporádicas. Cortes de luz, auga e gas: O Goberno ampliou a prohibición de cortes de subministración de electricidade, gas e auga a todos os fogares durante o período que se prolongue o estado de alarma pola crise sanitaria do coronavirus, salvo por motivos ligados á seguridade da subministración. Autónomos: Aprobouse unha moratoria do pago das cotizacións á Seguridade Social durante seis meses dos autónomos e empresas. Tamén se puxo en marcha un aprazamento do pago de débedas ata o 30 de xuño de 2020 e unha moratoria das cotas polos días traballados de marzo sen intereses. O período de pagamento en caso de empresas estaría comprendido entre abril e xuño de 2020, mentres que no caso de autónomos estaría comprendido entre maio e xullo de 2020. Hipotecas: Realizarase unha ampliación da moratoria de hipotecas que tamén se estenderá a locais e oficinas de autónomos, así como locais comerciais. Violencia de xénero: Garántense como servizos esenciais a atención a vítimas de explotación sexual e refórzase a axuda a vítimas de violencia machista. Créditos ao consumo: Apróbase unha moratoria de pago de créditos ao consumo para persoas en vulnerabilidade económica con posibilidade de recibir un bono para as viaxes que fosen cancelados. Publicidade do xogo: A última das medidas tomadas foi a prohibición da publicidade do xogo online durante o tempo que dure o estado de alarma.


3 de marzo de 2020

O PARO BAIXA NO MES DE FEBREIRO


A Seguridade Social gañou 85.735 afiliados no mes de febreiro, ata os 19,25 millóns de ocupados, no maior incremento para este mes desde 2015.

Segundo os datos facilitados este martes polos ministerios de Traballo e Seguridade Social, no último ano creáronse 361.757 empregos, cun ritmo de crecemento anual do 1,92 %, no primeiro repunte desta taxa desde abril de 2019.
En canto ao paro, baixou en 7.806 persoas no mes, o mellor comportamento para febreiro desde 2017, o que deixa o total de parados en 3,2 millóns.


Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción
(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.
En canto ás afiliacións, Galicia suma doce meses consecutivos por riba do millón de cotizantes á Seguridade Social. Na comparativa internanual, as afiliacións medran un 1,51%, o que supón 15.043 afiliados máis, unha media de 41 ao día. Con respecto á contratación, aumentou nun 5,25% superando o ritmo estatal en preto de catro puntos e sobe tanto a indefinida como a tempo completo.

No que respecta á evolución mensual, o desemprego se reduce nun 0,91%, en 1526 persoas, a maior ritmo que o conxunto do Estado; mentres que soben tamén as afiliacións nun 0,58% fronte ao 0,45% da media estatal. Neste último mes a Comunidade sumou 5.848 cotizantes á Seguridade Social.
As listas de desemprego na provincia de Pontevedra reducíronse en 652 persoas durante o mes de febreiro, segundo os datos que publicou este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.
Este descenso sitúa actualmente á provincia pontevedresa cun total de 65.051 desempregados, un 1% menos que en xaneiro.


24 de octubre de 2019

OS DATOS DA EPA EN GALICIA SON PÉSIMOS



O paro subiu en 3.100 persoas no terceiro trimestre en Galicia en relación co trimestre anterior (+2,2%), ata 143.500 desempregados (a taxa queda no 11,5%), segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada este xoves. Na provincia de Pontevedra os datos da EPA do terceiro trimestre do ano son positivos xa que o paro baixou en 4.200 persoas. Mentres, a ocupación creceu en 6.900 persoas neste período e alcanza os 1.105.700 ocupados na Comunidade. Deste xeito, a taxa de ocupación elévase en 0,2 puntos ata o 47,3%. En cambio, en España o paro baixou en 16.200 persoas no terceiro trimestre do ano, o que supón un 0,5% menos que no trimestre anterior, ata situarse o total de desempregados en 3.214.400 persoas, o seu menor nivel en once anos, segundo a EPA.
Por comunidades, Galicia rexistra o sexto aumento relativo do paro, con Navarra á cabeza (+7,6%). Este trimestre hai unha decena de autonomías nas que se reduce o paro, liderado por Baleares (-30,9%). Na Comunidade galega, respecto ao mesmo trimestre de 2018, a caída do desemprego foi en 9.500 persoas, un 6,2% menos. Os ocupados son 9.200 máis que 12 meses atrás, un 0,8% máis. A taxa de paro en Galicia sitúase no 11,5%, máis de dous puntos por baixo da media española, que se atopa no 13,92% no terceiro trimestre. Para os homes, a taxa de paro é inferior (9,8%) que para mulleres (13,3%).



3 de septiembre de 2019

AUMENTA O PARO A TODOS OS NIVÉIS



Agosto non é un bo mes para o mercado laboral, xa que habitualmente finalizan moitos contratos co remate da temporada turística. O paro reduciuse en 116.200 persoas con respecto a agosto de 2018, pero aumentou significativamente con respecto a xullo, o maior incremento dende 2010.

En Galicia rexistráronse 2.900 parados, un 1,9% máis que en xullo, o que deixa un total de 153.820 desempregados.

Tamén aquí a lectura é positiva en termos interanuais: o paro baixou un 6,45 por cento con respecto a agosto do ano pasado.

Na comarca do Salnés a lista de desempregados incrementouse en 76 persoas. Cambados é o municipio onde máis emprego se destrúe. Quedaron sen traballo 47 persoas. Séguelle Sanxenxo, onde se contabilizan 35 desempregados maís. En Vilagarcía, mentres, tivéronse que inscribir no paro 25 persoas.

Na comarca do Salnés só se rexistan datos positivos nos concellos da Illa, Ribadumia e O Grove.

Poboación    Agosto        Xullo        Dif 

Cambados      808             761          47 
O Grove          435             458         -23
A Illa               211             215         -4
Meaño             221             218          3 

Meis                248             243           5
Ribadumia      232             246        -14

Sanxenxo       626             591          35
Vilagarcía     2.901          2.876         25

Vilanova         591             589            2






4 de diciembre de 2018

O PARO BAIXA EN ESPAÑA, SUBEN EN GALICIA E NO SALNÉS


O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en novembro en Galicia en 625 persoas respecto ao mes anterior, un 0,37%, mentres no conxunto de España rexistrou unha leve baixada. En concreto, no conxunto estatal o paro baixou en novembro en 1.836 desempregados respecto ao mes anterior (-0,06%), rompendo así a tendencia dos últimos dous anos, cando se rexistraron subidas do desemprego en 24.841 persoas (2016) e en 7.255 desempregados (2017). Con este lixeiro descenso, o volume total de parados alcanzou a finais de novembro en España a cifra de 3.252.867 desempregados, manténdose nos seus niveis máis baixos do últimos nove anos, informou este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Polo que respecta a nosa comarca tres concellos lastraron ao Salnés a cifras negativas. Sanxenxo, Meaño e O Grove con 126, 26 e 96 parados máis fixeron que os datos dos restantes concellos non foran bos. A cifra de parados a nivel comarcal ascendeu a 135 persoas máis inscritas no SEPE, Servicio Público de Empleo.







2 de octubre de 2018

O PARO SUBE TRALO REMATE DA ÉPOCA ESTIVAL



O número de desempregados rexistrados nos servizos públicos de emprego en setembro subiu en Galicia en 1.896 persoas (1,15%), ata deixar unha cifra total de 166.320 inscritos.


Datos España
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) alcanzou os 3.202.509 persoas tras aumentar en setembro en 20.441 persoas respecto ao mes anterior, a cifra máis baixa contabilizada no mes de octubro desde 2014.

En canto a nivel provincial o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego da provincia de Pontevedra subiu en setembro en 260 persoas en relación co mes anterior.

Polo que respecta a nosa comarca, o paro subeu en 291 persoas, subindo en todos os concellos agás Cambados, Vilagarcía e Vilanova con 3, 107 e 17 parados menos respectivamente. Destaca a subida de Sanxenxo con 194 parados máis e o Grove con 139, amosando que son as duas vilas con maior infraestructura turística.




4 de septiembre de 2018

BAIXA O PARO NA COMARCA A PESARES DA SUBA NACIONAL E AUTONÓMICA



O paro sobe no mes de agosto en 47.047 persoas. Trátase dun incremento do 1 e medio por cento con respecto ao mes de xullo.
En total en España a cifra de parados sitouse ao peche de agosto en máis de tres millóns cento oitenta mil persoas
En Galicia, o número de desempregados aumentou en 1.012 persoas, un incremento do 0,62% respecto ao mes de xullo, quedando o total en 164.424 parados na nosa comunidade.

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) aumentou en agosto en 1.045 persoas ata sumar un total de 64.001 desempregados.

Na comarca do Salnés o paro baixou con números dispares nos concello como se pode apreciar no gráfico superior.


2 de agosto de 2018

O SECTOR SERVIZOS ARRASTRA A BAIXADA DO PARO


O Paro descendeu en xullo en 27.141 persoas. Unha baixada do 0,86% que deixa o número total de parados en España en 3.135.025.

A nosa comunidade rexistrou tamén un descenso do paro. Xullo rematou con 6.653 persoas menos rexistradas nos servizos de emprego. O descenso é dun 3,91 por cento e o número total de parados queda en 163.412.
Galicia é a comunidade autónoma na que máis descendeu o número de persoas rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego, sendo Pontevedra a provincia que encabeza a lista a nivel autonómico.

Os datos provinciais arroxan un descenso do paro en 2.885 persoas con respecto ao mes anterior, impulsado principalmente polas contratacións estivais no sector servizos, xa que é no sector no que descende con maior forza (1.953 persoas). Desta forma Pontevedra conta na actualidade con case 63.000 desempregados.

Polo que respecta á O Salnés, o paro baixou en 863 persoas. Destaca Vilagarcía con 283 parad@s menos, séguenlle as dúas poboacións máis "playeras", Sanxenxo e o Grove 162 e 123 parad@s menos. Cambados con 98 e Vilanova con 51 son as seguintes. Meis, Ribadumia, Meaño e a Illa tamén viron reducida a cifra de inscritos no antigo INEM con 15, 32, 51 e 54. O total comarcal queda en 7.647 parad@s.





3 de julio de 2018

CASE 1000 PARADOS MENOS NO SALNÉS




A temporada de verán reduciu as listas do paro en case 90.000 persoas, co que o total de desempregados se sitúa en xuño na cifra máis baixa dende finais de 2008.


A provincia de Pontevedra liderou durante o mes de xuño a baixada do paro en Galicia, con 3.341 demandantes de emprego menos inscritos nas oficinas públicas de emprego, a metade do total de descenso de toda a comunidade. 
En Galicia, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o número de persoas apuntadas nas oficinas de emprego en xuño descendeu en 6.631, dos que 3.341 baixaron as estatísticas en Pontevedra, 430 en Ourense, 572 en Lugo e 2.288 na Coruña. 
Ao 30 de xuño o número de persoas desempregadas situábase na provincia en 65.841, un 4,83 por cento menos que un mes antes. Este descenso é maior á media galega, pois na comunidade o descenso foi do 3,75 por cento con respecto ao mes de maio, situando en 170.065 os demandantes de emprego. 
O descenso con respecto a un ano antes foi en Pontevedra do 11,81 por cento, con 8.813 desempregados menos inscritos no antigo  Inem que en xuño de 2017.
Os datos do Salnés podedelos ver no gráfico de arriba.                    

4 de junio de 2018

BOAS CIFRAS PARA A COMARCO DO SALNÉS NA BAIXADA XERAL DO PARO



As estatísticas do número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) confirman que se mantén a tendencia xeral á redución de desempregados durante o mes de maio e revelan que na provincia de Pontevedra reduciuse a cifra en 2.808 persoas menos. 
Pontevedra é a galega na que a porcentaxe de descenso do desemprego é maior, un 3,90% menos, seguida do 3,65% de Lugo e moi superior ao 2,56 da Coruña e o 1,42 de Ourense.
Na comarca do Salnés baixou o paro en todos os concellos, para un total de 445 parados menos nas listas do SEPE.




20 de marzo de 2018

LISTADO DE TRABALLADORES TEMPORAIS ADMITIDOS NO CONCELLO DE CAMBADOS








No Salón de Plenos do Concello de Cambados, reúnense os membros do tribunal, co obxecto de constituir o tribunal calificador, baixo a presidencia de Don Manuel Sineiro Galiñanes,  e asistido polo secretario quen certifica.
Comprobado pola secretaría a existencia de quórum  necesario, se declara polo Sr.  Presidente aberta a sesión.
PRIMEIRO.- ADIMISIÓN
Admitíronse as personas preseleccionas polo oficina de emprego, que non renunciaron expresamente o posto de traballo  ofertado, que achegaron a carta de presentación e compareceron no Concello acompañadas do seu documento de indentificación personal, asi como a acreditación no seu caso dos coñecementos especificados na oferta
SEGUNDO.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO
Por unanimidade os membros do tribunal, en atención aos criterios  fixados  na cláusula novena das bases de selección aprobadas,  propoñen a Xunta de Goberno Local, tal e como indica a cláúsula décima que seleccione aos candidatos e para os seguintes postos:



2 de marzo de 2018

BAIXADA DO PARO A TODOS OS NIVEIS





O paro caeu este mes, e rexistra as cifras máis baixas desde hai nove anos. Segundo os datos que acaba de publicar o ministerio de Emprego do mes de febreiro.
En Galicia, tamén diminuiu o número de parados rexistrados nos Servizo de Emprego. Febreiro remata na nosa comunidade con 1.679 desempregados menos ca o mes anterior. O descenso aquí é dun 0,88% e deixa o número total de parados en 188.207.
Polo que respecta a provincia de Pontevedra o paro baixou en 800 persoas durante o último mes, un 1,05%, o que sitúa o número total de demandantes de emprego en 74.958 persoas.

O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 1.546.402, o que representa unha subida do 6,46% sobre o mesmo mes de 2017. Deles, so 174.287 foron indefinidos.

No salnés o paro tivo un comportamento desigual, baixou en 4 concellos, Cambados, Meaño, Meis e Sanxenxo ( 25, 12, 2 e 50 menos) e subeu nos outros 5, deixando o dato en positivo cunha baixada de 30 persoas nas listas do SEPE a nivel comarcal.





2 de febrero de 2018

VOLVE SUBIR O PARO A TODOS OS NIVÉIS











A pesar das boas cifras económicas que Consello tras Consello transmite a Xunta de Galicia, o certo é que o paro segue aumentando en Galicia. Así, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en xaneiro en Galicia en 4.873 persoas respecto ao mes anterior (+2,63%), por encima da media estatal (+1,9%).

Na provincia de Pontevedra o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem)subiu en xaneiro en 1.814 desempregados respecto ao mes anterior (+2,46 %), arrastrado principalmente polo sector servizos, que acusou o fin da campaña do Nadal, segundo informou este venres o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Polo que respecta a nosa comarca o Salnés veu como o paro aumentaba en 187 persoas, destacando Cambados, Vilagarcía e Sanxenxo con 41, 57 e 46 novos parados.
Con estos datos hai na comarca do Salnés 9.661 parados, 187 máis que o mes anterior.

En España, o paro situouse en xaneiro en 3.476.528 persoas, con 63.747 desempregados máis, un 1,87 por cento.
O dato da taxa interanual é positivo, con 283.703 desempregados menos, un 7,54 por cento.






3 de enero de 2018

BAIXA O PARO EN ESPAÑA, GALICIA E PONTEVEDRA. SUBE NO SALNÉS











O ano 2017 finalizou co menor número de parados dos últimos oito anos. A media de afiliación á seguridade social aumentou en máis de 600.000 persoas, e é a mellor cifra desde 2005. Estes son os datos de decembro, que acabamos de coñecer.
O mes pasado rematou con 61.500 parados menos en España, o que supón un descenso do 1,77 por cento. Así, a cifra total de parados inscritos nos servizos de emprego é de 3.412.781, como lle diciamos, a cifra máis baixa dos últimos oito anos.
Galicia segue a mesma tendencia. Decembro rematou con 2.262 parados menos. Iso supón un descenso do 1,16 por cento e deixa a cifra total de parados en Galicia en 185.013 persoas. 

Pontevedra pecha o ano con 73.644 demandantes de emprego. Un total de 831 pontevedreses atoparon traballo no último mes de 2017, o de decembro, segundo os datos que publicou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Así, a provincia rexistrou un descenso do 1,12% con respecto ao mes de novembro.
Esta tónica á baixa contrasta coa suba no mes de decembro no Salnés. O paro aumentou na nosa comarca en 145 persoas. O Grove e Cambados lideraron as subidas con 80 e 45 parados máis. Baixou o paro en Vilagarcía, Sanxenxo e Ribadumia en 15, 16 e 7 parados menos respectivamente.


Cifras boas que non supoñen, nin moito menos, que se cree emprego coa mesma intensidade. De feito, o mercado laboral galego finalizou o pasado exercicio con 21.713 afiliados máis á Seguridade Social; xa que logo, asináronse 47 contratos por cada novo posto de traballo creado. Case medio cento por cada emprego. 
Esa disparidade entre o número de contratos e o volume total de xente con traballo débese, fundamentalmente, a que os contratos temporais aumentan a un ritmo moito maior que os indefinidos




4 de diciembre de 2017

VOLVE SUBIR O PARO NA COMARCA









Sobe o paro en novembro en España. Faino en 7.255 persoas. É un incremento dun 0,21 por cento. Deixa a cifra total de desempregados en 3.474.281.  Respecto ao mes anterior (un incremento do 0,2%), o nivel máis baixo do últimos oito anos.

En Galicia tamén medra o paro. Increméntase en 1.272 persoas. Supón o 0,68 por cento en relación ao mes anterior. A cifra de parados queda en 187.175.
A pesar de que a provincia de Pontevedra é a que menos incremento rexistrou no número de parados, é a que ten maior número de parados, 74.475 fronte aos 73.978 da Coruña. Lugo (18.321) e Ourense (20.401) teñen menor número de poboación e tamén de desempregados.


Polo que respecta a nosa comarca o paro voltou subir en todas as vilas agás na Illa de Arousa, que baixou en 12 persoas. Destaca o aumento de O Grove e Sanxenxo con 156 e 133 persoas máis paradas respectivamente En Cambados hai 31 incritos máis no paro. No total da comarca o aumento foi de 421 persoas.

De xuño do 2015 ata agora o paro baixou na comarca en 1300 persoas aproximadamente. En Cambados 250 parados menos tras ese periodo.







3 de noviembre de 2017

O PARO SUBE EN OUTUBRO NA COMARCA, NA PROVINCIA, EN GALICIA E NO ESTADO











O paro sobe en España o mes pasado en 56.844 persoas, segundo os datos que acaba de facer públicos o Ministerio de Emprego. En Galicia, tamén aumentou, en 1.846 persoas,  das que 1.103 son da provincia de Pontevedra. 

O total de parados na nosa comunidade é de 185.908, dos que 74.301 están rexistrados en oficinas da provincia de PontevedraA cifra total de parados en España é de 3 millóns 467.026 persoas. O paro só se reduciu nun sector: o da construción.

Polo que atinxe a nosa comarca a destacar que o paro aumentou en todos os concellos e Vilagarcía (118), O Grove (197) e Sanxenxo (201) son as poboacións onde máis aumentou o paro. No total o paro aumentou na comarca en 702 persoas. 








3 de octubre de 2017

CO FIN DO VERÁN VOLTA O PARO A SUBIR











O número de persoas en paro rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) da provincia de Pontevedra aumentou en setembro en 2.377 persoas en relación co mes anterior, o que sitúa a cifra total de desempregados inscritos en 73.198. Destes 30.886 son homes e 42.312 mulleres.
De acordo cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último ano o paro diminuíu en 4.221 persoas.
Setembro deixa o número de desempregados en Galicia en 197.646 persoas. Isto supón un incremento de 3.329 desempregados.
ESPAÑA
No conxunto do Estado o número de parados rexistrados subiu en setembro en 27.858 desempregados respecto ao mes anterior (+0,8%), o seu maior alza neste mes desde 2012, cando se rexistraron 79.645 parados máis.
O volume total de parados alcanzou a finais de setembro a cifra de 3.410.182 desempregados, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, segundo destacou Emprego.
En canto a comarca o paro subeu en todos os concellos destacando os 256 novos parados de Sanxenxo seguido de O Grove e Cambados con 158 e 107 novos unscritos nas oficinas do antigo INEM.







4 de septiembre de 2017

BAIXA O PARO NA COMARCA E EN GALICIA E SUBE EN ESPAÑA













O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal (SEPE) baixou en agosto en 829 persoas en relación co mes anterior na provincia de Pontevedra.
Así, a cifra total de parados rexistrados na provincia sitúase en 70.821 persoas. Este dato supón un descenso de 6.237 desempeados menos respecto ao ano anterior (-8,09%).
Un dato moi significativo é que do total de persoas desempregadas na provincia 40.846 son mulleres e 29.975 homes.
O número de persoas en paro inscritas no SEPE baixou en agosto en 746 persoas en Galicia, con respecto ao mes de xullo. Supón un -0,41%. Deste xeito, a total de desempregados en Galicia queda en 181.125.
No conxunto de España o paro aumentou en 46.400 persoas. A cifra total de xente sen emprego queda en 3.382.324.

Na nosa comarca baixou en todos os concellos con números dispares, agás en Meaño que aumentou o paro en 5 persoas. En total 434 persoas máis acadaron un emprego no mes de agosto.