Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2013

ROI CASAL EN CONCERTO EN CAMBADOS. PRIMEIRO DIA DA FESTA DO ALBARIÑO










Roi Casal e a súa banda chegan a Cambados co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o Estado e polo que foron galardoados en varias ocasións.
"Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Cambados por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro" afirma Roi Casal.
O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que "a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media.  Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa,  a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores" .
Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual  feita  en  Galicia,  e  comparten  cartel, que non dia,  na  xira  deste  ano  con  artistas  como Chuchito  Baldés  (20  Xullo,  Talavera  de  la  Reina en Toledo)  ou  Chenoa  e  Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.
A cita terá lugar na Praza Fefiñáns de Cambados a partires das 24:00h. A entrada é de balde.
O concerto, que inicialmente estaba previsto para as 23h00, retrásase unha hora para respetar os sete dias de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia a tenor do accidente de tren sucedido en Santiago de Compostela.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.