CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017

CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017
CIUDAD EUROPEA DEL VINO 2017
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Cambados. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concello de Cambados. Amosar todas as publicacións

21.11.17

CAMPAÑA “STOP DENDE O PRIMEIRO SINAL”, CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO










O Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés programa unha serie de actividades durante os meses de novembro e decembro, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, o 25 de novembro.
Estas actividades inclúen a lectura dun manifesto o vindeiro venres 24, ás 12:00 diante do Concello, á cal convidamos a toda a veciñanza.
Estas serán as actividades programadas:
NOVEMBRO:
-Programa de prevención nos IES: curtas e monólogos contra a violencia de xénero na aula
-Contos para tod@s: sesión dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos
-Lectura do manifesto mancomunado contra a violencia de xénero: venres 24 de novembro ás 12:00h nos edificios consistoriais de Cambados, Meis e Ribadumia
DECEMBRO:
-Programa de prevención nos IES: curtas e monólogos contra a violencia de xénero na aula
-Contos para tod@s: sesión dirixidas a centros de educación infantil contra os estereotipos de xénero a través dos contos
-VI Simposio Móstrate Salnés: Simposio que motiva e mostra a outras mulleres as experiencias de emprendemento a nivel comarcal, autonómico, nacional e internacional (Ribadumia)
-II Fast Dates Mulleres do Salnés: Reunións rápidas entre mulleres do Salnés en activo ou inactivo para a busca de traballo ou colaboracións femininas en materia de emprendemento (Meis)
-A unión da o poder: o asociacionismo e a muller: Reunión de asociación con nome feminino a nivel comarcal, internacional e nacional para amosar os beneficios do asociacionismo entre mulleres (Cambados)







PRESENTACIÓN DO LIBRO "BREVE HISTORIA DE CAMBADOS"









Jacobo Domínguez presenta mañá mércores a obra "Breve historia de Cambados", en cuxa edición participaron a Deputación de Pontevedra e o Concello. O acto é ás 20.30 horas, no auditorio municipal, e os asistentes poderán levar un exemplar gratis.

Jacobo Domínguez publicou hai algo máis de 13 anos un libro titulado "A Segunda República en Cambados". Xa no 2009 publicou A Juventud De Cambados. 75 Anos De Historias, ambas editadas polo grupo CANDEA. Tamén ten un traballo sobre Joaquín Sánchez Peña que aínda non veu a luz.







20.11.17

CHARLA CÓMO AFORRAR NA FACTURA ELÉCTRICA









Todos aqueles que teñan dúbidas sobre a súa factura eléctrica ou queiran saber as claves para aforrar nos consumos e coñecer cómo optar ao novo Bono Social teñen unha importante cita de asesoramento.
Será o vindeiro xoves 23 en Exposalnés, en Cambados, ás 20.30 horas.
Un encontro no que se abordarán temas como os que a cotío chegan á oficina de consumo de Cambados, tal como explicaban o concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, o traballador municipal encargado da OMIC, e a técnica de Consumo Ana Cores.






17.11.17

O CONCELLO DE CAMBADOS SÚMASE Á CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”












O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres.
A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada. Segundo os datos da última Macroenquisa de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Socias e Igualdade, un 13% das mulleres residentes en España de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella, un 26% violencia psicolóxica de control —celos, control de horarios e actividades etc.— e un 20% violencia psicolóxica emocional —insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc—. Dende 2003 ata maio do 2017, a Delegación de Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 en España.
Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, no 2015, o Concello de Santiago puxo en andamento a campaña de sensibilización Compostela, en Negro, na que se implicaron arredor de 300 establecementos comerciais e axentes sociais do municipio, que se converteron en embaixadores da mesma.
A acción consistiu en tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte.
Partindo desta boa práctica, e coa finalidade de multiplicar e estender a incidencia social desta campaña, no 2016, dezaseis concellos máis uníronse para desenvolveren conxuntamente a campaña de sensibilización En negro, contra as violencias, formaron parte da acción: A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Santiago de Compostela, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas. Este ano xa somos máis de cincuenta os concellos que queremos situar na axenda política, con contundencia e para sempre, a loita contra as violencias machistas.
Á marxe da repercusión e impacto que poida ter esta campaña, consideramos xa de antemán como un gran éxito compartido o feito de que, por primeira vez, concellos tan diversos, e de diferentes cores políticas, esteamos a traballar en rede contra as violencias machistas e a prol da igualdade das mulleres. Todas e todos en negro, contra a violencia.







EXPOSCIÓN "DE PAISAXES, RÚAS E BARES", DE LINO SILVA

















Esta tarde, a partires das 20:00 h na sala de exposicións de Exposalnés, inaugúrase a exposición de Lino Silva "de paisaxes, rúas e bares", que poderá ser visitada ata o 21 de xaneiro.

«De paisaxes, rúas e bares», é unha recompilación de temáticas e estilos variados na que hai desde pequenos cadros, apuntamentos e impresións do artista cambadés.
Imaxes máis amables, naturalistas ou de postal que se mesturan con outras máis fantasmagóricas, caóticas e grotescas






15.11.17

AS PROTESTAS VECIÑAIS PARALIZAN A INSTALACIÓN DA ANTENA DE TELEFONÍA NOS CAEIROS











A empresa de telefonía Orange non instalará finalmente a antena de telefonía móbil en Os Caeiros, tralas protestas vecinales.

A compañía decidiu paralizar o proxecto ata o próximo ano tralas queixas e movilizaciones dos veciños da zona e da corporación municipal.

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e unha representación do colectivo vecinal reuníronse esta mañá co responsable da compañía, quen lles trasladou a decisión da empresa.

A solución consensuada entre Concello e operadora inclúe a elaboración dun novo estudo para concretar e valorar as posibles ubicaciones para a antena que non estean próximas ás vivendas.

Malia sentirse "satisfeitos" por esta decisión, os veciños de Os Caeiros consideran que a antena debería instalarse a un quilómetro de distancia con respecto ás casas, aínda que segundo o goberno local é "complicado" tendo en conta as características do municipio e a dispersión da poboación.



Imaxen: Diario de Arousa







13.11.17

CAMBADOS ZONA CENTRO PRESENTA A III EDICIÓN DO DESFILE DE MODA













A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e o Concello organizan a terceira edición do Desfile de Moda. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de novembro as 18:00 horas no Salón de Exposicións José Peña. O acto de presentación contou coa participación do presidente da Asociación, Juan Rey, o Concelleiro de Economía, Xurxo Charlín, xunto co responsable da empresa organizadora Hugo Andrade.
O evento contará coa participación de 22 establecementos entre tendas de roupa, calzado e deportes, barbarías, unha óptica e unha libraría. Entre o pases haberá dúas demostracións, unha de zumba e outra de artes marciais. Aproveitando este evento instalarase unha mesa informativa da asociación TDAH do Salnés, que tamén ofrecerá talleres para os máis pequenos.
Establecementos que participan no III Desfile de Moda
comercio desfile zona centro 2017









10.11.17

A XUNTA PREVÉ QUE O EQUIPAMENTO DO CENTRO DE DÍA DE CAMBADOS ESTEA REMATADO NESTE MES DE NOVEMBRO










A baixa no contrato para a dotación do centro suporá unha redución do custo, tanto para o Consorcio, como para o Concello cambadés
A Xunta licitará tamén este mes a xestión da infraestrutura

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a formalización do contrato do concurso público para a subministración do equipamento e amoblamento do centro de día de Cambados, integrado na rede de centros para a atención aos maiores da Xunta de Galicia.
O concurso fóra adxudicado á empresa Lógica Equipamientos Integrales S.L. por un importe total de 67.221,62 euros (IVE incluído), o que supón unha baixa respecto aos 90.000 euros previstos no convenio para dotar ao centro, que subscribiran o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Cambados o pasado 31 de marzo.
Esa menor contía traducirase, polo tanto, nunha redución proporcional da achega que terán que realizar por ese capítulo, tanto o ente adscrito á Consellería de Política Social, como o Concello cambadés, sobre a previsión inicial de 70.000 e 20.000 euros, respectivamente.
Segundo o contrato de adxudicación, a instalación do equipamento e dos mobles do centro de día de Cambados deberá estar rematada antes de que finalice o presente mes de novembro, coa previsión de que neste mesmo mes se licite xa a xestión desa infraestrutura, dacordo co convenio xa asinado polo Consorcio e o Concello, que se axustará aos termos establecidos para este tipo de centros no Acordo Marco subscrito en maio de 2016 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).
A posta en servizo do centro de día de Cambados producirase finalmente no primeiro trimestre de 2018, xa que a súa licitación se fará conxuntamente coa doutros centros para maiores da provincia de Pontevedra que entrarán igualmente en funcionamento no inicio do próximo ano.
O centro de día de Cambados, no que a Xunta de Galicia investiu un total de 800.000 euros (aos que hai que sumar o gasto en equipamento), ten unha capacidade de 40 prazas públicas para maiores do concello de Cambados e da súa área de influencia.





CAMBADOS ACOLLERÁ A CHARLA “IMPACTO DAS REDES SOCIAIS NA XUVENTUDE E NA ADOLESCENCIA: QUE PODEMOS FACER? QUE DEBEMOS FACER?










O concello de Cambados organiza mañán mércores 15 de novembro a xornada: “Impacto das Redes Sociais na xuventude e na adolescencia: Que podemos facer? Que debemos facer?”
Esta xornada, que organizan conxuntamente as concellarías de Igualdade e de Novas Tecnoloxías, desenvolverase a partir das 19:00 horas do mércores 15 de novembro, e será de acceso gratuíto. Será impartida por unha psicóloga especialista.
Con esta charla, preténdese concienciar para un uso responsable das redes, unha ferramenta que mudou por completo a nosa forma de relacionarnos cos demáis e de interactuar no mundo, cambiando os nosos hábitos e costumes. 






7.11.17

¿POR QUE NO TEMA DA ANTENA DE “OS CAEIROS” O PP CAMBADÉS E AS PÁXINAS RANCIAS ESTÁN CALADAS COMA PUTAS?









Si hai un sitio onde se recolle a sabedoría popular ese é, sen dúbida, o refraneiro; e por iso eu, hoxe, voume quedar cun  refrán que di: “polos seus feitos os coñeceredes” onde amosa á perfección que, na maioría das ocasións, as nosas accións definen con exactitude quen somos ou o que pensamos; pero, o curioso da cuestión é que, ás veces, son moito mais significativos e curiosos os silencios e a ausencia de opinión.

Unha desas ocasións estamos a vivila estes dias; non creo que faga falta dicir que un dos temas centrais estes dias en Cambados son as protestas dun grupo, cada vez mais numeroso, de cambadeses pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil nun terreo de “Os Caeiros”, na zoa de O Brexo. Como de seguro moitos sabedes, un grupo de veciños están a recoller firmas en contra de dita instalación e, de feito, este mércores dia oito de novembro hai convocada unha manifestación para protestar por tal feito.
Eu non vou a entrar no tema nin criticar ao dono que cedeu o seu terreo para tal fin, iso si, a cambio dunha máis que interesante contraprestación monetaria; si me preguntades a miña opinión, diríavos que comprendo perfectamente a ditos veciños i eu tería actuado de idéntica maneira. Si ben é certo que aínda non existe ningún estudio definitivo que afirme, categóricamente, que a proximidade de tales antenas pode ser prexudicial para a saúde, é mais que compresible que moita xente amose a súa preocupación; fai apenas cen anos ninguén se cuestionaba que o tabaco era daniño para a saúde e, hoxe en dia, está demostrado que é  a principal causa das mortes por cancro de pulmón e,  sin ir tan lonxe, e por  poñer outro exemplo mais recente: hasta fai uns vinte cinco anos a cocaina non se miraba con tan malos ollos como a outras drogas duras; os narcotraficantes e os consumidores dicían que  non era tan mala como a heroína, estudios posteriores  demostraron todo o contrario: que o consumo desta sustancia a longo plazo producía danos irreversibles no cerebro.      
Pero, como dicía ao comezo deste artigo, hai ocasións na que o realmente significativo son os silencios e a falta de posicionamento e, concretamente, con  isto refírome ao PP cambadés e ás súas páxinas afíns que neste tema, preocupante para unha parte importante dos veciños de Cambados, non dixeron nin “mu”.

Por seguir unha orde comezarei  polo PP e, concretamente, polo seu portavoz local, Luís Aragunde.... non deixa de ser curioso que “Luisiño”, agora que descubriu as redes sociais e que  aproveita a mínima para manifestar públicamente o que considera inxusto e, así, se nos descolgue con “denuncias sociais”, aínda que sexan autenticas paridas, como aquela ocasión na que se queixaba de que nun concerto, co galo de Cambados como  Capital  Europea do Viño,  se servira cervexa (polo visto para “Luisiño” si non che gustaba o viño non podías ir a ese concerto); pois ben, como dicía, estes dias co tema da posible colocación da antena nos Caeiros aínda non sabemos o que opina un dos posibles candidatos á alcaldía de Cambados, algo que non deixa de ser enormemente anecdótico, pois el sempre anda a dicir que si algo lle preocupa é o benestar de tódolos cambadeses e, non creo, que ninguén me poida discutir que este tema  é dunha certa importancia e preocupación..... ¿que pasa Aragunde? ¿por que non te manifestaches aínda públicamente para saber cal é o teu posicionamento e o do teu partido? ¿estas moi ocupado fotografando “cajadas” de cans no parque para colgalas despois en Facebook? Dende logo non creo que sexa por traballo porque si hai algo que che sobra, sen dúbida,  é tempo libre.  Esperamos ansiosos saber cal é a túa opinión, si é que te deixan porque, ao mellor, coma para outras tantas cousas do pasado  tes que pedir primeiro permiso .
Pero si resulta curioso que, a estas alturas da película, aínda non saibamos o que pensa Aragunde e o PP, tamén é,  igualmente anecdótico, que as paxinas rancias de “Así es Cambados” ou “Sombras de Cambados”, aínda non publicaran nada ao respecto; eles tan “acostumados” a publicar “anónimos”  de veciños indignados por diferentes e variados motivos..... si  un profano entrara  en calquera das dúas paxinas  mencionadas o que pensaría, seguramente, é que  aos administradores desas páxinas quédalle moito mas preto Catalunya que  “Os Caeiros” a tenor do que colgan: nesta derradeira semana que saltou a problemática da antena, os nosos “amigos” rancios non publicaron unha soa liña sobre o tema, iso si de Puigdemont, de Junqueras,  do independentismo catalán, non pasa un dia que non colguen algo.... vamos que eu, para informarme  do que pasa en Catalunya, vou ter que entrar con mais frecuencia nas súas páxinas, algo que non deixa de ser gracioso para alguén que vive en Barcelona como é o meu caso.  ...... dende aquí eu fágolles chegar un sincero consello   aos nosos amigos “carcas” de “Así es Cambados” e “Sombras de Cambados”: vista a vosa “liña editorial” e  visto que vos importa moito máis o que pasa na outra punta da península que o que ocorre en Cambados, deberíades cambiar o nome e chamarvos “Así es Catalunya” ou “Sombras de Barcelona”, dende logo seríades moitos máis consecuentes.


Dende aquí estaremos ansiosos por saber que opinan (ao igual que con Aragunde) os nosos “amigos” rancios  sobre o tema da posible instalación da antena, aínda que, seguramente, para eles teña moita mais importancia “informativa”  que haxa un par de carteis  colgados dunha  farola e que se esqueceron de retirar a que un grupo de veciños teman das posibles consecuencias que, para a saúde,  poida ter a  instalación dunha antena, coa agravante da presenza nas proximidades de dous centros escolares e unha escola infantil ...... iso si, o dia dedicado a loita contra o cancro, estes putos hipócritas son os primeiros en colgarse un lazo rosa no peito.
Por último o meu máis sincero apoio a tódolos veciños de Os Caeiros, O Brexo e zonas limítrofes nas súas reivindicacións, esperemos que algún dia non teñamos que lamentar as consecuencias.        

                                                       UN SAUDO A TODOS  
 RICARDO DOMINGUEZ REY    








CARMELA SILVA PRESENTA "MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO" QUE PASARÁ POR CAMBADOS EN MARZO












Durante o evento tivo lugar a performance "Non", de María Marticorena, que transformou o hall do Pazo Provincial nun berro de denuncia contra as violencias que sofren as mulleres

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, de deputadas e deputados provinciais e de alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia, presentou a nova programación de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2017-2018" que arrancará o vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas. No acto de presentación da terceira edición do programa tivo lugar tamén a última performance de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2016-2018" a cargo de María Marticorena.

O programa "Mulleres en acción. Violencia Zero" naceu en novembro de 2015 a través dunha acción simultánea en 10 concellos da provincia de Pontevedra. O principal obxectivo do programa, tal e como informou Silva, é fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica e reflexiva sobre a violencia machista ao tempo que se promove e da visibilidade a artistas novas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista. Ao respecto, Silva destacou que "no mundo da cultura hai milleiros de mulleres traballando e, sen embargo, é un dos eidos onde máis invisibilidade feminina existe. Por isto, a través deste proxecto, queremos empoderar ás mulleres e dar a coñecer todo o talento feminino que temos, un talento posto ao servizo da loita contra as violencias machistas".

O goberno de Carmela Silva, tralo éxito da primeira edición, decidiu impulsar un renovado "Mulleres en acción. Violencia Zero" no que se puxeron en marcha 25 accións ao longo do ano en 25 concellos da provincia:"25 accións en homenaxe ao 25 de novembro, Día Internacional contra as Vilencias Machistas", tal e como asegurou esta mañá Silva. Nesta segunda edición do programa, amais, incrementáronse as disciplinas artísticas engadindo, á performance, danza, teatro, música, poesía e graffiti disciplinas que se repetirán na terceira edición do "Mulleres en acción. Violencia Zero".

Carmela Silva asegurou que "queremos dar un paso máis reivindicando a igualdade de xénero e poñendo o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país e por iso preparamos, desde este mes ata o mesmo mes do 2018, 25 novas accións que se realizarán nos concellos de Pontevedra e Vigo (novembro 2017); Mos e Cerdedo-Cotobade (decembro 2017); A Lama e Forcarei (xaneiro de 2018); As Neves e Lalín (febreiro 2018); Cambados e Ponteareas (marzo 2018); Barro e A Cañiza (abril 2018); Valga e Silleda (maio 2018); Catoira e Gondomar (xuño 2018); A Guarda e A Illa de Arousa (xullo 2018); Bueu e Moaña (agosto 2018); O Porriño e Ribadumia (setembro 2018); Vilagarcía de Arousa e Mondariz (Outubro 2018) e O Rosal (novembro 2018). A presidenta da Deputación de Pontevedra destacou que "a estes 25 concellos levaremos 25 accións culturais cargadas de compromiso, de mensaxe, de denuncia, de conviccións, de principios, de valores, de loita pola igualdade e denuncia das violencias".

Estas accións, amais da performance, incluirán poesía, música, graffiti, danza contemporánea e acción escénica co obxectivo, tal e como informou Silva, de "berrar, alto e forte, con rabia, para levar á conciencia da sociedade todo o que padecen as mulleres". Ao respecto, a presidenta da Deputación asegurou que "este ano van 49 mulleres asasinadas, 7 máis que no 2016 nestas mesmas datas, apuñaladas, queimadas, tiradas pola ventá, con centos de golpes e deixando orfos e orfas… e non podemos consentir que isto sega a suceder porque cando unha muller é asasinada, a sociedade é golpeada duramente". Con "Mulleres en acción. Violencia Zero" pretendemos denunciar e que non haxa silencio ante esta lacra social porque unha sociedade non pode ser democrática, nin xusta, se o 52% da poboación sofre violencia polo mero feito de ser mulleres".


A terceira edición do programa, tal e como informou Silva, comezará o 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas, con performances en Pontevedra, a cargo de Ana Matey ás 11.00 na Praza da Peregrina, e Vigo, a cargo de Verónica Ruth Frías ás 19.30 no exterior do Museo Marco.

Durante o transcurso da presentación de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2017-2018" tivo lugar a última representación da edición anterior, a cargo de María Marticorena e a súa performance "Non", que xirou ao redor da figura dunha lavandeira como símbolo de forza, robustez e da coraxe feminina. Unha peza que, como dixo a presidenta da Deputación, pon o acento na "necesidade de lavar os trapos sucios en público e que todo o mundo saiba da violencia que sofren as mulleres".

Carmela Silva pechou o acto de presentación do programa cunha mensaxe de optimismo, "porque o optimismo é o único que nos permite cambiar o mundo e, estou segura, imos rematar contra as violencias machistas porque non hai nada máis xusto que a loita contra as desigualdades e a violencia, e esa loita ímola gañar".





CAMBADOS ACOLLE UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A REFORMA SANITARIA











Este venres 10 de novembro, ás 20 horas, celebrarase en ExpoSalnés unha charla informativa sobre a polémica reforma da Lei da Saúde que quere levar adiante a Xunta de Galicia. Esa reforma provocará a supresión da área sanitaria do Salnés, reducindo consultas e servizos no Hospital comarcal, e incrementará o desvío de pacientes cara aos centros hospitalarios privados.
A charla está convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, integrada por diversas asociacións, sindicatos e todos os partidos políticos (excepto o Partido Popular, que decidiu non participar na plataforma) con representación nos concellos de Cambados, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilanova e Vilagarcía (municipios que forman parte da área sanitaria do Salnés).
O acto estará presentado por Tino Cordal, concelleiro de Sanidade de Cambados, e contará coas intervencións de representantes da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés e con membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés.
Dende a concellería de Sanidade de Cambados faise un chamamento á veciñanza para que acuda a informarse das graves consecuencias que pode ocasionar esta reforma da Lei da Saúde. Así, consultas e servizos que se están a prestar agora no Hospital do Salnés serán desviados a outros centros hospitalarios de cidades como Pontevedra ou Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia leva anos desmantelando a sanidade pública galega, ata o punto de convertela nunha das máis privatizadas do Estado. De feito, os últimos datos dispoñibles sinalan que máis do 25 por cento da sanidade galega atópase xa en mans privadas, e este proceso de privatización incrementarase coa nova reforma.
No caso do Hospital do Salnés son moitos os pacientes que podían ser atendidos perfectamente neste centro hospitalario comarcal e están a ser derivados a un Hospital privado de Pontevedra, mentres boa parte das instalacións reformadas do Salnés non se utilizan.
O Concello de Cambados, ao igual cos de A Illa de Arousa, Ribadumia e Vilagarcía, xa aprobaron nos plenos das súas respectivas corporacións municipais unha moción de rexeitamento do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia. A mesma moción foi levada ademais ao pleno da Mancomunidade do Salnés, onde tamén foi aprobada.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés convocou unha manifestación o pasado 29 de setembro en Vilagarcía á que acudiron miles de persoas. Agora está a preparar unha marcha á Hospital comarcal que terá lugar nas vindeiras semanas.





SOMOS CAMBADOS MOSTRA O SEU REXEITAMENTO A INSTALACIÓN DUNHA ANTENA DE TELEFONÍA MÓBIL NA ZONA DOS CAEIROS










As reivindicacións dos veciños do entorno de Os Caeiros de Cambados, en contra da instalación dunha antena de telefonía móbil da compañía Orange debido aos posibles efectos que a infraestrutura poida ter sobre a saúde vai contar co apoio do grupo municipal de Somos Cambados.
O grupo de veciños que se están a organizar en protesta da instalación desta antena de telefonía móbil da compañía Orange, teñen previsto este próximo mércores na Praza do Concello, a celebración dunha concentración en protesta para ás 19:00h para poder concienciar a xente mediante este chamamento público, da súa postura en contra da instalación desta antena.
Dende Somos Cambados apoiamos estas mobilizacións e imos participar nesta concentración para expresar o noso apoio aos veciños e mostrar tamén o noso rexeitamento á colocación desta antena e animamos aos veciños e veciñas de Cambados que acudan a concentración en protesta prevista este mércores ás 19:00h na Praza do Concello, para poder acadar que a empresa retire este proxecto.
Estes veciños levan desde fai unha semana mobilizándose nunha campaña de oposición a instalación da antena de telefonía móbil da compañía Orange, que ten previsto instalar unha antena nunha finca particular na zona dos Caeiros. Segundo despréndese das reivindicacións dos veciños, a antena instalaríase nunha zona na que existen numerosos vivendas, e que conta con cinco centros educativos próximos, entre eles dúas garderías, e preto dun cabreado de alta tensión.
Dende Somos Cambados temos claro que neste tipo de mobilizacións temos que estar do lado dos veciños e das reivindicacións que propoñen, e que o primeiro para nos é a saúde da poboación e sobre todo dos nosos fillos, xa que estamos falando de nenos que acoden a gardería, e de moi curta idade, e polo tanto poden estar máis expostos a este tipo de radiacións.
Cabe lembrar que o Goberno local xa informou de que as corporacións locais non teñen competencias nesta materia, que compete en exclusiva a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, encargado de conceder as autorizacións. A instalación, de calquera forma, quedara suspendida provisionalmente, á espera de que sexan emitidos os informes técnicos e xurídicos sobre a licencia de obra solicitada.

6.11.17

O B.N.G. NON ASISTIRÁ Á REUNIÓN DOS GRUPOS DE GOBERNO











O B.N.G. non acudirá á reunión prevista para hoxe dos grupos de goberno de Cambados para tratar o tema da rotura do pacto que fixo J.R. Abal hai uns días.

A reunión si asistirán os outros tres grupos, PSOE, SOMOS e PODE.

Víctor Caamaño considera que se trata máis dun problema de dous grupos que de algo que atinxe a todo o goberno local.
Si acudirán a xuntanza da comisión de seguimento do pacto de goberno, pois esa sí é para os 4 grupos.




5.11.17

POR FIN NAVA CASTRO EN CAMBADOS












A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Cambados nas V Xornadas de Degustación e Maridaxe das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia nas que se puxo en valor o papel destes produtos como recursos turísticos diferenciais.
A responsable de Turismo da Xunta asistiu a un dos showcookings organizados nos que se empregaron produtos amparados polas distintas Indicacións Xeográficas, como augardentes e licor de herbas ou licor café. Os menús incluíron tamén ingredientes como a castaña, tarta de Santiago, mel, mexillón, queixo do Cebreiro ou tenreira galega, todos eles pertencentes a outros Consellos Reguladores.
Organizada polo Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, esta iniciativa incluíu catas comentadas e obradoiros de cociña e coctelería, así como o túnel experiencial no que os visitantes puideron comprobar o amplo abano de posibilidades que ofrecen os destilados galegos con selo de calidade. O espazo expositivo e de cata permitiu tamén a degustación dunha gran cantidade de produtos dispoñibles no mercado.
Estas xornadas celebradas hoxe en Cambados contribúen a posicionar a enogastronomía galega como recurso turístico, sendo este o segundo motivo polo que os visitantes escollen Galicia como destino. A gastronomía ocupa un papel destacado na Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de ruta do turismo galego coa que se está a acompañar o crecemento ordenado e planificado de visitantes cun modelo turístico responsable e sustentable.
Pero, quen é e que fixo por Cambados Nava Castro? 
Aparte de non visitar Cambados durante este último ano, normal tendo en conta o "apoio" da Xunta á Cidade Europea do Viño, o seu apoio a Cambados circunscribeuse estar en Fitur o dúa que Cambados fixo a súa presentación nesa feira.

María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG. Foi alcaldesa de Ponteareas entre o 2000 e 2003. Dende o 2013 é a directora de Turismo de Galicia.

Filla de José Castro Álvarez. Licenciada en Filoloxía Hispánica. Foi tenente alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo (Gürtel). Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009. Foi Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e, dende o 17 de xaneiro de 2013, secretaria xeral de Turismo da Xunta.
Cando o seu pai José Castro Álvarez foi condenado por corrupción (falsidade documental e prevaricación) substituíno como alcaldesa de Ponteareas. Cando o seu pai formou o seu propio partido, Unión Condado-Paradanta (UCPA) que concorreu ás eleccións municipais de 2003 presentou á candidatura á súa filla, Nava Castro. Posteriormente o partido disolveuse e integrasouse no Partido Popular.[3]

Dende o 17 de xaneiro do 2013 a secretaria xeral de Turismo de Galicia, posto que posteriormente se renomeou como directora.





4.11.17

A DEFENSA DO PACTO DE GOBERNO E O TRABALLO A PROL DOS VECIÑOS: PRIORIDADES DE SOMOS CAMBADOS










A Coordinadora de Somos Cambados apela ao diálogo pero pide que non se busquen escusas para romper o goberno ou recortar responsabilidades
Logo das declaracións realizadas ao longo destes días polos distintos grupos políticos que forman parte do goberno municipal de Cambados, a Coordinadora de Somos Cambados quere facer públicas as seguintes aclaracións:
Somos Cambados sempre apostou polo cambio e o pacto de goberno. Dende o primeiro día despois das eleccións; incluso cando outras forzas o daban por perdido mantivemos a negociación ata o último momento para conseguilo. Somos Cambados nunca tivo problemas para facer cesións a favor do acordo, e sirvan tres exemplos: a renuncia a unha liberación completa como as dos outros tres grupos políticos, a renuncia á segunda tenencia de alcaldía a pesar de correspondernos polos votos e a renuncia á peonalización da praza de Fefiñáns. Motivo polo que desde Somos Cambados apelamos ao dialogo entre as catro forzas políticas que forman parte do goberno municipal de Cambados, pero que este diálogo non sirva de escusa para romper o goberno ou recortar responsabilidades.
Os concelleiros de Somos Cambados traballan polo ben dos veciños, con absoluta lealdade ao pacto asinado, motivo polo que os nosos concelleiros están sempre dispostos a axudar en todo o que se lles pide nas áreas compartidas. Así foi no relativo a proxectos como o da nova praza de abastos ou ao da Cidade Europea do Viño. Polo que apelamos a que non se paralice a acción de goberno dende as forzas políticas que asinaron o pacto, xa que os problemas dos cambadeses non se solucionan ausentándose do posto de traballo ou eludindo as responsabilidades na acción de goberno.
Somos Cambados veu exercendo a portavocía do goberno de maneira compartida e flexible e sempre estivo disposto a compartila tanto nos plenos como nas distintas áreas de goberno.
O Polígono Industrial é competencia de Somos Cambados, tal como figura no pacto de goberno, e todo o trámite administrativo da axuda solicitada á Consellería de Industria da Xunta de Galicia para poder realizar estas melloras no Polígono Industrial foron tramitadas, supervisadas e dirixidas en todo momento pola Concellaría de Economía e Facenda, porque así lle corresponde dentro das competencias delegadas neste goberno.
Dende Somos Cambados temos claro que toda esta polémica xurdida nestes días non se debe a unha foto nun xornal, senón que vén motivada pola fiscalización dos gastos doutras concellarías e non polo traballo realizado na portavocía, pero que se quere utilizar de escusa para agochar o verdadeiro problema existente entre as relacións dos catro grupos políticos do actual goberno. O  control dos gastos do concello é competencia de Somos Cambados. Xa que logo, as concellerías deben entender este control e non gastar de máis sen someterse ao mesmo. Mentres desde Somos Cambados traballamos para poder baixar o IBI un 10% no vindeiro exercicio. Somos Cambados insta a tod@s @s concelleir@s a cumprir o pacto de goberno e traballar pola veciñanza sen perder o tempo en polémicas interesadas que só buscan rendabilidade política.


MANIFESTACIÓN CONTRA A ANTENA DOS CAEIROS








Un grupo de veciños da rúa os Caeiros iniciaron unha recollida de firmas e convocan unha concentración para o vindeiro mércores, ás 19 horas ante a Casa Consistorial. 
O obxectivo é que a empresa Orange retire o proxecto de instalación dunha antena de telefonía e internet, que agora mesmo atópase paralizado no Concello á espera de informes técnicos e xurídicos sobre a licenza de obra solicitada. 
A compañía de telefonía está á espera de recibir a licenza municipal, un trámite que espera superar sen problemas pois afirma que a instalación cumpre con todos os requisitos legais.

Fátima Abal, reuniuse onte cunha vintena de cambadeses contrarios á instalación da antena polos efectos que sobre a saúde poida ter. A alcaldesa está cos veciños pero, "no caso de que a obra obteña os informes técnicos favorables, o Concello deberalle conceder a licenza", sinalou a alcaldesa. E é que existe preocupación porque se colocará cerca do IES Francisco Asorey e a alarma chegou mesmo aos pais do CEIP San Tomé, así como ás garderías desta zona e a escola da Pastora. 






3.11.17

LVIII CABODANO DE CABANILLAS, O POETA DA RAZA











O xoves 9 de novembro conmemórase o LVIII cabodano de Ramón Cabanillas, o poeta da raza. Por este motivo, ás 19:30 realizarase unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada, e ás 20:00 será a presentación do especial AFONDO RAMÓN CABANILLAS, do xornal SERMOS GALIZA.





1.11.17

CAMBADOS, CAPITAL DO FÚTBOL BASE




Os campos do Pombal acolleron a 1ª Fase do Comarcal Sub15
A nota máis destacada foi o debut da selección da Costa da Morte, que luciu equipación amarela e negra


Cambados acolleu hoxe a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais Sub-15, que se celebrou nuns campos do Pombal nos que se viviu un gran ambiente grazas á presenza dos 300 xogadores e xogadoras que disputan esta competición e de centos de afeccionados.

Os combinados de Santiago e Pontevedra foron os encargados de dar inicio ao torneo nesta tempada 17-18. A delegación pontevedresa venceu na categoría masculina (0-1), mentres que a vitoria foi para as santiaguesas na feminina (2-0). 
A continuación, disputáronse os dous partidos Vigo-Ourense, con dous triunfos para os vigueses: 2-1 para os rapaces e 3-0 para as rapazas. Os encontros entre Lugo e Ferrol que se xogaron ás 12:00 deixaron unha goleada para Lugo en categoría masculina (4-0) e un triunfo ferrolán na feminina (0-1).
No último partido da mañá en categoría masculina chegou a gran novidade da xornada e do Campionato Comarcal 17-18: o debut da selección da Costa da Morte, que se estreou no torneo cunha derrota ante A Coruña, vixente campioa (0-4). A delegación coruñesa tamén foi a vencedora en categoría feminina o pasado ano, e iniciou con vitoria a defensa do título: 2-0 fronte a Santiago.
 A partir das 16:00 horas, sete encontros máis ata completar os 15 dos que constou esta primeira fase. En categoría masculina, deu inicio á tarde un emocionante partido con moitos goles entre Vigo e Santiago (3-3). Empate tamén entre Ferrol e Pontevedra (1-1) e nova derrota da Costa, que non conseguiu anotar no seu debut nos comarcais: 4-0 ante Ourense.
Pechou a xornada en categoría masculina o triunfo por 4-2 da Coruña fronte a Lugo. Os coruñeses conseguían así converterse no único combinado masculino con dúas vitorias e encabezan en solitario a categoría.
A tarde deixou tamén tres encontros na categoría feminina. O duelo entre Pontevedra e Vigo rematou con vitoria (0-2) para as viguesas, e a continuación Ourense conseguiu o triunfo fronte a Lugo por 2-1. No último partido da categoría, a selección coruñesa impúxose a Ferrol por 2-4. Coruñesas e viguesas marcharon de Cambados con pleno de vitorias e lideran a clasificación feminina.

CATEGORÍA MASCULINA

RESULTADOS

SANTIAGO – PONTEVEDRA
0-1
VIGO – OURENSE
2-1
LUGO – FERROL
4-0
A COSTA DA MORTE – A CORUÑA
0-4

VIGO – SANTIAGO
3-3
FERROL – PONTEVEDRA
1-1
OURENSE – A COSTA DA MORTE
4-0
A CORUÑA – LUGO
4-2

CLASIFICACIÓN

POSTO
SELECCIÓN
X
G
E
P
GF
GC
PTS
1
A CORUÑA
2
2
0
0
8
2
6
2
VIGO
2
1
1
0
5
4
4
3
PONTEVEDRA
2
1
1
0
2
1
4
4
OURENSE
2
1
0
1
5
2
3
5
LUGO
2
1
0
1
6
4
3
6
SANTIAGO
2
0
1
1
3
4
1
7
FERROL
2
0
1
1
1
5
1
8
A COSTA
2
0
0
2
0
8
0


CATEGORÍA FEMININA

RESULTADOS

SANTIAGO – PONTEVEDRA
2-0
VIGO – OURENSE
3-0
LUGO – FERROL
0-1
A CORUÑA - SANTIAGO
2-0

PONTEVEDRA – VIGO
0-2
OURENSE - LUGO
2-1
FERROL – A CORUÑA
2-4
  
CLASIFICACIÓN

POSTO
SELECCIÓN
X
G
E
P
GF
GC
PTS
1
VIGO
2
2
0
0
5
0
6
2
A CORUÑA
2
2
0
0
6
2
6
3
SANTIAGO
2
1
0
1
2
2
3
4
FERROL
2
1
0
1
3
4
3
5
OURENSE
2
1
0
1
2
4
3
6
LUGO
2
0
0
2
1
3
0
7
PONTEVEDRA
2
0
0
2
0
4
0
Fonte- F.G.F.