Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2013

ARRANCA A FESTA DO ALBARIÑO SEN AUTORIDADES (como tiña que ser sempre)







Corenta e catro adegas concorren dende este mércores e ata o domingo na 61 edición da Festa do Albariño de Cambados.
Dende primeira hora da mañá foron abrindo as casetas no paseo da Calzada, sen a presenza de autoridades,pero si de diversas peñas, polo tanto, sen corte da cinta inaugural. Aínda que segundo din podería ser mañán sen previo aviso.
Ata as doce desta noite o Concello de Cambados suspendeu os actos lúdicos con motivo do loito oficial imposto polo accidente ferroviario de Santiago.
Será polo tanto a partir de media noite cando a música empece a soar en Cambados da man de Roi Casal, que ofrecerá un concerto na praza de Fefiñáns.
O bulicio e a ledicía volverán o xoves á festa, que programa para esta cita a apertura ás 11.00 horas do Túnel profesional do Viño no salón de congresos José Peña.
Ademais Omar Percussion Group actuará na Calzada, e ás 22.00 horas, as orquestras D'Tacón  (como non ía a estar)e Lembranza amenizarán a verbena.
Simultáneamente na praza de Fefiñáns desenvolverase a décimo sexta edición da Gala do Albariño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.