Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta ANOVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANOVA. Mostrar todas las entradas

1 de noviembre de 2014

DESFAISE A ESQUERDA NACIONALISTA?




A división do nacionalismo empeza a ser preocupante. 
Como alguén alleo a todo o proceso e dando un punto de vista externo, podo confirmar baixo o meu criterio que a esquerda e de forma destacada a esquerda nacionalista estálle a facer "o caldo gordo ao PP". A alguén como o que suscribe de esquerdas dalle moita tristura que a conxunción de pequenos partidos ou correntes, como era o BLOQUE fórase facendo máis e máis pequeno e agora no canto dun bloque semella un gran ladrillo. Todo esto sen querer molestar a ninguén. 

Desmembrouse o BNG e agora tócalle a ANOVA e a sua unión cos comunistas, AGE. Lugo e o Salnés son o principal viveiro de membros de Cerna que é así como se chama este grupo. Polo que parece están dispostos a presentarse as elecións municipais en candidaturas de unidade. E que podería contar con xente de outos partidos como Podemos ou Ganemos (pouco extendida por Galicia) ou xente independente.
Os militantes críticos de Anova comezan a abandonar a formación. Logo da votación telemática realizada por Cerna, algúns deles tomaron ao pe da letra os resultados dese proceso.
Esta corrente crítica, liderada por Mario López Rico e Luis Eyré, someteu a votación a continuidade dos seus integrantes en Anova. A decisión de deixar este partido foi refrendada polo 75% dos 200 militantes que tomaron parte nesta votación virtual. Sen embargo, esa porcentaxe baixou ao 63% no referido a constituír un partido político.
A metade dos militantes de Anova-Salnés, segundo comenta o sector crítico de Cerna deixarán a  formación. Entre eles atópanse algúns dos seus activos máis importantes, como o exconcelleiro de Ribadumia Ramón Mouriño, que era o responsable de Anova-Salnés; Enrique Oubiña, que é concelleiro non adscrito en Ribadumia; ou a vilagarciá Narda Rubianes. Presentes na sua maioría no acto dxoves en Vilagarcía de "SOMOS MAIORÍA".




13 de febrero de 2014

A COMISIÓN SOBRE AS COMPORTAS DO SACO FAI CASO OMISO A MEDIO AMBIENTE SEGUNDO ANOVA





Dende Anova Cambados queren reiterar como o PP segue a realizar continuas irregularidades nas obras das Comportas do Saco de Fefiñans, así coma na súa xestión, non tendo en conta as recomendacións feitas polos distintos organismos nin os técnicos que realizaron o estudio medioambiental da obra, neste caso ponse de manifesto na recente comisión creada para a xestión das comportas, e nas que non se inclúen as recomendacións feitas na Resolución do 22 de Outubro de 2010, pola Secretaria Xeral de de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.


ADXUNTAN RESOLUCION DA SECRETARIA XERAL DE CALIDADE E AVALIACION AMBIENTAL, ONDE SE PON DE MANIFESTO A NECESIDADE DE CUMPRIR O PLAN DE SEGUIMENTO AMBIENTAL DAS OBRAS E AS CONDICIONS ESPECIFICAS INCLUIDAS NA RESOLUCIÓN, DE FORMA ESTRICTA, E QUE SE ESTAN A INCUMPRIR DENDE O CONCELLO E O ENTE PORTOS DE GALICIA.






10 de febrero de 2014

ANOVA RECLAMA QUE AS BECAS SE CONCEDAN AO PRINCIPIO DE CURSO





ANOVA DE CAMBADOS RECLAMA QUE A CONVOCATORIA PARA AS AXUDA O ESTUDIO MUNICIPAIS SE FAGA ANTES DE QUE REMATE O CURSO ESCOLAR E SE TEÑA EN CONTA OS ALUMNOS QUE QUEDARON EXCLUIDOS POLA REFORMA DAS BECAS DO MEC.

Din na sua nota: "Consideramos que é inxusto que os alumnos que non obteñan unha nota media superior o 6,5 non poidan obter a axuda de estudios xeral e que os alumnos que obteñan unha nota media entre o 5,5 e o 6,5 so se lles abone o custo da matricula, cando esta reforma foi aprobada no mes de Agosto, e no que a maioría de alumnos xa tiñan feitas as matriculas".

Para o Grupo Local de Anova – I.N de Cambados, as circunstancias actuais indican que o Concello debería facer unha aposta forte tanto na partida de Becas de Estudos como nas de fins benefico-asistenciais. Non pode ser que  a pesares e chegar a un acordo no Pleno Municipal de Agosto do ano pasado coa oposición de modificar as bases das axudas municipais ao estudio, a dia de hoxe inda non se establecera a ordenanza municipal, e se espere o mes de Abril ou Maio, xa preto do remate do curso escolar para sacar este tipo de axudas. Isto ademais evidencia o xeito de funcionar actualmente a política municipal cambadesa, onde os acordos parecen ser sempre de cara a galería, sen que haxa un seguimento e unha intención posterior de facelos cumprir.

Sinalan que outros concellos tiveron en conta as suas propostas. "Este tipo de axudas, relativas os estudantes afectados polo decreto do señor Wert,  saíron adiante no Concello de Ribadumia grazas a unha  iniciativa do Concelleiro de Anova, Enrique Oubiña, e fixéronse publicas no mes de Setembro, a principio do curso académico, pero en Cambados en troques vemos que apesares das boas palabras do Partido Popular no pleno de Agosto, e de chegar a un acordo cos partidos da oposición de que se ían modificar a ordenanza municipal e ter en conta as actuais circunstancias, a dia de hoxe non se fixo nada do prometido".



6 de febrero de 2014

HAI INFORMES EN CONTRA DAS COMPORTAS DO SACO SEGUNDO ANOVA





A Memoria Medioambiental do proxecto das obras das Comportas do Saco de Fefiñans alertan de que a permanencia da preamar na enseada durante un período maior ao réxime de mareas pode afectar a calidade das augas, e en consecuencia afectar aos bancos marisqueiros.
Así o fai público a agrupación local de ANOVA 


Tratase dun Informe previo a licitación das obras, e adxudicado pola entidade Portos de Galicia a mercantil AQUATICA INGENIERIA, e na elaboración do mesmo participaron: Javier Sopelana Peralta (Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos), Sira López (Licenciada en Ciencias do Mar), José Ignacio Buján (Técnico superior en desenrolo  de proxectos urbanísticos e operacións topográficas),  Rosina Acuña Castroviejo (Bióloga) e Carlos Durán Neira (Biólogo) do CENTRO DE INVESTIGACIONES SUBMARINAS. 

Esta memoria medioambiental foi remitida a Consellería de Medio Ambiente, para a evaluación da necesidade de realizar un informe de Impacto Ambiental da obra, e tido en consideración na resolución do mesmo, chegando a indicar o obrigatorio cumprimento do Plan de Seguimento Ambiental que se inclúen nesta memoria, pero que non se están a levar a cabo, xa que non se informa nin no pleno do Concello de Cambados, nin as propias mariscadoras nin da realización nin do resultado do mesmo, xa que inda non foi adxudicada a xestión das Comportas, que seria a empresa encargada de realizar este Plan de Seguimento Medioambiental, e nos que se requiren facer unha serie de traballos previos a instalación das comportas.

16 de enero de 2014

ANOVA CRITICA O CONSTANTE ENGANO DO PP SOBRE O SACO





A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans denunciadas por Anova ratifícanse coas declaracións feitas polo   Conselleiro de Medio Ambiente estes días na prensa, o Partido Popular incumpre o acordado en sede parlamentaria.

Dende Anova Cambados queremos reiterar como o PP segue sen priorizar as inversións feitas en Cambados, en concreto nas obras que se pretenden realizar no Saco de Fefiñans con respecto as recentes manifestacións polo Conselleiro de Medio Ambiente, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans e o saneamento da zona, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.


Nestes días podemos ver como o Conselleiro de Medio Ambiente recoñeceu publicamente que o obxectivo do seu departamento e que as obras de Saneamento da Zona do Saco de Fefiñans sexan contratadas antes do verán, cun prazo de execución de 12 meses, namentres que as comportas do Saco de Fefiñans xa comezaron dende o pasado mes de Novembro cun prazo de execución de 7 meses, polo que as obras de instalación destas comportas estarían rematadas, no mellor dos casos, xusto cando comecen as obras de saneamento, cun prazo de 12 meses de execución, iso si se cumpren desta vez os obxectivos nos prazos declarados polo Conselleiro de Medio Ambiente, pero que xa foron variados en continuas ocasións.



10 de enero de 2014

ANOVA FAISE ECO DUNHA INFORMACIÓN DE CORES DE CAMBADOS




Despois da publicación por parte de CORES DE CAMBADOS da reaparición dos restos arqueolóxicos na TORRE Anova Cambados pídelle ao Concello que protexa estes restos. 
A resposta do Concello por parte do seu voceiro oficioso é que para protexer este achádego van a tapalos. 
Por outro lado tanto A Voz de Galicia o Diario de Arousa publican que se van a protexer. Veremos quen ten razón


A Agrupación local de Anova IN de Cambados, demanda o Concello de Cambados e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que proceda a acometer a actuación precisa para protexer e a vez por en valor o entorno da Torre de San Sadurniño, unha vez que volveron a saír a luz os restos do que parece ser a muralla medieval que se atopaban soterrados.




Dende ANOVA IN de Cambados, consideramos que o patrimonio histórico cultural de Cambados, debe ser un referente moi a ter en conta na nosa vila, polo que é preciso protexer e por en valor este patrimonio. Neste senso, cremos que é urxente realizar traballos arqueolóxicos no entorno da Torre de San Saturniño, xa que poderían ter un alto interese histórico, cultural e a vez turístico para o noso Concello.

Cabe lembrar, como apunte histórico, que a Torre de San Saturniño  co descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos. Construída na antigamente coñecida como a illa da Figueira, en tempo do bispo compostelán Sisnando I, na Alta Idade Media e reparada posteriormente polo arcebispo Xelmírez. Por medio de fogueiras avisábase da chegada dos piratas á ría. A Torre da Lanzada enviaba o sinal de fume á Torre de San Sadurniño que o remitía  á Torre de Cálogo en Vilanova de Arousa  e esta, á súa vez, llo facía chegar ás Torres do Oeste en Catoira, pondo en estado de alerta e defensa a toda a comarca e a Santiago de Compostela. Esta torre representa os restos do que antigamente fora unha fortaleza, que sería destruída polos rebeldes Irmandiños, e de novo reedificada por Gómez de Sotomayor ata o seu abandono. Xunto a ela, había unha capela, da que non quedan vestixios, coas imaxes de San Tomé, que lle deu nome á vila, e San Sadorniño, que lle deu nome á torre, conservadas na capela da Valvanera.


Esta defensa contra os ataques dos pobos viquingos e sarracenos valeulle para ser nomeada "Moi Leal Vila" polo rei Fernando II no s. XII, iniciándose entón un período de esplendor que queda reflectido na multitude de pazos que existen no municipio.

Logo de que en marzo de 2011 sairán a luz os restos do que parece ser a antiga muralla da fortaleza medieval, e que o arqueólogo municipal remitira un informe a patrimonio para que indicara o procedemento a seguir ante a posibilidade de tratarse dun descubrimento arqueolóxico, decidiuse volver a soterrar con area os restos da fortificación para evitar a erosión da mesma, e que nunha posterior visita a zona, especialistas da materia avaliasen o seu estado e accións futuras. Pero ata o dia de hoxe, isto último non se produciu debido o pouco ou nulo interese mostrado polas distintas administracións, comezando polo propio goberno municipal do PP.



Dende Anova Cambados non entendemos como contando cun arqueólogo municipal, que ademais esta contratado irregularmente dende o 2003 segundo reparo da interventora municipal,  cun custe mensual que rolda os 1.500 €, e que tendo constancia deste achádego arqueolóxico no que probablemente sexa o primeiro núcleo poboado de Cambados, catalogado como monumento de interese cultural cunha protección arqueolóxica integral segundo o Plan Especial de Protección Histórico de Cambados, non se procedera dende o Concello de Cambados a elevar unha proposta de actuación ao órgano competente, como establece o punto 5.4 do Plan Especial, nin se insista para obter os permisos pertinentes para  acometer os traballos de posta en valor destes restos arqueolóxicos, se non que sinxelamente se tapen con terra estes restos que forman parte da historia de Cambados.   


Nestes días podemos ver como o Camposanto de Santa Mariña foi incorporado a “Ruta de los Cementerios singulares de Europa” e como dende a propia web do concello consideran que esta posta en valor vai beneficiar para o seu coñecemento e conectar a investigadores, historiadores e profesionais deste tipo de patrimonio, e mesmo se fala de realizar unha ruta de visitas guiadas.  Dende Anova consideramos que a posta en valor dos restos arqueolóxicos que están a saír a luz na Torre de San Sadurniño, son do mesmo xeito precisos e beneficiosos non so para a cultura de Cambados, se non tamén para o turismo e a economía da nosa vila.



8 de enero de 2014

ANOVA LEVA AS OBRAS DE CASTRELO AO PARLAMENTO





A Agrupación local de Anova IN de Cambados, trasladou a través do deputado de Alternativa Galega de Esquerdas, Anton Sánchez, unha pregunta para a súa resposta oral en comisión sobre as irregularidades cometidas polo Concello de Cambados nas obras de acondicionamento do camiño forestal en Cuncheiros, Lugar de Quintáns, na parroquia de Castrelo, dentro da Zona de Especial Protección Medioambiental do Umia-O Grove.

ANOVA quere volver insistir en demandar unha maior transparencia por parte do Alcalde e do equipo de goberno do Concello de Cambados ademais de explicacións polo miúdo sobre a obra que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de Quintáns, en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que dá acceso a varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así como talas de árbores.


Logo de que a fai un mes, e posteriormente, no propio pleno municipal, o propio Alcalde nos contestara dicindo que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación correspondente, a día de hoxe seguimos á espera da mesma, e polo tanto incumprindo a lexislación vixente en información medioambiental, xa que esta establece, segundo a Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, o solicitante ten dereito a recibir a contestación no prazo dun mes (apartado 2.c do artigo 10 da Lei). Rematando o mesmo o 9 de Xaneiro de 2014, e non recibindo a dia de hoxe documentación algunha. 

Onde si puidemos comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, e comprobamos como o Concello de Cambados solicitou permiso para asfaltar un camiño, e como Medio Ambiente non aceptou o asfaltado e concedeu permiso unicamente para facelo con xabre. 
 

Pero o máis curioso é comprobar como o mesmo día no que a Agrupación de ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presenta os escritos no Concello e perante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de  Medio Ambiente, advertindo das obras e da tala de árbores, o Concello de Cambados solicita por escrito a tala das árbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.

Ese é o xeito de actuar dun Concello?  Dende Anova consideramos que non, e por iso solicitamos que a Consellería de Medio Ambiente, a través do Parlamento de Galicia, explique si o Concello de Cambados cumpre coa legalidade vixente neste proceso, actuando de forma irregular, pedindo por escrito a solicitude a Consellería de Medio Ambiente para talar 8 arbores, o mesmo dia que Anova Cambados fai a denuncia publica, e cando mais de trinta arbores xa estaban cortadas, ademais de ser especies que nalgúns casos non lles darían permiso para facer esa tala, o contar cunha maior protección, e ser moi escasas dentro desta zona protexida, polo que solicitamos perante a Comisión se existe algún informe sobre a tala desas arbores, e se estas obras coinciden coa documentación aportada inicialmente polo concello na solicitude, e a xustificación da mesma.






21 de diciembre de 2013

NOTA DE PRENSA DE ANOVA






O CONCELLO DE CAMBADOS APROBA UNHA MODIFICACION DO REGULAMENTO DOS FICHEIROS DE DATOS DE CARACTER PERSOAL, SEN INSCRIBIR O ANTERIOR REGULAMENTO NA AGPD COMO ESTABLECE A LEXISLACION

No último pleno do 19/12/2013, foi aprobada por unanimidade a modificación do regulamento dos Ficheiros de Datos de Carácter Persoal do Concello de Cambados, publicado no BOP do 11/04/2013, pero que a dia de hoxe, oito meses despois de ser publicado no BOP, inda non foi inscrito no Rexistro da AGPD como establece a lexislación vixente.

Dende ANOVA I.N. de Cambados, queremos mostrar como dende o Concello de Cambados, a pesar de contar con varios asesores a cargo das cada vez mais reducidas arcas publicas, non se están a levar a cabo unha correcta xestión en materia de protección de datos, que si se lles esixe ao resto de veciños dende as distintas administracións. Neste caso, temos un claro exemplo no proceder coa implantación do Regulamento dos Ficheiros de Datos de Carácter Persoal, que foi publicado no BOP do pasado 11/04/2013, e que foi aprobada a súa modificación por unanimidade no pasado pleno, pero o que mais nos chama a atención é como a pesares de aprobarse agora a modificación deste regulamento, e ser publicado hai mais de oito meses, o Concello de Cambados, volve a saltarse a lexislación vixente nesta materia, e a día de hoxe non constan inscritos a súa notificación na Axencia Española de Protección de Datos polo Responsable dos ficheiros, o Alcalde Luís Aragunde, como establece o art. 55.1 do RDL 1720/2007 do Regulamento da L.O.P.D. e o Art. 39.2 da lei 15/1999 de Protección de datos de Carácter Persoal.

Como podemos comprobar no Regulamento de Ficheiros de Datos de Carácter Persoal do Concello de Cambados, publicado no pasado BOP do 11/04/2013, o concello de Cambados aprobou a a creación de seis novos ficheiros dos xa existentes anteriormente:

1.—Rexistro de entrada e saída de documentos do Concello.
2.—Rexistro de entrada e saída de documentos da policía local.
3.—Policía administrativa.
4.—Seguridade cidadá.
5.—Multas.
6.—Videovixilancia da Casa do Concello.  

Pois segundo podemos comprobar na Paxina web da Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal (AGPD), o Concello de Cambados so ten inscrito un destes ficheiros, o de videovixilancia, e polo tanto segue sen cumprir a lexislación vixente nesta materia, ao non ter inscrito o resto de ficheiros de carácter persoal, como si o fixeron a maioría dos concellos, e que si se poden consultar na propia web da AGPD. 
Polo que dende ANOVA non entendemos como non se realiza por parte do Concello de Cambados tódolos tramites precisos nesta materia, e como despois de 8 meses non se remite a inscrición do Ficheiro a AGPD, e polo tanto cumprir a lexislación vixente que si se lles esixe en troques o resto de veciños de Cambados. O mais grave de todo é que se tratan de ficheiros que no propio BOP son clasificados de nivel medio, e que polo tanto teñen que ter un maior grado de seguridade, e que en todos eles o Responsable do Ficheiro é o propio Alcalde do Concello de Cambados, e polo tanto, quen debe ser o encargado de remitir a inscricións destes ficheiros a Axencia Española de Protección de Datos, e que a dia de hoxe inda non consta, e que polo tanto debido a quedarse durmido nas súas funcións, a pesares de contar con varios Asesores, o Concello de Cambados non cumpre a lexislación vixente nesta materia, polo que non ten sentido modificar este regulamento cando este inda non cumpre a lexislación, oito meses despois da súa creación.



19 de diciembre de 2013

O ALCALDE DE CAMBADOS LUÍS ARAGUNDE VOLVE MENTIR




Medio Ambiente abre expediente ao Concello de Cambados pola tala dos arbores en Zona de Especial Protección e a actuación tampouco se axusta a Ordenanza urbanística reguladora desa zona.

ANOVA quere voltar a insistir en demandar do Alcalde e do equipo de goberno do Concello de Cambados explicacións detalladas sobre a obra que operarios municipais están a levar a cabo no lugar de Quintáns en Castrelo, consistente no ancheamento dun camiño que da acceso a varias fincas da zona, así como a vivenda - museo do escultor Manolo Paz. Na mencionada obra están a levarse a cabo movementos e compactación de terras así como talas de arbores.

Logo de que a semana pasa pasada o propio Alcalde nos contestara en prensa dicindo que "todo estaba en regra" e que nos remitiría a documentación correspondente, a día de hoxe seguimos a espera da mesma. 


Onde si puidemos comprobar documentación foi na Delegación de Medio Ambiente en Pontevedra, comprobando como o Concello de Cambados solicitou permiso para asfaltar un camiño, e como medio ambiente non acepta o asfaltado, concedendo permiso unicamente para facelo con xabre.  

Pero o máis curioso e comprobar como o mesmo día no que a Agrupación de ANOVA en Cambados pide explicacións públicas polas obras e presentamos os escritos no Concello e perante Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de  Medio Ambiente, advertindo das obras e da tala de arbores, ese mesmo día o Concello de Cambados solicita por escrito a tala das arbores, CANDO XA ESTABAN CORTADAS.


Ese e o xeito de actuar dun Concello??.  A institución que debe velar pola legalidade urbanística, que lle esixe aos veciños permisos e documentación en regra, actúa coa política de xeitos consumados "primeiro cortamos as arbores e logo cando alguén denuncia, corremos a pedir o permiso".  Para máis detalles o permiso solicitado e para a tala de 8 arbores (3 Eucaliptos e 5 Piñeiros) cando por exemplo, constan mais de 30 Piñeiros cortados en Medio Ambiente. Ademais de constar no informe a tala de Eucaliptos, e tamén Carballos e Salgueiros, que nunca contarían co permiso de Medio Ambiente para a súa tala, xa que trátanse de arbores autóctonos e ademais de tratarse dunha zona na se atopa unha masa Salgueiral escasísima na Zona de Protección Medioambiental e polo tanto unica, como así no lo trasladaron dende a delegación de Medio AmbienteEn ANOVA temos coñecemento da apertura dun expediente sancionador por parte de Medio Ambiente contra o Concello de Cambados por esta actuación.  

A maiores desta cuestión de Medio Ambiente, hai que indicar tamén que esta actuación non estaría permitida tampouco pola propia Ordenanza municipal en vigor do PXOM de Cambados que regula estes terreos, e que prohibe expresamente nas zonas de arborado inmediatas a costa a tala de arbores Ordenanza 12, apartado 4 de Conservación Protección de costas, praias e elementos costeiros.

E por todo isto polo que dende ANOVA - Cambados queremos voltar a esixir a paralización das obras mentres non se resolva o expediente sancionador e se aclare se esta actuación cumpre coa normativa urbanística en vigor e a legalidade vixente.


Finalmente, sobre as declaracións de Luís Aragunde si queremos apoiar ou non a Cultura, dicirlle que nos parecen de moi baixo calado e que incluso a cultura ten que cumprir a legalidade.

Este alcalde e o PP deberían ser os menos indicados para opinar sobre cultura cando non foron capaces nin de organizar nin de apoiar unha programación completa para celebrar o 100 aniversario de Cabanillas, claro que igual a cultura e ideas de Cabanillas son máis molestas que as de outros artistas...




10 de diciembre de 2013

ANOVA DENUNCIA OUTRA OBRA "ILEGAL" DO CONCELLO DE CAMBADOS




Dende ANOVA sospeitase que o Concello novamente voltaría a actuar irregularmente, xa que que as obras non cumpren coa normativa e carecerían de todos os permisos correspondentes para a zona na que se están a realizar.

Dende a Agrupación Local de Anova Irmandade Nacionalista en Cambados queremos advertir sobre unhas obras que se están levando a cabo no Lugar de Quintáns, na parroquia de Castrelo, nas que se está a ampliar un camiño forestal en plena zona de protección especial medioambiental.

Segundo se pode comprobar nas fotos adxuntas, estase facendo unha obra de ampliación dun camiño mediante a tala e corta de árbores autóctonos e diversos movementos de terra…  A zona na que se está a actuar está clasificada como “zona de protección medioambiental especial”,  pola súa cercanía a desembocadura do río Umia. Tratase dunha zona incluída no Decreto 110/2004, do 27 de maio, polo que se regulan os humidais protexidos, e polo tanto, para realizar este tipo de infraestrutura viaria, o propio decreto establece e preciso a autorización expresa da Consellería de Medio Ambiente.

Ademais temos que falar novamente de complicidade do Goberno local de Cambados e do Partido Popular, feito que se comproba no cartel que se pode ver na foto que se achega no que se lles di aos propietarios dos térreos que queiran obter información se dirixan ao Concello, pero en troques non existe ningunha información da licitación da mesma, nin cartel anunciador como seria preceptivo,  nin do promotor, nin atopamos nos distintos diarios oficiais ningún expediente de licitación ou de expropiación aos propietarios.  Este escurantismo na forma de actuar e o que nos leva a pensar que estaría motivado porque son coñecedores de que as obras non contan cos permisos oportunos.

Dende Anova Cambados vamos presentar un escrito no Concello de Cambados así como na Consellería de Medio Ambiente, informando oficialmente das obras e solicitando, no caso do Concello, que informen sobre quen e promotor das obras, se conta con todos os permisos precisos ou non, e no caso de ser o propio Concello o que realiza a obra, cando, a quen e como se adxudicou a mesma.  Ademais solicitaremos que se proceda a súa paralización mentres non se aclaren todas estás cuestións e evitar que continúe o dano medioambiental que se está facendo nesa zona protexida, que xa é irreparábel.

Está claro que, esta forma de actuar non seria nova para o Concello de Cambados, xa que hai apenas unhas semanas, puidemos comprobar como facía caso omiso a lexislación vixente nesta materia para realizar unha obra na mesma Zona protexida, e sen contar co permiso previo da Consellería de Medio Ambiente.

Dende ANOVA Cambados gustaríanos que o alcalde respostase sobre cal e o obxectivo final desta obra, dubidamos, si esta infraestrutura busca o beneficio común, ou se fai só para beneficiar unicamente o acceso da fundación – vivenda que un famoso escultor cambadés ten na zona, xa que estas obras rematan xusto na súa propiedade.

Dende Anova entendemos que é preciso prestar apoio aos artistas e as iniciativas culturais en Cambados, pero, iso sí, CUMPRINDO A LEI.  Non debemos esquecer que o noso legado medioambiental, é moito mais importante, e tamén forma parte da nosa cultura, polo que consideramos, que, non se debe beneficiar os intereses dun veciño, a conta de destruír un paraxe medioambiental que conta cunha especial protección debido a súa importancia.



26 de noviembre de 2013

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS PENSIONS DOS EMIGRANTES RETORNADOS POR ANOVA






ESTE XOVES, A PARTIRES DAS 20:30, NO CENTRO CULTURAL DE BARRANTES,

TERA UN LUGAR UN ACTO INFORMATIVO SOBRE A REFORMA DAS PENSIÓNS E

TAMEN FALAREMOS DAS PENSIÓNS DOS EMIGRANTES RETORNADOS.

• Como nos afectarán os últimos cambios lexislativos?

• Que significa que non van a actualizarse co IPC? 



• Cambia a cotización?

• Que pasa coas pensións que se cobran da emigración?.



I N T E R V I R Á N:


- Enrique Oubiña Lago.


Membro de ANOVA e Concelleiro en Ribadumia.

- Xurxo Charlín Trigo.

Asesor Fiscal e Tributario – membro de ANOVA.

CENTRO CULTURAL DE BARRANTES as 20:30 Xoves 28


22 de noviembre de 2013

CHARLA INFORMATIVA DE ANOVA EN CAMBADOS






Como de costume, as xuntanzas de ANOVA son abertas polo que a parte de asistir podes convidar a quen o desexes sen problema. 

Mañán sábado 23 de novembro, ás 17.00h no Salón de Actos ExpoSalnés (en Cambados)

Trátase de tentar retomar as xuntanzas locais, tratando de dotar aos grupos de continuidade no tempo.   Aproveitarán tamén para revisar a situación de varios temas locais, tanto os que se incluen na orde do día como outros que poidan propoñer os asistentes a xuntanza.  Finalmente proporase elixir a unhas persoas para asumir diversos traballos e responsabilidades a nivel local, coa idea de organizarse mellor e darlle axilidade  as xuntanzas.

A ORDE DO DÍA DA XUNTANZA SERÁ:

1.      Información acordos das Coordinadoras Nacional e Comarcal de ANOVA.

2.      Cuestións Locais:
    •  Informar das actividades que leva realizado ANOVA nos Concellos de Cambados, Ribadumia e Meis.
    •  Situación das contas municipais en Cambados e traslado da situación ao Parlamento Galego.
    •  Tema comportas – saneamento do Saco de Fefiñans.
    •  Polítca de contratacións de técnicos de obras do PP en Cambados.
    •  Proposta de charla en Ribadumia sobre os recortes aos pensionistas e os expedientes de facenda aos pensionistas emigrantes retornados.
    •  Propostas para activar ANOVA a nivel local en Meis.


3.    Circular de Organización sobre a estructuración de ANOVA a nivel local e          eleición de responsabilidades.
4.     Varios




16 de noviembre de 2013

NOTA DE PRENSA DE ANOVA SOBRE AS MENTIRAS DE ARAGUNDE E AS COMPORTAS






A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans, e as falsas Promesas do Partido Popular



Dende Anova Cambados queremos demostrar e aportar datos e luz, a tódalas dubidas que poidan aparecer con respecto as recentes manifestacións do Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.



No dia de hoxe podemos ver como o Alcalde de Cambados se comprometeu publicamente, novamente, e que así o ia facer público mediante comunicados que se van colgar en distintas partes do Concello, de que as comportas do Saco de Fefiñans non van a comezar a funcionar ata que este rematado o saneamento integral a cargo de Augas de Galicia, a pesar de que xa comezaron as obras de instalación das mesmas, e en troques as de saneamento inda nin foron adxudicadas, nin sabemos que empresa as vai realizar.


Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladas unha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no Anexo. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, según documento anexo, xa se comeza polo tanto a modificar o discurso para adaptalo a realidade na que nos atopamos a dia de hoxe, na que as obras de saneamento non se fixeron nin antes, nin o mesmo tempo, se non, na que as obras de instalación das comportas xa comezaron, e inda non se licitaron sequera as obras de saneamento, e polo tanto non se cumpre novamente o compromiso que se fixo publico e que se ratificou en sede parlamentaria.



Pero o mais grave de todo, e que mostra como interesadamente se engana as mariscadoras de Cambados neste tema, foi o suposto compromiso que se fixo a Cofradía de Cambados por parte do Concello e da Xunta de Galicia, no cal se afirmaba non so que as comportas non entrarían en funcionamento ata rematar o saneamento, se non que tamén que o control do sistema hidráulico seria controlado pola propia Cofradía de Cambados, o cal e totalmente falso, xa que según a Resolución do Informe de Avaliación Ambiental para a instalación destas comportas e que se adxunta, queda claro no Anexo, que o control destas comportas terá que ser consensuado o réxime de funcionamento a través de distintos organismos, e no que como mínimo deberan participar, a Dirección Xeral de Recursos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e o Organismo Estatal, “Direccion General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar”, polo tanto non dependera da Cofradía de Pescadores como así se afirmou nos distintos Medios.


Todas estas contradicións e mentiras por parte dos distintos organismos onde goberna o Partido Popular neste asunto, e ver que a realidade e totalmente distinta o prometido en reiteradas ocasións, nos leva a desconfianza de que realmente se lle informa aos veciños de Cambados da realidade destas comportas que se están a instalar, namentres inda non se adxudicou o saneamento do Saco de Fefiñans, que é o que realmente demandan os colectivos e os veciños de Cambados.