Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2013

PROLIFERACIÓN DE GRUPOS OPOSTOS A POLÍTICA DO PP DE CAMBADOS






Fai un ano a raíz da polémica suscitada pola estatua de Fraga creáronse en facebook varias páxinas e grupos en contra de esa “obra de arte”. Estas páxina ou grupos incrementaron o número das que xa había e que se organizaron por diferentes motivos entre eles unha páxina pedía facer peonil a Praza de Fefiñáns algo que ven demandando a sociedade cambadesa dende hai anos e que o PP nunca  fai. 
Como decimos todas estas páxinas e grupos a o estar divididos pensamos que fan pouca forza. A o PP de Cambados venlle moi ben aquelo "de divide e vencerás", non estou a decir que estos grupos derroquen a Luís Aragunde pero a unión fai a forza e unha páxina que unira todas estas inquietudes e ganas por mellorar o noso povo sería positiva para a cidadanía. E aberto a que nuns anos governen outros partidos e que de seguir habendo queixas se sigan a expor neste foro. A participación cidadá neste Concello está moi restrinxida por non decir que é inexistente polo que se fai necesaria outra forma de que se teña en conta a opinión dos cambadeses.

Dende este blog queremos facer un chamamento a os administradores destes colectivos a que se unan creando un grupo onde todo cambadés ou forasteiro poña as suas queixas, suxerencias e opinións e os blogs poidan ter un lugar común de difusión como hai noutras vilas da nosa comarca. Un nome que suxerimos para este grupo ou foro de debate é “MELLORANDO CAMBADOS” pero sen desbotar calquer outro nome.

Neste grupo terían cabida eventos como “Esta é a estatua que queremos para Cambados”, “Pola peatonalización …..” e eses grupos coma “Cambados Propón” “Queixate Cambados” etc etc.´

Sabemos por experiencia que nunha vila veciña este tipo de páxina ten repercusión na alcaldía e tamén son publicadas na prensa as suas queixas.
Agardamos que este desexo se cumpra polo ben de Cambados e dos cambadeses e visitantes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.