Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MESA DO VIÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MESA DO VIÑO. Mostrar todas las entradas

19 de septiembre de 2014

A XUNTA ENGANA AOS PEQUENOS VITICULTORES


Os representantes dos sindicatos Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego en nome dos produtores vitivinícolas das Rías Baixas séntense enganados pola Xunta de Galicia ao non ter convocado a mesa do viño para este ano a pesar de comprometerse a iso.
Os produtores esperan que a próxima semana, durante os últimos días de setembro, se leve a cabo a campaña forte de vendima e lamentan que non se acordase aínda un prezo. Denuncian que dende as adegas intentan meter medo aos viticultores de maneira que se rebaixen os prezos. Hai que ter en conta, segundo apuntan os sindicatos, que a presenza de chuvia e as enfermidades que están a afectar aos viñedos van afectar á produción deste ano ao considerar que se recollerán menos de 20 millóns de quilos de uva.

O pasado ano, as adegas pagaron entre 0,90 e 1 euro polo quilo de albariño e os produtores entenden que, este ano, o prezo debería situarse sobre 1,30 euros. Os sindicatos denuncian ademais o atraso nos pagamentos por parte das bodegas que, nalgúns casos, supera os 15 meses.  



28 de agosto de 2013

A MESA DO VIÑO ALCANZA UN ACORDO SOBRE O PRECIO DA UVA PARA A VENDIMA 2013






A Mesa do Viño alcanzou un acordo de prezos para a uva da Denominación de Orixe Rías Baixas que  pagarase como referencia a un euro o quilo. Este valor estará vinculado, entre outros factores, á produción da Denominación.
 "Todo o mundo é consciente do delicado momento económico, e ante a posibilidade dun mercado libre que faga tirar os prezos polo chan, acordouse apretar o cinto", explicaron os representantes do Sindicato Labrego Galego.
Ademais na Mesa do Viño puxéronse as bases para traballar no futuro, acordándose a convocatoria da próxima mesa do viño no mes de febreiro e a realización dun estudo de custos para poder estabilizar os prezos.




7 de agosto de 2013

10 CENTIMOS DE EURO TEÑEN A CULPA





Fará falla unha cuarta reunión da Mesa do Viño, tras rematar sen acordo a xuntanza celebrada este martes na delegación da Xunta en Pontevedra.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu a xuntanza.

Esta reunión foi convocada a petición do sector para propoñer un tipo de contrato homologado nesta Denominación de Orixe e nela tamén participaron adegas, cooperativas e organizacións agrarias. 
A culpa deste desacordo téñena 10 céntimos de euro.

1 de agosto de 2013

PIDEN LIMITAR A CREACIÓN DE NOVAS PLANTACIÓNS DE ALBARIÑO








Nun ano no que se agarda a recollida de máis de 30 millóns de quilos de uva pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas, José Ramón González, secretario de Agricultura de Unións Agrarias mostra a súa preocupación pola falta de regulación da produción: "non podemos producir máis do que vendemos", indicou. Non obstante, móstrase contrario a que se leve a cabo un mecanismo de control a través do rendemento por hectárea como pretenden as adegas e sinala que esta opción foi tombada polos xulgados a través de 14 sentenzas. A alternativa que propón céntrase en limitar as novas plantacións.

Por outra parte, reclama a estabilidade do prezo da uva a través da 'mesa do viño'. Segundo sinala José Ramón González nas últimas 'mesas do viño', o sector industrial acode sen achegar nada e pide á Xunta que os bodegueiros que vaian pola vía da especulación saltándose os acordos queden sen axudas públicas. Indicou que, de non facerse así, se prexudicaría á calidade da Denominación de Orixe converténdoa en "mediocre".




30 de julio de 2013

COLECTIVOS QUE NECESITAN MOITAS REUNIÓNS PARA POÑERSE DE ACORDO







Como todos os anos fará falla máis de unha reunión da Mesa do Viño, tras rematar sen acordo a xuntanza celebrada este martes na delegación da Xunta en Pontevedra.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu a xuntanza.
Esta reunión foi convocada a petición do sector para propoñer un tipo de contrato homologado nesta Denominación de Orixe e nela tamén participaron adegas, cooperativas e organizacións agrarias.
Entre as novidades analizadas atópase a proposta da Xunta referida ao apoio ao financiamento para a compra da uva aos viticultores a partir de contratos homologados.
Ademais, o feito de non incluír prezos mínimos a raíz da normativa europea para a defensa da libre competencia.
O encontro quedou emprazado a unha tercera reunión o vindeiro día 6 de agosto para que o sector dispoña de máis tempo para analizar todas as cuestións tratadas nesta reunión.




5 de junio de 2013

OS VITICULTORES DA D.O. RIAS BAIXAS NON AGUANTAN MÁIS





O Sindicato Labrego Galego (SLG) presentou unha petición na consellería de Medio Ruralpara que convoque, con urxencia, a mesa do viño na denominación de orixe Rías Baixas. Denuncian que, a poucos meses, da vendima deste ano, 6.000 familias non cobraron por parte de varias adegas a colleita do ano 2011. Ademais, sinalan que a situación de incerteza se agraa ao descoñecer os prezos de cotización da uva para este ano.
Dende o sindicato apuntan a que os custos relacionados coa actividade se dispararon no último ano, sobre todo no relacionado con gasóleo, aboamentos, fertilizantes ou fitosanitarios. E a situación resulta moi dura para aquelas explotacións que acumulan case dous anos sen ingresar un euro. Por este motivo, o sindicato sinala que hai viticultores que están a pensar en abandonar a profesión.
Por este motivo reclámase á Consellería que convoque de inmediato a mesa do viño da demoninación de orixe porque o sector descoñece se se van establecer contratos homologados e cales serán os prezos de referencia aos que se cotizará o seu traballo. Ademais, os viticultores queren saber se se van articular medidas para evitar que certas adegas manteña os seus non pagamentos con impunidade.
En caso de que non se convoque a mesa, a organización agraria ameaza con adoptar medidas de presión.


22 de febrero de 2013

UNIÓNS AGRARIAS URXE UNHA REUNIÓN DA MESA DO VIÑO








A baixa a produccion, a caida dos prezos e o brutal incremento dos custos de explotación, provocaron unha dramática caida nos ingresos nos cosecheros da DO Rias Baixas, ata tal punto que urgen unha convocatoria da Mesa Sectorial do Viño, para lograr unha estabilidade no sector de cara a vindeiras campañas.
Reivindican que os prezos cubran os costes e que este conten cunha estabilidade ó longo de varios anos e poñen exemplos concretos; unha expotación media da DO Rias Baixas, con 1,6 hectareas, pasou duns beneficios medios próximos aos once mil euros na colleita 2011, a unhas perdas superiores aos dous mil en 2012.
Ademais de pedir esta estabilidade nos prezos a varios anos, dende Unións Agrarias instaron á Consellería do Mar a promover entre as adegas a creación de contratos homologados, outorgando subvencións unicamente a aquelas que os fagan.
Rías Baixas apenas produciu en 2012 doce millóns de litros, seis menos dos que foi quen de vender no exercicio anterior. Polo que segundo Xosé Ramón González é imposible que as adegas conten con stock. E  é que Unións Agrarias quéixase de que os productores non sempre cobran o que se lles promete. Con todo, Xosé Ramón González quixo felicitar ó Consello Regulador por ter iniciado a actualización de censos e parcelas. 
Dende Unións Agrarias engadiron que hai outros temas pendentes dos que falar: a fixación do obxectivo do rendemento por hectárea, que non pode ser igual cada ano e a posibilidade de utilizar a poda en verde como mecanismo de control.
E din que este é o mellor momento para entrar nunha negociación, e alcanzar un acordo beneficioso para todos os implicados, fóra das especulacións propias da colleita.