Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FOTOGRAFIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FOTOGRAFIA. Mostrar todas las entradas

10 de octubre de 2019

A EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO O RURAL" DO GDR, CHEGA A CAMBADOS


O Concello de Cambados inaugura mañá venres a exposición itinerante «Descubrindo o rural», que está organizada polo Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) O Salnés-Ulla-Umia. A mostra é o resultado do concurso de fotografía organizado por esta entidade co fin de animar a participación pública e privada no proceso de desenvolvemento e coñecemento do medio rural. Os gañadores do concurso levaron os seus correspondentes premios económicos pero, ademais, as súas imaxes forman agora esta exposición que percorrerá todos os municipios que forman parte do GDR.

A exposición poderá visitarse en Exposalnés dende o 11 ao 27 de outubro con entrada de balde en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00; Sábados de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 e Domingos de 10:30 a 13:30h.


2 de julio de 2019

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA EN EXPOSALNÉS


O concello de Cambados invita a tod@s cambadeses a visitar a exposición, Unha Mirada de Antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, a partires do xoves 5 de Xullo ás 21:00 e ata o 28 deste mesmo mes en Exposalnés.

Esta exposición está composta por unha selección de fotografías tomadas por Ruth Matilda Anderson nos anos vinte en diferentes lugares de Galicia.
A fotógrafa estadounidense chegou a Galicia no ano 1924 acompañada do seu pai. Veu para realizar un traballo de investigación para a Hispanic Society de Nova York, que consistía e capturar as imaxes do día a día das xentes de Galicia, principalmente nas zonas de difícil de acceso.  Anderson repetiu viaxe uns anos más tarde, desta volta coa súa colega Frances Spalding, entre as dúas definiron a metodoloxía fotográfica da organización para a que traballaban, a Hispanic Society.
Unha asollada mañá de agosto do ano 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa investigadora da Hispanic Society de Nova York Ruth Matilda Anderson. Neste preciso momento comezaba a tomar forma unha aventura coidadosamente deseñada. Archer Milton Huntington fundase en 1904 The Hispanic Society of America, museo, biblioteca pública e institución educativa dedicada á arte e á cultura do mundo hispánico. Huntington determinou que o seu museo incluiría un arquivo fotográfico, considerando a, naquel momento, incipiente tecnoloxía como ferramenta de traballo para a investigación. Con este obxectivo adquiriu imaxes e promoveu expedicións. Ningún dos fotógrafos que enviou á península ibérica obtivo mellores resultados que Ruth M. Anderson. Ela realizou en Galicia dúas extensas campañas fotográficas, de 1924 a 1926, acompañada na segunda polo seu colega Frances Spalding, que definiron a metodoloxía fotográfica da Hispanic Society. O traballo da moza Anderson, dirixido por Huntington, converteuse na busca e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose ao que resultaba máis difícil: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de modo tan exhaustivo.



13 de agosto de 2018

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ADICADA AS MARISCADORAS



O fotógrafo, Adrián Baúlde presenta “ Mariscadoras”, unha exposición fotográfica no exterior que pretende render homenaxe ás mariscadoras de Cambados que, cada día, centos delas desempeñan un labor calado, duro, sacrificado… Pouco agradecido e moitas veces invisible.
Con esta serie de fotografías  preténdese concienciar da dureza do seu traballo, facelo visible resaltando todo o atractivo dunha tarefa ben feita.
– Inauguración: 14 de agosto ás 21:00 h.
– Data: do 14 de agosto ao 16 de septiembro
– Lugar: Praza do Con (Paseo marítimo de San Tomé, Cambados).



7 de mayo de 2018

FOTOGRAFÍAS, TEATRO E CHARLAS PARA CONCIENCIAR SOBRE A SITUACIÓN DAS PERSOAS REFUXIADAS EN CAMBADOS



Cambados acollerá a partir de mañán martes 8 unha exposición fotográfica, con posterior charla do seu autor o mércores 16, que se desenvolverán no IES Francisco Asorei, e mais un espectáculo teatral para concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas no Auditorio Municipal da Xuventude o venres 11. As actividades están organizadas pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Tino Cordal e encádranse no plan de sensibilización promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello.
A mostra ‘No colo da esperanza’, que se inaugurará o martes 8 de maio no centro educativo, foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada “ruta dos Balcáns”. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas que están a acontecer para que milleiros de persoas abandonen os seus fogares e camiñen en ringleiras durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz.
O día 16, ás 11:30 horas, o propio reporteiro ofrecerá unha charla para o alumnado arredor da exposición. A relación entre Felipe Carnotto e o Fondo Galego bota a andar en 2014, cando o fotógrafo gaña o concurso Imaxes con Fondo II, no que o premio era unha viaxe a Nicaragua para retratar a realidade do país e os proxectos alí apoiados. Como freelance, o fotoxornalista de orixe brasileira afincado en Vigo ten publicado en xornais como The Guardian, Der Spiegel, Financial Times, El País ou a revista Luzes. En 2017 fíxose co recoñecemento á Imaxe do Ano no prestixioso certame Estação Imagem e no mesmo ano acada o Galicia en Foco.
‘O valo’ de Pallasos en Rebeldía
Uns días antes, o venres 11 de maio ás 12 horas, chegará ao Auditorio Municipal cambadés o espectáculo teatral ‘O valo’, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co fin de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas. Neste caso o público será o alumnado de sexto curso de primaria de Cambados. A Concellería de Servizos Sociais alugará un autobús para desprazar ao alumnado dende os colexios ata o Auditorio da Xuventude.
Baseada no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, o obxectivo da obra é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxen, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. ‘O valo’ está escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.
O Fondo Galego
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 94 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou en 2017 o seu vixésimo aniversario.


11 de agosto de 2017

MASTERCLASS DE FOTOGRAFÍA A CARGO DE VARI CARAMÉS













O próximo VENRES 18 de agosto con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA FOTOGRAFÍA (sábado 19), realizaranse as seguintes actividades no Pazo Torrado:
As 12:00 Masterclass: "A mirada do fotógrafo"
As 17:00 Visita guiada á exposición a cargo do autor VARI CARAMÉS
Non deixes pasar esta extraordinaria oportunidade.
Reserva a túa praza no correo pazotorrado@gmail.com





9 de agosto de 2017

CAMBADOS ACOLLE O MERCADO DA IMAXE












Fefiñáns actívase na fin de semana con cultura e arte 
Na fin de semana, o sábado 12 e o domingo día 13, a Praza de Fefiñáns, será a capital da oferta cultural, artesana e dos oficios emerxentes cunha nova edición do Mercado da Imaxe que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Cambados.
Seguindo o modelo iniciado o ano pasado, o evento organízase en dúas partes, na Praza instalaranse os postos de artesanía, oficios, artistas e creación contemporánea, mentres que na alameda de Fefiñáns desenvolveránse as actividades culturais complementarias.
O evento foi presentado por Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura do Concello de Cambados e polo director de Lobiosome Producións, Antón Mascato, entidade colaboradora na loxística deste certame. Caamaño Rivas, referíuse á convocatoria con palabras eloxiosas “volvemos reunir no extraordinario espazo da Praza de Fefiñáns, nun gran evento lúdico e festivo, ás diversas manifestación de arte, fotografía, artistas gráficos, deseñadores de roupa e complementos, libro, disco e audiovisual, xentes da cultura, creativos e deseñadores de xogo, xoguetes e títeres…  na convicción de que é unha oportunidade para  facer visible a dinamización social, cultural e económica que pretendemos dende o goberno municipal”. O concelleiro afirmou que está traballando en futuros proxectos de dinamización cultural e social da Praza, que incluirán a cultura gastronómica de Cambados e do Val do Salnés.
Pola súa banda, Antón Mascato, director do evento, afirmou que “a praza de Fefiñáns é o lugar perfecto para programar eventos destas características xuntando creadores, músicos, teatro ou títeres, xoguetes e xogos populares, actividades ao ar libre, danza, artes e oficios que recollan a diversidade creativa e artística ”.
Os organizadores fixeron mención especial aos creadores procedentes de Cambados, como a empresa Brazolinda, que crea xogos educativos, ou a firma Deica, de ilustración aplicada a obxectos, ademáis doutras procedentes do Grove, Vilagarcía, Vilanova, ou Ribadumia.  Profesionais de diferentes lugares de Galicia que farán traballos ao vivo durante os dous días do Mercado, encadernadores, deseñadores, artistas, xoieiros e outros profesionais nun evento que reúne arredor de trinta emprendedores de iniciativas variadas. O Mercado da Imaxe complétase cunha programación cultural que inclúe magos, xogos tradicionais, contacontos, obradoiros e safaris de fotografía.





26 de julio de 2017

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE VARI CARAMÉS








Este venres 28 inaugúrase no Pazo de Torrado unha exposición fotográfica a cargo do coruñés Vari Caramés e que permanecerá aberta ata o 24 de setembro

Unha Voigtlander manual que o seu pai regaloulle, e aínda conserva, foi o inicio de todo. Con ela recibía o mandado de fotografar as pequenas esculturas e os obxectos, os inventos, que, nas súas horas libres, este realizaba. Enseguida lévaa a todas partes e descobre que o "encargo" lle permite compoñer versos soltos, ensínalle a deter o misterio do tempo e mergúllao no poder evocador das imaxes.

Vari Caramés (Ferrol, 1953) vive e traballa na Coruña. Fotógrafo autodidacta, a súa relación co medio iníciase con quince anos cando o seu pai regálalle unha cámara Voigtlander totalmente manual, para que lle fotografe os seus cadros e as súas pezas de ferro forxado. Máis tarde, utilizou a fotografía como chuleta para os exercicios de debuxo nos seus estudos de Arquitectura Técnica que non chegou a terminar. Desde 1984 realizou máis de 200 exposicións entre individuais e colectivas e participou en multitude de talleres e congresos de fotografía como relatora, xurado e fotógrafo. A súa obra atópase en varias coleccións de institucións como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o CGAC de Santiago de Compostela, o Círculo de Belas Artes de Madrid, a Fundación Concello de Alcobendas, o IVAM de Valencia, o Centro de Estudos Fotográficos de Braga, así como en coleccións privadas de Europa e Estados Unidos.






5 de julio de 2017

PRESENTACIÓN DO LIBRO "VENTO NAS VELAS"




















O vindeiro venres as 20:00 hrs terá lugar na Confraría de Cambados a presentación do libro VENTO NAS VELAS  do fotógrafo Xurxo Lobato.
Intervirán: Fernando Piñeiro, Avelino Ochoa, Ruperto Costa (Patrón Maior da Confraría de Pescadores), Víctor Caamaño (Concelleiro de Cultura de Cambados), e o autor do libro, Xurxo Lobato. Un libro que nace coa vocación de divulgar, difundir e valorar aS embarcacións tradicionais galegas que forman parte do noso Patrimonio Marítimo.
200 fotografías de Xurxo Lobato. Repasa o rico patrimonio das embarcacións e a carpintería de ribeira.
Fichas coas tipoloxías das embarcacións tradicionais galegas, e fotos de faros, muiños de marés, vilas mariñeiras, festas do mar…

Vento nas velas conta con textos, en galego, español e inglés, de Avelino Ochoa, presidente de AGABACHE; José Ramón Soraluce Blond, catedrático de Composición Arquitectónica da UDC; Felipe-Senén López Gómez, arqueólogo, museólogo e académico da Real Academia Galega de Belas Artes; e Lino Prieto, encargado da parte relativa á tipoloxía de embarcacións. Recolle, tanto nos textos como nas fotografías, aspectos da cultura marítima tales como a carpintería de ribeira, a velería, a tipoloxía de embarcacións, os muíños de maré, a fisonomía das poboacións costeiras, os deportes marítimos, e as feiras, festas e romarías para celebrar o mar. 


16 de abril de 2017

NOVA ACTIVIDADE SMARTPEME











Ás 19:00 h en ExpoSalnés

"O obxectivo deste taller e que aprendas como mellorar as túas fotos, como aproveitar a luz natural e artificial que baña a escena, cales son os puntos de vista en altura e posición que diferencian unha imaxe doutra, como elaborar una presentación de fotos e vídeos para subila a túa paxina de YouTube.

Índice de contidos
• Que é a fotografía de interiores?
• Tipos de cámaras. Pódese fotografar desde o móbil?
• Preparar os espazo antes de disparar. Que é o Home Staging?
• Como é a luz que baña unha escena? Aprende a mirar un espazo.
• Postproducción: as imaxes deben pasar polo “quirófano”
• Pautas para gravar un vídeo. Estilos e tipos de vídeos. Planos, ángulos e movementos de cámara.
• Aplicacións ou Softwares máis usados para preparar presentacións con fotografías e vídeos.

O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo."

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse






3 de abril de 2017

CURSO DE FOTOGRAFÍA EN CAMBADOS










O vindeiro 18 de abril comezará un curso de fotografía, que será impartido no centro comarcal de Exposalnés (Paseo da Calzada, S/N)
Os horarios nos que se impartirá dito ciurso son: de 18:00 a 20:00 h. ou de 20:00 a 22:00 h.
Prezo da matrícula: 60 € (parados e estudantes: 20% de desconto)
O curso comprende 30 h., incluindo dúas saídas guiadas para tomar fotografías.
Entregaranse uns apuntamentos ao comezo do curso.
Non é preciso ningún coñecemento previo sobre fotografía .
É preferible realizar o curso con cámara fotográfica, ainda que se pode realizar con smartphone, non é necesario ningún material máis.
Inscrición, información e matrícula:
Quico Álvarez:
Teléfono: 636 953 302
Correo electrónico: curso@quicoalvarez.com
Oficina de Turismo de Cambados:
Teléfono: 986 52 07 86 Dirección: Paseo da Calzada s/n.







1 de septiembre de 2016

ESPOSICIÓN PROXECTA´16 A PARTIR DO SÁBADO 3








Esta fin de semana, Cambados acolle a novena edición da exposición fotográfica Proxecta´16, que convirte á nosa vila nun punto de encontro para afeccionados e profesionais do sector.

Premio de Fotoperiodismo Galaico/Portugués a partir do 03/09 ata o 02/10 na sala de Exposicións do Pazo de Torrado (Festival Proxecta 2016). Inaugúrase o sábado 03/09 ás 12:00 en Torrado (Cambados), regado cun albariño fresco.






3 de agosto de 2016

CONCURSO FOTOGRÁFICO DE "CONDES DE ALBAREI"









Detalles
Listos para gozar desta Festa do Albariño? 

Nesta Festa do Albariño de Cambados a adega Condes de Albarei convida a que pases pola sua caseta, degustes os seus viños e, como non, goces xunto a eles da festa!

Ademais, se participas no seu concurso fotográfico poderás gañar un fantástico PREMIO. Tan só debes inmortalizar o teu mellor momento durante a festa xunto a un dos albariños CONDES DE ALBAREI co hashtag #AlbariñoCondesdeAlbarei16.

Para participar:
1. Sígueos en Facebook.
2. Inmortaliza o teu mellor momento cun dos albariños CONDES DE ALBAREI durante esta FESTA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS 2016
3. Sobe a túa foto a Facebook con hashtag #AlbariñoCondesdeAlbarei16 (a foto debe ser pública).

*Na fotografía débese apreciar de forma clara a botella dun dos Albariños Condes de Albarei. 

Data de participación: podes subir a túa foto desde o 3 de agosto ata o 7 de agosto.

A fotografía será publicada no muro de Facebook de Condes de Albarei, e aquela que reciba máis likes no muro será a gañadora.

Resolución do concurso: 8 de agosto do 2016.


PREMIO: visita guiada á adega Condes de Albarei para 2 persoas + cata guiada do Albariño Condes de Albarei + estoxo de 3 botellas do Albariño Condes de Albarei. 

Este ano vive a LXIV FESTA DO ALBARIÑO co  CONDES DE ALBAREI!





21 de julio de 2016

O VENRES INAUGÚRASE AUNHA NOVA EXPOSICIÓN EN TORRADO










 Artista visual e poeta, ademáis de Premio Nacional de Fotografía e representante no Pavillón de España da Bienal de Venecia no 2007, primeiro fotógrafo en ter esta honra. 
Estades todos convidados este venres a achegarvos á inaguración da súa exposición La Rama Dorada, ás 20:00 no Pazo Torrado do artista Manuel Vilariño

Manuel Vilariño, artista visual e poeta, nace en A Coruña no ano 1952. Moi pronto sente a atracción polo entorno natural, a montaña e o océano, e as vivencias experimentadas durante esta etapa marcarán en gran medida o seu traballo futuro.
Durante a súa estancia como estudante en Santiago de Compostela adéntrase a través da bioloxía no coñecemento animal científico. A fotografía, a poesía e a natureza fusiónanse dando orixe ás súas primeiras exposicións individuais nos anos oitenta. O non ser, a morte, aparece dende os inicios da súa traxectoria como a gran protagonista, o elemento necesario que permite a continuidade da vida.
Pronto comeza a ser coñecido o seu traballo internacionalmente. No ano 1990 Londres e Nova York achegaranse a súa poética visual a través de exposicións individuais, ao igual que numerosas cidades europeas ao longo da década.
A pegada deixada na súa memoria polas viaxes á India marcarán unha nova etapa artística que perdurará ata finais da década do 2000. As especias e o seu cromatismo, as aves e a morte, a influencia brahmánica e a simboloxía relixiosa conxúganse creando a súa mitoloxía persoal.
No 2007 o seu Paraíso Fragmentado estará presente no Pavillón de España da 52º Bienal de Venecia, e a súa traxectoria artística será recoñecida no mesmo ano co Premio Nacional de Fotografía concedido polo Ministerio de Cultura.  A reflexión filosófica e poética da súa obra conquista tamén America do Sur:  Sâo Paulo, Río de Janeiro e Montevideo acollen a súa mostra Terra em Transe.
A traxectoria artística e vital de Manuel Vilariño transformarase no 2009, cando a morte se fai presente. Dende este momento, a súa poética fotográfica volve a mirada cara a montaña e o abismo do océano, na procura de atopar o silencio da aurora, do incorrupto.

Agora o animal está máis presente ca nunca na súa obra, elevado á categoría de ser simbólico e mítico. En palabras do propio Manuel Vilariño, o animal sinte, o animal ve, e o meu compromiso moral co el fai que intente ver a paisaxe cos ollos do animal.





21 de junio de 2016

III EDICIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E VÍDEO "IMAXES CON FONDO"











O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza a 3ª edición do seu concurso de fotografía e vídeo, co obxectivo de crear conciencia crítica, contribuíndo á construcción dunha cidadanía global que denuncie as inxustizas e defenda os dereitos humanos.

Atendendo ao actual contexto internacional marcado polas migracións e o desprazamento de persoas refuxiadas, o tema escollido este ano para o concurso é a interculturalidade, polo que se valorarán os traballos fotográficos e audiovisuais que poñan en valor os aspectos positivos da mestura entre nacionalidades, etnias, culturas, etc.; que denuncien a discriminación, promovan o respecto á diversidade, revelen as auténticas causas dos conflitos, desmonten estereotipos, amosen a acollida ou outras actividades solidarias coas persoas migrantes ou refuxiadas.


Poderán participar todas as persoas interesadas, maiores de 14 anos, de calquera nacionalidade e residentes ou con lugar de nacemento na Comunidade Autónoma de Galicia. Haberá dúas seccións, fotografía e vídeo, con dúas categorías en cada sección: xuvenil (dos 14 aos 17 anos) e adulta (a partir dos 18 anos). Os traballos deberán ser entregados antes do 15 de outubro a través do email:imaxesconfondo@gmail.com. As bases do concurso pódense consultar na web do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no seguinte enlace: http://www.fondogalego.org/web/sites/default/files/files/compartir/bases_imaxesconfondo3.pdf

Os premios son, na categoría xuvenil: unha cámara fotográfica, unha cesta de produtos de comercio xusto e un lote de películas de temática social, mentres que na categoría adulta serán: unha viaxe a Mozambique para realizar un traballo fotográfico ou audiovisual, unha cesta de produtos de comercio xusto e un lote de películas de temática social.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade municipalista conformada por 85 concellos e dúas deputacións, entre os cales se atopa o Concello de Cambados que regresou tras varios anos de ausencia. Este Fondo leva case dúas décadas apoiando proxectos de desenvolvemento en países do sur e realizando accións de sensibilización en Galicia.


Para obter máis información sobre este concurso, poden poñerse en contacto a través do email imaxesconfondo@gmail.com ou do teléfono 986 843 436.





1 de abril de 2016

O CURSO DE FOTOGRAFÍA CAMBIA DE DATA










Dado o éxito de participación do curso na súa primeira convocatoria xeral, para maiores de 16 anos, parécenos conveniente dar a coñecer que o vindeiro luns, día 11 de abril (e non o 4 do mesmo, como estaba previsto), comezará a segunda convocatoria do curso, esta vez dirixida a menores de idade a partir de 12 anos, no horario de 18:00 a 20:00 h, e tamén para maiores de idade, de 20:00 a 22:00 h.

O curso, que durará 4 semanas, celebrarase, como o anterior, nas instalacións de Exposalnés, cedidas polo Concello de Cambados e será impartido igualmente polo fotógrafo Quico Álvarez. O prezo da matrícula é de 48 € para estudantes e parados ou 60 € para o resto, que se poderán pagar nun ou dous prazos e as clases serán, a diferenza da convocatoria anterior, de 18:00 a 20:00 h. para menores, e de 20:00 a 22:00 para adultos, de luns a venres, aínda que os alumnos só deberán asistir a tres clases por semana para sacar proveito do curso.

Haberá saídas guiadas para realizar prácticas de toma de fotografías. No caso dos menores de idade, será necesario que os asistentes entreguen un permiso asinado por nai, pai ou titor competente. As inscripcións están abertas e poderanse realizar no teléfono 636 953 302, en curso@quicoalvarez.com, ou nas instalacións de Exposalnés (Pº dá Calzada s/n, Cambados, tel: 986 52 07 86).






29 de marzo de 2016

CURSO DE FOTOGRAFÍA PARA MOZOS







O Concello de Cambados  vai celebrar un novo curso de fotografía para mozos (de 12 a 16 anos).

O vindeiro luns comeza o curso para mozos (de 12 a 17 anos). Matrícula aberta en 636 953 302, curso@quicoalvarez.com e en Exposalnés.
O primeiro curso (para maiores) foi un éxito, como esperamos que sexa este.

Está organizado polo Concello de Cambados e dirixido e impartido polo fotógrafo Quico Álvarez, e celebraranse no edificio de ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630, Cambados. Pontevedra).

O prezo da matrícula é de 60€, e de 48€ (20% de desconto) para parados e estudantes.
O pago poderase efectuar ata o primeiro día das clases como pago único, ou en dous prazos (o primeiro ata o primeiro día das clases e o segundo ata o primeiro día da terceira semana de clases).

O material necesario é unha cámara fotográfica aportada por cada alumno (aínda que é preferible cámara, pódese asistir e aproveitar o curso cun smartphone). Por parte da organización aportaranse uns apuntes completo e todo o material fotográfico e didáctico necesario para as distintas prácticas.

Datas e horarios:
•  Do 4 ao 25 de abril. Luns, mércores e xoves, de 18:00 ás 20:00h.

Inscrición, información e matrícula: Teléfono: 636 95 33 02 / 986 52 07 86 Correo electrónico: curso@quicoalvarez.com E na Oficina de Información e Turismo de Cambados (Edif. de ExpoSalnés, Paseo da Calzada s/n. Cambados)







23 de febrero de 2016

CURSO DE FOTOGRAFÍA EN CAMBADOS







O Ilmo. Concello de Cambados  vai celebrar dous cursos de fotografía, un para adultos (a partir de 16 anos) e outro para mozos (de 12 a 16 anos).

Están organizados polo Concello de Cambados e dirixidos e impartidos polo fotógrafo Quico Álvarez, e celebraranse no edificio de ExpoSalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630, Cambados. Pontevedra).
Ámbolos cursos están considerados como de introducción e son aptos para iniciados e non iniciados na fotografía. Consta de 50 horas lectivas, das cales catro son prácticas guiadas de toma de fotografías en exteriores. O prezo da matrícula é de 60€, e de 48€ (20% de desconto) para parados e estudantes.
O pago poderase efectuar ata o primeiro día das clases como pago único, ou en dous prazos (o primeiro ata o primeiro día das clases e o segundo ata o primeiro día da terceira semana de clases).

O material necesario é unha cámara fotográfica aportada por cada alumno (aínda que é preferible cámara, pódese asistir e aproveitar o curso cun smartphone). Por parte da organización aportaranse uns apuntes completo e todo o material fotográfico e didáctico necesario para as distintas prácticas.

Datas e horarios:
• CURSO PARA ADULTOS: Do 29 de febreiro ao 21 de marzo. Luns, mércores e xoves, de 20:00 ás 22:00h
• CURSO PARA MOZOS: Do 4 ao 25 de abril. Luns, mércores e xoves, de 18:00 ás 20:00h.

Inscrición, información e matrícula: Teléfono: 636 95 33 02 / 986 52 07 86 Correo electrónico: curso@quicoalvarez.com E na Oficina de Información e Turismo de Cambados (Edif. de ExpoSalnés, Paseo da Calzada s/n. Cambados)




11 de diciembre de 2015

27 de noviembre de 2015

ACTIVIDADES CULTURAIS DA FIN DE SEMANA








Actividades culturais que se desenvolverán en Cambados esta fin de semana:

Sábado 28,
ás 18:00 horas no IES Francisco Asorey, VIII Gala da Imaxe Submariña de Galicia.

Domíngo 29,
ás 17:00 horas na Nave de Peña, Concerto polo 125 aniversario da Banda de Música de Castrelo, coa Banda de Música Municipal de Noia;
ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, representación de “Carnage” do grupo de teatro Iliria.






24 de noviembre de 2015

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA NO I.E.S. AROREY






Entre os días 23 e 27 de novembro de 2015 pódese visitar no IES Francisco Asorey de Cambados a exposición fotográfica da Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS). A colección das corenta fotografías que a compoñen correspóndense coas mellores imaxes tomadas por fotógrafos submarinos de Galicia nas competicións desenvolvidas baixo o amparo da FEGAS durante o ano 2014.

O sábado 28 de novembro tamén se poderá visitar en horario de tarde e a partires das 18:00 horas celebrarase a VIII Gala da Imaxe Submarina de Galicia que reunirá ós máis destacados especialistas en imaxe submarina de toda Galicia. Neste evento que conta coa implicación da FEGAS, do IES Francisco Asorey, do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra, proxectaranse as imaxes obtidas nas competicións realizadas en Galicia durante o ano 2015 baixo o amparo da FEGAS nas súas distintas modalidades (Fotografía Submarina, Vídeo Submarino e Cazafotosub en Apnea) e entregaranse os premios correspondentes a estas competicións. O acto está aberto a todo o público en xeral.