Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta GALICIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GALICIA. Amosar todas as publicacións

12 de xuño de 2018

SOS SANIDADE PÚBLICA CONVOCA CONCENTRACIÓNS MAÑÁN 13 DE XUÑO NAS ÁREAS SANITARIAS



SOS Sanidade Pública fai un chamamento á mobilización contra a privatización e desmantelamento da Sanidade Pública
A Plataforma SOS Sanidade Pública denunciou esta tarde, en rolda de prensa, a estratexia global para desmantelar e privatizar a sanidade pública de Núñez Feijóo e o seu goberno. Unha estratexia que pasa por poñer a sanidade pública galega en mans de empresas privadas multinacionais e para a que a consellaría de Sanidade pretende agora cambiar o modelo de concertación ampliando e consolidando a concertación de servizos asistenciais por un período de catro anos con empresas multinacionais que están desembarcando masivamente en Galiza atraídas polo negocio sanitario.
Por iso a plataforma chama a mobilizarse este mércores, día 13 de xuño, ás 20:00 horas, baixo o lema “Acabemos coa corrupción sanitaria do PP” en:
– A Mariña: diante do Hospital da Costa
– A Coruña: no Obelisco ás 8 da tarde
– Santiago: Praza do Toural: 20:30 h.
– Barbanza: Praza do concello de Ribeira
– Pontevedra: na Peregrina
– Vigo: Fronte o Marco (Rúa Príncipe)
O portavoz da plataforma, Manuel Martín, explicou que xunto cos recortes emprendidos polo goberno de Feijóo á fronte da Xunta de Galiza puxéronse en marcha un conxunto de medidas destinadas a “favorecer a multinacionais e persoas afíns”. Medidas que supuxeron a desviación de cartos públicos que debían ter sido destinados a financiar a sanidade pública e que provocaron “un incremento da corrupción”.
Martín sinalou, a modo de exemplo, a privatización de recursos fundamentais para a xestión como a información, a historia clínica electrónica ou a cita previa, que se concesionou a Indra; a privatización do Laboratorio central de Galiza; a creación da área de corazón, que se adxudicou a MEDTRONIC ou a asignación do Centro Oncolóxico a Asociación española contra o Cancro, na que están Caixa Bank e Acciona, entre outras.
Isto supuxo, segundo o portavoz de SOS, que se trasladaran inxentes cantidades de cartos públicos a estas empresas que, subliñou, manexan datos sensíbeis de doentes que deberan ser confidenciais.
Privatización da investigación
Xunto a isto denunciou a posta en marcha de medidas de apoio a fundacións como a Ramón Domínguez, para xestionar a investigación biomédica, na que están multinacionais farmacéuticas ou do Clúster de Galiza, onde participa a industria alimentaria e empresas como Pescanova.
Sinalou tamén a participación de multinacionais farmacéuticas na Fundación Xenómica ou a xestión de recursos de alta tecnoloxía do novo hospital de Vigo por parte de Galaria (a antiga MEDTEC).
Ademais denunciou que “houbo unha serie de decisións dirixidas a trasladar ao sistema privado, sobre todo, a Investigación, o desenvolvemento e a formación do persoal” e chamou especialmente a atención sobre a derivación de cartos públicos a esas multinacionais farmacéuticas que “fan investigación que se proba no sistema público e que se sae ben logo patentan e venden esas empresas privadas”.
Toda unha serie de cuestións que supoñen para SOS Sanidade Pública “unha penetración do sistema privado impresionante” que vén agravarse coas últimas medidas postas en marcha: a Reforma da Lei Galega de Saúde, que consolida un modelo que ningunea a Primaria, suprime áreas sanitarias e centraliza a planificación e xestión nos hospitais de referencia e o acordo marco polo que se reforzan os concertos sanitarios coa sanidade privada.
A este respecto Martín lembrou que até o de agora o papel dos centros privados tiña un carácter complementario e subsidiario e que con eles se concertaban patoloxías menores como cataratas ou varices co obxectivo de alixeirar as listas de espera.
Porén, denunciou que co novo modelo pásase a concertar con empresas privadas, por un período de catro anos actividades de consulta, cirurxía, probas diagnósticas e terapéuticas  e mesmo hemodiálise. Un transvase de actividade asistencia que ascende, no caso da Coruña, a un total de 97,5 millóns de euros co agravante de que o persoal facultativo público dberá ir a estes centros privados.
Isto supón “a privatización da bata branca, que Feijóo dixo que nunca faría”  e enormes beneficios para o negocio de empresas sanitarias privadas como Quirón, HM Hospitais ou, no caso da Coruña, o Hospital San Rafael.
Unha situación que para SOS Sanidade Pública é inadmisíbel e pola que chamaron á poboación a mobilizarse contra o desmantelamento e privatización, a pasos axigantados do sistema sanitario público, mais tamén contra a corrupción sanitaria do PP pagada co diñeiro de toda a cidadanía galega.


11 de xuño de 2018

O C.J. DE CAMBADOS PARTICIPARÁ NA GALA DO FÚTBOL GALEGO



A Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol acordaron organizar por primeira vez de maneira conxunta a Gala do Fútbol Galego, a cal se vai a celebrar este ano o vindeiro 29 de xuño no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
 
A Asociación aceptou a proposta da Federación para unificar as dúas galas e ambas partes xa se puxeron a traballar na organización da que será a gran festa do fútbol galego coa que se poñerá o broche final á tempada 2017-2018.
 
O acto dará comezo ás 20:00 horas e no transcurso do mesmo serán entregados os trofeos aos equipos campións das ligas de ámbito autonómico, ós clubs que realizan un traballo destacado no fútbol base, árbitros, adestradores, xogadores, patrocinadores, a mellor afección e tamén directivos ou colaboradores que levan toda a súa vida adicada ó fútbol. Por suposto haberá un recoñecemento especial ó xogo limpo e a Asociación entregará os galardóns ós mellores xogadores da tempada en Segunda B, Terceira e Preferente, así como aos equipos campións e ascendidos en estas categorías e tamén en Primeira Galicia.
 
E como nos anos anteriores, a Gala tamén reserva un espazo importante para os premios “Galicia en Goles” do programa deportivo da Radio Galega que tamén colabora na organización da gala.
 
Primeira vez co fútbol sala integrado
Esta edición será recordada sen dúbida por ser a da gala da unificación. En primeiro lugar por esta importante unión de Federación e Asociación, pero tamén porque esta será a primeira que se celebre co fútbol sala integrado na súa totalidade na RFGF.
 
 
As risas están garantidas con Touriñán e "Tucho"
Federación e Asociación invitarán ao evento a todos os clubs galegos de fútbol e fútbol sala co fin de desfrutar entre todos da festa fin de tempada do noso deporte. Os asistentes teñen as risas aseguradas porque contaremos na Gala con dous humoristas de primeiro nivel, Xosé Antonio Touriñán e Víctor Fábregas, o “Tucho” dos “Tonechos”.
 
Premiados
A Gala estruturarase en varios bloques. No primeiro entregaranse os trofeos aos equipos campións das ligas autonómicas de fútbol base e fútbol sala base e logo aos femininos. O segundo bloque está reservado para os premios “Galicia en Goles”, que darán paso á parte da Gala na que serán entregados os premios da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, para rematar nun último bloque cos recoñecementos e mencións especiais a clubs que fan un traballo destacado no fútbol base e aquelas persoas, clubs ou estamentos que pola súa traxectoria merecen o recoñecemento do fútbol galego.
 
Nos vindeiros días daranse a coñecer os galardoados.



10 de xuño de 2018

MULTITUDINARIA MANIFESTACIÓN CONTRA A MINA DE TOURO


EUROPA PRESS
As rúas de Compostela volveron a encherse este domingo nunha manifestación histórica. Un "Non" rotundo a reapertura dunha megamina en Touro e O Pino en contra da que están multitude de organizacións e entidades e ata 30 concellos de toda a comarca de todas as cores políticas. Estes son algúns dos vídeos dunha xornada histórica.
Encabezada por unha pancarta co lema 'Mina Non. Non queremos unha herdanza contaminada', portada por un grupo de nenos, a protesta arrincou na Alameda coa previsión de finalizar na Praza do Obradoiro. Na mobilización estiveron presentes os líderes dos principais partidos da oposición, Luís Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG). A portavoz da 'Plataforma Mina Non', Obdulia Lareo, instou á Xunta a non autorizar o proxecto que impulsan as compañías Atalaia Mining e Cobre San Rafael porque "a administración ten que mirar polos veciños e non por unha empresa foránea que vai explotar un xacemento en contra da cidadanía, o Camiño de Santiago, a contorna e a forma de vida destas localidades". A protesta estivo secundada pola 'Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa', que alerta das posibles consecuencias que as verteduras da mina poden provocar no "centro neurálxico" do marisqueo galego, como é a desembocadura do Ulla nas Rías Baixas.

Centos de cambadeses participaron nesta manifestación sumados ao resto de arousáns que fixeron ver a súa negativa a este proxecto.



7 de xuño de 2018

ESTE DOMINGO MANIFESTACIÓN CONTRA A MINA DE TOURO - O PINO

Pdra touro manifestacion pancarta

Este domingo, 10 de xuño, terá lugar a manifestación contra a mina de Touro en Santiago de Compostela, convocada pola Plataforma Veciñal Mina de Touro - O Pino Non e a Plataforma de Defensa dá Ría de Arousa, e concellos de toda a comunidade empezaron a organizarse para apoiar a marcha.
Nas últimas semanas colocáronse pancartas en Santiago de Compostela, Vilanova de Arousa, A Coruña, Cambados e Vilagarcía de Arousa por acordo municipal, así como nos concellos de Touro, Lalín, Vila de Cruces, Rianxo, Carril, Boiro, Vedra e Teo.

O 10 de xuño chegarán numerosos autobuses á capital para apoiar a causa, que organizan as Confrarías e os propios concellos. 
Ademais, as Plataformas están levado a cabo unha campaña informativa a través de charlas e a proxección dun documental en diferentes puntos da xeografía galega. 


4 de xuño de 2018

BOAS CIFRAS PARA A COMARCO DO SALNÉS NA BAIXADA XERAL DO PARO



As estatísticas do número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) confirman que se mantén a tendencia xeral á redución de desempregados durante o mes de maio e revelan que na provincia de Pontevedra reduciuse a cifra en 2.808 persoas menos. 
Pontevedra é a galega na que a porcentaxe de descenso do desemprego é maior, un 3,90% menos, seguida do 3,65% de Lugo e moi superior ao 2,56 da Coruña e o 1,42 de Ourense.
Na comarca do Salnés baixou o paro en todos os concellos, para un total de 445 parados menos nas listas do SEPE.




17 de maio de 2018

MAÑÁ COMEZA A VEDA DO POLBO EN GALICIA E REMATARÁ O 2 DE XULLO





A veda do polbo en Galicia comezará mañá e rematará o 2 de xullo de 2018. Así o especifica a resolución do plan experimental para a xestión desta especie para a campaña 2018/2019, que establece o período de veda do polbo para este ano dende entre as 16:00 horas do venres, 18 de maio ata as 05:00 horas do luns, 2 de xullo.
As capturas desembarcadas o 18 de maio poderán ser comercializadas tamén o 19 de maio naquelas lonxas nas que tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
O período de veda do polbo significa que queda expresamente prohibida a captura desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, as embarcacións dedicadas á captura de polbo con nasas deberán retiralas do seu calado e levalas a porto. Este tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas acadadas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.
A veda é unha das medidas técnicas que comprende o plan de experimental do polbo, co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sustentable.

Plan 2018-2019

A Consellería do Mar e o sector consensuaron un novo plan do polbo para o vindeiro ano, que entra en vigor mañá e que permanecerá vixente ata que se publique o plan do ano que vén, que fixará a seguinte veda. Segundo establece este plan, a partir do día 2 de xullo –data na que remata a veda- ata o 31 de agosto, a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilogramos por barco e día. A esta cantidade engádenselle 30 quilogramos día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 quilogramos día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 quilogramos por embarcación e día, cantidade á que se lle engaden 50 quilogramos/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 quilogramos/día.
O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06:00 horas –aínda que poden saír do porto ás 05:00h- e finalizará ás 16:00 horas e o descanso semanal desenvolverase dende as 16:00 horas do venres ata as 6:00 horas do luns. O número de nasas permitido está en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados.
En canto ao réxime de calamento das nasas de Cabo Silleiro a Corrubedo os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de Cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 25 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. Na zona de Con da Aguieira a Cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levalas a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte, as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal.
A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías e os servizos contratados ao efecto.



4 de maio de 2018

A TABERNA DO TRASNO E O RIBADOMAR NA ANTESALA DE ESTRELA MICHELÍN




Hoxe tivo lugar en Vigo o acto de presentación dos novos Bib Gourmand Michelín 2018, un recoñecemento que ofrece esta prestixiosa guía a todos a aqueles restaurantes que brindan a mellor relación calidade prezo cunha oferta gastronómica completa e que demostra, ademais, que están preparados para recibir a súa primeira Estrella Michelín. Galicia conta durante este ano cun total de 22 establecementos con este recoñecemento.
Da importancia da enogastronomía virá marcada pola folla de ruta do turismo galego deste ano, no que se está a traballar xa na posta en marcha do novo Plan de Turismo Enogastronómico que potenciará a tradición culinaria así como os seus produtos autóctonos. Tamén estimulará a relación entre a cociña e os centros de investigación e innovación vinculados coa gastronomía, así como as receitas relacionadas con determinadas tradicións, épocas e zonas xeográficas.

Distribuídos pola xeografía galega

Os restaurantes recoñecidos hoxe distribúense por gran parte da xeografía galega. Son Arcadia, en Arcade; Paco Durán, en Baiona; O Balado, en Boqueixón; Ribadomar e Taberna do Trasno, en Cambados; Mar de Ardora, en Cánduas; El de Alberto, na Coruña; Muiño, en Esteiro; Muiño do Vento, en Fene; O Camiño Inglés, en Ferrol; Trasmallo, en A Guarda; Doade, en Hío; Casa Barqueiro e Santiago Bidea, en Negreira; Comei Bebei, en Negreira; Villa Verde, en Ponte Ulla; O Xantar de Otelo, en Redondela; o Galphón Abastos; A Horta d’Obradoiro, Mar de Esteiro e A Tafona en Santiago de Compostela e Casa Marco en Vigo.
A eles súmanse os 11 Estrella Michelín, os 25 nos que locen 37 Soles Repsol ou os máis de 50 restaurantes certificados en 2017 coa Q de Calidade Turística. Galicia conta, ademais, con máis de 300 festas gastronómicas, cinco delas de Interese Turístico Nacional.



OS SERVIZOS E OS CONTRATOS TEMPORAIS MOTORES DA CAÍDA DO PARO EN GALICIA




O paro rexistrado nas oficinas de emprego en Galicia descendeu en abril en 2.812 persoas, un 1,52 por cento, ata os 182.291 desempregados.

Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, respecto de abril de 2017, o mes pasado rexistrou 237.168 desempregados menos.

O Ministerio de Emprego publicou os datos de abril de afiliación á Seguridade Social e de paro rexistrado nos servizos públicos de emprego. O paro rexistrado reduciuse en 86.683 persoas en abril e sitúase nos 3.335.868 desempregados. O emprego aumentou en 176.373 persoas, ata os 18.678.461. En marzo incorporáronse 161.752 cotizantes ao sistema e 48.559 saíron do desemprego.


Polo que respecta á comarca do Salnés o paro baixou en todos os concellos agás en Vilanova de Arousa, que aumentou en 23 persoas. Pola contra Vilagarcía, Cambados e Sanxenxo foron os municipios onde máis baixou o paro con 90, 41 e 40 desempregados menos respectivamente. No total do Salnés 230 persoas deixaron as listas do SEPE, antiguo INEM.

Por provincias, a maior diminución de marzo a abril deuse en Pontevedra (-1.620 desempregados, o que representa unha caída do 2,2%). Seguíronlle A Coruña (con 952 parados menos, -1,3%) e Ourense (239 menos, -1,32%).
A diminución concentrouse no sector servizos, que se anotou un recorte de 1.479 persoas en paro en toda Galicia. Especialmente notouse esta baixada en Pontevedra, con 1.130 desempregados menos.

Na construción, o descenso do paro foi de 808 persoas, a industria contabiliza este mes 592 desempregados menos e son 56 menos na agricultura.


Por outro lado, a oficina de estatística europea, Eurostat, sinalou que España reduciu o desemprego en 443.000 persoas no último ano, ata rexistrar 3.655.000 parados o pasado mes de marzo, co que se sitúa á cabeza en paro en Europa. Segundo estes datos, a taxa de paro española reduciuse en 1,9 puntos porcentuais no último ano, ata situarse no 16,1% o pasado mes de marzo. Desta maneira, é a máis elevada de toda a Unión Europea, a falta do dato actualizado de Grecia, cuxa taxa de paro situouse no 20,6% en xaneiro. No lado oposto, a República Checa (2,2%), Malta (3,3%) e Alemaña (3,4%) rexistraron as taxas de paro máis baixas da contorna comunitaria.





17 de abril de 2018

ALERTA LARANXA POR FENÓMENOS COSTEIROS


O episodio comezará mediodía no litoral da Coruña, e irase estendendo a Pontevedra e Lugo
A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir de mañá en todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía de mañá, martes 17, haberá mar combinada do Oeste e Noroeste, con ondas de 5 a 6 metros no litoral da Coruña. A primeiras horas da tarde a alerta laranxa activarase tamén na costa de Pontevedra e, xa na madrugada do día 18, chegará tamén á Mariña lucense.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



11 de abril de 2018

A CIG CONVOCA FOLGA NO SERVICIO DE AMBULANCIAS



Os traballadores do sector das ambulancias en Galicia foron convocados a dous días de folga por mes ata xullo para denunciar a rebaixa das súas condicións laborais proposta polas patronais, informou hoxe o sindicato CIG nun comunicado. A folga foi convocada polo 9 e 10 de maio, o 6 e 7 de xuño e o 4 e 5 de xullo, e en caso de non lograr unha mellora da situación, CIG anuncia que propoñerá unha folga indefinida a partir de setembro. O sindicato, maioritario no sector, reclama á Xunta maior implicación no asunto, xa que os traballadores exercen funcións dun servizo público. Nese sentido, convida á Xunta a "botar" fose do servizo a aquelas empresas que "incumpran as condicións mínimas" para ese transporte de persoas feridas ou enfermas, e convocar un novo concurso para a atribución de novos contratos que "garantan as condicións laborais e de calidade". A decisión de convocar folga foi acordada de forma "unánime" nas asembleas de traballadoras celebradas nos últimos días en diversos puntos de Galicia, precisa CIG. A mobilización unilateral de CIG intervén tras a postura adoptada polos delegados dos empresarios cos que se reuniron en decembro pasado para negociar un novo convenio colectivo e desde entón as negociacións están interrompidas. Os empresarios propoñen unha "rebaixa das condicións laborais" que inclúen unha redución salarial de ata 25 %, que se suma ao aumento da carga de traballo dun 10 % para os servizos de transporte urxente e dun 20 % para o de non urxente, denunciou a semana pasada un responsable de Transportes de CIG, Xesús Pastoriza, nunha conferencia de prensa.
Pastoriza destacou que entre os empregados dese sector hai unha "media de baixas" laborais de 12 %, unha porcentaxe que cualificou de " elevadísimo", e subliñou que no 80 % de casos obedece a problemas " musculoesqueléticos" xa que deben cargar con feridos ou enfermas en vivendas que carecen de ascensores ou teñen difícil acceso, algunhas de excesivo peso.


10 de abril de 2018

OUTRO TEMPORAL ACTIVA A ALERTA LARANXA EN TODO O LITORAL GALEGO



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro a partir deste mediodía en todo o litoral galego.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir do mediodía deste martes haberá mar combinada do oeste de 5 a 6 metros, que poden acadar os 6-7 metros en Fisterra.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.



3 de abril de 2018

EN MARZO, VOLVE A BAIXAR O PARO



O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) diminuíu en marzo en 47.697 persoas respecto ao mes anterior, o que situou a cifra total de desempregados en 3.422.551.

Cos datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último ano o paro recortouse en 279.766 persoas, cun ritmo de redución interanual do 7,56 %.


O número de persoas demandantes de emprego reduciuse durante o mes de marzo en Pontevedra, do mesmo xeito que na media de España e Galicia, animada polo emprego estacional do sector servizos durante a Semana Santa. En todo o territorio a redución foi superior ao 1% e na provincia pontevedresa chegou ás 1.348 persoas, un 1,80% menos. 
As estatísticas facilitadas este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social mostran que a provincia terminou o mes cun total de 73.610 persoas paradas rexistradas nas oficinas do servizo público de emprego.


Polo que atinxe a Comarca do Salnés o paro diminuiu en 333 persoas destacando os municipios turísticos de Sanxenxo (-127) e o Grove (-139) nesta baixada. O concello de Vilanova foi o único que rexistrou unha suba de 9 persoas dous concellos Ribadumia e a Illa non se moveron e o resto obtivo unha baixada menor. En Cambados -18, Meaño -30, Meis -23 e Vilagarcía -5 foron as persoas que deixaron este pasado mes de marzo pasado as listas do paro.



29 de marzo de 2018

A XUNTA ALERTA TEMPORAL DE NIVEL LARANXA COSTEIRO EN TODO O LITORAL GALEGO A PARTIR DESTA MADRUGADA




- Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.
- Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta madrugada.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta madrugada espérase temporal costeiro por vento do oeste ao suroeste rolando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden acadar pos 7-8 metros.
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. 
 



22 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA A ALERTA LARANXA POR TEMPORAL EN TODO O LITORAL GALEGO A PARTIR DA TARDE DO VENRES





A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará mañá venres e que afectará o litoral de toda a comunidade.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir da tarde de mañá espéranse ventos do oeste a noroeste de forza 8 e 9 e mar combinada do noroeste con ondas entre 6 e 8 metros. Ademais, se prevé que na madrugada do sábado a alerta laranxa pase a nivel vermello no noroeste da provincia de A Coruña e na mariña lucense
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as
medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


14 de marzo de 2018

CONCENTRACIÓNS DE PENSIONISTAS EN GALICIA






Os pensionistas manifestaranse o próximo día 17 en defensa do sistema público de pensións Varias asociacións, sindicatos e federacións uníronse para convocar unha manifestación o vindeiro sábado 17 de marzo ás 12.00 horas en varias localidades galegas "en defensa do sistema público de pensións".
Os xubilados están en pé de guerra contra o Goberno, con protestas en toda España que se repetiron varias xornadas, pola " mísera" revalorización das pensións do 0,25% no últimos cinco exercicios -que en moitos casos supón alzas na súa contía que non chegan nin ao euro-, o que provoca perdas de poder adquisitivo como consecuencia de aumentos dos prezos superiores ao 1%. A situación é especialmente delicada no caso de Galicia, que conta coa segunda pensión de xubilación media máis baixa (só por diante de Estremadura) e é, con gran diferenza, a autonomía na que máis prestacións deste tipo teñen unha contía inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI), o 56%. Este escenario fai que miles de pensionistas galegos sexan especialmente vulnerables a esas mínimas revalorizacións das pagas por parte do Executivo que lidera Mariano Rajoy e que a súa economía familiar véxase seriamente comprometida.

Na comarca haberá concentracións en O Grove, Vilagarcía e Sanxenxo.



13 de marzo de 2018

A XUNTA ACTIVA MAÑÁ A ALERTA LARANXA POR VENTO NAS CATRO PROVINCIAS







Acordouse suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectada
Tamén se activará a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña
A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por vento a partir da mañá na práctica totalidade das catro provincias.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da madrugada do mércores 14 de marzo haberá refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora en toda a provincia da Coruña; así como en zonas de Lugo (A Mariña, Centro e Montaña), Pontevedra (Rías Baixas, Miño e Interior) e Ourense (Sur, Noroeste e Montaña). No resto do territorio, a alerta por vento será de nivel amarelo.
Desde a madrugada do mércores tamén estará activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña, onde se agarda mar combinada do suroeste con ondas de 5 a 6 metros.
Ante a alerta por vento, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar as actividades ao aire libre ou os desprazamentos, en todo caso, antes de coller o coche, consultar o estado das estradas; non empregar vehículos lixeiros, como bicicletas ou ciclomotores; afastarse de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios, estadas e obxectos que sexan susceptibles de desprazarse co vento; ou retirar das fiestras, dos balcóns e dos tellados calquera obxecto que poida caer á rúa.
No caso da alerta na costa, recoméndase evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras.
Aconséllase, ademais consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Ademais da alerta por vento, mañá tamén estará activa unha alerta amarela por chuvias en zonas da Coruña, Pontevedra e Ourense; e por neve por riba dos 1.200 metros na montaña de Ourense e Lugo.

Suspensión das actividades ao aire libre

Por outra banda, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de vento superiores aos 100qm/h, nomeadamente as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares. 


ASOREY E PACO LEIRO NA MOSTRA MÁIS GRANDE DE ARTISTAS GALEGOS








A mostra reúne 192 obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos


A Cidade da Cultura inaugurará este venres, 16 de marzo, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.
Por vez primeira, unha mesma exposición reúne obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Francisco Asorey, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos ata completar un total de 119.

O Museo Centro Gaiás acollerá ata o 14 de outubro esta escolma de pinturas, esculturas, fotografías e instalacións que supón unha oportunidade única para achegarse ao proceso de construción da nosa identidade cultural e comprender a dimensión universal da arte galega. Á vez, esta exposición facilítalle a toda sociedade o acceso ao relevante patrimonio artístico que posúen as importantes coleccións privadas de ABANCA e Afundación.

Actuación musical

A inauguración contará coa actuación especial de Alejo Amoedo, ao piano, e Asterio Leiva, ao clarinete, para interpretar dous movementos dunha sonata de Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 - Madrid, 1993), un dos compositores máis importantes do século pasado, que tivo unha vinculación moi estreita coas correntes artísticas do momento.


Programa de actividades

Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación estará aberta ao público de martes a domingo, con entrada de balde, e contará cun amplo e variado programa de actividades e visitas guiadas e didácticas co fin de contribuír á difusión das obras, cunha especial atención á comunidade escolar, pero tamén aos amantes da arte, co obxectivo de incrementar a afluencia de turismo cultural.
O atractivo da exposición virá reforzado polo deseño da montaxe, a cargo do recoñecido estudio galego de arquitectura Abalo e Alonso, que desenvolveu un proxecto para realzar o valor singular das pezas e establecer un diálogo harmónico coa potencia visual do Museo Centro Gaiás.
O catálogo da exposición, en galego, castelán e inglés e editado polo estudio galego Desoños, representará unha obra de referencia para o coñecemento da arte galega, que permanecerá máis alá da clausura da exposición.
A exposición organiza as obras seguindo un criterio temático, no que as pezas se agrupan ao redor de cuestións como a cultura popular, a presenza da muller na arte, o compromiso social, a paisaxe, o retrato, a tradición e a renovación ou os movementos da nova arte galega.
A través deste discurso Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación permite comprender como a construción da arte galega é o resultado de dous factores: do compromiso dos artistas coa identidade e por outra banda, da súa vocación de universalidade, reflectida na ligazón coas tendencias e movementos internacionais.

A exposición ‘Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’ pretende amosar todas as ideas e conceptos expostos ao longo de dez seccións, artelladas de forma mixta, temática e cronolóxicamente, nas que se presta atención aos procesos de desenvolvemento estético e a súa inserción no espazo cultural galego.
1-Cultura popular. Da anécdota á identidade. Na que atopamos a Maside, Torres, Colmeiro, 
Laxeiro, Seoane, Mario Granell... 
2- Representación da muller como imaxe do país. Mater Gallaecia. Neste espectro situamos a 
Maside, Failde, Laxeiro, Colmeiro ou Seoane. 
3- Paisaxe do Romanticismo aos tempos modernos. Localizamos nesta sección a Ovidio Murguía, Parada Justel, Jenaro Carrero, Alfredo Souto, Bello Piñeiro, Francisco Lloréns, Imeldo Corral, Sotomayor, Germán Taibo ou Manuel Abelenda. 
4- A vida, as formas; A natureza morta. Identidade a través dos obxectos. Aquí están artistas como Maruja Mallo, Juan Luis Abelenda e Luis Caruncho. 
5- Público–privado: Grandes escenarios. Grandes formatos. Onde teñen cabida Urbano Lugrís, Carlos Sobrino e Castelao. 
6- Retrato típico e arquetípico. Identificamos nesta categoría a Francisco Asorey, Fernando Álvarez de Sotomayor, Elvira Santiso, Julia Minguillón. 
7- Compromiso social e político. Os novos: Castelao, Arturo Souto, Luís Seoane
8- Entre a abstracción e a nova figuración: Manuel Mampaso, Manuel Molezún, Reimundo Patiño, José María de Labra, Luis Caruncho, Leopoldo Nóvoa, Lodeiro, Tino Grandío e Jorge Castillo. 
9- Atlantismo. Neste abano amplo están Xosé Lodeiro, Manuel Quintana Martelo, Ignacio Basallo, Silverio Rivas, Antón Pulido, Guillermo Monroy, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Antón Lamazares, Antón Patiño, Manuel Moldes ou Din Matamoro. 
10- Local e universal. As redes de comunicación. Nesta sección situamos a Pamen Pereira, Xoán Anleo, Ánxel Huete, Pilar Alonso e Jorge Barbi.




16 marzo 2018 – 14 outubro 2018 
Museo Centro Gaiás Martes a domingo, de 10 a 20 h Entrada de balde 
Visitas comentadas: De martes a venres, 17:30 h Sábados, domingos e festivos, 12.30 e 17.30 h Semana Santa, xullo e agosto, 12.30 e 17.30 h 
Non é preciso reservar praza


11 de marzo de 2018

NUMEROSAS INCIDENCIAS POLO TEMPORAL EN GALICIA







O Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia leva xestionadas dende o inicio do temporal ata as 12 da noite pasada un total de 378 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma, das cales 223 foron a partir das 18 horas.
En total, foron xestionadas 378 incidencias, das cales a provincia de A Coruña foi a máis afectada con 174 incidencias, seguida da provincia de Pontevedra, con 140; Ourense con 26 e Lugo con 38 incidencias xestionadas.
Os concellos máis afectados foron Bergondo, Boiro, Cee, Brión, Padrón, Rianxo, Rois e Santiago de Compostela, na provincia de A Coruña; e Moaña, Pontevedra, O Rosal, Sanxenxo, Vigo e Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra.
Ata o paseo marítimo de Cambados chegou unha batea á deriva.

En canto á tipoloxía, a maioría das incidencias tiveron que ver con árbores e polas nas estradas, e obxectos e restos varios nas estradas, derrubamentos e anegamentos. No concello de A Laracha, houbo dúas persoas feridas pola caída dunha árbore encima dun coche.


A Xunta recorda a necesidade de seguir as medidas de protección pertinentes ante as malas condicións meteorolóxicas e recomenda consultar a web www.axega112.gal





10 de marzo de 2018

O TEMPORAL PASARÁ DE NIVEL LARANXA A NIVEL VERMELLO A PARTIR DESTA NOITE









Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta indica que a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento pasará a nivel vermello a partir desta noite nas provincias de Pontevedra e A Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta noite espérase nivel vermello no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia de A Coruña, con ondas de ata 9 metros por mar combinada do oeste. A partir do mediodía, continuará todo o litoral galego en nivel laranxa.
Mantense a alerta laranxa por mar combinada e vento en mar que está a afectar ao litoral de A Coruña e Pontevedra dende primeiras horas da madrugada deste sábado día 10 e que afectará ao litoral de Lugo a partir das 10:00 do domingo día 11, podéndose acadar ventos de forza 9 e ondas de ata 8 metros. A coincidencia xeográfica deste fenómeno con outros por tormentas e choivas de nivel amarelo pode facer que acontezan anegamentos puntuais en zonas de costa do litoral de Pontevedra e Coruña (Suroeste, Oeste).
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




9 de marzo de 2018

MOITA PRECAUCIÓN ANTE A CHEGADA DA BORRASCA FÉLIX






Despois do temporal de neve que nos deixou Emma, Galicia agarda a chegada de Félix. 

Trátase dunha borrasca profunda que trae vento, chuvia e avisos en terra e mar. 

O inverno non nos dá tregua. Agárdase unha fin de semana moi desapracible pola visita da borrasca Félix, sobre todo na costa Atlántica.
Comezaremos a notar a súa chegada esta tarde, o vento empezará a soprar con forza e as precipitacións serán intensas e xeneralizadas no final do día. 

A borrasca moi profunda irase achegando progresivamente a Galicia durante a xornada do sábado, pasando moi preto do noso litoral xa pola noite e na madrugada do domingo. Isto fará que teñamos un día de ceos presentando intervalos anubrados, con chuvias localmente treboentas, intensificándose pola noite. A cota de neve estará nos 1300 metros durante a noite. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos do sur irán incrementando a súa intensidade ata acadar intervalos moi fortes nas últimas horas do día.

Xa o domingo Galicia continuará baixo os efectos dunha borrasca profunda que se irá movendo polo noroeste da Comunidade. Isto deixará os ceos cubertos e precipitacións, que serán xeneralizadas, persistentes e en moitos momentos de intensidade moderada. A cota de neve quedará arredor dos 1300 metros. As temperaturas terán un lixeiro descenso e os ventos soprarán fortes do suroeste, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

Meteogalicia activou para mañá o aviso laranxa por vento na costa e o domingo ese aviso pasará a vermello, así que, xa saben, moitísima precaución, sobre todo no mar.