Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2013

O ACQUARISMUSIC FESTIVAL CELEBRARASE HOXE EN CAMBADOS







Malia que o Concello decidiu cumprir os sete días de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia atrasando o comezo das festas do Albariño como mostra de respecto aos 78 falecidos no accidente de tren que tivo lugar o mércores en Santiago, promotores privados como os que organizan o "AcquamarisMusic Festival" confirmaron xa a súa intención de non suspender os festexos previstos.
Fontes próximas á organización confirmaron onte que o certamen vai ter lugar na illa das Goritas tal e como estaba previsto. O propio promotor comentou a varias persoas nas útlimas horas que era "imposible" para o evento polos gastos que xa se habían desembolsado en conceptos como publicidade ou instalacións de son.

Os asistentes ao festival de esta noite poderán gozar da música do grupo cambadés Noite Fechada.A música electrónica chegará e a man de grupos como Freskitos, Mathías Albarez ou Pomboloko mentres que o hip hop será cousa de Duke Sam, Diego Garzía e Sección Selecta. As entradas teñen un custo de cinco euros.

Moitos cidadáns  critican a actitude dos promotores por non suspender a celebración neste día no que os galegos estamos de loito oficial. Eses mesmos cambadeses suponse que estarán en contra de que a festa do albariño abra os estands tamén antes de concluir o loito ou que se retrase unha hora un concerto para saltarse ese loito.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.