Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta MEAÑO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEAÑO. Mostrar todas las entradas

27 de noviembre de 2020

MEAÑO, MEIS E RIBADUMIA ENTRAN EN RESTRICIÓNS


O conselleiro de
Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou tras a reunión do subcomité clínico de expertos sanitarios que seis novos concellos poden saír das restricións máis duras, que se coñecen como 'Modelo Carballiño'. Son, na área sanitaria de Santiago os concellos de Vedra e O Pino, na de Ferrol o municipio de Mugardos, na de Lugo será o caso de Viveiro e na área de Ourense os municipios de Toén e San Cibrao. Nestes lugares levántase o peche perimetral, o peche da hostalería e a prohibición de reunións de non conviventes.
Pero, seis novos concellos entran precisamente nestas restricións: en Fisterra será o caso de Cee, Dumbría e Muxía, que farán un peche perimetral conxunto.

Tamén será o caso de Ribadumia, Meis e Meaño, que farán un peche perimetral conxunto.

As medidas serán publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir desta medianoite.

14 de abril de 2020

UN MENOR SUFRE UN ACCIDENTE NUN TRACTOR

Sobre as 15:30, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente nun domicilio particular do concello pontevedrés de Meaño, en Galiñáns, Lores. Segundo informou o alertante ao 112 Galicia, tratouse un menor que sufrira unha caída do tractor que se atopaba no domicilio familiar.
Ademais do persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron informados os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Ribadumia e os membros do GES de Sanxenxo.



2 de marzo de 2020

O CEIP PLURILINGÜE DE MEAÑO-AS COVAS RECIBE O RECOÑECEMENTO DE UNICEF



CEIP plurilingüe de Meaño-As Covas recibe o recoñecemento de Unicef como centro referente en educación en dereitos de infancia e cidadanía global
Trátase do único colexio galego nesta rede de 109 centros en toda España
Hoxe tivo lugar o acto de recoñecemento ao CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas como Centro Referente en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global, outorgado por UNICEF. Este é o primeiro colexio galego nesta rede, do total de 109 centros recoñecidos en toda España. No acto participaron a presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito; a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, o director do centro, Paulo Nogueira, e alumnado do CEIP.
Tal e como explicou a conselleira, é un “un orgullo que UNICEF recoñeza un colexio galego como Centro Referente na promoción de todos estes principios, dereitos e garantías. Sodes un exemplo e un espello no que mirarnos”. Neste sentido explicou que “a educación en valores que fomenten a solidariedade, a cooperación e o recoñecemento das diferenzas como unha oportunidade é unha das nosas liñas prioritarias como Consellería, dado que estes valores son indispensables para construír unha escola inclusiva”. “Inciden tamén –dixo– na mellora da convivencia escolar, outro dos nosos eixos estratéxicos de actuación”.
Carmen Pomar quixo agradecer o traballo de toda a comunidade educativa deste centro, que fai del un referente. Non en balde, ademais de ser plurilingüe, o colexio meañés participa no Plan Proxecta, no proxecto E-Dixgal e no programa piloto Bibliotecas Lía.2, a través do que este espazo se converte nun laboratorio de aprendizaxes. “Parabéns e moitísimas grazas polo voso traballo, que pon de manifesto que o ensino público de calidade no rural é unha realidade en Galicia”, dixo.

Colaboración con UNICEF

A Consellería de Educación mantén un convenio de colaboración con UNICEF para o desenvolvemento de accións conxuntas no eido educativo a prol da promoción e a difusión dos dereitos de infancia e cidadanía global. A través del facilítase o acceso dos centros de ensino aos recursos educativos e metodoloxía de autoavaliación en Educación en Dereitos de Infancia dispoñible na web de UNICEF Comité Español.
Ademais, UNICEF pon a disposición dos centros educativos os materiais de autoavaliación institucional sobre dereitos de infancia e cidadanía global e lanza cada curso unha convocatoria para recoñecer centros de ensino como referentes en Educación en Dereitos de Infancia, convocatoria dentro da que foi recoñecido o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas.


30 de noviembre de 2019

UNHA NAI E O SEU BEBÉ, EVACUADOS CON SÍNTOMAS POR INHALACIÓN DE FUME A CAUSA DUN INCENDIO NA SÚA VIVENDA

Unha nai e o seu bebé foron evacuados con síntomas de intoxicación por inhalación de fume debido a un pequeno incendio na súa vivenda.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a cociña encheuse de fume por mor dun aparato doméstico que comezaba a arder. 
Foi o único que se viu afectado, iso si, o intenso fume provocou a intoxicación da nai e o seu fillo, que tiveron que ser evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ata o lugar, un domicilio situado na Rúa da Chanca, en Meaño,  tamén se desprazaron os membros do GES de Sanxenxo e os Bombeiros do Salnés, quen, despois de asegurarse que o aparato estaba apagado, realizaron as correspondentes medicións para comprobar a calidade do aire e descartar posibles fugas. 
Este operativo activouse ás 20:00 horas de onte logo de recibir no 112 Galicia a chamada dun veciño que cun extintor tratou de sufocar as chamas.



26 de noviembre de 2019

OS COLEXIOS "AS COVAS" DE MEAÑO E "ENRIQUE BARREIRO" DE VILARIÑO PREMIADOS POLA XUNTA


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de publicar a resolución cos centros premiados na VI edición do Concurso de Traballo por Proxectos, a través do que se recoñece o traballo de 18 centros educativos públicos no eido do traballo interdisciplinar e a investigación nas bibliotecas escolares. A iniciativa, enmarcada no Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares 2016-20 busca, ademais, incentivar as boas prácticas no ámbito das bibliotecas escolares dos centros de ensino públicos de Galicia, así como fomentar o traballo en equipo.
Todos os traballos deberon realizarse coa coordinación, apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades. A modalidade 1 centrouse en proxectos de carácter interdisciplinario ou proxectos documentais integrados (traballos de investigación sobre un tema no que os alumnos se familiarizan cos mecanismos de busca de información) coordinados desde a biblioteca escolar e que coa participación dun mínimo do 40% das aulas do centro, ou dun 40% dos departamentos no caso dos centros de ensino secundario.
A modalidade 2 referiuse a proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, con tres submodalidades (traballos de grupo, de ciclo/departamento e proxectos realizados na materia de libre configuración “investigación e tratamento da información”). Por último, a modalidade 3 centrouse en proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino, co fin de desenvolver un proxecto común de temática xeral ou científica.
A listaxe de centros premiados por modalidades é a seguinte:

Modalidade
Temática
Centros Premiados
Concello
Provincia
Título
Asignación
1. Proxectos Documentais integrados, coordinados desde a biblioteca escolar
Xenérica
CEIP P. Graxal
Cambre
A Coruña
Construímos
2.000 €
CEIP Milladoiro
Malpica de B.
A Coruña
O mar que nos dá…!
2.000 €
EOI de Lugo
Lugo
Lugo
FalArte
2.000 €
IES P. Aquis Celenis
Caldas de Reis
Pontevedra
As palabras no Camiño
2.000 €
CEIP P. Meaño-As Covas
Meaño
Pontevedra
Puro teatro
2.000 €
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
Vigo
Pontevedra
Pinga a pinga, pensa en verde
2.000 €
Ciencias
IES Francisco Aguiar
Betanzos
A Coruña
Betanzos 800 anos
2.000 €
CEIP Canosa-Rus
Coristanco
A Coruña
ConCIENCIAte
2.000 €
2.a. Proxectos de investigación de grupo/nivel
Xenérica
CEIP O Coto
Negreira
A Coruña
A voltas por Galicia
1.500 €
CEIP de Prácticas López Ferreiro
Santiago de Compostela
A Coruña
Pontes para coñecérmonos
1.500 €
IES Xoán Montes
Lugo
Lugo
(A)rroupArte
1.500 €
Ciencias
CEIP Quintela
Moaña
Pontevedra
Proxecto Os Canciños
1.500 €
2.b. Proxectos de investigación de ciclo/departamento
Xenérica
CEIP P. Enrique Barreiro Piñeiro
Cambados
Pontevedra
Coidamos do noso para coidar o de todas e todos
1.500 €
Ciencias
IES Xoán Montes
Lugo
Lugo
O xardín das Hespérides
1.500
2.c Proxectos realizados na materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratamento da información” ou noutras materiais equivalentes en ESO ou primaria
Xenérica
IES Valadares
Vigo
Pontevedra
Youtubers por un día
1.500 €
3. Proxectos de investigación intercentros
Xenérica ou científica
CEIP Nicolás del Río
Cedeira
A Coruña
"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente
1.500 €
IES Punta Candieira
Cedeira
A Coruña
"Pegadas na iauga". Patrimonio inmaterial: a semente
1.500 €
CEIP de Santiago de Oliveira
Ponteareas
Pontevedra
Xogamos?
1.500 €
CEIP de Leirado
Salvaterra de Miño
Pontevedra
Xogamos?
1.500 €

Criterios de avaliación

Para a avaliación dos traballos tívose en conta a orixinalidade, interdisciplinariedade e calidade técnica do traballo; a contribución ao desenvolvemento do currículo e adquisición de competencias clave; a contribución específica a competencia informacional e mediática do alumnado; a participación de alumnado, profesorado e comunidade educativa no seu conxunto; o aproveitamento das posibilidades e os recursos da biblioteca escolar; e a integración da biblioteca e outros equipos e programas do centro para o desenvolvemento do proxecto.