Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de julio de 2013

ANOVA CARGA CONTRA O CONCELLO POLA CARPA GASTRONÓMICA






Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados volven a  manifestar públicamente que non están de acordo coa adxudicación pública do concurso para a explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da Calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013, e tamén manifestan as continuas irregularidades que se estaban a cometer neste tipo de contratacións no Concello de Cambados.


"O tempo danos a razón sen dubida, e o Concello de Cambados continua a contratar e adxudicar irregularmente en beneficio sempre das mesmas empresas, e para mostra esta forma de actuar, na contratación desta Carpa Gastronómica unha vez que quedou deserto o concurso público" así o escriben no seu blog.



Como se pode comprobar na imaxe adxunta, extraida da Conta de Resultados do Exercicio 2012 do Concello de Cambados, e na que a Interventora Municipal, xa manifestaba as irregularidades cometidas polo Goberno do PP no Concello de Cambados a hora de adxudicar este servizo o ano pasado; o tratarse dunha aceptación tácita do Concello de Cambados, sendo contraria a normativa vixente, ademais de que a oferta realizada por Porto de Cambados, S.L., non respetou as condicións que se tiveron en conta para licitar a mencionada autorización, o cal vulnera os principios de  publicidade e concorrencia, establecidos na Lei de Contratos do Sector Publico, e que este ano se volve a repetir como informan varios medios de comunicación.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.