Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2013

O PARO SIGUE A SUBIR EN GALICIA






O paro subiu en 800 persoas en Galicia no segundo trimestre do ano, en relación cos tres meses anteriores, e alcanzou a cifra dos 288.200 desempregados, un 0,26% máis. A taxa elevouse ata o 22,4%, de acordo cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En toda España, o paro baixou en 225.200 persoas no segundo trimestre respecto ao trimestre anterior, un 3,6% menos, situándose o número total de desempregados en 5.977.500 persoas, por baixo da cota dos seis millóns de parados.



No caso de Galicia, a comparación dos datos cos do mesmo trimestre de 2012 arroxa un aumento de 12.300 parados na comunidade, o que representa unha subida do 4,45%.

Os datos do instituto estatístico mostran que no segundo trimestre do ano non se destruíron empregos, ao permanecer invariable o número de ocupados nos 998.500. Entanto, na comparación interanual, a destrución de emprego chega aos 35.200 postos, unha caída do 3,41%.

Así, fronte a unha taxa de paro do 22,4%, a taxa de actividade é do 54,72%. A taxa de desemprego é ligeramente superior entre as mulleres(22,62%) que entre os homes (22,19%).

En Galicia hai un total de 530.400 varóns ocupados e 151.300 parados, co que a taxa de actividade masculina é do 60,74%. En canto ás mulleres, a súa taxa de actividade é do 49,22% e son un total de 468.100 activas, fronte a 136.900 que están en situación de desemprego na comunidade, de acordo cos datos da EPA.


A EPA indica tamén que en Galicia hai 2.351.300 persoas con máis de 16 anos, o que representa un descenso do 0,23% en relación ao primeiro trimestre de 2012 e do 0,6% si se compara co segundo trimestre do ano pasado.

En canto á poboación activa, está composta por un total de 1.286.700 persoas, unha cifra que se mantivo prácticamente invariable en relación aos tres meses previos e que supón unha caída de 1,75% en comparación co segundo trimestre de 2013.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.