Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TURISMO RURAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TURISMO RURAL. Mostrar todas las entradas

5 de diciembre de 2013

7º OUTONO GASTRONÓMICO EN CASAS DE TURISMO RURAL GALEGO




Do 13 de setembro ao 15 de decembro de 2013*, as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 7º OUTONO GASTRONÓMICO, patrocinado por Turgalicia.


Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión. Nesta web podes consultar todos os menús e as casas de turismo rural participantes nesta promoción.

A oferta do “Menú Outono gastronómico” inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega ou outras bebidas polo prezo global de 30 €/persoa (ive incluído).

Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o “Paquete Outono Gastronómico” que permite degustar o menú outono gastronómico e pernoctar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta.

O paquete componse de:

  • 1 menú outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzo nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres ou sábado a escoller). O prezo é de 110 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 70 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído).

Pero a mellor opción é a oferta completa da “Fin de semana Outono Gastronómico”.

Neste caso inclúe:

  • 2 menús outono gastronómico por persoa + aloxamento e almorzos nunha das casas de turismo rural participantes nesta promoción (noite de venres e de sábado). O prezo é de 190 € /2 persoas en cuarto dobre ou de 130 €/1 persoa en cuarto individual (ive incluído).

Se queres compartir coa familia esta fin de semana tan especial podes apuntarte á oferta da “Fin de Semana Familiar Outono Gastronómico” que inclúe dúas posibilidades:

  • Familiar con 1 nen@ (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por nen@, aloxamento en cuarto dobre con cama supletoria (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 250 €, dous adultos + 1 nen@ (ive incluído).
  • Familiar con 2 nen@s (ata 14 anos): 2 menús outono gastronómico por cada adulto e dous menús infantís por cada nen@, aloxamento en dous cuartos dobres (noites de venres e de sábado) e almorzos para toda a familia os dous días. O prezo é de 290 €, 2 adultos e 2 nen@s (ive incluído).
*(Ofertas válidas en venres, sábados e domingos do 13 de setembro ao 15 de decembro de 2013, agás a fin de semana do 6-8 de decembro).
+ Información: 902 200 432




31 de agosto de 2013

CAMBADOS ENTRE OS DESTINOS PREFERIDOS EN TURISMO RURAL




 Os povos pontevedreses de Cangas do Morrazo, Cambados, Poio, Vilaboa, A Estrada e Marín entraron na lista dos cen pobos máis solicitados en Escapadarural.com, a principal páxina web sobre turismo rural en España. A estas localidades pontevedresas, se lles unén as cidades galegas da Coruña e Rianxo no ranking.

A lista é un resultado dos aloxamentos e lugares que máis tráfico xeraron no portal ao longo de xullo e agosto, cun total de 66.000 solicitudes de información durante este período. Cangas do Morrazo está entre os pobos máis populares cun 21,08% das solicitudes.



29 de julio de 2013

O TURISMO RURAL TAMPOUCO DESPUNTA






Hoxe finalizaba o prazo para que pequenos hoteis e casas de Turismo Rural, puidesen solicitar subvencións para mellorar os investimentos tecnolóxicos. Pero parece que tal e como están as cousas, non están os empresarios do sector para investir.



Así de claro deixábao Luciano Sánchez, o presidente da Asociación Galega de Turismo Rural, porque aínda que xullo ha ir mellor do que empezou , as cifras están moi lonxe das doutros anos, ata son peores que o pasado ano. Perdeuse moito en liñas da costa i en cambio, parecen despuntar aquelas casas da contorna do Camiño de Santiago, sobre todo o Francés .

 Co que, traballar co turismo estranxeiro estase convertendo en todo un reto, a bordo do camiño e a través da rede, onde o importante non é investir en equipos senón, en publicitarse nos portais adecuados para franceses, italianos ou alemáns que buscan hospedaje rural.