Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de julio de 2013

O TURISMO RURAL TAMPOUCO DESPUNTA






Hoxe finalizaba o prazo para que pequenos hoteis e casas de Turismo Rural, puidesen solicitar subvencións para mellorar os investimentos tecnolóxicos. Pero parece que tal e como están as cousas, non están os empresarios do sector para investir.



Así de claro deixábao Luciano Sánchez, o presidente da Asociación Galega de Turismo Rural, porque aínda que xullo ha ir mellor do que empezou , as cifras están moi lonxe das doutros anos, ata son peores que o pasado ano. Perdeuse moito en liñas da costa i en cambio, parecen despuntar aquelas casas da contorna do Camiño de Santiago, sobre todo o Francés .

 Co que, traballar co turismo estranxeiro estase convertendo en todo un reto, a bordo do camiño e a través da rede, onde o importante non é investir en equipos senón, en publicitarse nos portais adecuados para franceses, italianos ou alemáns que buscan hospedaje rural.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.