Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2013

OUTRA DISCULPA PARA VIAXAR GRATIS CON CARTOS PÚBLICOS




Primeiro veñen os andaluces aquí e despois irán os galegos alí todo con cartos públicos.
O Consejo Regulador da Denominación de Origen Protegida "Sierra de Cazorla" e  seu homólogo no CRDOP do viño Albariño "Rías Baixas" acordan colaborar para establecer accións que difundan o viño e o aceite con DO de máxima calidade. O acordo foi subscrito en Cambados, entre os presidentes de ambos organismos, Enrique Martínez Aparicio e Juan Gil  Araújo.
Os responsables destes consellos acordaron poñer en marcha accións i estratexias encamiñadas a dar a coñecer a excelencia de dous produtos de gran calidade como son o aceite de oliva virxe extra e o viño Albariño. Os acordos  escenificaronse no Palacio de Fefiñáns, onde se atopa situada a adega de Albariño con DO Rias Baixas de Juan Gil.
Con este acordo "favorecemos a difusión das excelencias de dous produtos, o viño e o aceite, dunha elevada calidade, utilizando tamén as canles e vías propios de cada Consello para dalos a coñecer", apuntou Martínez Aparicio.
Por outra banda, o CRDOP "Sierra de Cazorla" vai ter presenza na exposición "Rías Baixas, o viño do mar", na Sala de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados. A exposición reúne unha selección de 30 fotografías e oito paneles que recollen outras 40 imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato.
Martínez Aparicio estivo acompañado tamén polo alcalde de Cambados, Luís Aragunde e o delegado do Governo da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.