Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de julio de 2013

O XUVEN TEN DIFÍCIL RENOVAR A DOUS PUNTAIS DO EQUIPO





O Xuven ten difícil a renovacion de varios xogadores.  Según informacións recollidas por este blog tres xogadores a os que se lle pretendía renovar non están dacordo coas condicións expostas pola directiva presidida por Jorge Castiñeiras. A condición que resulta máis difícil de aceptar para estes tres xogadores  sería a de ter que adestrar polas mañáns algo que non poden facer polos seus compromisos laborais. A identidade de dous deles sabémola pero so diremos que son dous dos puntais do equipo que conquistou o ascenso.  

Todo esto na semana na que foi presentado o seu novo patrocinador. Conservas de Cambados é o nome que levará o Xuven por toda España durante a competición. Unha firma que xunta o nome da vila é un sector vital tanto en Cambados como na Ría de Arousa. O outro sería o albariño, pero é que tamén este sector se suma ao proxecto Xuven a través da adega Martín Codax, que vai a ser o segundo patrocinador e o seu nome lucirá na parte traseira da camiseta, debaixo do dorsal. O de Conservas de Cambados verase perfectamente na parte frontal da equipación amarela.









2 comentarios:

Anónimo dijo...

taylor,norman e lucas?

CORES DE CAMBADOS dijo...

Como só teño a certeza de dous, so podo decir que un dos que nomeas está na lista.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.